"ISM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1586.
-
-
Palabra ou expresión portuguesa que se introduciu noutra lingua.
-
reintegracionismo.
-
-
-
Palabra ou expresión portuguesa que se introduciu noutra lingua.
-
Costume característico dos portugueses.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto doutrinal e movemento cristián que tivo a súa orixe en Martiño Lutero. Os seus documentos confesionais son os dous catecismos de Lutero (1529), a Confesión de Augsburgo (1530), a apoloxía de Augsburgo (1531), os artigos de Esmalcalda (1537) e a Fórmula da Concordia (1577). Os seus puntos básicos son a xustificación pola soa fe, a palabra de Deus como norma exclusiva de fe, a salvación pola imputación dos méritos de Xesús Cristo, o sacerdocio universal dos fieis, o concepto de memorial para suscitar a fe aplicada aos dous sacramentos aceptados, bautismo e eucaristía, pero principalmente referido á eucaristía ou cea, da que se exclúe toda referencia ao sacrificio; e o concepto de Igrexa como congregación dos santos. Comezou a implantarse despois da Dieta de Worms (1521), e a repercusión das ideas luteranas no ámbito social provocou, entre 1522 e 1523, o alzamento dos cabaleiros, cobizosos de conseguir unha nova posición cos bens secularizados, e, entre 1524 e 1525, o dos campesiños,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de macabro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Campaña anticomunista organizada en EE UU polo senador Joseph Raymond McCarthy (1950-1954). Intentaba descubrir e inhabilitar profesionalmente os sospeitosos de ser simpatizantes da ideoloxía comunista ou contrarios á política estadounidense. Numerosos políticos, escritores, científicos e artistas víronse afectados por esta campaña. OBS: Tamén se coñece como caza de bruxas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actitude, comportamento ou ideoloxía que, por razóns históricas, culturais e relixiosas, manteñen certas sociedades ou persoas, que consiste en atribuírlle aos homes unha superioridade de valores, en todos os campos, sobre as mulleres.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de formación de rochas ígneas a partir dun magma ou material derretido a unha temperatura elevada. Tendo en conta que nos magmas hai que destacar a materia mineral ou fase sólida, o líquido magmático ou fase líquida, e os elementos volátiles ou fase gasosa, Paul Niggli estableceu tres etapas ou fases na cristalización dun magma. En primeiro lugar está a etapa ortomagmática, durante a que cristalizan os minerais de punto de fusión máis elevado, e producen a masa principal da rocha ígnea. Xa separados estes materiais, queda un líquido magmático rico en elementos volátiles, cunha temperatura relativamente alta e cunha tensión de vapor elevada, o que favorece a súa inxección en gretas; isto constitúe a etapa pegmatítico-pneumatolítica, durante a que cristalizan minerais dun punto de fusión baixo. Finalmente, cando o arrefriamento é xa moi avanzado, queda un líquido residual, que constitúe a etapa hidrotermal, que é unha solución que contén principalmente sílice. Así, o magma vai cambiando...
-
-
-
Forza de atracción dun imán.
-
Conxunto de fenómenos de atracción e repulsión que producen os imáns ou as correntes eléctricas.
-
Parte da física que estudia as propiedades dos campos magnéticos e as interaccións entre os imáns. O seu obxecto de estudo limítase ao dos imáns desde que en 1819 H. C. Ørsted demostrou que existía unha relación entre os fenómenos eléctricos e os magnéticos. M. Faraday e J. Henry concretaron esta relación, e foi J. C. Maxwell quen o expuso, aínda que as súas ecuacións só describen o comportamento macroscópico das substancias eléctricas e magnéticas. En 1852 W. Weber propuxo que o magnetismo tiña relación coa estrutura íntima da materia, o que foi interpretado despois por P. Langevin e P. Weiss, ata que se admitiu que é unha propiedade de natureza atómica ou subatómica, debido a que os átomos ou ións presentan momentos magnéticos non nulos. Segundo a orientación dos momentos magnéticos, fálase de diamagnetismo, paramagnetismo, ferromagnetismo, ferrimagnetismo e antiferromagnetismo.
-
magnetismo remanente
Magnetismo que queda nunha substancia magnética ao ser suprimida a excitación magnética.
-
magnetismo terrestre
Conxunto de fenómenos relacionados co comportamento magnético do globo terrestre.
-
-
-
Atracción que unha persoa ou cousa exerce sobre outra.
-
magnetismo animal
Acción que unha persoa exerce sobre outra nunhas determinadas condicións e que producen fenómenos de suxestión e de hipnotismo.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento político-relixioso dirixido por un mahdī.
-
VER O DETALLE DO TERMO
islamismo.
-
-
Arte de facer xogos malabares ou de destreza e habilidade.
-
Conduta hábil para lidar unha situación difícil.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Uso incorrecto de palabras ou expresións cultas, pouco usuais ou estranxeirismos, por parte dalgún falante que, en descoñecemento da forma e do sentido precisos, os substitúe por outras semellantes foneticamente.
-
-
Doutrina antinatalista que, baseada na teoría da poboación de T. R. Malthus, aconsella a restrición voluntaria da procreación. O destino inevitable da humanidade é a pobreza e hai dous tipos de factores que poden evitar unha densidade de poboación que condene a humanidade á escaseza económica: os factores que aumentan o coeficiente de mortalidade e os que diminúen o coeficiente de natalidade. Desde un punto de vista político e económico, a influencia do malthusianismo xustificou o sistema librecambista, unha política de salarios fundamentada no custo das satisfaccións das necesidades máis estritas e a oposición aos intentos de reforma social e económica.
-
Diminución voluntaria da produción de bens para evitar que diminúan os prezos drasticamente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina de carácter gnóstico e dualista que profesa a seita dos mandeos, coñecidos tamén por nazarenos ou cristiáns de San Xoán. A súa orixe puido establecerse en Transxordania e no s I ou II evolucionou baixo unha influencia gnóstica e maniquea. Defenden que a alma humana permanece aprisionada no corpo e é perseguida polos demos pero ao final será liberada por Manda da Hayyé ou Coñecemento de Vida. Dos escritos mandeos conservados destaca Ginzà.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intoxicación por causa do manganeso.
-
-
Estilo artístico da arte occidental que se limitou a Europa aproximadamente desde 1520 ata 1600. Este termo foi empregado por G. Vasari ao manifestar que os discípulos de Michelangelo Buonarroti pintaban á maniera do mestre. Sitúase nun momento de loita entre o anticlasicismo e o clasicismo; a forma desintégrase a partir da figura serpentinata, o idealismo concrétase e alcanza un ton fantástico e insólito; hai unha gran predisposición á excentricidade e ao desbaratamento, rómpense os eixes convencionais compositivos e establécese un divorcio entre a función e a forma. Os núcleos manieristas máis importantes foron Roma, cos alumnos de Rafaello, G. Romano, B. Peruzi e Prin del Vaga, e Mantua, onde G. Romano construíu o Palacio do Té, en que se formou F. Primaticio, que con G. B. Roso creou a escola de Fontainebleau, que mantiveron máis tarde J. Bunel de Blois, A. Dubois de Amberes e Martin Fréminet. Praga, coa corte de Rodolfo II, atraeu a G. Arcimboldi, que, xunto con B....
-
Fenómeno en que, en calquera estilo, se produce un predominio da ostentación da habilidade formal sobre o contido.
-
-
-
-
Doutrina fundada por Mani no s III, baseada na distinción dualista do universo entre o principio do ben, identificado co Pai eterno xudeu-cristián e co espiritual, e o do mal, identificado con Ahrimān ou Satanás e co material. Estableceu unha teoría da salvación en tres fases: a inicial, na que os dous principios permanecían separados; a do tempo medio ou presente, en que se atopaban; e a do tempo final, en que se volvían separar, de xeito que o mundo sairía das tebras e as almas poderían volver á súa orixe: o Paraíso. Como institución, posuía un canon de libros sacros, integrados por sete libros atribuídos a Mani e outros feitos en Turfan, Exipto e Alxeria. A doutrina estendeuse por Persia, India, Tibet, China, Turkestán, Italia, N de África e parte da Península Ibérica. A súa influencia quedou patente en diversas sectas medievais, como a dos paulicianos ou os cátaros.
-
Secta dos maniqueos.
-
-
Actitude derivada da convicción de que todas as cousas están divididas en dúas partes, unha completamente boa e aceptable, e outra mala e reprobable.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de posicións teórico-prácticas establecidas por Mao Zedong. Estas concepcións quedaron patentes con motivo da controversia chinesa-soviética (1960-1964) que abriu un gran debate internacional sobre os problemas de edificación do socialismo, favorecido pola aparición da Revolución Cultural (1965). Os temas fundamentais da doutrina maoísta son o recoñecemento do pobo como forza principal da revolución e da historia, a aceptación do feito de que o proletariado ten que acadar o poder de forma violenta, e a esixencia de que a ditadura do proletariado continúe de forma prolongada ata chegar a unha sociedade sen clases, pero con garantía das liberdades políticas.
-
-
Teoría política de Maquiavelo.
-
Actitude do que para conseguir un fin procede con astucia e maldade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Introdución xeneralizada, progresiva e a grande escala, das máquinas no proceso de produción. A Revolución Industrial significou un cambio moi forte das formas de produción de bens, pois introduciu o uso xeneralizado de artefactos mecánicos que conseguiron aforrar man de obra.