"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Arte de establecer un campamento militar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edicións Castrelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Colaborador de varias publicacións periódicas, como as revistas Anthropos e Luzes de Galicia, publicou diversos artigos de cine en xornais madrileños. Entre as súas obras destacan Días, Interior como paisaje e Para ti.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ediciós do Castro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Licenciada en Filosofía e Letras e en Xornalismo, colaborou en periódicos e revistas como La Noche, Informaciones, Blanco y Negro, La Vanguardia, Ínsula, Revista de Occidente, Grial ou Galicia Emigrante. Da súa produción destacan as obras Los que se fueron (1957), Víspera del odio (Premio Elisenda de Montcada, 1958), El jardín de las siete puertas (Premio Doncel, 1961), Galicia: Rías Bajas (1965), El zopilote presumido (1964) e Los días de Lina (1971). Foi membro da Assotiation Internationale des Critiques Litteraires.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de catalanizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de catalogar.

    2. Conxunto de regras para a elaboración dos catálogos dunha biblioteca. Entre as normas de catalogación máis antigas cómpre subliñar a Introdution pour procéder à la confection du catalogue... (Introdución para proceder á confección dun catálogo...), establecida a partir do 1791 nas bibliotecas de París; as Rules for compiling the Catalogues (Regras para compilar os catálogos), seguidas polo British Museum a partir do 1830; ou as Instruciones para la redacción de los Catálogos en las Bibliotecas públicas del Estado, elaboradas pola Junta Facultativa de Archivos, Bibliotecas y Museos no ano 1902. Desde os anos sesenta do s XX, sen embargo, intentáronse unificar internacionalmente as normas de catalogación. Con este obxectivo, a American Library Association elaborou no 1967 as Anglo-American Cataloging Rules (Normas de catalogación anglo-americanas, AACR), que tiveron unha segunda edición en 1978, e a Federación Internacional de Asociacións de Bibliotecarios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á catedral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de categorizar.

    2. Proceso psicolóxico que serve para clasificar persoas, obxectos ou acontecementos segundo a súa semellanza mutua. A categorización permite reaccionar diante dos obxectos, máis pola súa pertenza a unha clase ou categoría determinada, que pola súa peculiaridade individual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de catequizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político romano. Membro dunha familia patricia, seguiu o cursus honorum. Foi cuestor no ano 77 a C, pretor no 68 a C e gobernador de África no ano 67 a C. Acusado de corrupción, foi procesado e non puido participar nas eleccións para cónsul. Organizou, entón, a primeira das súas conspiracións de asasinato contra os cónsules, que non chegaría a producirse. Absolto dos cargos, presentouse ás eleccións do ano 63 a C, apoiado polos demócratas e financiado por Craso e César. Derrotado por Cicerón, que contou co apoio da aristocracia, Catilina presentou novamente a súa candidatura no ano 62 a C, cun programa no que incluía a eliminación das débedas. Con esta medida gañou numerosos apoios entre a plebe urbana, os campesiños e os veteranos de Sila. Planificou, ao mesmo tempo, unha nova sublevación armada, que tivo lugar despois dunha nova derrota electoral, desde Roma, pasando pola Etruria, ata o Piceno e a Apulia. Cicerón foi informado da conspiración, denunciouno e lanzou contra el as...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, orador e político romano. Chamado o Vello ou o Censor, era membro dunha familia plebea. Participou na Segunda Guerra Púnica (217 a C) e fixo carreira política en Roma axudado por Lucio Valerio Flaco. Comezou como cuestor en Sicilia no 204 a C con Publio Cornelio Escipión o Africano. Elixido edil no 199 a C, reinstaurou os xogos plebeos. No 198 a C foi pretor en Sardeña, onde adquiriu popularidade pola súa sobriedade e xustiza no desempeño do cargo, feito que lle axudou a acadar o consulado no 195 a C. Durante este mandato trasladouse a Hispania para sufocar un levantamento indíxena. Participou tamén como tribuno militar na expedición contra Antíoco no ano 191 a C. No ano 184 a C foi elixido censor e aplicou unha política na que cargou con impostos o luxo e realizou importantes obras públicas na cidade. Combateu a política liberal e filohelénica dos Escipións en defensa das tradicionais virtudes romanas (aforro, austeridade e xustiza), virtudes que practicou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político romano. Chamado o Uticense, era bisneto de Catón o Vello. Comezou a súa carreira pública como tribuno militar en Macedonia, no ano 72 a C, onde coñeceu as doutrinas filosóficas estoicas. Ao seu retorno a Roma, exerceu de cuestor atacando os colaboradores do tirano Sila. Elixido tribuno no ano 62 a C, compartiu o cargo con Cicerón e Catulo, e loitou no Senado contra as ambicións de César, Craso e Pompeio. Durante o consulado de César foi encarcerado, pero a presión popular liberouno. No ano 54 a C accedeu ao cargo de cuestor, desde o que tentou corrixir a situación de corrupción e desorde imperante. Cando se desencadeou a guerra civil púxose de parte de Pompeio, ao que seguiu ata á súa morte. Logo marchou en axuda de Escipión. Suicidouse despois da derrota de Thaos. Foi considerado como un exemplo para os estoicos. Dos seus escritos, consérvase unha carta a Cicerón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Actitude de cautela ante algún temor ou risco.

    2. Confirmación ou garantía do cumprimento dunha obriga mediante xuramento, peñor de bens propios ou fianzas dun terceiro.

    3. Pena que obriga a unha persoa sometida a un proceso, a presentar un fiador que se faga responsable de que non se levará a cabo o mal que se pretende evitar e que entregue, no caso de que se leve a cabo ese mal, a cantidade esixida na sentencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Afianzar ou garantir algunha cousa dándolle caución a unha persoa.

    2. Precaver un dano que poida suceder para que non haxa prexuízos nunha actividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transformación dunha solución acuosa de carbonato alcalino nunha do hidróxido correspondente pola acción do cal vivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de cauterizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de cavilar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de fenómenos relacionados coa aparición de cavidades no interior dunha masa líquida en movemento, cando a presión acada valores suficientemente baixos. É un fenómeno nocivo que condiciona fortemente o deseño de todo elemento hidráulico e pode aparecer na aspiración das bombas, na evacuación das turbinas, nas hélices mariñas, nas comportas e válvulas, etc. Experimentalmente, obsérvase a interferencia de dous fenómenos: o desprendemento de gases disoltos e a vaporización do líquido, que caracteriza propiamente a cavitación e que se produce cando a presión local se iguala coa tensión de vapor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e arquitecto italiano. Chegou a España para traballar ao servizo de Filipe II e foi pintor de cámara de Filipe III. Traballou en El Escorial e no Alcázar de Madrid. Das súas obras, a maioría perdidas, destaca o fresco Historia de José (1608), exposto no Palacio del Pardo. Traduciu o Tratado de arquitectura de Vignola.

    VER O DETALLE DO TERMO