"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • Persoa que estaba encargada da credencia, sobre todo do coidado dos frascos do viño e da auga cos que facía a salva antes de que bebera o seu señor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao crédito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emisión de luz por certos corpos ao estaren sometidos a temperaturas moi baixas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento integrado por cristiáns (principalmente católicos), que cren compatible a súa fe coa teoría e a práctica marxistas, sen que iso signifique ningunha vinculación a un partido político determinado. Nacido en Chile, onde o movemento celebrou un congreso nacional en 1972, estendeuse logo a Arxentina, Perú, México e outros países de América Central. O movemento contribuíu á elaboración da teoloxía da liberación e finalmente, chegou a Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Suecia (1632-1654), filla de Gustavo Adolfo II. Sucedeu ao seu pai baixo a tutela do chanceler Axel Oxenstierna. Coroada en 1650, converteu o seu país na primeira potencia báltica. Non obstante , a desorde administrativa, o luxo e as súas tendencias católicas, enfrontárona aos protestantes e obrigárona a abdicar no 1654 en favor do seu curmán Carlos X Gustavo. Convertida ao catolicismo, viaxou por Europa e estableceuse en Roma, onde protexeu a intelectuais e artistas e fundou unha academia literaria, erixiu un teatro no Palazzo Riario, a súa residencia, e inaugurou o reconstruído Teatro di Tor di Nona en 1671, o primeiro teatro público de ópera da cidade. Non deixou de conspirar para obter diversos tronos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio que naceu no Círculo Ourensán-Vigués en 1978 co fin de facer público o recoñecemento que merecen os labores individuais ou colectivos que fan achegas relevantes para o desenvolvemento do ámbito xeral da cultura galega. Dende ese ano celébrase todos os anos o sábado anterior ao 17 de maio na Cea das Letras, onde se fallan os premios de creación literaria, ensaio, investigación, música, ciencias e arte de representación (creado en 1979) e iniciativas culturais. O xurado de cada unha das modalidades está composto por sete membros de recoñecido prestixio, tendo en conta á hora do seu nomeamento a diversidade ideolóxica, profesional, xeracional e territorial de Galicia. Os quince primeiros anos, os premios estiveron organizados polo Círculo Ourensán-Vigués, presidido por Bieito Ledo Cabido, e a partir de 1993 pola Fundación dos Premios da Crítica. Os galardóns consisten nunhas figuras deseñadas por Isaac Díaz Pardo e fabricadas por Sargadelos, doadas gratuitamente. Dende o primeiro momento,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de Europa suroriental, situado na península dos Balcáns, que forma un arco desde o Danubio ao NL ata Kotorska ao SL, e que limita con Hungría, Iugoslavia e Bosnia-Herzegovina, atravesado por unha estreita franxa na costa adriática, para permitir paso ao mar a Bosnia-Herzegovina. Limita con Eslovenia ao NO e co Mar Adriático ao O (56.610 km2; 4.481.000 h [1998]). Esténdese entre os 47° e os 42° de latitude N e os 13° e os 19° de lonxitude L. A súa capital é Zagreb.
    Xeografía física

    Relevo e xeoloxía
    O relevo caracterízase pola súa diversidade, e del destacan as chairas de Panonia ao L e os Alpes Dináricos, que atravesan o país de NO a SL. A costa está formada por materiais calcarios, invadidos polo mar e parcialmente somerxidos, feito que explica os numerosos golfos, baías e máis de 600 illas, das que cómpre salientar as de Krk, Cres, Dugi, Brač, Hvar, Korčula e Pelješac. O sector setentrional de Croacia comprende...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Información relativa á cor da luz analizada, nos sistemas de televisión en cor. Consta de dous compoñentes, o ton e a saturación, e é completamente independente do valor da luminancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela publicada por Gabriel García Márquez en 1981. Baseada nun feito real, recrea os acontecementos e circunstancias que rodean un crime, resultado dunha vinganza por unha ofensa de honor. Narra o asasinato do protagonista, Santiago Nasar, por dous irmáns, Pedro e Pablo Vicario, que o consideran responsable da perda da virxindade da súa irmá, Ángela Vicario, que acaba de casar e que é repudiada por Bayardo San Román, forasteiro que chegara á vila meses atrás. Inspirada nos modelos da crónica xornalística e da novela policíaca, é unha historia circular que comeza e remata coa morte do suposto culpable. O narrador preséntase como investigador que tenta aclarar o suceso a partir da reconstrución do período que transcorre desde o remate das celebracións da voda ata a consumación do crime anunciado. Ao longo de cinco capítulos, o narrador-cronista avanza e retrocede na sucesión lóxica dos acontecementos e alterna os seus recordos e as súas impresións posteriores co testemuño dos personaxes...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten forma de cruz.

    2. Aplícase a algo que é de moita importancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas da familia das rubiáceas de follas dispostas en verticilos, flores en espigas densas, amarelentas e sésiles, e flores tubulares. En Galicia están presentes as especies: C. maritima, perenne e leñosa na base, que presenta follas coriáceas de ata 10 mm de lonxitude e que vive en areais e rochedos costeiros; e C. angustifolia, herbácea anual que pode acadar ata 40 cm de altura, con follas lineares de ata 30 mm de lonxitude e que vive en piñeirais e rochedos no interior de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia das rubiáceas, de follas de catro en catro formando verticilos, con inflorescencias encima formadas por flores -as centrais hermafroditas e as laterais masculinas-. Estas flores presentan a corola con tres ou catro lóbulos máis longos ca o tubo da flor, que dan lugar a froitos secos. En Galicia están presentes as especies: C. glabra, de talos sen pelos, propia de ambientes secos das montañas; e C. laevipes, de talos cubertos por unha pilosidade densa e propia de ambientes húmidos e umbrosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que comezou a súa andaina a partir de 1961 en Vigo, pertencente á Editorial Ibérica, e que cesou arredor de 1975. Dirixida e coordinada por Víctor M. de las Heras, contaba coa colaboración de Álvaro Cunqueiro, C. Emilio Ferreiro, Faustino Rey Romero, Xosé María Castroviejo, Manuel de la Fuente, Luis Moure, Gumersindo Díaz, Pedro Esgueva e Victoriano Taibo, entre outros. Á parte de poesía, incluíu numerosos artigos relacionados coa pesca e co mar, coa cidade e co porto pesqueiro de Vigo, a industria e os estaleiros, a agricultura, o solo industrial, as centrais nucleares e o plan de accesos a Galicia. Tamén son significativos os apartados dedicados a Pontevedra, O Grove, Baiona, A Guarda e outras localidades galegas. Publicáronse amais algunhas entrevistas e artigos sobre distintos empresarios e políticos como Xoaquín García Picher, Camilo Veiga e Miguel Méndez. Destacan os textos “Del Orense Desconocido”, de Vicente Risco; “Allariz”, de Conde Corbal; e “Los tres tiempos del...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación en castelán editada dende 1995 en Madrid pola Sociedad Española de Ciencias Forestales con sede en Lourizán (Pontevedra). Dirixida por José Alberto Pardos Carrión, presidente da sociedade, e coas colaboracións na coordinación de Ricardo Vélez Muñoz e F. Javier Silva Pando, onde se refliten, en forma de monográficos, os acordos dos distintos grupos de traballo que constitúen esta entidade, relacionados coa ordenación de montes, a economía, a hidroloxía e a política forestal, os incendios, o cambio climático e a tecnoloxía da madeira, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bilingüe publicada por Ediciós do Castro a partir de 1970 e da que se editaron sete números. No primeiro deles recolleu traballos de Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo sobre as creacións elaboradas polo Laboratorio de Formas, pertencente a Cerámicas do Castro. Os seguintes números foron monográficos; o segundo, titulado “O libro galego a discusión”, de novembro de 1974, incluíu as conclusións do I Seminario encol do Libro Galego con textos de Ramón Piñeiro, Luís Seoane, Fernández del Riego e Ricardo García Suárez; no terceiro, de abril de 1975, titulado “Presencia de Galicia”, aparecen diversas fotografías da fachada de Praterías da catedral e das gárgolas do antigo hospital de peregrinos de Santiago de Compostela; o cuarto reproduce conferencias de Ramón Piñeiro, García-Sabell, Rof Carballo e Rafael Dieste sobre a cultura galega na inauguración da Galería Sargadelos en Madrid. En maio de 1978 lanzou o quinto número titulado “Testemuñas e perspectivas en homenaxe ao Seminario de Estudos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bilingüe editada a partir de marzo de 1986 na Coruña co apoio da Fundación Pedro Barrié de la Maza, da que saíron unicamente tres números. Colaboraron nela J. Manuel Otero Lastres, Luis Caramés Viéitez, Alfonso Pascual Pérez e Fernando González Laxe, entre outros. Incluía información sobre temas económicos relacionados coa UE, como o IVE, a política agraria e pesqueira da Unión, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • tetravalencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Freire dominicano. Prior do convento de San Domingos de Ribadavia. No ano 1431 foi o rexente da cátedra de Sentencias no estudo xeral de San Pablo de Valladolid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de arbustos, da familia das ericáceas, de ata 50 cm de altura. Presenta follas perennes e elípticas de 15 mm de lonxitude e bordos revirados que se dispoñen de xeito alterno. As flores son tetrámeras e dispóñense en acios terminais e os pétalos, de cor púrpura, están soldados formando un vaso longo. En Galicia está presente a especie D. cantabrica como elemento formador das matogueiras e sebes ou debaixo dos piñeiros. Recibe a denominación popular de queiroa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Europa oriental que tomou o seu nome do pobo dos dacios, que habitaron estes territorios e se unificaron nun reino a mediados do s I, baixo o goberno de Burebista. O Emperador Traxano derrotounos e conquistou o seu reino, que se converteu nunha provincia romana (107). O Emperador Adriano dividiu a Dacia en Superior (Transilvania) e Inferior (Valaquia), e o Emperador Antonino Pío estableceu tres distritos sobre ese territorio no 159. O Emperador Aureliano abandonouna aos godos no 270. A orixinaria provincia romana correspóndese aproximadamente coa moderna Romanía.

    VER O DETALLE DO TERMO