"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Emperador bizantino (1059-1067). Ministro de Isaac I Comneno, sucedeuno cando abdicou. Esforzouse en reducir o poder do exército e da aristocracia militar, para o que restituíu a posición dominante dos burócratas imperiais. Durante o seu reinado, os turcos e os maxiares aproveitaron a debilidade militar bizantina para iniciar a conquista de Armenia (1064) e ocupar Belgrado, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Dragases (? 1404 - Constantinopla 29.5.1453) Emperador bizantino (1449-1453). Sucedeu o seu irmán Xoán VIII, recibiu territorios do seu irmán Teodoro e adquiriu Clarentza por matrimonio (1428), para logo apoderarse do principado de Patras (1429). Foi rexente do Imperio Bizantino, mentres o Emperador Xoán VIII buscaba apoios no Occidente e tentaba a unificación das igrexas. Botou os turcos da Beocia e obrigou o duque de Atenas a recoñecerlle a soberanía e pagar tributos. Ao morrer o seu irmán, foi coroado emperador de Constantinopla no 1449, coa oposición do seu outro irmán Demetrio. Buscou apoios fronte aos otomanos entre os monarcas europeos, mentres no interior se enfrontaba coa oposición da Igrexa ortodoxa. Os otomanos iniciaron o asedio definitivo da cidade en 1453 e Constantino morreu no asalto que puxo fin ao Imperio de Bizancio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arco triunfal construído polo Emperador Constantino I o Grande en Roma no ano 315 para conmemorar a súa vitoria sobre Maxencio no 313. Consta de tres vans, o central de maior altura, e remata nun friso. As figuras están colocadas dun xeito uniforme, en estrita simetría, e subordinadas ao personaxe central do emperador. A maior parte dos relevos aproveitáronse de monumentos máis antigos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada no foro de Roma. Iniciada por Maxencio, finalizouna Constantino I o Grande. Consta de tres naves e unha ábsida na que se situou unha estatua de Constantino de tamaño colosal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome que procede do latín constantinus, derivado do cognome romano constans constantis ‘constante, perseverante’. Da mesma etimoloxía son os antropónimos Constancio e Constante. Presenta os hipocorísticos Tatino e Tino. Levaron este nome trece emperadores. A súa festa celébrase o 12 de abril e o 27 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do Imperio Bizantino construída por Constantino I sobre a antiga Bizancio e consagrada o 11 de maio do 330. Organizouse segundo a administración e as leis de Roma e axiña se converteu na capital política do Imperio de Oriente, trala división do Imperio Romano (395), e no centro relixioso e intelectual do mundo romano oriental. Viviu o momento de máximo esplendor baixo o Emperador Xustiniano (527-565), quen fixo da cidade o centro do comercio entre Europa e Asia. O pazo imperial, o hipódromo, o Senado, a igrexa patriarcal de Santa Sofía e o foro de Constantino constituían o centro da vida urbana. Os contactos entre o pobo e o emperador producíanse unicamente durante as manifestacións que, con motivos lúdicos, se realizaban no hipódromo. Había catro faccións distintas: branca, vermella, verde e azul, pero só as dúas últimas tiveron importancia. Os verdes (prasinoi), representantes tradicionais do monofisismo e orixinarios dos barrios pobres, recibiron o favor do Emperador Anastasio,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Denominación que recibiron os oito concilios celebrados pola Igrexa cristiá en Constantinopla entre os anos 381 e 1341. A Igrexa só considera como ecuménicos catro, os tres primeiros e o sexto, denominado IV Concilio.
    Concilio I (381)
    Segundo concilio ecuménico da Igrexa católica, convocado polo Emperador Teodosio I, ao que asistiron 150 bispos orientais, que condenaron o arianismo e o macedonianismo, definiron o Espírito Santo como parte integrante da Santísima Trindade e reafirmaron as resolucións adoptadas no Concilio de Nicea (325).
    Concilio II (553)
    Quinto concilio ecuménico convocado polo Emperador Xustiniano coa intención de atraer á fe ortodoxa os monofisitas. Condenou os Tres Capítulos, escritos de Teodoro de Mopsuestia, Teodoreto de Ciro e Ibas de Edesa, acusados de nestorianismo, un movemento enfrontado aos monofisitas.
    Concilio III (680)
    Sexto concilio ecuménico convocado polo Emperador Constantino...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Imperio fundado trala conquista de Constantinopla polas forzas da Cuarta Cruzada (1204) e gobernado por príncipes francos ata que foi conquistado por Miguel VIII Paleólogo no 1261. O conde de Flandres e de Hainaut foi elixido o seu emperador, co nome de Balduíno I, e recibiu un territorio que se estendía por ambas as beiras do mar do Mármara e dos estreitos que incluía a parte NO de Anatolia, o territorio de Tracia e as illas de Samos, Quíos e Lesbos. O seu imperio, que incluía ademais unha parte da cidade de Constantinopla, organizouse segundo o sistema feudal e tiña como estados vasalos o reino de Tesalónica, o ducado de Atenas e o principado de Morea. A República de Venecia, que acadou unha posición dominante no Mediterráneo oriental, fíxose co control económico e non prestou vasalaxe a ningún dos emperadores francos de Oriente. O Imperio, sen embargo, non puido consolidar o seu territorio, pois dispuña de escasos recursos económicos propios e contaba coa oposición da poboación autóctona....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dignidade e xurisdición do xefe espiritual da Igrexa ortodoxa, con sé en Constantinopla. O Concilio I de Constantinopla (381) recoñeceulle o primeiro lugar despois da sé romana. O Concilio de Calcedonia (451) atribuíulle a xurisdición sobre Tracia, Asia e O Ponto. As disensións con Roma, que culminaron coa mutua separación, en tempos do Patriarca Miguel Cerulario (1054), confirmaron a Constantinopla como cabeza de todo o mundo ortodoxo fronte á sociedade latina de Occidente. Aínda que conservou a primacía de honra de toda a Igrexa ortodoxa, o patriarca de Constantinopla, que reside en Fanar, barrio de Istambul, ten xurisdición sobre os ortodoxos de Turquía, algunhas illas gregas, o monte Athos, as dioceses do N de Grecia e moitas comunidades ortodoxas de Europa, América e Australia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa bizantina situada na antiga Constantinopla. A construción primitiva incendiouse durante a revolta suscitada polo exilio de Xoán Crisóstomo. Reconstruída por Teodosio II (415), foi novamente devastada no 532. Nese mesmo ano, Xustiniano comezou a edificar o novo templo dedicado á divina sabedoría. Construído por Antemio de Tralles e Isidoro de Mileto, consagrouse no 537. No 577, a cúpula tivo que refacerse e, tralos terremotos dos ss IX e X, renovouse a igrexa. No 1204 saqueárona os latinos e trala conquista de Istambul polos turcos (1453), converteuse en mesquita. En 1934 transformouse en museo de arte bizantina. Trátase dunha construción de plano central en forma de rectángulo, precedido dun nártex interior e doutro exterior. O interior divídese en catro grandes piares enlazados entre si e co resto do edificio por un conxunto de arcadas e bóvedas. O corpo central cóbrese cunha cúpula de grandes dimensións (65 m de altura e 31 m de diámetro) levantada sobre catro pendentes. O máis...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Constantinopla ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Constantinopla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago dos Alpes, situado entre Suíza, Austria e Alemaña, cunha superficie de 539 km2. De orixe glacial, ten un sector oriental e un occidental, este último con dous brazos: Überlingen, ao N, e Untersee, ao S. Os principais ríos tributarios son o Schussen, o Argen e o Rin, que ao mesmo tempo é emisario. Os principais centros urbanos da súa ribeira son Constanza, Friedrichshafen e Lindau en Alemaña, Bregenz en Austria, e Rorschach en Suíza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do länd de Baden-Württemberg, Alemaña, drenada polo río Rin, situada á beira do lago Constanza (74.500 h [1990]). É un importante centro industrial (tecidos e produtos químicos) e turístico. Fundada por Constancio II a finais do s III, a construción da cidade actual é do s X, na que se estableceu unha feira. Alí celebrouse o Concilio de Constanza (1414-1418). A guerra dos gremios (1429-1930), obrigou as empresas máis importantes a trasladarse a Ravensburg e Sankt Gallen. En 1531 formou parte da Liga de Esmalcalda; desfeita esta (1546), foi conquistada por Carlos I. En 1570 trasladouse alí o bispado de Windisch (bispado de Constanza). Do seu patrimonio arquitectónico destaca a catedral románica e a igrexa gótica de Santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concilio convocado polo Papa Xoán XXIII e o Emperador Sexismundo. Iniciouse o 5 de novembro de 1414 e rematou o 22 de abril de 1418. As súas 45 sesións afrontaron principalmente a unidade da Igrexa de Occidente, a defensa da fe fronte ás doutrinas de Wycliffe e de Jan Hus, e a reforma da Igrexa. Como consecuencia do cisma, a cristiandade dividiuse en tres papas: Xoán XXIII, Gregorio XII e Benedicto XIII, depostos polo Concilio, que declarou a súa autoridade suprema ao proceder o seu poder unicamente de Cristo. A tendencia conciliarista outorgáballe o poder ao Concilio para a elección do novo papa, pero acabou impoñéndose unha solución intermedia; unha comisión composta polos cardeais e trinta prelados (representantes das nacións presentes no Concilio) elixiron como novo papa a Martiño V, que, en 1418, restableceu a autoridade papal sobre a conciliar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre canteiro. Traballou nas obras da capela maior no santuario da Nosa Señora do Corpiño, en Santa Baia de Losón (Lalín).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación impresa ao redor de 1601 por Luís de Paz en Santiago de Compostela, aínda que a súa primeira edición puido realizarse en Madrid en 1579. Inclúe unha inscrición na portada coas armas do arcebispo San Clemente e un decreto asinado polo provisor e vicario xeral do arcebispado, Licenciado Landeras, datado o 17 de maio de 1601. Seguidamente, insere unha táboa dos títulos, unha fe de erratas, un decreto do arcebispo Blanco do 5 de xuño de 1576 e as constitucións que rematan na folla 90 do documento. Contén, ademais, os “Mandamientos e instrutiones”, do arcebispo Blanco, e o libro péchase con “Dos placticas hechas a Sacerdotes”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa do sector da construción fundada en Pontevedra no ano 1975. Incorporou elementos, medios e traballos doutra empresa que viña traballando no sector da construción en Galicia desde 1962. A súa actividade centrouse na edificación, residencial e non residencial, e na rehabilitación. En 1982 transformouse nunha sociedade anónima. Dende a súa creación iniciou a expansión polo territorio nacional, e estableceu delegacións durante os anos oitenta nas comunidades autónomas de Andalucía, Asturias, Aragón, Baleares, Canarias, Cantabria, Castela-León, Castela-A Mancha, Catalunya, Extremadura, La Rioja, Murcia, València. Durante os anos noventa a empresa estendeuse por Portugal, Alemaña, Arxentina, Chile, EE UU, Francia, México, Polonia e Uruguay. Co tempo, a facturación presentou un notable aumento, en 1980 ascendeu a 7,224 millóns de euros, en 1990 acadou os 87,766 millóns de euros e os resultados do 2000 foron de 300,91 millóns de euros. Ao longo da súa carreira, a construtora recibiu numerosos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina segundo a que a presenza de Cristo na Eucaristía non comporta que desaparezan as substancias do pan e do viño. Defendérona Lutero e as igrexas luteranas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é propio da substancia dun ser ou dunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO