"OMI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1140.
-
GALICIA
Economista e político. Foi delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en Pontevedra (1993-1994), deputado no Parlamento de Galicia na V lexislatura (1993-1997), director xeral de Relacións Laborais (1994-1997) e secretario executivo da organización do PP en Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Intervención que ten como finalidade ampliar a pelve co fin de facilitar o parto.
-
-
Relativo ou pertencente aos pentastómidos.
-
Metazoo do grupo dos pentastómidos.
-
Grupo taxonómico de posición filoxenética incerta formado por animais metazoos tripoblásticos, celomados e protóstomos, con características intermedias entre os artrópodos e os anélidos. Inclúe especies parasitas das vías respiratorias de vertebrados carnívoros. O corpo, de 2 a 13 cm, é aplanado e anelado exteriormente, e divídese en tres rexións: a cefálica, curta, con cinco protuberancias, catro delas semellan patas con pinzas e uñas, e a quinta, en forma de morro, onde ten a boca; unha rexión xenital anelada que ocupa case todo o corpo; e unha rexión anal moi curta. Todo o corpo está cuberto dunha cutícula que muda periodicamente.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos pentatómidos.
-
Insecto hemíptero da familia dos pentatómidos.
-
Familia de insectos heterópteros, da orde dos hemípteros, formado por individuos de corpo fortemente esclerotizado e de cor variada segundo as especies. Aliméntanse chuchando o zume dos vexetais ou o sangue doutros insectos, polo que algunhas especies están consideradas pragas de certos cultivos. Teñen unha ampla distribución en todo o planeta.
-
-
GALICIA
Relixioso dominicano. Foi lector de teoloxía en Toro, rexente de estudos en Ávila, prior de Plasencia e de San Esteban de Salamanca, e vigairo xeral da provincia de España e provincial (1691-1696). É autor de Commentaria in Summam S. Thomae.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Escisión parcial ou completa do pericardio.
-
Decorticación do corazón nas pericardites crónicas.
-
-
PERSOEIRO
Militar e político. Dirixente do Grupo de Oficiales Unidos, foi un dos organizadores do golpe de estado de 1943, favorable ás potencias do Eixe. Pasou dun neutralismo militar a un conservadorismo fascista que desembocou nun populismo nacionalista prooccidental (1945). En 1945 converteuse en vicepresidente e ministro de Guerra, e en 1946 gañou as eleccións á presidencia de Arxentina. Instaurou un réxime ditatorial de corte populista asentado no Partido Único de la Revolución. Foi reelixido en 1951, pero a morte da súa muller, Eva Duarte, a corrupción e a crise económica (1953-1955) derivaron na súa destitución (1955) e exilio en Madrid. En 1973 os peronistas volveron gañar as eleccións e Perón volveu a Arxentina, pero esta segunda etapa presidencial foi curta e ineficaz. En 1961 casara con María Estela Martínez de Perón, quen á súa morte o sucedeu na presidencia, ata que foi derrocada polo golpe de estado militar de marzo de 1976.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos petromizóntidos.
-
Peixe ciclóstomo da familia dos petromizóntidos.
-
Familia de peixes, da clase dos ciclóstomos de corpo longo e cilíndrico e cola comprimida. É o grupo máis numeroso e difundido dos agnatos actuais. A presenza do embude bucal permítelles nutrirse e fixarse sobre as pedras. Algunhas especies son de auga doce, pero hai tamén outras que, nacidas nos ríos, se trasladan ao mar e volven á auga doce para reproducirse. En Galicia dáse a especie Petromyzon marinus, que pode chegar aos 70 cm de longo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas ou arbustivas, da familia das lamiáceas, que presentan as flores de cor amarela, púrpura ou branca. Proceden de Asia e cultívanse como ornamentais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia italiana, posiblemente orixinaria de Roma, que se estableceu en Siena desde o s XIII e que se enriqueceu por medio do comercio e a banca. Destacaron as ramas papais, con Pío II e Pío III, a dos Tesdeschini, a de Sticiano, á que pertenceu Ottavio Picolomini, e a de Modella, todas extinguidas. Das que continuaron cómpre salientar as de Clementini, Carli, Aragona, Febei, Naldi e Bandini.
-
PERSOEIRO
Literato e eclesiástico italiano. Nomeado arcebispo de Patras (1574), quedou como auxiliar do bispo de Siena. Autor de obras de astronomía, como Delle stelle fisse, foi o primeiro en clasificar as estrelas alfabeticamente coas letras latinas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pío II.
-
PERSOEIRO
Xeneral italiano. Estivo ao servizo de Castela e, desde 1627, do emperador alemán. Mariscal de campo, detivo o avance dos suecos cara a Bohemia (1633) e combateunos en Nördlingen (1634). En 1639 derrotou a Francia en Thionville. Vencido polos suecos en Wolfenbüttel (1641), máis tarde loitou nos Países Baixos ao lado de Castela.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Establecemento dunha fístula cirúrxica na pelve renal para a eliminación da urina cara ao exterior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Incisión practicada na pelve renal, xeralmente para eliminar un cálculo ou para evacuar un edema líquido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Resección do píloro.
-
PERSOEIRO
Pacifista belga. Dominicano, creou a Aide aux Personnes Déplacées (1949) e fundou o Mahatma Gandhi International Peace Centre, transformado na Universidade da Paz (1960) en Tihangelez-Huy (Bélxica). Escribiu Bâtir la paix (1966). Recibiu o Premio Nobel da Paz (1958) e o Premio Sonning de Dinamarca (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
pirenomiceto.
-
-
Relativo ou pertencente aos pirenomicetos.
-
Fungo do grupo dos pirenomicetos.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente aos pirosómidos.
-
Urocordado da orde dos pirosómidos.
-
Orde de urocordados da clase dos taliáceos, que inclúe especies que forman colonias flotantes, de forma oval ou cilíndrica e constituídas exclusivamente por blastozooides. Cada un destes individuos é elipsoidal, comprimido lateralmente, e cos dous extremos ocupados por dous sifóns: o bucal, orientado cara ao exterior, e o cloacal, cara á cavidade central da colonia. Case todo o seu corpo está ocupado por unha farinxe branquial constituída por orificios. Xeralmente presentan órganos luminosos formados por células testáceas cheas de bacterias simbióticas. Os individuos son de talle milimétrico, pero a colonia pode chegar a medir máis dun metro.
-