"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
ENTRADA LARGA
Área natural do extremo occidental da Península do Barbanza, entre as rías de Muros e Noia, ao N, e de Arousa, ao S. A enseada sedimentaria de Corrubedo é un amplo entrante delimitado por acantilados baixos de orixe granítica e, cara ao interior, por unha serie de pequenas elevacións que non superan os 300 m de altitude. Constitúe un singular sistema de praia-barreira composto por un grande areal de máis de 4 km de lonxitude, cun extenso campo dunar asociado (que pecha no seu interior a pequena lagoa de Carregal) e unha área de marismas sucada por numerosas canles que conflúen nunha bocana central que desaloxa as súas augas no océano. A periodicidade das mareas permite que durante a preamar circulen pola bocana as augas mariñas que asolagan as marismas e elevan o nivel da lagoa. Cara ao S do complexo, a lagoa de Vixán presenta, pola contra, augas de baixa salinidade ao estar practicamente illada do mar (recibe auga salgada unicamente durante as mareas vivas primaverais e de fins do verán)....
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación mensual que se editou por primeira vez en Santiago de Compostela no ano 1992. Paulino Campos foi o director deste “Magazine Socio Cultural Do Mundo”. No grupo de colaboradores figuraban Luís Mariño, Manuel Rivas, Mª Xosé Porteiro, Manuel Manquiña, Margarita Ledo, Xosé Soengas, Xosé A. Perozo, Moncho Lemos, Boris Izaguirre, Fernando Franco ou Suso de Toro, entre outros. Nun principio acolleu as seccións “Reportaxe”, “Forzas Vivas”, “Compostela”, “O que ven”, “Axenda Cultural”, “Guías” ou “Zapping”. Posteriormente, xa coa dirección de Pilar Comesaña, tanto o contido coma a estrutura variaron e distribuíuse nos apartados “Retrato”, “Sociedade”, “Ocio”, “Compras”, “Gastronomía”, “Copas” e “La última”. Tamén incluíu unha historieta gráfica de F. Iglesias e C. Portela co título de “El Laberinto de Piedra”.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Santiago de Compostela ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Santiago de Compostela.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista semanal que se editou en Santiago de Compostela dende outubro de 1876 ata xuño de 1877. O catedrático de Dereito Eduardo Mosquera Montes foi o fundador e director desta publicación cultural. Definiuse como o órgano dos que se dedicaban a estudar ciencias, e como a defensora dos intereses das provincias galegas. Colaboraron coa revista Xosé Mª Montes, E. Álvarez, Juan Barcia ou Antonio López. Destaca o estudo que editaron en maio de 1877 no que se falaba sobre o ano no que comezou a catedralicidade da igrexa de Santiago de Compostela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade de previsión social mediante o socorro mutuo fundada polos fabricantes de calzado de Santiago de Compostela no ano 1878 e que recibiu o apoio gobernativo en decembro de 1901. A súa principal fonte de ingresos eran as cotas dos zapateiros, aos que formaba na súa propia organización.
-
-
Relativo ou pertencente á Sociedade Deportiva Compostela.
-
Membro, afeccionado ou simpatizante da Sociedade Deportiva Compostela.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liña férrea, tamén denominada Ferrocarril Compostelano de la infanta doña Isabel, que foi inaugurada o 15 de setembro de 1873 e que unía as localidades de Carril e Cormes (Santiago de Compostela) cun percorrido de 41,01 km. O nacemento do ferrocarril en Galicia estivo vinculado aos elementos liberais e recibiu o apoio da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago. A Sociedad del Ferrocarril Compostelano, constituída en 1863, contou entre os seus accionistas cun importante grupo de inversores da burguesía de Santiago, entre os que se incluían Andrés Vicente Nieto, Antonio García Candal, Andrés Tarrío, Baltasar Stolle, José Ignacio Eleizegui e Inocencio Vilardebó. Os emigrantes cubanos tamén participaron na empresa, pero a maior parte do capital proviña dos accionistas británicos, encabezados por John S. Mould. Entre o accionariado galego cómpre mencionar a Ramón Valle Inclán Bermúdez, pai de Ramón María del Valle-Inclán e coñecido liberal, que participou no consello de administración...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal informativo que se editou en Santiago de Compostela a partir de febreiro de 1920 co subtítulo de “Diario Independiente”. Ramón Díaz-Varela Ituarte fundou esta publicación de ideoloxía católica, conservadora e xermanófila, que durante a Guerra Civil apoiou o bando nacional. Estaba dividido nas seccións “Crónica”, “Boletín del día”, “Galicia”, “Espectáculos”, “Noticias”, “Sucesos”, “Última hora” e “Anuncios”. No que respecta ao eido da literatura pódense subliñar as seccións “Pasatempos”, “Página poética” e “Folklore gallego”, nas que se incluíron traballos sobre costumes populares. Entre os colaboradores figuraban José Mª Moar, Salvador Cabeza de León, F. Fernández del Riego, J. Rey González, Ramón Cabanillas, F. Cabo Pastor, Carmiña Prieto, Portela Pazos e Otero Pedrayo, entre outros. Entre os anos 1925 e 1941 fixo unha importante contribución á literatura galega, xa que publicou unha gran variedade de poesía nesta lingua. Tamén hai que destacar a prosa de carácter costumista, os...
-
GALICIA
Teólogo e poeta. Escribiu De consolatione rationis, publicado postumamente (1912), no que resolve, en prosa e verso, cuestións conflitivas da doutrina católica, en especial o que se refire á teoría da inmaculada concepción da Virxe María.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista que fundou en Santiago de Compostela o cardeal arcebispo Fernando Quiroga Palacios no ano 1956. Esta publicación foi o órgano de expresión do Centro de Estudios Jacobeos e da Universidade Pontificia de Santiago. Estaba dividida en dúas seccións: a primeira de carácter eclesiástico e redactada polos profesores do seminario, e a segunda de tipo histórico. Baixo a dirección de Manuel Rey Martiz editáronse catro números ao ano, dous de cada temática. A partir de 1966 incorporáronse á dirección os profesores Silva Costoya e Barreiro Fernández; este último foi o seu director a partir de 1968. A través desta revista organizáronse tres congresos que cómpre salientar, o Mariano en 1966, o II de Historia Jacobea Internacional en 1965, e o último en 1969.
-
-
Que comproba.
-
Documento que serve para comprobar algo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen comunga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen comunica algo ou se comunica con algo ou alguén.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación relixiosa que se editou en Ferrol en setembro de 1981. De tendencia católica, dedicouse a ofrecer información sobre o desenvolvemento da vida parroquial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada a partir de abril de 1998 na Coruña e fundada polo grupo Radio, Gestión y Publicidad S L (RGP). Coordinárona inicialmente Carlos M. Suárez González, Sofía Reyes e Olga Muñoz. Dirixida por Juan Madera, conta coa colaboración de Susana Evangelista, Beatriz Quintero, Silvia Tasende e Manuel Núñez, entre outros. Contén información xeral de carácter económico sobre Galicia e os países americanos, especialmente a relativa a Mercosur e ás Expogalicias celebradas en Bos Aires, Montevideo e São Paulo. Á parte, inclúe novas de actualidade, entrevistas, artigos de opinión e unha sección dedicada a reportaxes especiais. Durante 1999 editouse en castelán e portugués, debido á organización de Expogalicia en São Paulo, mentres que os números correspondentes ao ano 2001 se centran nos sectores económicos de Galicia. Difúndese gratuitamente entre os concellos e empresas de Galicia, nas embaixadas e nos centros galegos do exterior, e nas empresas galegas que teñen intereses económicos...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fraternidade de igrexas pertencentes ao anglicanismo.
-
PUNTA
Punta da beira meridional da ría de Pontevedra, no litoral da parroquia de Seixo (concello de Marín), situada ao NL da praia de Aguete.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dos catro membros dunha familia de soberanos de Bretaña que reinou entre os ss X ao XII. Conan I o Torto (?- Conquereuil 992), conde de Rennes (970-992), tentou reinar en Bretaña. Morreu loitando co conde Fulques de Nerra. Conan II (1040-1066), duque de Bretaña, loitou contra Guillerme o Bastardo, duque de Normandía. Morreu envelenado. Conan III o Gordo (1095-1148), duque de Bretaña (1112-1148), casou con Matilde, filla do rei de Inglaterra Enrique I e loitou ao seu carón. Suprimiu nun concilio os restos do réxime de servidume (1127). Conan IV o Pequeno (1137-1171), duque de Bretaña no 1156, loitou contra a nobreza bretoa e pediu axuda a Enrique II de Inglaterra. En compensación, casou a súa filla Constanza co fillo do monarca inglés, Godofredo Plantagenet, e cedeu o ducado á custodia de Enrique II.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe creado en 1932 polo escritor norteamericano Robert E. Howard para a revista Weird Tales. A partir de 1970, Roy Thomas, guionista da editora Marvel, ideou un cómic cun guión creado por el mesmo e acompañado de debuxos en cor de Barry Windsor-Smith. O protagonista, que naceu no reino de Cimmeria, caracterízase pola súa fortaleza física, capacidade de loita e intelixencia.
-
PERSOEIRO
Arqueólogo e historiador da arquitectura norteamericano. Foi profesor de arquitectura na Harvard University (1920-1955). Entre as campañas arqueolóxicas que dirixiu destacan as escavacións realizadas na abadía de Cluny (1928-1950) e no Santo Sepulcro de Xerusalén (1938-1955). Os seus estudios sobre a catedral de Santiago de Compostela reflectíronse en The early architectural history of the cathedral of Santiago de Compostela (A temperá historia arquitectónica da catedral de Santiago de Compostela, 1926). Escribiu tamén Caroligian and romanesque architecture from 800 to 1200 (Arquitectura carolinxia e románica do 800 ao 1200, 1959).
VER O DETALLE DO TERMO