"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fotómetro que se emprega para medir luminancias de fontes difusas.
-
-
Calquera sal ou éster do ácido nítrico. Os sales, de fórmula M<H>I</H>NO 3 , obtéñense por reacción do ácido nítrico cun metal, un hidróxido ou un carbonato. Utilízanse como fertilizantes e, polo feito de seren bos axentes oxidantes a temperaturas elevadas, como compoñentes de explosivos. Os nitratos de alquilo, de fórmula R-ONO 2 , obtidos por reacción dun alcohol con ácido nítrico, empréganse como explosivos. A súa importancia económica deriva esencialmente do emprego como fertilizante en agricultura. De feito, a nitrificación das terras de cultivo, en particular nos casos de cultivo intensivo, é básica para a obtención de importantes incrementos de produtividade e, aínda máis, se son terras pobres en materias orgánicas. Os nitratos máis empregados son os de sodio -sexa natural ou sintético- o de potasio (salitre) e o de amonio, que se obtén por síntese a partir do ácido nítrico. En estado natural existen grandes xacementos de nitratos de sodio e de potasio...
-
Nitrato de sodio natural.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera sal ou éster do ácido nitroso. Os dous nitritos máis importantes son o nitrito de potasio, que se emprega na industria alimentaria como aditivo, e o nitrito de sodio, que se emprega en química orgánica na diazotación das aminas. O complexo máis coñecido é o cobaltinitrito de sodio, Na3[Co(NO2)6], que é un reactivo do potasio, do rubidio, do cesio e do talio. Engadido directamente a derivados cárnicos, combínase coa mioglobina e forma nitrosomioglobina, que por acción da calor dá un derivado encarnado estable. En doses excesivas tórnase tóxico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
nitroderivado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto que se presenta en forma de agullas de cor laranxa que funden a 270-272°C con descomposición.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cianocomplexo de ferro cuxo sal sódico ten actividade como fármaco vasodilatador. En medicina emprégase por vía intravenosa nas crises hipertensivas.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico. Foi bispo de Caors (1679) e de Châlons-sur-Marne (1680), arcebispo de París (1695) e cardeal (1700). Interveu na disputa xansenista, pero ao non aceptar a bula Unigenitus dividiu a Igrexa de París.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Sanxenxo. Consta dunha soa nave dividida en tres tramos, os dous máis occidentais cubertos con bóveda de cruzaría e o terceiro xunto á capela con bóveda de canón. A fachada presenta dúas arquivoltas apuntadas. No tímpano atópase un calvario do s XVIII. Conta cunha torre-campanario.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro e aeronauta italiano. Dirixiu a parte técnica da industria aeronáutica italiana durante a Primeira Guerra Mundial. Formou parte da primeira expedición polar efectuada con dirixible, que voou sobre o Polo Norte, con R. Amundsen, no mes de maio de 1926. Noutra viaxe (1928), o seu dirixible estrelouse no Ártico e foi rescatado despois de longas peripecias.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Caracterizouse pola suavidade e a melancolía dos seus versos. Publicou en París a primeira edición do seu principal libro, Só (1892). Postumamente apareceron Despedidas (1902) e Primeiros versos (1921).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Receptor sensorial ou neurona receptora de estímulos prexudiciais ou de dor.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada nas Nogais. Construída no s XIII, conserva restos prerrománicos. Consta de nave de planta rectangular, ábsida realizada en estilo románico de transición cun tramo recto cuberto con bóveda de canón e testeiro redondo cuberto con bóveda de laranxa; capela na parte esquerda da nave, muros de cachotaría de lousa e cuberta a dúas augas. Destaca a portada sur, fachada principal do antigo templo cun arco triunfal peraltado, tripla arquivolta con doelaxe radial e saínte decorada con semicírculos e bólas nas esquinas, mochetas biseladas e outros adornos como estrelas de oito radios.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Taboada. Está formada por varias edificacións das que a principal é rectangular. Os muros son de cantaría e cachotaría de granito, con cuberta de tella a dúas e catro augas. Conserva unha torre de planta cadrada, e ao redor atópase un hórreo e un pombal, de planta circular. Conta tamén con capela de planta rectangular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Coristanco. Edificárona probablemente a finais da Idade Media ou inicios do s XVI, cando se formou o señorío de Nogueira. Antigamente tiña dúas torres unidas por unha vivenda. Presenta unha torre de planta cadrada e un corpo en forma de L, unido á escaleira da torre, con muros grosos de cantaría de granito, rematados en cornixa. A porta principal dá ao N. No interior da horta houbo unha capela dedicada a San Roque cunha ara romana reconvertida en pía de auga. Entre unha casa arrimada ao muro O que serve de vivenda e a torre hai catro pedras armeiras, dúas na torre e dúas na casa cos símbolos dos Moscoso, Bermúdez, Castro, Figueroa e Rioboo. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1949.
-
PERSOEIRO
Arquitecto e escultor. As súas obras inscríbense no período de tránsito do Barroco ao neoclasicismo. Traballou co arquitecto Lucas Antonio Ferro Caaveiro e co seu fillo Miguel Ferro Caaveiro. Como entallador e escultor, realizou o retablo maior de Nosa Señora de San Vicente de Aguasantas (1761), en estilo barroco. Como arquitecto, traballou na capela da Comuñón da catedral de Santiago de Compostela e construíu a igrexa de San Xiao de Bastavales, obra que comezou en 1768 e abandonou en 1772 por falta de recursos económicos, chegando a facer a capela maior, a sancristía e o cruceiro coa súa cúpula.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Procurou nas súas obras o uso de ramplas e escaleiras, ao xeito de Le Corbusier, na busca de solucións espaciais. Deste xeito, desenvolveu a idea do espazo a dobre altura do distribuidor central e de acceso. Traballou con Pilar Díaz. Realizou o aulario de Santa Comba, a facultade de filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e o Palacio de Exposicións e Congresos de Galicia (Santiago de Compostela).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Matanza de hugonotes que tivo lugar en París en 1572, a noite do 23 ao 24 de agosto, festividade de san Bertomeu. Actuou a plebe parisiense, fanaticamente católica, guiada polos homes do duque de Guise. Carlos IX de Francia ordenou a matanza de acordo con Catarina de Medici e cos Guise, e foi o pretexto para un complot protestante. Supuxo o reinicio da guerra entre católicos e hugonotes.
-
PERSOEIRO
Físico francés. Coñecido como abbé Nollet, descubriu o fenómeno da osmose dos líquidos (1748) e foi o primeiro en demostrar que o son se propaga dentro da auga. Inventou o primeiro electroscopio (1747) e está considerado o fundador da electroterapia empírica.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de nomear.
-
Escrito ou documento en que se indica a alguén que foi designado para un cargo ou oficio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Documento en que se relacionan os nomes ou denominacións de todas e cada unha das agrupacións de poboación no espazo, clasificados segundo as súas características administrativas e a modalidade das súas construcións. Esta fonte concibiuse inicialmente como independente do censo, aínda que a comezos do s XX pasou a ser unha parte máis. A diferenza fundamental co censo é que este ten un carácter esencialmente demográfico, mentres que o nomenclátor é basicamente espacial ao referirse á distribución da poboación no territorio, determinando as entidades da poboación do concello, o número de edificios e albergues, en función do número de andares, e se están habitados ou non. O seu antecedente directo é o Censo de Floridablanca (1787), en que existían referencias á distribución da poboación española e ás características do seu poboamento. O primeiro nomenclátor moderno publicouse en 1858, froito do censo de 1857, e nel recollíanse 48.200 entidades de poboación, organizadas por provincias, partidos...