"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga igrexa parroquial situada en Vilasantar. Trátase dunha capela dependente de San Martiño de Armental. A súa decoración permite datala cara ao 1225 e construíuse nun lugar onde se conservan vestixios romanos. Consta dunha nave, cuberta cun teito de madeira, e unha ábsida rectangular con bóveda de canón apuntada, reforzada por un arco faixón de igual directriz que descansa en dous capiteis-ménsulas, un deles cunha decoración de entrelazados e bólas ornadas con leves incisións. O arco triunfal é apuntado e dobrado, a rosca menor apóiase en dúas semicolumnas de bases áticas e con capiteis decorados. O capitel esquerdo consta dunha orde de follas pegadas á cesta e rematadas en pomas, co contorno resaltado por unha liña de zigzag; na parte superior asoman outras follas que recordan as de crochet, curvadas nos extremos, e que parecen un rostro humano. No capitel meridional combínanse entrelazados adornados con liñas en zigzag, follas nervadas de perfil lobulado nos espacios intermedios,...
-
GALICIA
Lingüista. Foi profesor da Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo (1986-1987) e, desde 1987, profesor de lingua galega na facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Entre 1991 e 1992 realizou unha estadía de investigación no departamento de Lingüística da Universidade de Lisboa. Dende 1984 colabora no estudo de lexicografía e gramática realizado polo Instituto da Lingua Galega. Participou ademais en diferentes proxectos de investigación en lingüística galega, entre os que destacan Gramática histórica da lingua galega (1992-1995), Gramática descritiva da lingua galega (1995-1998) e Sintaxe descritiva da lingua galega (a partir de 1998). Colaborador en diversas revistas e publicacións especializadas, publicou varios artigos sobre lingüística galega, especialmente no eido da sintaxe, entre os que destacan “As construcións pronominais en galego” (1991), “Modelos de lingua e variación sintáctica” (1994), “Marcaxe preposicional...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Participou nos talleres de Arte Kunster Atelier de Colonia. Na súa obra achegouse a estratexias próximas ao medio publicitario no eido técnico, mediante a produción de imaxes cunha información destinada á percepción do espectador. Realizou exposicións individuais e participou en mostras colectivas como Memoria dunha década (Bienal de Arte de Pontevedra, 1992), IV Mostra Unión Fenosa (1994), Art Multiple 98 (Düsseldorf, 1998) e Generación 2000 (2001). Ilustrou A voda do papá de Helena Villar Janeiro (1994). Foi galardoado coa bolsa de Novos Valores da XI Bienal de Pontevedra (1989), o primeiro premio do V Certame de Artes Plásticas de Lugo (1990), o premio Generación 2000. Caja Madrid (2000) e o Premio Arte Emergente-España Nuevo Milenio (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Voivodato de Polonia, nas chairas do NL do país (6.362 km2; 436.900 h [estim 1998]). A capital é Ciechanów (47.100 h [1996]). É unha rexión fundamentalmente agraria na que as actividades agropecuarias están favorecidas polas condicións climáticas e topográficas. Destacan as producións cerealísticas e hortofrutícolas, así como a gandería bovina. No s XX, na época comunista, desenvolveuse un certo tecido industrial, concentrado especialmente na capital e baseado nos subsectores metalúrxico, mecánico e eléctrico. Os seus xacementos de arxila permiten o aproveitamento para a industria cerámica. En 1526 incorporouse ao Reino de Polonia e no s XVII sufriu unha gran devastación como consecuencia das invasións suecas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Novela publicada en 1967 por Gabriel García Márquez, escritor colombiano galardoado co Premio Nobel de Literatura en 1982. De técnica depuradísima, narra as vicisitudes da familia Buendía Iguarán ao longo de cen anos de soidade. José Arcadio Buendía e Úrsula Iguarán, curmáns e esposos, viven un amor marcado pola desgracia, xa que están expostos a ter como descendencia unha iguana, do mesmo xeito que lles ocorrera a un tío de José Arcadio e a unha tía de Úrsula, que tiñan a mesma relación de parentesco. Esta, temerosa da profecía, mantense virxe, feito que provoca as burlas dun amigo de José, Prudencio Aguilar. Ao non aturar máis a situación, José Arcadio mátao e esa mesma noite mantén relacións coa súa dona. Ante as continuas aparicións do espectro do morto, deciden fuxir e comezan unha peregrinación que rematará, tras varios anos, en Macondo. Da súa unión nacerán dous fillos, un que veu ao mundo durante a peregrinación, ao que chamaron como o pai, e Aureliano, coronel guerrilleiro e promotor...
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro e inventor, fillo de Juan de la Cierva y Peñafiel. Obtivo o título de enxeñeiro de camiños e de construcións aeronáuticas e o de piloto de aviación. En 1916 entrou na escola de aviación civil de Getafe (Madrid), onde se especializou nos estudios aeronáuticos como proxectista e construtor. Interesado polos problemas da sustentación aerodinámica a baixas velocidades, en 1923, despois de varios ensaios con modelos diferentes, conseguiu que o autoxiro, inventado por el mesmo, voase por vez primeira no aeródromo de Getafe. En 1925 trasladouse ao Reino Unido, onde fundou unha sociedade para o desenvolvemento do seu invento chamada The Cierva Autogiro Co. Construíu 120 prototipos diferentes con novas modificacións. En 1929 realizou o voo Londres-París, co que cruzou o Canal da Mancha. En 1934 conseguiu levantar o voo e a aterraxe vertical sen necesidade de pistas. Morreu en accidente de aviación no aeroporto de Croydon.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Deputado da extrema dereita do partido conservador por Mula (Cádiz) en 1896, exerceu como ministro de Instrución Pública no efémero goberno de Azcárraga (1904). En 1907 foi nomeado ministro de Gobernación con Maura; neste cargo destacou pola súa actitude coercitiva nos acontecementos da Semana Tráxica de Barcelona en xullo do 1909. Como consecuencia detiveron a Francisco Ferrer para sometelo a xuízo e despois executárono. Esta morte causou grande expectación en Europa e foi a causa inmediata da caída de Maura do poder. En 1917, durante o goberno de concentración de García Prieto, foi ministro de Guerra e amparou as Juntas militares de defensa, o que lle permitiu manexar a moitos dos seus integrantes e usalos como presión política para apoiar as súas pretensións de instaurar unha ditadura. Non conseguiu este obxectivo e as Juntas disolvéronse a finais de 1922. Foi ministro de Facenda durante o goberno de Maura (1919), de Fomento no gabinete Allendesalazar (1921), de Guerra con...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
xitano.
-
PERSOEIRO
Novelista, xornalista e político. Cultivou o xornalismo político en Cuba, onde estivo preso, e en Zaragoza. Residiu en París e Madrid, onde foi redactor de El Imparcial e militou en Acción Republicana. Publicou a tetraloxía autobiográfica Del cautiverio (1903), Del hospital (1906), Del cuartel y de la guerra (1906) e Del periódico y de la política (1907), e a novela El juez que perdió su conciencia (1925). Sendo gobernador de Ávila, foi fusilado nos inicios da Guerra Civil.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Discípulo de Francesco Albani, a súa obra caracterízase pola minuciosidade e polo seu perfecto acabado. Realizou a decoración do palacio de Boloña, o fresco da Asunción da Virxe e o Paraíso na cúpula da catedral de Forlì. En 1711 converteuse no primeiro presidente da Accademia Clementina de Boloña. O seu fillo Felice Cignani (Boloña 1660 - 1724) e o seu sobriño Paolo Cignani (Boloña 1709 - 1764) foron tamén pintores.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor italiano. Realizou estudios musicais no Conservatorio de Nápoles, onde posteriormente exerceu a docencia. É autor de numerosas pezas para piano, orquestra e corda, e das óperas L’arlesiana (1897), Adriana Lecouvreur (1902) e Gloria (1907).
VER O DETALLE DO TERMO -
CONDADOS
Condado de Irlanda, Leinster (2.025 km2; 102.683 h [1996]). A capital é Cill Mhanntáin (5.299 h [1986]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Política. Licenciada en Económicas pola Universidade de Bogaziçi, doutorouse na University of Conneticut e ampliou estudios na Yale University. Dende 1978 traballou na docencia ata que en 1990 ingresou no Doğru Yol Partisi (DYP) e converteuse en asesora do presidente Demirel. Elixida parlamentaria, ocupou o cargo de ministra de Economía (1991-1993). Trala elección de Demirel como presidente da República, converteuse en líder do DYP (1993) e primeira ministra (1993-1996). Durante a coalición do DYP co Refah Partisi, chamado despois Fazilet Partisi, foi viceministra e ministra de Asuntos Exteriores (1996-1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Coñecido como Cima da Conegliano, foi discípulo de Bartolomeo Montagna. En 1492 instalouse en Venecia, onde coñeceu a obra de Giovanni Bellini. Os fondos das súas composicións, nun principio arquitectónicos, evolucionaron cara á paisaxe que envolve os personaxes nunha atmosfera luminosa onde a cor lle concede unha visión unitaria ao conxunto. Entre as súas obras destacan Bautismo de Cristo (1494) e Virxe con dous santos (1513).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Perda da facultade de percibir a sensación de movemento por mor dun trastorno da sensibilidade profunda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Insecto da orde dos dípteros pertencente á familia dos culícidos ou á dos psicódidos, englobadas na suborde dos nematóceros. Os adultos presentan o corpo fino de entre 2 e 10 mm de lonxitude, patas longas e antenas de 15 artellos que nas femias son sinxelas e nos machos plumosas. Presentan o aparato bucal transformado nun peteiro que ás femias lles serve para zugar sangue dos vertebrados e conseguir así o suplemento enerxético necesario para dar lugar a ovos viables e aos machos para sorber néctar nas flores. Os ovos póñenos en masas de auga doce, de escasa ou nula corrente, e deles nacen unhas larvas acuáticas que se alimentan filtrando plancto e respiran na superficie atravesando a tona da auga cuns espiráculos. O ciclo de vida dura, dependendo das condicións, dende unha semana a un mes. Transmiten, especialmente os anófeles e os do xénero Culex, enfermidades aos animais e aos homes como a malaria, o dengue, a encefalite, a filariose, a mixomatose, a febre amarela, a febre dos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou San Salvador de Cinis Antigo mosteiro situado en San Salvador de Seoane (Monforte de Lemos) fundado no s X por dona Mansuria ou Mansuaria. Pertenceu ao mosteiro de San Xián de Samos tralas doazóns de dona Elvira, filla de Vermudo II, no 1024, e de Vermudo Afonso no 1098.
-
PERSOEIRO
Historiador bizantino. Secretario de Manuel I Comneno, acompañábao nas expedicións militares e converteuno en figura central da súa obra histórica, inacabada, que comprende os anos 1118-1176.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Científico ruso. Foi un dos membros máis destacados da primeira xeración de pioneiros da astronáutica. En 1903 anticipou as teorías que despois fixeron posible o desenvolvemento desta ciencia. Expuxo por vez primeira a posibilidade de viaxar polo espazo extraatmosférico aproveitando o poder de reacción dos foguetes pola súa propulsión. Estableceu a razón de masas dos foguetes e deu a coñecer a fórmula fundamental da astronáutica. Como consecuencia desta estableceuse o sistema de dividir os foguetes en diversos tramos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto, pintor e escultor. Coñecido como L’Orcagna, documéntase activo en Florencia entre 1343 e 1368. A súa obra arquitectónica é bastante descoñecida, aínda que se lle atribúen traballos parciais na catedral de Orvieto (1359-1362) e na de Florencia (1362). Realizou o tabernáculo da Virxe en Orsanmischele (Florencia, 1359). A súa obra pictórica relaciónase coas propostas de Giotto, aínda que incorpora unha maior presenza dos elementos decorativos. Entre as súas obras destacan A Anunciación da igrexa de san Remigio (Florencia, 1346) e unha táboa con Cristo en gloria entre anxos e santos da capela Strozzi, en Santa Maria Novella (1354-1357). Atribúenselle un políptico na Accademia Fiorentina e os fragmentos do Triunfo da morte no Museo dell’Opera di Santa Croce. Influíu na pintura toscana da segunda metade do s XIV e tivo como discípulos a artistas como Francesco d’Arezzo ou Betto di Francesco.
VER O DETALLE DO TERMO