"Az" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2426.
-
PERSOEIRO
Médico galego. Foi profesor da Universidad de Valladolid, membro do Consejo de Castilla e presidente da Junta Suprema de Sanidad del Reino. Publicou en 1757 o Sistema físico-médico político de la peste.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Misioneiro. Catedrático de Humanidades da Universidade de Manila, foi vicario apostólico das misións de Tonquín. Entre outras obras publicou Relación de los principales sucesos y estado del Vicariato Central desde el año 1852 al 1857 (1858) e Cartas y pastorales (1908).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Vinculado á compañía Sarabela Teatro, traballou nos espectáculos Madame de Sade (1991), A Esmorga (1995), Afección (1997), Os soños de Caín (1999), Romance de Micomicón e Adhelala (1999), O lapis do carpinteiro (2000) ou Sexismunda (2001). Co Centro Dramático Galego traballou no espectáculo Leoncio e Helena (1994). Ademais do seu labor actoral, desenvolveu unha intensa actividade no terreo do deseño de iluminación e no deseño escenográfico, fundamentalmente para Sarabela Teatro. Destaca o traballo realizado en O lapis do carpinteiro como iluminador, polo que recibiu o Premio María Casares á Mellor Iluminación no ano 2001. Cómpre tamén destacar o seu continuo traballo con grupos universitarios, escolares e da terceira idade, ben como escenógrafo ou iluminador, ademais de ser un importante colaborador na dinamización teatral que Sarabela Teatro realiza na cidade de Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Diplomático e poeta. Licenciado en Dereito, colaborou no xornal La Integridad. Publicou Modificaciones introducidas por el Código Civil en la legislación anterior sobre hijos naturales (1892). Recibiu o II Premio dos Xogos Florais de Tui (1891) polo poema “O derradeiro trobador”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e impresor. Na súa xuventude estivo cativo en Turquía e viaxou por Italia, Francia, Grecia, Portugal e España. Autor de obras de teatro, autos e vidas de santos, desenvolveu un importante labor editorial en Galicia. Chamado a Ourense polo bispo Francisco Manrique de Lara para as impresións dos libros Breviario Compostelano (1542?) e Las Constituciones Sinodales del Obispado de Orense (1544). Así mesmo, da súa extensa produción destacan Los veinte Triunfos (1530?), Palinodia de la nefanda y fiera nación de los Turcos (1547), Jardín del alma cristiana (1552), El astrolabio natalicio, Terno dialogal, Terno farsario, Terno comediario, El bosque nocturno de los animales e El vergel diurno de las aves.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante e humorista. Licenciado en Filoloxía Inglesa, exerce como profesor de ensino secundario en Navia de Suarna. Colaborou nas revistas Plis-Plas, Tempos Novos, Sapoconcho, Ideas e BD Banda, e no xornal La Voz de Galicia, tanto no suplemento de humor Xatentendo.com como na colección Relatos de Verán. Ademais, na revista para nenos Golfiño, publicou na sección de pasatempos “O Zooxogo” e “A viaxe no Tempo”, no apartado de cómic “Luzbell, historias do demo-bombilla” e na sección de arte “A páxina de MOS”. Ilustrador do CD-ROM didáctico Coas raíces no chan, elaborou debuxos para os libros Métodos estatísticos e numéricos (2000), Apúntate aos dereitos humanos (2000) e Todo vai na natureza (2001). Participou nunha mostra realizada na sala de exposicións do Edificio Liceo de Betanzos (1998) e en dúas conxuntas do Museo do Humor de Fene (2000 e 2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor portorriqueño. Participou na Guerra de Corea e alí foi correspondente. Premio Nacional del ministerio de Cultura de Tradución publicou, entre outras obras, El asedio y otros cuentos (1958).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz. Coñecida como Rafaela Aparicio, debutou no teatro en 1931. Interpretou papeis secundarios nos anos cincuenta e sesenta. O seu primeiro gran papel foi en El extraño viaje (1964), seguido de Ana y los lobos (1972), Mamá cumple cien años (1975), El Sur (1983) e El año de las luces (1986), entre outras. Foi galardoada cun Premio Goya en recoñecemento á súa carreira profesional (1988) e co de mellor actriz (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e político. Licenciado en Medicina pola Universidad Central de Madrid (1963), foi Director provincial do SERGAS en Lugo e deputado do Parlamento galego polo Partido Popular desde as eleccións do 2001, pola circunscrición de Lugo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Estudiou xornalismo na Universidad Complutense de Madrid. Comezou a súa andaina profesional en 1977 en El Ideal Gallego. A partir de 1981 pasou a ocupar a delegación de La Voz de Galicia en Santiago de Compostela, onde coordinou a área de información autonómica. Despois de formar parte do equipo directivo de La Voz de Galicia na Coruña e de exercer como correspondente de El País, en 1986 puxo en marcha a Axencia Galega de Noticias (AGN), onde ocupou o cargo de director xeral. En 1988, da man de Rey Novoa, incorporouse como redactor xefe a El Correo Gallego, onde tamén exerceu como subdirector. Foi o responsable de poñer en marcha O Correo Galego. Nestes dous últimos periódicos desempeña funcións de coordinación xeral.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Licenciada en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, instalouse en Bos Aires, onde transcorreron a súa infancia e adolescencia. De regreso a España estableceuse na Coruña como docente de ensino medio de lingua e literatura españolas. Colaboradora da publicación Galicia en Madrid, é autora de Balada para el recuerdo (1984) e O’ vento (Premio Poesía da Casa de Galicia de Las Palmas, 1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Franciscano. Vicedirector do xornal El Eco Franciscano e director da revista Ciencia y Virtud. Director das escolas franciscanas de Afonso XIII en Tánxer, publicou, entre outras obras, Compendio de la geografía físico-política de Marruecos (1912) e Historia de Tánger durante la dominación portuguesa (1932).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Guitarrista venezolano. En 1945 comezou os seus estudios na Escuela Superior de Música Jose Ángel Lamas e foi discípulo de Raúl Borges e mais de Vicente Emilio Sojo. Debutou en Caracas, continuou os seus estudios cunha bolsa no Conservatorio de Madrid con Regino Sáinz de La Maza e posteriormente recibiu clases de Andrés Segovia. En 1987 recibiu o Premio Interamericano de Música e a Universidad de Carabobo nomeouno doutor honoris causa.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Prateiro. Entre as súas obras destacan un incensario realizado para a igrexa de Santa María de Galdo (Viveiro, 1596), unha cruz procesional para a igrexa de San Pedro de Miñotos (Ourol, 1600) e unha cruz coa flor de lis para Santa María de Ourol (Ourol, 1602).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre de cantería. Por encargo de Álvaro de Oca e Sarmiento, señor da fortaleza de Celme, traballou na fachada e nas obras de restauración do pazo dos Oca Valadares na rúa Nova de Ourense (1583-1584). En 1584 realizou os arcos baixos do claustro do convento de Santo Antonio de Padua de Monforte de Lemos. En 1592 fixo, por encargo de Xoán Novoa, arcediago de Baroncelle, as cubertas de mármore dos sepulcros da capela de Nosa Señora do Rosario da catedral de Ourense e dúas figuras de xeonllos, unha dun cabaleiro e outra dun sacerdote, feitas tamén en mármore.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar, xornalista e político. Como membro do batallón de infantería do Comercio, no grao de privado do xeneral Carlos De Alvear, encargouse da redacción do xornal El Sol de las Provincias Unidas. Foi ministro en diversas ocasións e presidente do Consello de Estado. Dende 1823, dirixiu La Aurora e codirixiu, xunto a Santiago Vázquez e J. F. Giró, El Aguacero. Entre 1825 e 1827 dirixiu El Piloto e dous anos máis tarde, unha vez establecido en Montevideo, El Universal. Fundador de La Aurora e El Correo Nacional, dirixiu tamén El Defensor de la Independencia Americana. Postumamente, publicouse, entre 1877 e 1878, en doce tomos a súa obra Historia política y militar de las Repúblicas del Plata (1828-1866).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e poeta. Tras pasar a súa infancia na comarca de Meira, de onde tomou o apelativo O poeta de Meira, emigrou a Cuba e logo a Bos Aires. Ademais de traballar nunha empresa industrial, exerceu o xornalismo en publicacións, como Céltiga, El Despertar Gallego, A Nosa Terra ou Galicia Emigrante, e chegou a dirixir outras, como Galicia, Lugo ou Opinión Gallega. Ademais do poemario en castelán Flor de retama (1947), en galego publicou Debezos (1947) e Pallaregas (1963), que recollen versos dedicados a Galicia. Postumamente, o Centro Lucense de Bos Aires editou 11 poemas a Castelao (1975). Foi membro da Comisión de Cultura do Consello de Galiza e do Centro Gallego, membro correspondente, dende 1951, da Real Academia Galega e secretario do I Congreso da Emigración Galega celebrado en Bos Aires en 1956.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sindicalista libertario de orixe galega. Despois de viaxar por Cuba e Norteamérica durante a Primeira Guerra Mundial, regresou a Vigo en 1919, onde intentou levar adiante, sen logralo, os xornais El Látigo e El Combate. Trasladouse á Coruña e participou na campaña para a consecución dun Sindicato Único. Posteriormente, tomou parte na enquisa anarquista iniciada en 1927 polo grupo “Los Iconoclastas” de Steuvenville (Ohio, EE UU), alentado polo galego Xosé Lóuzara e en colaboración doutras figuras, como Paul Reclús ou Federica Montseny.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Mestre da catedral de Sevilla (1714), optou pola ornamentación lineal fronte á exhuberancia barroca. Entre as súas obras destacan as igrexas da Santísima Trinidad de Carmona (1721) e de Umbrete (1725-1733).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bordador. Activo entre 1551 e 1569. Mestre bordador da catedral de Santiago ata 1557, foi o principal especialista desta disciplina na Galicia do seu tempo. Nas súas obras predominou o uso do fío de ouro e as ricas teas toledanas de raso e seda. En 1541 realizou para a confraría da Concepción da catedral un pano fúnebre de veludo negro, decorado coas imaxes de Santiago e de Nosa Señora bordadas en fío de ouro. Nese mesmo ano bordou para a freguesía de San Bertomeu de Pontevedra unha capa litúrxica, adornada cunha representación da ascensión da Virxe, Deus Pai, Cristo resucitado e varios santos. En 1544 elaborou para a confraría do Corpo Santo do gremio de mareantes de Pontevedra diversas pezas de vestiario litúrxico. En 1551 confeccionou por encargo da confraría do Santísimo Sacramento do mosteiro de San Pedro de Soandres (Laracha) un palio de seda carmesí. Para a vara da cruz procesional da capela de San Xoán Apóstolo da catedral de Santiago elaborou dúas mangas de brocado carmesí bordado...
VER O DETALLE DO TERMO