"Adá" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2197.

  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘ferida’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Disparo feito cunha escopeta.

    2. Ruído provocado por un disparo de escopeta.

    3. Ferida producida por un tiro de escopeta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. escorregón.

    2. Descenso dunha masa de rochas sedimentarias ou detritos sobre o plano de estratificación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ila da parroquia de Santa María de Salceda que é capital do concello de Salceda de Caselas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de quitarlle as follas a determinadas plantas.

    2. Acción de quitarlle as brácteas á mazaroca do millo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ferida ou golpe na cabeza producida principalmente por un pau ou pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de esnifar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arma ofensiva formada por unha folla longa, cortante e punzante, dun ou dous fíos, recta ou curvada, e cunha empuñadura, con ou sen gardamán, onde se agarra a man, ou ambas as dúas mans, para o seu manexo. As primeiras mostras destas armas corresponden á Idade do Bronce; distinguíanse as espadas curtas con espeto, as de lingua de carpa e as de lingüeta calada. Na etapa prerromana existían dous grandes grupos ou modelos: no mundo castrexo destacaba a espada de antenas, caracterizada polo remate da empuñadura con forma de arco e a presenza de escotes na base da empuñadura; mentres os guerreiros lusitanos e celtiberos empregaron fundamentalmente a falcata, unha arma curta con folla ancha e curva, dotada dunha empuñadura aberta. Os lexionarios romanos empregaron fundamentalmente dous tipos: unha moi curta e ancha, coñecida como ensis; e outra, o gladius, de dobre fío, que adoptaron despois da Segunda Guerra Púnica e que se inspirou na falcata hispánica. As invasións dos pobos...

      1. Pao, dos catro que compoñen a baralla, onde hai representadas espadas.

      2. Carta deste pao.

    2. Toureiro encargado de matar o touro co estoque.

    3. Especialidade da esgrima que se practica cun estoque, composto dunha lámina de aceiro triangular de 90 cm de longo e unha empuñadura con gardamán duns 20 cm, cun peso total de 770 g. O regulamento da Federación Internacional de Esgrima (FIE) de 1914 especificou as características técnicas desta arma, que foi nos Xogos Olímpicos de Berlín 1936 a primeira que incorporou un dispositivo de control eléctrico para a verificación dos touchés. En 1984 a FIE acordou a introdución da espada nas competicións femininas, de xeito que a partir de 1989 se incluíron nos campionatos mundiais e dende 1996 no programa olímpico.

    4. Figura que se representa coa punta cara ao xefe.

    5. peixe espada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que se estableceu en Ourense. As súas armas traen, en campo de azul, unha espada de prata, coa punta cara a arriba; bordo de ouro, con oito floróns de lis de sable. Outra variante leva, en campo de sinople, unha espada de prata, coa empuñadura de ouro e a punta cara a arriba; bordo de goles, con oito flores de lis de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e xurista, fillo de Xosé Espada Novoa. Estudiou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na Universidad Central de Madrid. Letrado do ministerio de Gracia e Xustiza (1880), en 1884 obtivo a excedencia para representar nas Cortes o distrito de Ourense ata 1886. A súa actividade parlamentaria reanudouse en 1891 de xeito case ininterrompido ata 1923, sempre representando o distrito de Verín polo partido liberal conservador. Foi gobernador civil de Ciudad Real e Toledo (1891), director xeral de Administración (1900), fiscal do Tribunal de Cuentas (1903), director xeral de Obras Públicas (1904), vicepresidente do Congreso de los Diputados (1905 e 1914), subsecretario de Facenda (1907), ministro de Fomento (1913-1915), ministro de Instrución Pública (1920-1921), membro da comisión permanente do Consello de Estado (1917-1920) e presidente do Tribunal de Cuentas (1923 e 1930). Foi deputado nas Cortes Constituíntes de 1931 pola Confederación Española de Derechas Autónomas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e xornalista. Licenciouse en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse pola Universidad de Madrid. Entre 1881 e 1892 foi enviado a Cuba como médico militar e foi membro do Centro Galego de La Habana. Colaborou, entre outras publicacións, en Ilustración Gallega y Asturiana, Revista Gallega e Nuevo Támega, e na fundación de El Eco de Galicia con Waldo Álvarez Insúa (1878). En 1877 recibiu a Cruz Vermella de Primeira Clase ao Mérito Naval, en recompensa aos servicios prestados no desembarco de Cinco Villas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Bolseiro no Seminario Conciliar de San Fernando de Ourense, abandonou a carreira eclesiástica para formarse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi promotor fiscal do xulgado de Ourense (1847) e do de Lugo. Foi xuíz en León, Toledo e Madrid, e maxistrado da Audiencia de Albacete (1866) e de Pamplona (1870). En 1863 presentouse ás eleccións por Celanova, aínda que decidiu retirarse antes de producirse a elección. Foi deputado por Ourense pola Unión Liberal (1864-1865). Tras unha breve traxectoria política, volveu á vida xurídica como xuíz de instrución do distrito do Palacio da Corte e despois do Palacio de Toledo. En 1868 foi presidente da Audiencia de Puerto Rico, cargo que non aceptou e cambiou polo de presidente da Audiencia Territorial de Granada. En 1860 recibiu a Encomenda de Isabel a Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Químico. Doutorouse en Ciencias Químicas na Universidade de Santiago de Compostela e en Química Aplicada na de Manchester. Primeiro reitor (1989-1994) e catedrático de Enxeñería Química na Universidade de Vigo. Desenvolveu o seu labor investigador como director de proxectos sobre temas medioambientais. Publicou un centenar de traballos de investigación en revistas internacionais e varios libros, entre os que cómpre destacar Elementos para el diseño de una universidad (1993), La Universidad de Vigo. Antecedentes y etapa constituyente. (1995) e Hacia donde va la Universidad? (1999). En 2002 foi nomeado valedor do cidadán do Concello de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que manexa a espada con destreza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe que se dá coa espada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Campanario formado por unha parede que sobresae do tellado na fachada dunha igrexa e que adoita rematar nun frontispicio. Dispón dun ou de varios vans que acollen as campás.

      1. Denominación popular que reciben os macrófitos de follas longas e apuntadas dos xéneros Typha e Iris.

      2. Calquera planta coas follas en forma de espada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista poética publicada en León (1944-1950) que tentaba aglutinar toda a produción poética española dende 1927, incluída a hispanoamericana. Así mesmo, buscou unha poesía renovadora menos tópica e máis realista; neste sentido chocaron cos membros da revista Garcilaso. Incluíronse todas as tendencias do momento, entre elas as formalistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terreo onde abundan as espadanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que se estableceu preto de Ourense. As súas armas levan, en campo de azul, dúas bandas de ouro, acompañadas de cinco vieiras, de prata, tres entre as dúas bandas, unha en xefe e outra en punta.

    VER O DETALLE DO TERMO