"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Redondela baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da beira oriental da enseada de San Simón, no fondo da ría de Vigo, e no litoral da parroquia de Cesantes, concello de Redondela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado de cesante.

    2. Paga que lle corresponde ao funcionario en situación de cesante.

    3. Suspensión do emprego dun funcionario por un expediente disciplinario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Caldas de Reis. Ten planta de cruz latina cunha soa nave, reconstruída en estilo barroco no ano 1725 polo mestre de obras Antonio López. Conserva a ábsida semicircular precedida dun tramo recto con trazas e ornamentación románicas que se corresponden co templo anterior. O arco triunfal é de medio punto e descansa sobre columnas entregadas con capiteis, un deles con decoración vexetal, o outro presenta a dous cuadrúpedes afrontados e agarrados polas extremidades dianteiras. Reforzando a bóveda do interior atópase un arco faixón de igual directiz que o triunfal, con capiteis vexetais moi deteriorados. No testeiro da ábsida destaca unha tripla arquería con arcos de medio punto apoiados sobre xambas que enmarcan estreitas fiestras abucinadas. No exterior o hemiciclo divídese en cinco panos pola adición de contrafortes que coinciden co faixón do interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Caesaraugusta (actual Zaragoza) ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Caesaraugusta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Arles (502-542). Monxe do mosteiro bieito de Lérins, foi en 503 abade dunha comunidade no illote do Ródano, preto de Arles. O Papa Símaco concedeulle a primacía na Galia e en Hispania co título de vicario apostólico. Convocou diversos sínodos, entre eles o de Arles (524) e o Concilio II de Orange (529). Posteriormente, foi arcebispo de Arles e distinguiuse polos seus sermóns contra o paganismo, polas súas medidas a prol da corrección do clero, pola súa loita na defensa dos cativos, polo seu esforzo en guiar os fieis na disciplina eclesiástica e por introducir na Igrexa a práctica do canto de himnos, salmos e antífonas polos segrares. Fundou varios mosterios de homes e un de monxas. Na iconografía leva un báculo pastoral (símbolo de bispo) e, como atributos, unha espada cravada nun libro que sostén na súa man dereita; ás veces, aparece sobre o libro un guante inflado de aire (referencia ao episodio no que o santo tentara encerrar un vento marítimo nun guante e despois ceibalo no...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Xulio César.

      2. Que ou quen é partidario deste emperador.

    1. Relativo ou pertencente ao césar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido socialdemócrata checo, o máis antigo da República, pertencente á Internacional Socialista. Fundouse en 1878, cando o territorio checo formaba parte do Imperio Austro-Húngaro. Dende 1918 tivo representantes no goberno ata 1938. Co réxime comunista de 1948 foi obrigado a fusionarse co Partido Comunista, o que determinou o exilio de moitos dos seus membros. O restablecemento do CSSD produciuse en 1989 coa Revolución de Veludo. Durante a década dos noventa acadou progresivamente máis representación ata que en 1998, co 32,3% dos votos, puido formar un goberno minoritario no país. Os seus principais obxectivos foron acadar unha estabilidade económica que permitira cumprir os límites de converxencia económica coa Unión Europea, conseguir unha afluencia de capital estranxeiro, desenvolver medidas de política social, reformar o sistema bancario e exhibir unha campaña de “mans limpas”. O desgaste do goberno de Milos Zeman fixo que o partido comezase a perder apoios, como sucedeu nas eleccións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Estudiou dereito nas universidades de Madrid e Barcelona (1840), e participou nunha das fallidas insurreccións de Prim, polo que se exiliou en Francia. Regresou a Cuba en 1844, onde exerceu como avogado; alí participou na rebelión independentista de Las Pozas en 1852. O 11 de outubro de 1868 proclamou a independencia de Cuba logo de redactar o seu Manifiesto de la Junta Revolucionaria de Cuba, coñecido como Grito de Yara. Aclamado presidente provisional pola Asemblea Constituínte no 1869, aprobou unha Constitución que abolía a escravitude. Debilitado o movemento polas divisións internas, foi destituído nunha reunión de deputados en outubro de 1873. Refuxiouse na localidade de San Lorenzo, onde se suicidou para evitar que o capturasen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor de orixe cubana, fillo de Carlos Manuel de Céspedes y Borja del Castillo. Despois de realizar estudios en EE UU, Francia e Alemaña, regresou a Cuba para participar na loita independentista dende 1895. Deputado pola provincia de Oriente, foi embaixador en Italia, Arxentina, EE UU e Francia, e secretario de Estado durante o goberno de Zayas. En 1933, trala deposición de Machado, elixírono presidente ata setembro dese ano, cando o derrocou Fulgencio Batista. Publicou, entre outras obras, Manuel de Quesada y Loynaz (1925). Foi membro da Academia de la Historia de Cuba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Boiro. Construíuse en estilo románico a finais do s XII pero reedificouse en 1691, segundo unha inscrición que percorre as arquivoltas e o tímpano da porta principal. A capela é de forma rectangular, cuberta cunha bóveda de canón que descansa sobre dous arcos de medio punto. Os capiteis son de tipo vexetal, algúns inspirados en modelos derivados das obras da catedral de Santiago de Compostela e outros con factura menos elaborada. No beiril do tellado consérvanse varios canzorros decorados, algúns con figuras humanas, como o que representa a un personaxe que sostén un barril sobre as súas pernas. A porta occidental, de orixe románica, presenta catro pares de columnas. O tímpano está decorado cunha aspa encerrada nun círculo que semella unha corda e ao seu carón sitúanse dúas pequenas flores. En 1894 construíuse a torre, formada polo corpo das campás e rematada nunha lanterna poligonal. No interior consérvase un baldaquino do s XVI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e diplomático dominicano. Despois dunha primeira etapa modernista influída por D’Annunzio e pola súa obra Sangre de primavera (1908), escribiu La sangre (1914) na que describe a época do ditador Ulises Heureaux. É autor ademais de ensaios e textos históricos e políticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Discípulo de Carissimi, foi mestre de capela en Florencia (1646), tenor da capela pontificia (1660) e segundo mestre de capela de Leopoldo I en Viena (1666-1669). Distínguese, principalmente, como compositor de óperas, entre as que destacan Orontea (1649) e Il pomo d’oro (1668). O equilibrio entre arias e recitativos, iniciado por Monteverdi e mantido por Cavalli, rematou con el a prol das arias, nas que se concentra todo o interese musical. Compuxo, ademais, numerosos motetes e cantatas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Manzaneda, pertencente á ruta xacobea que atravesa estas terras. As súas orixes remóntanse o s XII, aínda que o edificio amosa diferentes estilos como resultado de diversas ampliacións. De planta rectangular, ten unha soa nave construída no s XVIII e unha cabeceira cunha ábsida e unha capela unida que datan do s XVI. Esta capela pódese relacionar cunha fundación que o abade García Núñez realizou no ano 1563. No interior destacan os retablos barrocos da Virxe María e da Virxe de Belén, e no exterior os restos románicos da portada principal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. hexadecano.

    2. Índice que mide o atraso na ignición dun combustible para motor diesel por comparación co dun combustible patrón constituído por unha mestura de cetano e de 1-metilnaftaleno, análogo ao índice de octano das gasolinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e enxeñeiro. Foi un dos primeiros en aplicar a matemática ao estudo da economía. Enunciou o teorema que leva o seu nome (Teorema de Ceva), que di que tres rectas transversais cortan os ángulos dun triángulo. Escribiu De lineis rectis se invicens secantibus statica construtio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Entre 1852 e 1858 estudiou no Collège Bourbon da súa localidade natal, onde coñeceu a Émile Zola. En 1858 seguiu as directrices paternas e ingresou na Université de Aix-en-Provence para estudar leis, aínda que abandonou moi cedo os estudios. Animado por Zola, marchou en 1861 a París e ingresou na Académie Suisse, na que estivo pouco tempo. En 1862 volveu a París e coñeceu os futuros membros do grupo impresionista. Daquela, os seus cadros amosaban un estilo violento e escuro, con escenas que enfrontaban de xeito agresivo a luz e a sombra. En 1865 e 1866 as súas obras rexeitáronse no Salon da Académie Française. En 1870 volveu de novo a Provenza e instalouse en Estaque. Comezou a pintar paisaxes e inclinouse polas tendencias pitóricas dos impresionistas. En 1872 trasladouse a Pontoise e comezou a aprender as técnicas do impresionismo directamente de Pisarro. Expuxo cos impresionistas nas mostras de 1874 e 1877, data na que rompeu co grupo aínda que mantivo a súa amizade con...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Trala ocupación alemá de Francia durante a Segunda Guerra Mundial foi nomeado xeneral de brigada polo Comité de Liberación e asumiu un papel destacado na Resistencia. En 1946, nas filas do partido Radical-Socialista, foi elixido alcalde de Bordeos. Ocupou este cargo ata 1947, ano no que ingresou no partido Social-Republicano, gaullista, refundado en 1953 como Unión para a Nova República. Durante a IV República foi ministro de Obras Públicas (1954-1955), de Estado (1956-1957) e de Defensa (1957-1958). En 1958 foi decisiva a súa actuación na fundación da V República. Foi presidente da Assemblée National (1958-1969), primeiro ministro no goberno de Georges Pompidou (1969-1972) e inspector xeral de finanzas en 1973. Un ano despois fracasou no intento de acadar a presidencia da República, pero volveu presidir a Assemblée National en dous períodos máis (1978-1981 e 1986-1988). Escribiu L’ardeur (O ardor, 1975), a biografía Charles de Gaulle (1980) e o ensaio histórico...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e pianista francés. Exerceu unha grande influencia na escola francesa contemporánea. Da súa produción destaca a rapsodia orquestral España (1883), as óperas Gwendoline (1885) e Le roi malgré lui (Rei ao seu pesar, 1887), así como as obras para piano Pièces pittoresques (Pezas pintorescas, 1881) e Valses romantiques (Valses románticos, 1883).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Mazaricos. Trátase dun templo barroco do s XVIII con tres naves separadas por arcos de medio punto e con cuberta de madeira. A capela maior, de planta rectangular, cóbrese con bóveda de canón. Aos pés do templo atópase un coro alto de madeira en mal estado de conservación. Na fachada destaca a presenza dunha torre campanario formada por dous corpos: o primeiro, de planta cadrada e aberto con catro arcos de medio punto e o segundo, cos mesmos ocos e coroado por unha cúpula semiesférica. No tímpano da porta principal destaca a imaxe de san Cristovo.

    VER O DETALLE DO TERMO