"Pol" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1042.
-
VER O DETALLE DO TERMO
polaco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Danza nacional polaca de carácter solemne e festivo ao mesmo tempo. De compás 3/4, creouse no s XVI, pero non adquiriu o ritmo pronunciado que a fixo famosa ata 1795, aproximadamente. Cultivárona algúns compositores como Beethoven, Weber, Schubert e, sobre todo, Chopin.
-
ENTRADA LARGA
Estado de Europa Central, limitado polo Mar Báltico, o enclave ruso de Kaliningrad e Lituania ao N, Bielorrusia e Ucraína ao L, Eslovaquia e a República Checa ao S, e Alemaña ao O (312.685 km2; 38.640.000 h [estim 2001]). A súa capital é Varsovia.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Situada nos límites da plataforma de Europa Oriental, a maior parte do territorio está formado por chairas, con algúns outeiros que non pasan dos 600 m de altitude. Só no S, no Sudety e nos Cárpatos, se atopan montañas de importancia (Rysy, 2.499 m). O clima é moderado, entre marítimo e continental. Os ríos máis importantes son o Vístula (1.047 km) e o Oder (912 km), que atravesan o país de S a N. O réxime dos ríos é regular e permiten a navegación, unidos por canais. Hai máis de 9.000 lagos, a maioría ao N, os máis importantes son o Sniardwy (113,8 km2) e o Mamry (104 km2). Ao pé dos Cárpatos e dos Sudety hai numerosos mananciais de augas minerais.... -
VER O DETALLE DO TERMO
Operacións bélicas realizadas no territorio polaco durante as dúas guerras mundiais. A primeira campaña, iniciada polos austrohúngaros, tentou a ocupación da Polonia rusa; durou desde agosto de 1914 ata a primavera de 1915, cando os imperios centrais ocuparon Polonia e Lituania. A segunda tivo lugar no mes de setembro de 1939, sen previa declaración de guerra, cando as forzas alemás ocuparon a maior parte de Polonia, mentres que o exército soviético ocupaba as provincias orientais do país. Na terceira campaña, os habitantes de Varsovia rebeláronse contra os invasores nazis (1 de agosto de 1944) e loitaron ata o 2 de outubro, cando, sen obter axuda exterior efectiva, tiveron que capitular. Os exércitos rusos, coa colaboración dos partisanos, realizaron a liberación de Polonia do dominio nazi entre xaneiro e marzo de 1945.
-
PERSOEIRO
Mártir, suposta irmá de san Lourenzo. Foi martirizada por rexeitar unha adoración que consideraba idolátrica. Parece que lle arrincaron os dentes, polo que se considera patroa dos dentistas e avogosa da dor de moas. Tamén se di que morreu condenada na fogueira, botándose ela mesma no lume. Na súa iconografía represéntase como unha moza, vestida cunha longa túnica romana e manto. Leva a palma do martirio e, ás veces, unha coroa de flores na cabeza (atributo das virxes ilustres). Como atributo persoal leva unhas tenaces agarrando unha moa. A súa festividade celébrase o 9 de febreiro (en Padrón o 21 de abril).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Elemento de número atómico 84, do grupo VI A da táboa periódica. Foi o primeiro dos elementos illados por M.Curie, no ano 1898. Ten un peso atómico de 210,05 e está constituído por sete isótopos radioactivos. É un dos elementos naturais máis raros e atópase nos minerais de uranio en proporción de 100 ìg por tonelada. Pode existir en dúas formas alotrópicas: á, cúbica e estable a baixa temperatura, e â, romboédrica e estable a temperatura elevada. É soluble nos ácidos minerais e oxídase lentamente no aire. Forma compostos coas valencias 6+, 4+, 2+ 0 e 2-, e hai indicios da existencia do estado 3+. A súa química pode ser unicamente explorada nas trazas, a causa dos efectos radiolíticos que se presentan ao traballar con cantidades maiores. O polonio 210 ten unha emisión á cinco mil veces máis intensa que o uranio, libera na súa descomposición 140 W/g, polo que pode ser usado como fonte de enerxía para satélites artificiais. Emprégase, aliado co berilio, como fonte de neutróns. É moi tóxico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente da forma grega Áðïëëώíéïò, cos significados de ‘pertencente ou relativo a Apolo’, ‘apolíneo’. Máis frecuente na súa forma feminina, na súa evolución obsérvase un caso de aférese ou perda de sílaba inicial, semellante ao que aconteceu noutros nomes (Dosinda/Ildosinda; Duarte/ Eduardo). A forma feminina presenta as variantes Apolonia e Pelonia, esta última máis popular. Levan este nome santa Polonia, virxe de Alexandría; santo Polonio, mártir en Roma; e santo Polonio, bispo en Brescia. A festividade de santa Polonia celébrase o 9 de febreiro (en Padrón o 21 de abril) e de santo Polonio o 18 de agosto.
-
CAPITAIS
Capital do distrito homónimo, Sri Lanka, situada ao SO de Amuradhapura, preto do lago Topawera (11.636 h [1981]). Os monumentos que se conservan pertencen ao reinado de Parakamabahu I (1153-86). O único edificio enteiro que existe é o santuario de Laukatilaka Vihara, de forma circular. Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito de Sri Lanka (3.293 km2; 359.197 h [2001]). A súa capital é Polonnaruwa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta ruso. Un dos últimos románticos do seu país, nas súas composicións trata temas infantís e describe motivos de cancións xitanas, que en moitos casos foron fonte de inspiración para grandes compositores ou mesmo na obra de B. Pasternak. A súa poesía reflicte un humor alegre combinado coas notas disonantes da desilusión, o pesimismo e a desesperación. Os seus Poemas publicáronse en 1896.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana, situado nos contrafortes orientais do sistema prebético valenciano (2.300 h [2001]). Predominan os cultivos de secaño (amendoeiras e oliveiras) e os cítricos no regadío. A base económica son os servizos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Programa radiofónico emitido os primeiros domingos de cada mes en Rádio Universitária FM, da Universidade Federal de Ceará, en Fortaleza (Brasil), desde setembro de 1991. Dirixido e presentado por Adauto Leitão Jr., promoveu a cultura e o idioma galego a través de cursos de galego, en colaboración co ILG e a Xunta de Galicia, ademais de entrevistas e reportaxes sobre a vida dos galegos en Brasil.
-
-
-
Parte carnosa dun órgano ou dunha parte do corpo, como a polpa dentaria ou a do dedo.
-
barriga da perna.
-
-
Parte carnosa dos froitos ou outros órganos vexetais, especialmente se é moi mol.
-
Residuos industriais de produtos agrícolas que se empregan para a fabricación de pensos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Desintegración mecánica das partes moles dos vexetais, ata reducilas ao estado de polpa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta herbácea perenne, de ata 60 cm de altura, follas alternas, palmatilobuladas, redondeadas, as basais pecioladas e as superiores sésiles, flores pequenas rosas ou brancas e froito ovoide. Florece entre maio e xullo. Habita en bosques caducifolios, na parte atlántida da Península Ibérica e sistemas montañosos do interior. En Galicia dáse en fragas e devesas do interior. Emprégase como planta medicinal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de desperdicios ou restos miúdos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten polpa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da bisagra de forma cilíndrica que está suxeita á parede ou ao marco e sobre a que xira a porta ou ventá.
-
CAPITAIS
Capital da oblast’ homónima, Ucraína, situada na beira do río Vorskla, afluente do Dniéper (313.199 h [1999]). A súa economía baséase na construción mecánica, metalurxia, produción de diamantes sintéticos e industria alimentaria e lixeira. As primeiras mencións sobre a cidade datan de 1174, aínda que co nome de Ltava. En 1430 Lituania cedéullela aos tártaros. Devastada sucesivas veces durante os ss XVI e XVII, chegou a ser potencia cosaca ao pasar a Rusia (1667). En 1709 tivo lugar a Batalla de Poltava en que Pedro I de Rusia derrotou o exército de Carlos XII de Suecia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Ucraína (28.800 km2; 1.708.300 h [estim 1998]). A súa capital é Poltava.