"URA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1529.
-
-
Oficio ou dignidade de maxistrado.
-
Período de tempo que dura o cargo de maxistrado.
-
Conxunto dos maxistrados da administración de xustiza.
-
Xulgado do Estado español que se ocupa en única ou primeira instancia das causas relativas a materias de traballo e seguridade social. Co tempo pasou a denominarse xulgado do social.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método de coloración dos elementos sanguíneos, no que os eritrocitos toman unha cor rosada máis intensa nas marxes, os núcleos dos leucocitos tínguense de violeta púrpura e as granulacións aparecen pequenas e purpúreas, agás nos eosinófilos, onde son alaranxadas e refrinxentes.
-
-
Acción e efecto de mazar ou mazarse.
-
Contusión ou sinal nun tecido orgánico producidos por un golpe ou por unha presión violenta.
-
-
PERSOEIRO
Poeta croata. Desde 1848 ocupou altos cargos políticos. Foi considerado como o primeiro poeta épico croata, e da súa produción destaca Osman (1842), aínda que se deu a coñecer pola epopea Smrt Smail-aga Čengijića (A morte de Smail-aga Čengijića, 1846), libro inspirado na poesía popular e escrito en versos libres.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
molura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de notación que se utilizaba nas orixes da música polifónica (finais do s XII e comezos do s XIII), que permitía definir moi precisamente a relación de valor entre unha nota e outra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves paseriformes, da familia dos menúridos, que comprende as especies M. novaehollandiae e M. alberti, ambas as dúas endémicas de Australia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Jerónimo Merino.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Galardón creado en Vigo por Edicións Xerais de Galicia en 1986. O director editorial, Luís Mariño, foi o promotor deste premio, que se converteu en motor deste xénero e en canteira de novos creadores. Úrsula Heinze, con A casa abandonada, foi a primeira gañadora do premio. Outros escritores recoñecidos que tamén o gañaron foron Xosé A. Neira Cruz, en dúas ocasións (1988 e 2000), Agustín Fernández Paz (1989), Fina Casalderrey (1991), Marilar Aleixandre (1994), Manuel Lourenzo (2003) e Xesús Manuel Marcos (2004).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización que ten como obxectivo primordial a promoción do uso do galego e a procura do recoñecemento oficial polas autoridades asturianas para os 18 concellos más occidentais do Principado de Asturias onde se fala o galego. Celebrou, en Grandas de Salime, o seu congreso fundacional o 30 de outubro de 1988, despois da autodisolución do Grupo de Eilao Pro-Defensa da Nosa Lingua. Criticou desde o seu nacemento o uso das equívocas denominacións oficiais astur-galaico e gallego-asturiano, así como o emprego do impreciso termo fala e do pexorativo falía, todas elas para se referir á lingua galega dos concellos máis occidentais de Asturias. En setembro de 1990 a MDGA publicou as Normas ortográficas e morfolóxicas del galego de Asturias e organizou, en decembro de 1990, as I Xornadas da Lingua e da Cultura Galega de Asturias: Na busca das raíces da Terra Navia-Eo. En marzo de 1992 comezou a publicación da revista A Freita, órgano difusor da MDGA, onde, con carácter divulgativo, se trataban...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación que naceu en marzo de 1990 na vila de Corullón co obxectivo inmediato de establecer o galego como materia de aprendizaxe optativa no ensino primario, sen descartar outras reivindicacións como a administración bilingüe e calquera aspecto relativo á promoción do uso social do galego nos concellos próximos a Galicia. Unha das organizacións que participou na creación da MDGB foi a Asociación Cultural Escola de Gaitas de Vilafranca, que naceu en 1981 como aula de música do Instituto de Cultura Popular Gilberno N. Ursino, e que en 1986 se legalizou como asociación cultural. Organizou en 1990, en colaboración co club cultural vigués Adiante, o II Congreso da Lingua e a Cultura Galegas en Asturias, León e Zamora.
-
-
Acción de mesturar ou mesturarse.
-
-
Resultado de mesturar dúas ou máis cousas.
-
Reunión de sentimentos, calidades ou cousas abstractas, diferentes.
-
-
Tecido feito de fíos de diferentes fibras e cores.
-
Superposición de dous sinais eléctricos ou máis co fin de obter outros de características determinadas.
-
Sistema formado por dous compoñentes ou máis, en calquera proporción, que poden separarse por medios físicos. As mesturas constituídas por dous compoñentes son denominadas binarias e son as máis correntes. Pódense considerar diversos tipos de mesturas segundo a fase de cada compoñente. Un destes tipos é o caso dun sólido con outro sólido. No caso de mestura de sólidos con líquidos o obxectivo pode ser a disolución ou dispersión do sólido no líquido. No caso das mesturas de líquido con líquido, preséntanse dúas posibilidades segundo que os líquidos sexan miscibles ou non. Pódense obter tamén mesturas dun gas cun sólido ou ben mesturas dun sólido cun gas. A mestura dun gas cun líquido pódese producir por unha absorción con disolución ou por unha reacción; a mestura dun líquido cun gas poder ser producida por evaporación ou por atomización do líquido. Nunha mestura de gases perfectamente homoxénea, cada gas conserva a súa presión inicial, que é denominada presión parcial. Toda mestura de gases...
-
Sistema gasoso constituído por aire e carburante que se utiliza nos motores de combustión interna. A relación teórica entre o paso do aire e do carburante necesarios para producir unha combustión completa é denominada relación estequiométrica, e sitúase ao redor de 15. Na práctica, a relación de pesos entre o aire e o carburante, denominada relación de mestura, é diferente do valor estequiométrico durante o funcionamento do motor. Nun motor de explosión a relación da mestura debe ser máis alta ca a estequiométrica cando xira a réxime normal, e máis baixa cando funciona a poucas revolucións ou a plena potencia. Nun motor diésel a relación da mestura é sempre moi inferior á estequiométrica, agás cando funciona a plena potencia. Unha mestura rica é aquela en que a cantidade de aire é insuficiente para a combustión completa do carburante; no caso contrario fálase de mestura pobre.
-
Operación que consiste en mesturar dous compoñentes sólidos ou máis, xeralmente en forma granular ou de po, para obter un produto homoxéneo.
-
Concepto que expresa o grao de desorde termodinámica dunha mestura de fluídos. O grao de mestura dun sistema é nulo cando os parámetros termodinámicos (enerxía libre, entropía) son iguais á suma dos de cada un dos compoñentes. Nun sistema formado por dúas fases separadas por unha parede impermeable, o grao de mestura é nulo.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
mesturable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode mesturar.
-
-
-
Que ou quen mestura.
-
Que serve para mesturar.
-
-
Circuíto ou dispositivo capaz de superpor dous sinais eléctricos ou máis e obter un sinal equivalente á suma ou unha combinación deles, que despois é amplificada. Posúe diversas entradas a unha saída común e a miúdo permite a regulación independente e a vontade de amplitude de cada unha delas. Os mesturadores empréganse en electroacústica co fin de mesturar sinais.
-
Aparato que se emprega para a mestura de materiais sólidos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Equipo para mesturar diferentes ingredientes sólidos ou líquidos. Na tecnoloxía alimentaria necesítase un deseño específico para obter un produto homoxéneo, sen contaminantes ou sobre quentamentos debidos ao equipo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mestura desordenada de cousas diferentes.
-
-
Xuntar unha cousa con outra para que formen un todo.
-
Xuntar persoas ou cousas distintas nun mesmo lugar.
-
Tratar cousas diferentes xuntas e confundíndoas.
-
Facer que alguén participe ou tome parte nun asunto que, normalmente, pode traer problemas.
-
Desordenar ou revolver cousas que estaban ordenadas.
-
Xuntarse unha cousa con outra para formar un todo.
-
Xuntarse persoas ou cousas distintas nun mesmo lugar.
-
Tratarse cousas diferentes xuntas e confundíndoas.
-
Participar ou tomar parte nun asunto que pode xerar problemas.
-
Relacionarse ou ter trato con algo ou alguén.
-
-
-
-
Calidade da persoa que fala e actúa con moderación, sen violencia ou esaxeración.
-
Calidade das cousas que se fan con moderación. Na tradición oral recóllense ditos como: ‘Pan, con fartura; e viño, con mesura’.
-
-
Comportamento ou actitude respectuosa dunha persoa.
-
-
-
Que actúa e fala con moderación, sen excederse.
-
Que está feito con mesura.
-
Que amosa ou denota respecto e compostura.
-