"Adá" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2197.

  • ENTRADA LARGA

    De acordo coa lexislación, as diferentes administracións posúen competencia sobre as estradas que afectan ao seu territorio, de xeito que existe unha rede de estradas do Estado, as redes autonómicas e as redes locais. A Administración central é titular das estradas de interese xeral e das que afecten ao territorio de máis dunha comunidade autónoma, é dicir, as nacionais e tamén as principais autoestradas (normalmente a través de sociedades públicas que as xestionan de xeito directo) e autovías. A cualificación de estrada de interese xeral recae sobre aquelas estradas integradas nun itinerario de tránsito internacional incluído nun convenio, que constitúan o acceso a un porto ou aeroporto de interese xeral ou a un paso fronteirizo principal, ou que enlacen os principais núcleos de poboación de diferentes comunidades autónomas. Na Lei española recóllese nun anexo o inventario destas estradas de interese xeral e obrígase ao ministerio competente (ministerio de Fomento) a actualizalo. As comunidades...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae, en campo de ouro, unha aguia, de sable, exploiada e coroada. Outra variante leva en campo de azul unha espada de prata coa punta cara arriba; bordo de prata con oito flores de lis a inquirir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político guatemalteco. Avogado, foi ministro de Gobernación no gabinete de J. M. Reyna Barrios. Á súa morte, asumiu a presidencia do país o 9 de febreiro de 1898. Durante o seu mandato producíronse crimes políticos e aplicou a lei de fugas. Fundou a primeira universidade de obreiros en Guatemala. Tralos tiroteos producidos durante unha manifestación popular o 11 de marzo de 1920, aumentou a oposición ao seu goberno e restrinxíronlle os seus dereitos ao declarar que tiña as súas facultades mentais alteradas. Renunciou ao poder o 14 de abril de 1920 e foi encarcerado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xornalista. Provedor xeral do exército liberal, ocupou distintos cargos nos gobernos liberais do Paraguay. Gobernador de Guayas, foi deputado e presidente da República.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico militar. Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (1874) e doutorouse en Madrid (1875). En 1877 ingresou na Sanidad Militar e foi destinado a Cuba. En La Habana doutorouse en farmacia (1880) e en ciencias naturais (1883). Ocupou a cátedra de Historia Natural e Zootecnia na Escuela de Agricultura de la Isla de Cuba (1883) e a de Física e Química na Escuela de Artes y Oficios (1885). En 1895 volveu definitivamente á Península e acabou os estudios de dereito en Madrid. Continuou exercendo como médico militar nos hospitais da Coruña, Segovia e Alacant. Trala súa xubilación dedicouse a realizar obras benéficas a través de institucións como o Patronato de Caridad. Colaborador da prensa galega e de revistas científicas, publicou Enfermedades y mortalidad en el Ejército (1883). Foi membro da Real Academia Gallega e da Sociedad Española de Historia Natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño. Vicealmirante da Armada Española, comandou os buques Legazpi, Extremadura, Urania e Lepanto. Foi nomeado en 1915 capitán xeneral do Apostadero de Ferrol e despois conselleiro do Tribunal Supremo de Guerra y Marina. Colaborou na Revista General de la Marina. Na súa obra destacan Motores marinos de combustión interna (1908), en colaboración con Antonio Magaz, El teniente de navío D. José Luis Díez; recuerdos del tiempo viejo (1923), La Revolución del 68 (1924), Viaje del transporte Legazpi a los islotes de Salund en busca del crucero Filipinas (1926), Más sobre los embrollos históricos (1926), El nombre de Cervantes en nuestra Armada (1927) e Los ciclones antillanos (1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político mexicano. Ocupou, entre outros cargos, o de ministro de Asuntos Exteriores (1930-1932) e o de embaixador en España e Turquía. Fundou a Academia Mexicana de la Historia e formulou a teoría de dereito internacional coñecida como a doutrina Estrada (1930), en que declarou que o recoñecemento de gobernos era unha interferencia dun Estado noutro. Escribiu Visionario de la Nueva España (1921), Pedro Galín (1926) e Genio y figura de Picasso (1936). Foi correspondente da Academia de Lengua de México.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político cubano. Formado en leis na Universidad de Sevilla e partidario da independencia, foi elixido presidente da República en armas (1876). Apresado en 1877, foi deportado a España. Trala Paz de Zanjón (1878) instalouse nos EE UU, e en 1895 substituíu a José Martín como delegado do Partido Revolucionario Cubano. Foi o primeiro presidente da República independente de Cuba (1902-1906), pero a solicitude de intervención armada dos EE UU para conseguir a súa reelección, provocou unha revolta que o fixo dimitir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de San Paio que dá nome ao concello da Estrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello cabeceira da comarca de Tabeirós-Terra de Montes, situado na provincia de Pontevedra no O da Comunidade Autónoma de Galicia (42 º 21 ‘ 22 ‘’ L - 8 º 29 ‘ 28 ‘’ O). Limita ao O cos concellos de Padrón (comarca do Sar), Pontecesures, Valga e Cuntis (os tres da comarca de Caldas), ao S con Campo Lameiro (comarca de Pontevedra) e Cerdedo (Tabeirós-Terra de Montes), ao L con Forcarei (Tabeirós-Terra de Montes) e Silleda (Deza) e ao N con Boqueixón, Vedra e Teo (os tres da comarca de Santiago). Abrangue unha superficie de 280,8 km 2 c unha poboación de 21.908 h (2007) distribuídos nas parroquias de Agar, Aguións, Arca, Arnois, Baloira, Barbude, Barcala, Berres, Callobre, Cereixo, Codeseda, Cora, Couso, Curantes, A Estrada, Frades, Guimarei, Lagartóns, Lamas, Liripio, Loimil, Matalobos, Moreira, Nigoi, Oca, Olives, Orazo, Ouzande, Parada, Paradela, Pardemarín, Remesar, Ribeira, Ribela, Riobó, Rubín, Sabucedo, San Miguel de Barcala, San Miguel de Castro, San Pedro de Ancorados,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Aragón, suposto fillo de Fernando o Católico. Carlos I enviouno a Nueva España como oficial real. Ocupou o cargo de tesoureiro antes de exercer como gobernador de México trala morte de Marcos Aguilar (1527). Compartiu o cargo con Gonzalo de Sandoval ata a chegada dunha real orde na que se dispuña que gobernase en solitario. Cesou no seu cargo trala instalación da primeira audiencia en decembro de 1528.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jorge Demetrio Otero Logares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director. Comezou os seus estudios musicais en Montevideo e continuounos en París con Roger Duca-sse, Henri Büsser, Albert Wolff e Paul Paray. Exerceu a docencia e fundou a Orquesta de Cámara de Montevideo. Da súa produción destacan as sinfonías e varias pezas para cámara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. Opúxose en 1880 ás reformas liberais e encabezou, xunto co seu irmán Santiago Estrada, a reacción dos católicos. Defendeu a través da revista Argentina as súas ideas en materia de educación relixiosa. Entre as súas obras destacan Génesis de nuestra raza (1861), El catolicismo y la democracia (1862), Ensayo histórico sobre la revolución de los comuneros en el Paraguay en el s XVIII (1865) e La política liberal bajo la tiranía de Rosas (1873).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Gobernador da costa atlántica, sublevouse contra o presidente J. Santos Celaya (1909). Coa axuda dos banqueiros estadounidenses conseguiu ser proclamado presidente da República (1910). Un ano máis tarde, foi substituído por Adolfo Díaz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de tendencia galeguista aparecida na Estrada en 1931. Subtitulouse “Órgano defensor de los intereses de la comarca”. Malia que a maior parte se redactaba en castelán, o 25 de xullo de 1932, por mor da celebración do Día de Galicia, escribiuse integramente en galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada na Estrada. A súa orixe está na igrexa da Praza, que se erixiu en 1859 tralo incendio da igrexa de Figueiroa (1855) e que se dedicou a san Paio. O templo que se conserva construíuse a comezos do s XX e despois dunha longa interrupción reanudáronse as obras en 1936. Trátase dun exemplo da arquitectura neomedieval que conxuga elementos románicos e góticos coas técnicas construtivas contemporáneas. No seu exterior destacan os contrafortes e a fachada principal, cun corpo central rematado nunha torre de planta cadrada aberta polos catro lados por un dobre arco de medio punto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Castigo ou tortura orixinario de Italia, que se estendeu por Europa a partir do s XVI. Consistía en atarlle os brazos por detrás do corpo ao penado, elevalo a unha certa altura, deixalo caer e interromper bruscamente a caída moi preto do chan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de estrigar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte ou porción dun terreo maior que foi explanado, especialmente diante dunha fortificación.

    VER O DETALLE DO TERMO