"Pol" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1042.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de algas, da división das rodófitas, cos talos cilíndricos, de cor vermella ou negra, ramificados dicotomicamente e con esporogonios cos bordos verrugosos ao frutificar. Viven sobre rochas e pedras no infralitoral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas, da familia das polipodiáceas, ao que pertence o polipodio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas anuais ou perennes, da familia das poáceas, coas follas planas e as flores coas glumas máis longas que a flor, agrupadas en panícula densa. En Galicia dáse a especie P. maritimus en lugares húmidos e areosos da costa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos, da orde dos porais, co sombreiro carnoso e redondo, himenio poroso, de cor ocre, coa cutícula escamosa e o pé moi curto. En Galicia dáse a especie P. squamosus, que vive sobre árbores caducifolias e sobre coníferas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes, da familia dos serránidos, ao que pertence o mero cristado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de algas, da división das rodófitas, cos esporanxios globosos, talo moi ramificado, de pequeno tamaño e de cor púrpura, que se fixa ao substrato mediante un disco. En Galicia danse as especies P. lanosa, parasita dos tecidos de Ascophyllum nodosum, e P. brodiaei, que vive en costas semiexpostas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas, da división das pteridófitas, coas frondes de gran tamaño, os soros redondeados e dispostos sobre os nervios. En Galicia danse as especies P. setiferum e P. lobatum, coñecida comunmente como fento macho.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mofos, da familia das politricáceas, co talo robusto e o esporogonio anguloso. En Galicia dáse a especie P. piliferum, en brañas de alta montaña, e P. commune, en prados húmidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Libro escrito en lingua maia-quiché e en alfabeto latino poucos anos despois da conquista de Guatemala polos españois (1540-1560). A narración segue antigas tradicións orais sobre a relixión e a historia dos maias. Foi escrito, posiblemente, por un maia instruído polos misioneiros españois.
-
-
Relativo ou pertencente aos popolocas ou á súa lingua.
-
Individuo da tribo popoloca.
-
Tribo amerindia que habita nas rexións de Tehuacán e Acatlán, ao sur do estado de Puebla en México.
-
Lingua otomangueana do phylum amerindio que fala o pobo popoloca.
-
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. Foi membro do grupo futurista, tivo contactos con T. Tzara e cos dadaístas, co Novembergruppe, co De Stijl, coa Bauhaus, e en París formou parte do Cercle et Carré (1930) e de Abstraction-Création (1932). As súas pinturas concibíronse como organismos cheos de movemento e de vida cromática.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia resinosa ou gomosa que as abellas recollen das xemas dalgunhas árbores e que empregan para tapar os buracos ou as fendas das colmeas e para recubrir o corpo de pequenos animais ou dos insectos grandes mortos dentro da colmea e que non poden levar fóra, evitando a putrefacción. Ten propiedades antisépticas.
-
PERSOEIRO
Historiador alemán. Catedrático na Universidade de Berlín (1834-1871), en 1841 converteuse no historiógrafo oficial de Prusia. Partidario da obxectividade e a minuciosidade, foi o principal historiador alemán do s XIX. Entre as súas obras destacan Geschichte der romanischen und germanischen Völker 1494-1535 (Historia dos pobos románicos e xermánicos 1494-1535, 1824); Deutsche Geschichte im Zeitalter der Reformation (Historia de Alemaña na época da Reforma, 1839-1847) e Neun Bücher preussischer Geschichte (Novos libros de historia prusiana, 1847-1848).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en Madrid polo Real Decreto de 30 de setembro de 1857 firmado por Isabel II en que se lle encomendou cultivar as ciencias morais e políticas. Comezou a desenvolver a súa actividade na sede da Real Academia de la Historia na Casa de la Panadería ata que en 1866 obtivo a cesión da Torre de los Lujanes. Divídese nas seccións de Ciencias Filosóficas, Ciencias Políticas y Jurídicas, Ciencias Sociales e Ciencias Económicas. Realiza traballos de investigación científica, publicacións como o Anuario e colaboracións con outras institucións, ademais da xestión da súa biblioteca. Os seus traballos baséanse en discursos e ponencias dos académicos onde debaten sobre temas de actualidade e a actividade das tribunas, organizacións estables con diversas especializacións para encauzar a colaboración entre académicos especialistas e outros estudosos. Está incorporada ao Instituto de España. Ten académicos numerarios, honorarios e correspondentes
-
Real Decreto-Lei 7/1978, polo que se aproba o réxime de preautonomía para Galicia ou Real Decreto-Lei 7/1978, de 16 de marzoVER O DETALLE DO TERMO
Real Decreto-Lei aprobado polo goberno da UCD o 16 de marzo de 1978, que foi publicado no BOE dous días máis tarde e no que se lle concedeu a Galicia un réxime de autonomía transitoria. Organizado en 11 artigos e tres disposicións finais, instituíu a Xunta de Galicia como órgano de goberno con personalidade xurídica plena para xestionar e administrar os servizos e funcións cedidos pola administración central, propoñer ao goberno medidas relacionadas cos intereses de Galicia e integrar as funcións das catro deputacións provinciais en canto atinxisen aos intereses xerais de Galicia. De acordo con este Decreto, e co Real Decreto 474/1978 que o desenvolvía, o goberno preautonómico galego, que se constituíu o 18 de abril baixo a presidencia de Antonio Rosón Pérez, exerceu provisionalmente as súas funcións en tanto non se constituíron os órganos definitivos da Comunidade Autónoma de Galicia, definidos no Estatuto de Autonomía de 1981. O feito de ser considerada unha nacionalidade...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lei fundamental promulgada o 4 de xaneiro de 1977 que regulou a transformación do réxime franquista nunha democracia. Foi elaborada polo goberno de Adolfo Suárez e o primeiro artigo afirmaba que a democracia española se baseaba na supremacía da lei, expresión da vontade soberana do pobo, que os dereitos das persoas son inviolables e vinculan a todos os órganos do Estado, e que a potestade de elaborar e redactar as leis correspondía ás Cortes e a súa sanción e promulgación ao rei. O artigo segundo referíase ás Cortes, compostas de Congreso e Senado, e o terceiro á reforma constitucional. As disposicións transitorias refírense ás primeiras eleccións a Cortes, reguladas polo goberno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘neve’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cortar as pólas dunha árbore.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terreo sementado de repolos.