"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
cooperador.
-
Persoa que se despraza a un país estranxeiro para colaborar no seu desenvolvemento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cooperativa escolar que funcionou en San Salvador de Budiño (O Porriño) entre os anos 1932 e 1936 da man do mestre Luís Carragal Peón. Segundo el mesmo recoñece -na memoria redactada en 1940 a propósito da experiencia- a iniciativa inspirouse en tres autores: Joaquín Costa, de quen aprendeu a necesidade de fomentar o amor ás árbores; M. Profit, de quen coñecía o seu libro sobre as cooperativas escolares, La cooperation scholaire Française (A cooperación escolar francesa, 1932); e José López Otero, quen dende a Escola Normal de Mestres de Pontevedra defendeu a necesidade dun ensino agrícola elemental e, sobre todo, a conveniencia de que cada escola dispuxese dun xardín escolar -ideas que chegou a materializar no seu libro Jardines Escolares-. A posta en práctica do pensamento de J. López Otero fixo que, no ano 1935, funcionasen xardíns escolares, polo menos en catro escolas: Fornelos (Salvaterra de Miño), San Salvador de Budiño, Portas e Guillarei. De todas elas, a de San...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colectivo de organizacións autónomas de mulleres de ámbito local creado por iniciativa da AGM en 1981, na que participaron as AGM de Santiago de Compostela, Ourense e Ferrol, as asembleas de mulleres de Arousa, A Coruña e Pontevedra, e a Coordinadora Feminista de Vigo. A CNOF comezou a publicación da revista Andaina, e levou adiante campañas en defensa do dereito ao aborto libre, contra as agresións ás mulleres, polo dereito ao traballo e contra a discriminación, polo dereito a unha sexualidade libre e elixida, etc. Combinou diferentes xeitos de actuación, desde a realización pública de abortos ilegais, autoinculpacións e asesoramento a mulleres, ata diversas campañas de denuncia, mobilización e sensibilización social sobre estes temas. En 1984 organizou os II Encontros Feministas de Galicia, celebrados en Vigo, e en 1987 participou nas Xornadas Contra as Agresións, celebradas en Santiago de Compostela e organizadas pola Coordinadora Estatal de Organizaciones Feministas (CEOF).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que coordina, especialmente aplicado ás conxuncións que unen oracións mediante coordinación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sector da área suburbana de Rio de Janeiro, Brasil. Situado ao SO do Pão de Açúcar. As súas praias convertérono nunha estación balenearia de fama mundial, que atrae un importante número de turistas.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Honduras, drenado polos ríos Jicatuyo e Chamelecón (3.203 km2; 226.000 h [1991]). A capital é Santa Rosa de Copán (23.400 h [1995]). Ten unha superficie montañosa, especialmente ao N. Da súa economía destaca a agricultura, fundamentalmente os cultivos de café, cana de azucre e tabaco; este último destínase á exportación, debido á súa excelente calidade. Ten minas de ouro, prata, cobre, cinc, platino e mármore.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parque arqueolóxico maia situado no departamento de Copán, Honduras, preto da fronteira con Guatemala. As súas ruínas, con monumentos arquitectónicos e importantes grupos escultóricos, corresponden á época clásica da cultura maia (250-900). A estrutura principal ocupa máis de 30 ha e consta dunha acrópole e de cinco prazas. Pódense observar os distintos niveis arqueolóxicos grazas aos cortes que deixou o río Copán ao seu paso. Consérvanse templos decorados con esculturas e altorrelevos, pirámides e terrazas. Destacan a escaleira dos xeroglíficos, que dá acceso a unha construción piramidal e que conserva un xogo de pelota, e a escaleira dos xaguares, con grandes esculturas que representan a estes animais. A cidade dedicouse ás investigacións astronómicas, segundo se deduce das estelas, dos monolitos dos seus templos e da existencia de observatorios astronómicos. As estelas sitúanse sobre altos baseamentos e adoitan representar sacerdotes cubertos de fastuosos vestidos e toucados. Acháronse,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen ten participación con outra ou outras persoas nalgunha cousa.
-
-
Relativo ou pertencente a Mikolaj Kopernik ou ás súas teorías.
-
Que ou quen segue as teorías de Mikolaj Kopernik.
-
Modelo heliocéntrico do Universo no que os planetas, incluída a Terra, describen órbitas circulares ao redor do Sol. Segundo esta teoría, as estrelas fixas están sobre unha esfera inmóbil centrada tamén no Sol, e a Terra fai unha rotación diaria. O sistema copernicano permitía explicar a rotación diúrna das estrelas, o movemento retrógrado aparente do Sol ao longo do zodíaco, a retrogradación aparente dos planetas e as estacións da Terra. Substituíu o sistema ptolemaico aínda que, como só consideraba movementos circulares uniformes, tivo que conservar as nocións de epiciclo e deferente co fin de facer coincidir as súas predicións coas observacións dos movementos planetarios. O modelo superouse cando Kepler enunciou a súa teoría das órbitas elípticas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao punto, á recta ou á figura situada no mesmo plano que outra.
-
PERSOEIRO
Compositor, director de orquestra, pianista e musicólogo. Comezou os estudios musicais con Rubin Goldmark en Nova York e, posteriormente, con Nadia Boulanger en París. En 1924 regresou a Nova York e dedicouse á docencia e á composición, ademais de escribir artigos e libros sobre música. Entre as súas obras destacan os ballets Rodeo (1942) e Appalachian Spring (Primavera apalachense, 1944); as obras orquestrais Music for the Theatre (Música para o teatro, 1925), El salón México (1936), Concerto para clarinete (1948) e Tercera Sinfonía (1946); as pezas para piano Danzón cubano (1942), Down a Country Lane (Cara a abaixo polo camiño, 1962) e Danza de Jalisco (1963); as bandas sonoras das películas The City (A cidade, 1939), Of Mice and Men (De ratos e homes, 1939) e The Heiress (A herdeira, 1948), entre outras; as obras de música de cámara Noneto para corda (1960) e Dúo para...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. En 1869 estreou a peza teatral Le passant (O paseante) e, posteriormente, as obras en verso de cariz posromántico Severo Torelli (1883) e Pour la couronne (Para a coroa, 1895). En poesía evolucionou do parnasianismo de obras como Le reliquaire (O relicario, 1866) ou Intimités (Intimidades, 1868) cara a unha poesía que enxalzaba a xente sinxela, como Les humbles (Os humildes, 1872), Le cahier rouge (O caderno vermello 1874) ou Les paroles sincères (As palabras sinceras, 1890). Escribiu tamén novela, narracións breves e as memorias La bonne souffrance (O bo sufrimento, 1898). En 1884 ingresou na Académie Française.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador, produtor e guionista cinematográfico norteamericano. Iniciouse no cine en 1963 coa película Dementia 13. O éxito conseguido con The Godfather (O Padriño), nas dúas primeiras partes correspondentes a 1971 e 1975, e coas que obtivo tres e seis Oscar respectivamente, permitiulle realizar The Conversation (A conversa, 1973), filme premiado en Cannes. Neses anos escribiu o guión de Patton (1970), filme dirixido por Franklin J. Schaffner, e The great Gastby (O gran Gastby, 1974). Pronto se converteu nun dos principais directores do novo cine norteamericano con películas como Apocalypse now (1979), The Outsiders (Rebeldes, 1983), The Cotton Club (1984), Tucker: The Man and his Dream (Tucker: un home e o seu soño, 1988), The Godfather III (O Padriño III, 1990), Dracula (1992) ou Jack (1996). Como produtor destacan American Graffiti (1973), Kagemusha (1980), Frankestein...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Impulso obsesivo cara ás materias fecais e aos ouriños.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elementos químicos empregados para a formación de tinturas atopadas nas películas de cor e nalgunhas de branco e negro.
-
PERSOEIRO
Actor e crítico dramático francés. Estudiou no Conservatorio de París, onde obtivo o segundo premio de comedia en 1860. Incorporouse á Comédie Française en 1864, na que se fixo famoso pola creación de personaxes como Gringoire, Tartufo ou Fígaro nos que mostrou un sorprendente dominio dos recursos do actor. Trala súa dimisión en 1886, fixo xiras artísticas por Europa e América, e reincorporouse á Comédie en 1890 para interpretar o Thermidor de Sardou. A partir de 1895 traballou co teatro da Renaissance e en 1897 converteuse en administrador do teatro da Porte-Saint-Martin, onde representou o papel de Cyrano na obra Cyrano de Bergerac, escrito para el, a petición súa, por Edmond Rostand. Publicou o ensaio L’art du comédien (A arte do cómico) e L’Arnolphe de Molière (O Arnolphe de Molière).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e xornalista. Estudiou dereito nas universidades de Madrid e Santiago de Compostela. Despois de licenciarse nesta última trasladouse a Lugo para formar parte da redacción de El Progreso, xornal que dirixiu durante varios anos e no que escribiu numerosos artigos de temática política, económica e cultural, ás veces baixo o pseudónimo de D’Orca. Foi o creador do personaxe Pelúdez, presente nas páxinas do xornal dende a súa fundación. Colaborou noutros medios informativos e dende a Librería Religiosa editou publicacións e postais de Lugo. Exerceu tamén como presidente do Orfeón Gallego e do Círculo das Artes. Dende a presidencia da Asociación da Prensa convocou diversos certames literarios nos que se recoñeceron diversos traballos de Antón Villar Ponte, Antonio Couceiro Freijomil e Ramón Otero Pedrayo, entre outros. Foi primeiro tenente de alcalde do concello de Lugo, posto dende o que promoveu a creación da Banda Municipal. Paralelamente, sen abandonar o...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e fidalgo. Na primavera de 1810 foi elixido deputado suplente pola provincia de Mondoñedo para as Cortes de Cádiz. Despois dun novo proceso electoral, celebrado en agosto dese mesmo ano, foi elixido Manuel Freire Castrillón, mentres que Francisco Cora foi nomeado novamente deputado suplente. En 1813 morreu Antonio Abadín, elixido nas primeiras eleccións de 1810, polo que as Cortes reclamaron a súa substitución; sen embargo, Cora solicitou a súa exención por razóns de saúde e a súa actividade política como deputado galego en Cádiz foi escasa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto vogal fundado en 1957 no convento dos Padres Capuchinos, pertencente ao barrio vigués de Casablanca, e integrada no Círculo Mercantil e Industrial de Vigo en 1967. O seu director fundador foi o Padre Javier de Madrid, quen cedeu a batuta a Francisco Rey Rivero ata 1988. En 1989 incorporáronselle a coral A’Marosa, os pianistas Cristina e Guillermo García Lomba e o director Óscar Villar Díaz. Entre as direccións invitadas destacan Nino Bonavolonta, Zenaida Castro Romeu, Rogelio Groba, Maximino Zumalave e Enrique García Valls. Dadas as súas características, ao redor de 95 voces mixtas, cultivou o xénero operístico e a zarzuela, e o seu repertorio abarca ademais panxoliñas, habaneras e música popular galega. Traballou a técnica vogal con Zenaida Castro Romeu, Tatiana Sajarova, Montserrat Pueyo e Manuel Cabero, e actuou con destacados solistas do bel canto como Giuseppe Giacomini, Pedro Lavirgen, Santiago Sánchez Jericó, Ignacio Encinas, Anne Marie Antoine, Gabriel Vivas, Pilar...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto coral mixto constituído en 1941 baixo a dirección de Manuel Pérez Fanego. Realizou numerosas actuacións pola xeografía española e no estranxeiro. Da súa discografía destaca Salmos prá nosa terra (1970). En 1976 recibiu a Medalla de Prata de Ferrol ao mérito artístico.