"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Derradeiro período da Era Secundaria, despois do Xurásico e antes do Paleozoico (Terciario). Iniciouse hai uns 140 millóns de anos e prolongouse uns 78 millóns. Foi unha época dunha grande intensidade magmática e oroxénica: xurdiron os Andes e as Montañas Rochosas, eleváronse os Alpes baixo o mar de Tetis e, cara ao L, os Cárpatos e as cordilleiras do Himalaia. O clima non presentaba grandes diferencias con respecto ao Xurásico. A flora era abundante, cun gran desenvolvemento das anxiospermas e coa aparición das dicotiledóneas. Abundaban os foraminíferos, principalmente as orbitolinas. Tamén había moitos equinodermos e, entre eles, cómpre destacar os lamelibranquios, sobre todo rudistas. Os cefalópodos presentaron unha evolución regresiva e os ammonítidos chegaron a desaparecer. Os peixes estaban representados polos elasmobranquios e os teleósteos. Entre os réptiles xurdiron novas formas como os quelonios e os mososauros; continuou o desenvolvemento dos dinosauros e desapareceron os pterosauros...
-
-
-
Relativo ou pertencente á creta.
-
Que contén creta.
-
-
Relativo ou pertencente ao Cretáceo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundador da cidade de Iolco, fillo de Eolo e de Enáreta. Uniuse á súa sobriña, Tiro, e tivo a Esón, Feres e Amitaón.
-
-
Relativo ou pertencente aos crinoideos.
-
Equinodermo da clase dos crinoideos.
-
Clase de equinodermos, do subfilum dos pelmatozoos, constituída por animais mariños de simetría radial. Presentan o corpo con forma de disco, do que parten cinco divisións principais que se ramifican en novos brazos e en numerosísimas proliferacións de pequeno tamaño e transversais. O corpo aparece protexido por placas calcarias e pode ser de cor verde, vermella, amarela ou branca. Os brazos teñen un suco lonxitudinal onde se dispoñen os pés ambulacrais, transformados en tentáculos, que transportan o alimento á boca. Tanto a boca coma o ano dispóñense, no centro dos brazos, cara a arriba. Con estes tentáculos e, ás veces, con secreccións mucosas, filtra pequenos animais planctónicos. Fíxanse ao substrato mediante un pedúnculo articulado, unido á parte inferior do disco que pode presentar pequenas prolongacións transversais. Cada animal pertence a un único sexo. As formas larvarias son de vida libre ata que se fixan ao substrato e sofren a metamorfose. Algunhas especies acadan os 30 cm de...
-
-
-
Relativo ou pertencente ás criptofíceas.
-
Alga da clase das criptofíceas.
-
Pequena clase, a única da división das criptófitas, de algas unicelulares biflaxeladas, de simetría dorsiventral, sen parede celular, tanto mariñas como de auga doce, que aparecen principalmente no plancto durante a primavera en augas con materia orgánica. Poden vivir en simbiose con radiolarios e coralarios, formando zooxantelas. O xénero característico é Cryptomonas.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás crisofíceas.
-
Alga da clase das crisofíceas.
-
Clase de algas da división das crisófitas, constituída por individuos unicelulares ou pluricelulares de células cun ou dous plastos parietais, dunha cor amarela dourada pola abundancia de xantofilas (sobre todo ficoxantina). Polo xeral son flaxeladas e a miúdo poden formar quistes de natureza silícica. A maioría viven en augas doces non contaminadas, pero algunhas son estritamente mariñas e forman parte do nanoplancto. Engloba unha ducia de ordes, entre as que destacan as das ditiotais, cromulinais, ocromonadais e faeotamnionais.
-
-
PERSOEIRO
Compositor norteamericano. Na súa obra levou a cabo unha síntese de influencias de Bartok, Mahler e Debussy. En 1968 foille outorgado o Premio Pulitzer por Echoes of Time and the River (Ecos do tempo e o río).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que está revestido de cotra.
-
-
Relativo ou pertencente aos crustáceos.
-
Artrópodo do subfilo dos crustáceos.
-
Subfilo de artrópodos mandibulados, con representantes principalmente acuáticos, de auga doce ou salgada, e tamén terrestres. Xeralmente, o corpo está formado por dúas rexións: o cefalotórax, con cuncha dorsal, e o abdome; o número de segmentos que as integran é moi variado. Tanto o tórax coma o abdome están dotados de apéndices birrámeos, pero así como os torácicos son tipicamente locomotores, os abdominais poden levar a cabo diversas funcións. Os apéndices cefálicos, tamén birrámeos, están formados por dous pares de antenas, un par de mandíbulas e dous pares de maxilas. O epitelio ectodérmico dos crustáceos segrega unha cutícula quitinosa que a miúdo se impregna de sales cálcicos: cando iso ocorre, a carcasa non é única, senón que se divide segundo as diferentes partes do corpo e as divisións se articulan entre elas. No extremo anterior do corpo dos crustáceos está o rostro e no posterior o telson, que xunto cos urópodos forman a cola. A cuncha é a cutícula dorsal da cabeza que se estende...
-
-
Aplícase ao talo dunha gran parte dos liques que carecen de córtex inferior e que viven fortemente adheridos á superficie do substrato (rocha, cortiza e outros), no que incluso poden penetrar.
-
-
PERSOEIRO
Escritor e dramaturgo. O seu teatro é expresionista e está moi influído por Strindberg. Entre as súas obras destacan Die rote Strasse (A rúa vermella, 1918), Gesellschaft der Menschenrechte (Sociedade dos dereitos humanos, 1926) e Besetztes Gebiet (Zona ocupada, 1930).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín editado polo Ateneo de Ferrol a partir de marzo de 1980 e dirixido por Xosé A. Ponte Far. Inclúe numerosos artigos sobre autores galegos e información sobre publicacións, ciencias e humanidades, teatro, cine, música e artes plásticas. Contou coas colaboracións de Francisco Fernández del Riego, Xosé Neira Vilas, Manuel Lueiro, Ánxel Fole, García-Sabell, Paz Andrade, Ramón Piñeiro, Carballo Calero, Isaac Díaz Pardo, Avelino Pousa Antelo, Xavier Costa Clavell e Manuel Colmeiro, entre outros. A partir do outono de 1981 converteuse nunha publicación monográfica editada anualmente. No seu primeiro número reimprimiuse o libro de poesía Fardel de eisilado, de Luís Seoane, e o boletín de 1983 dedicouse á obra de Lorenzo Varela, Luís Seoane e Rafael Dieste. Os seguintes números ofreceron información sobre a historia do Ateneo, a arte e a xeografía urbana da cidade e a figura de Concepción Arenal, entre outros temas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista que apareceu en 1980 na localidade do Barco de Valdeorras e que desapareceu coa chegada do seu terceiro número en 1983. Avalada polo Instituto de Estudios Valdeorreses, incluía información de carácter cultural e, á parte, algúns monográficos como o dedicado ao abade de Vilamartín de Valdeorras, da autoría de Ramón López Caneda.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación subtitulada “Boletín del Museo Catedralicio y Diocesano de Mondoñedo” que apareceu nesa vila a finais dos anos setenta do s XX. Dirixida por Santos San Cristóbal Sebastián, incluía información referida á conservación do patrimonio artístico da Igrexa, sobre a arte sacra en xeral e algúns monográficos dedicados a mosteiros e santuarios de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación anual editada a partir de 1980 en Sada polo Seminario de Estudos Galegos coa colaboración da área de xeoloxía e minería da Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e o Instituto Universitario de Xeoloxía. Dirixida por J. R. Vidal Romaní, conta cun consello científico formado por especialistas de diversos institutos e universidades, como I. Asensio, M. Peinado, A. Marcos, F. Noronha, L. G. Corretge, R. Vegas, J. R. Martínez Catalán e F. Vilas. Os seus artigos están escritos en inglés, castelán ou portugués. Entre os seus obxectivos figuran a divulgación da xeoloxía en Galicia e todo o relativo ao período hercínico na Península Ibérica. Ocasionalmente edita algúns números monográficos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre canteiro. Traballou na ponte da Espiñeira en Vilaronte (Foz) e cara a finais do s XVI trasladouse a Noia, onde traballou na ponte de Don Alonso e construíu a capela da Anunciación, coñecida como capela de Valderrama, en San Martiño de Noia (1606). En 1609 trasladouse á Pobra do Caramiñal chamado por Diego das Mariñas, capitán xeneral do Reino de Galicia, para traballar no pazo de Xunqueiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lámina de vidro coa que se cobren as preparacións microscópicas para observalas e conservalas.
-
-
Relativo ou pertencente á familia das cucurbitáceas.
-
Planta da familia das cucurbitáceas.
-
Familia da orde das violais, formada maioritariamente por herbáceas perennes, moitas delas rastreiras e gabeadoras con gabiáns, de follas alternas e xeralmente lobadas e divididas, flores unisexuais, actinomorfas e pentámeras vistosas que son polinizadas principalmente por insectos. Os froitos corresponden ao tipo pepónide ou a bagos, aínda que tamén hai especies autócoras. Poden existir froitos partenoxenéticos no xénero Cucurbita. Comprende uns 90 xéneros cunhas 700 especies de distribución principalmente tropical e subtropical. Pertencen a este familia as sandías, os melóns, as cabazas e os cogombros. En Galicia tamén están presentes os xéneros Bryonia e Ecballium.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Ribadeo o 5 de maio de 1866 e que rematou a súa edición o 29 de xaneiro de 1867. Impresa por Norberto Cascante, tiña unha periodicidade semanal. Subtitulouse “Periódico de noticias e intereses morales y materiales”, e estaba dirixida por Segundo Moreno Barcia e Benigno Pico Bermies. Incluía información referida á localidade onde se editaba.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Aos vinte anos comezou a traballar como axudante de dirección no teatro e, cinco anos despois, dirixiu a súa primeira comedia en Broadway. Chegou a Hollywood en 1929 e realizou a súa primeira película Girls About Town (Mozas na cidade, 1931). En 1964 obtivo o Oscar ao mellor realizador e ao mellor filme por My Fair Lady. A súa traxectoria foi bastante irregular e destacan as súas producións Philadelphia Story (Historias de Philadelphia, 1940), Gaslight (Luz de gas, 1944), A Star is Born (Naceu unha estrela, 1954) e Rich and Famous (Ricas e famosas, 1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás culcitáceas.
-
Fento da familia das culcitáceas.
-
Familia da fentos perennes, de rizomas grosos cubertos por tricomas finos e de cor vermella, frondes con soros marxinais no ápice dos nervios e indusio con dúas valvas. Está integrada polo xénero Calochlaena, que comprende seis especies distribuídas polo sudoeste asiático e Oceanía, e polo xénero Culcita.
-
-
PERSOEIRO
Entallador. Realizou o retablo de Santa Baia de Parderrubias (A Merca) no ano 1592.
VER O DETALLE DO TERMO