"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • GALICIA

    Médico e xornalista. Licenciouse en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela en 1888 e doutorouse en Madrid ao ano seguinte. Exerceu como médico en Furís, na súa terra natal, e posteriormente en Lugo. Colaborou cos xornais El Lucense, La Idea Moderna e El Regional, e a partir de 1900 fundou e dirixiu El Monitor de Becerreá. Escribiu tamén artigos médicos para as publicacións El Siglo Médico e El Diario Médico-Farmacéutico. Publicou, entre outras obras: Los contrastes de la vida (1888), Topografía médica de la provincia de Lugo (1891), Estudio médico de los insectos nocivos al hombre (1894), Los pecados y vicios capitales en el concepto médico, social y religioso (1898), El contagio de la tisis (1899), Historia fin de siglo (1902) e La poesía popular en Galicia. Colección de cantares en variedad de metros (1906). Foi académico correspondente da Real Academia de Medicina...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Da súa produción consérvase unha composición premiada nas Festas Minervais de Santiago en 1697, publicada en Fiestas minervales y aclamación perpetua de las musas a la inmortal memoria de D. Alonso de Fonseca El Grande, Arzobispo de Toledo y de Santiago. Año de 1697.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Marqués de Mos, conde de Villanueva de San Bernardo e vizconde do Pegullal. Foi membro da orde militar de Alcántara, cabaleiro de Carlos III, mordomo maior de Carlos IV e administrador do estado de Lemos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e pianista norteamericano. Coñecido como Chick Corea, está considerado un dos compositores de jazz máis innovadores e influentes do último terzo do s XX. Trasladouse a Nova York, onde coincidiu con figuras do mundo do jazz, como John Coltrane ou Miles Davis. En Boston formou parte da orquestra de Phil Barbozza e, posteriormente, da banda de Mongo Santamaría e do grupo de Willie Bobo. A partir de 1965, colaborou, entre outros, con Herbie Mann, Pete La Roca, Stan Getz, Sarah Vaughan e Miles Davis. Nos anos setenta, xunto con Dave Holland, Barry Altschul e Antony Braxton, creou as formacións Circle e Return to Forever, coa que elaborou unha corrente “electrificada” do jazz, mestura de rock e con raíces na música brasileira, denominada fusión. A finais dos setenta e ao longo dos oitenta compaxinou a súa experiencia en solitario con duetos na compañía de figuras do jazz, como Keith Jarrett, Herbie Hancock ou John McLaughlin; con formacións de músicos, como Joe Henderson,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor mexicano. Representante do barroco mexicano, realizou unha pintura de características tenebristas. Entre as súas obras destacan Escenas de la vida de la Virgen, realizadas para a capela do Rosario en Azcapotzalco (1681), e La Asunción de la Virgen, La entrada en Jerusalén e La Coronación de la Virgen para a catedral de México (1689-1691).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e ensaísta. Licenciouse en Dereito e exerceu a avogacía. Da súa produción destacan, entre outras obras, Concepción Arenal y su obra (1907), Coruña benéfica en los siglos XVIII y XIX (1909), El venerable Barrantes, canónigo de Burgos. La beneficencia privada en el s XVII (1913), La obra poética de Concepción Arenal y su romancero Anales de la virtud (1920) e Concepción Arenal y los problemas sociales contemporáneos (1923). Foi cóengo honorario da catedral de Burgos, membro numerario da Real Academia Galega e correspondente das de Lengua, Ciencias Morales y Políticas e Bellas Artes de San Fernando. Recibiu a Gran Cruz de Beneficencia e a Cruz de la Orden Civil de Alfonso XII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción arquitectónica situada en Santa Cristina de Vinseiro (A Estrada), ten planta de forma rectangular e dúas alturas: planta baixa e piso. Edificouse probablemente a finais do s XVIII, data na que pertenceu aos Leiro e aos Castro. Na parte central da fachada eríxese un segundo piso cun remate semicircular, baixo o que se sitúa un escudo cos extremos decorados con placas. Na parte esquerda da fachada localízase unha torre con pombal. A cornixa que percorre a fachada presenta diversas molduras. Conserva unha capela exenta moi deteriorada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantautor portugués. Realizou estudios de dereito e participou, xunto a José Afonso e outros artistas, no movemento renovador do fado de Coimbra, que posteriormente orixinou un novo modelo de canción ao evolucionar cara á balada e á canção de intervenção. Foi un activo loitador contra a ditadura de Oliveira Salazar, actitude que condicionou boa parte da súa obra, e que se reflectiu en Trova do vento que passa (1962), unha escolma de poesía de protesta. O seu repertorio nutriuse de poemas alleos, musicados moitos deles por el mesmo, algúns da autoría de Curros Enríquez e Rosalía de Castro. Da súa discografía destaca Cantaremos (1970) e Gente de aqui e de agora (1971). Postumamente, editouse a escolma Memória de Adriano (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo. Estudiou medicina na facultade de Ciencias de Porto, onde foi catedrático de Antropoloxía dende 1921 e fundador do Instituto de Antropologia. Publicou numerosos libros sobre antropoloxía, arqueoloxía e etnografía, entre os que destacan Antropologia (1915), Da biologia á história (1934) e Antropologia e história (1954). Foi membro da Sociedade Portuguesa de Antropologia e Etnologia, e da Sociedade de Geografia de Lisboa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que reina xuntamente con outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu baixo dous subtítulos, primeiro como “Periódico semanal” e despois como “Semanario republicano”. Publicouse en Celanova entre o 11 de setembro de 1893 e o 12 de maio de 1895. Serviu como fonte informativa do republicanismo en Celanova e Ourense. Entre os artigos publicados hai referencias ás doutrinas socialistas de Roberto Owen e ao federalismo de Pi y Margall. Foi substituído polo xornal La Discusión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal que saía dúas veces á semana (xoves e domingos), que apareceu o 21 de novembro de 1811 e cesou o 28 de xuño de 1812. Impreso por Ignacio Aguayo, encargouse da súa redacción Manuel Freire Castrillón. Como voceiro da devandita comisión, trátase dunha publicación oposta á política liberal e á Constitución de 1812.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal refundado en 1936 a partir da súa cabeceira orixinal, El Pueblo Vasco, no momento no que sufriu a súa incautación por parte do exército franquista. A partir de 1938 engadíuselle o subtítulo de “Diario de la FET y las JONS”, ata que na década dos corenta perdeu esta segunda denominación e mantivo a cabeceira actual. Pertence ao Grupo Correo de comunicación. Inicialmente, baixo a dirección de Juan de la Cruz Elizondo, apareceu como un xornal de opinión, ata que en 1952, co impulso de Lorenzo Mateos e Luis Bergareche, desenvolveu un carácter máis informativo, cun incremento no número de noticias. En 1949 saíu do prelo a edición de Vitoria e, á par, profundizou na súa modernización tecnolóxica que afectou a todas as seccións do periódico; de feito, foi un dos primeiros en contar cun servizo de télex e utilizar a fotografía panorámica. A dirección de Alejandro Echevarría no período 1951-1960 confirmou a súa renovación. Nos anos setenta, a información de Manuel Leguineche sobre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal que apareceu en 1938 en Ferrol e Santiago de Compostela. Tivo varios subtítulos, entre eles, “Diario de Información General”, “Decano de la prensa provincial”, “Diario de la mañana-Decano de la prensa provincial” e “El Correo Gallego. Diario de La Noche. Decano de la prensa regional”. Foron os seus directores Fernando Pérez Barreiro, José Vidal Ibarra, Miguel Ramón Pola, Fernando Leal Insua, Ramón Luís Acuña Sánchez, Gerardo González Martín, Rodrigo Varela Rodríguez e Xoán María Gallego Tato. Esta publicación diaria tivo unha saída regular agás no período da Guerra Civil. Cando saíu á luz como continuación de El Eco de Santiago seguía unha liña política achegada ao réxime franquista; nos anos 50 definiuse como católico-conservador, ata que a partir de 1969 se produciu unha apertura ao galego coa inclusión de poemas de Salvador García Bodaño, Xohana Torres, Antón Tovar, X. L. Franco Grande e prosas de Otero Pedrayo e R. Carballo Calero. Dende o número 23.346, no ano 1967,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenista. En 1991 debutou no circuíto profesional. En 1997 gañou os seus primeiros torneos no circuíto da ATP (Estoril, Roma e Stuttgart). En 1998 proclamouse campión mundial oficioso ao vencer no Masters (ATP Tour Championship). Naquela tempada chegou, por vez primeira, á final dun campionato do Grand Slam (Roland Garros). No ano 2000 formou parte do equipo español que gañou a Copa Davis; ademais, xunto con Albert Costa, obtivo a Medalla de Bronce en dobres nos Xogos Olímpicos de Sidney. En 2001 disputou a súa segunda final nun torneo do Grand Slam, de novo en París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Vilamartín de Valdeorras. Construída en estilo románico, foi un convento da orde dos trinitarios descalzos, dependente de Samos, e centro cultural onde se impartiron clases de filosofía, gramática e moral. No seu interior destaca o retablo barroco (s XVIII) coa figura de Deus pai bendicindo. O exterior está organizado a varias alturas. A orde franciscana e os veciños da localidade manifestaron o seu desacordo coa construción do templo, motivo que atrasou a súa consagración.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen anda dun lugar para outro e non está quieto.

    2. Aparello de pesca que se emprega na captura de atún, bonito e cabala que consiste nunha corda resistente e longa á que se fixa un anzol groso nun dos seus extremos; entre o anzol e a corda intercálase, ás veces, un anaco de cable delgado. Dende unha embarcación en marcha provista de longas perchas de madeira, bótanse diversas sedelas á auga con cebo natural ou artificial, onde os peixes quedan prendidos aos anzois. O número de sedelas que arrastra a embarcación depende do tamaño das varas e estas, á súa vez, das dimensións da embarcación, pero adoitan oscilar entre 10 e 15 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pacifista irlandesa. Fundou, en colaboración con Betty Williams, a asociación Community of Peace People, para promover a pacificación en Irlanda do Norte. Ambas recibiron o Premio Nobel da Paz en 1976.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que corrobora.

    2. Medicamento que ten a propiedade de vigorizar o organismo.

    VER O DETALLE DO TERMO