"AP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2743.

  • PERSOEIRO

    Xeógrafo. Catedrático da Universitat Autònoma de Barcelona desde 1983, é autor, entre outras obras, de Estudios sobre el sistema urbano (1974), Capitalismo y morfología urbana en España (1975), Filosofía y ciencia en la geografía contemporánea (1981), Geografía y matemáticas en la España del siglo XVIII (1982) e La física sagrada (1986). En 1976 iniciou a publicación dunha serie de breves monografías xeográficas baixo o título de Geocrítica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parroquia do concello da Capela baixo a advocación de Santiago onde se atopa a capital municipal, a aldea das Neves.

      1. Igrexa pequena, polo xeral cun só altar, anexa a un establecemento relixioso ou segrar.

      2. Departamento dunha igrexa onde hai un altar, que non é o principal, e unha advocación ou imaxe particular.

      3. capela absidial

        Capela que se abre na ábsida, normalmente nunha absidiola.

      4. capela fonda

        Capela do Santísimo cando está separada do corpo principal da igrexa.

      5. capela lateral

        Capela situada aos lados da capela maior, no cruceiro ou nas naves laterais.

      6. capela maior

        Capela principal dunha igrexa que está situada no eixe central da mesma, no lugar do altar maior e do presbiterio.

      7. capela nicho/fornelo

        Capela que se abre nas naves laterais e que adoita ser abovedada.

      8. capela real

        Igrexa que formaba parte dos palacios reais en toda a Europa medieval e onde se celebraban os actos relixiosos da corte.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Igrexa pequena, polo xeral cun só altar, anexa a un establecemento relixioso ou segrar.

      2. Departamento dunha igrexa onde hai un altar, que non é o principal, e unha advocación ou imaxe particular.

      3. capela absidial

        Capela que se abre na ábsida, normalmente nunha absidiola.

      4. capela fonda

        Capela do Santísimo cando está separada do corpo principal da igrexa.

      5. capela lateral

        Capela situada aos lados da capela maior, no cruceiro ou nas naves laterais.

      6. capela maior

        Capela principal dunha igrexa que está situada no eixe central da mesma, no lugar do altar maior e do presbiterio.

      7. capela nicho/fornelo

        Capela que se abre nas naves laterais e que adoita ser abovedada.

      8. capela real

        Igrexa que formaba parte dos palacios reais en toda a Europa medieval e onde se celebraban os actos relixiosos da corte.

    1. Lugar destinado ao culto e situado nun palacio, casa, convento, escola, comunidade privada ou nun edificio similar, e que non ten a plenitude de dereitos dunha igrexa parroquial.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo musical que polas súas características pode ser considerado como unha formación de cámara. Está constituído por nove compoñentes: soprano, tenor e contratenor na parte vocal, mentres que na instrumental consta de vihuelas, contrabaixo, teorba, órgano e clavecín. Un dos seus compoñentes, Francisco Luengo, é o director do grupo. Da súa discografía destaca o traballo editado en 1991, cun repertorio monograficamente reservado a composicións de José de Baquedano, mestre de capela da catedral de Santiago durante parte dos ss XVII e XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Toques baixo a advocación de santa María, onde se atopa a capital municipal, o lugar de Souto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca do Eume, situada na provincia da Coruña no N da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N co concello de San Sadurniño (comarca de Ferrol), aoS co de Monfero, ao L co das Pontes de García Rodríguez e ao O cos concellos de Cabanas (os tres do Eume), Fene e Neda, estes dous últimos na comarca de Ferrol. Abrangue unha superficie de 58,8 km 2 cunha poboación de 1.471 h (2007), distribuídos nas parroquias de Caaveiro, Cabalar e A Capela. A capital municipal, a aldea das Neves, na parroquia da Capela, atópase a 43° 25’ 40’’ de latitude N e 8° 00’ 45’’ de lonxitude O, a unha distancia de 17 km de Ferrol e 90 km de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Ferrol e á arquidiocese de Santiago.
    Xeografía física
    O termo municipal da Capela está baixo o dominio climático oceánico húmido e, aínda que se atopa preto do mar, presenta certos matices de continentalización que se deixan sentir sobre todo no réxime térmico. Así,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Capela, a. baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parroquia do concello da Capela baixo a advocación de Santiago onde se atopa a capital municipal, a aldea das Neves.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Sistema montañoso da comarca de Ortegal, no extremo setentrional da Comunidade Autónoma de Galicia. Esténdese entre as parroquias de Cariño, Feás, Landoi, Pedra e Sismundi, no concello de Cariño; Veiga e Mera, no concello de Ortigueira; e Montoxo e Régoa, no concello de Cedeira. Asentado sobre unha litoloxía precámbrica dominada polas rochas básicas e ultrabásicas (gneis, serpentinita, anfibolita), as súas máximas altitudes corresponden aos 664 m do monte Herbeira e aos 572 m do Concepenido. Na súa banda occidental, ao caer sobre o mar, forma uns cantís que se estenden dende a punta Sarridal, na ría de Cedeira, ata a punta dos Aguillóns, no cabo Ortegal. Estes acantilados, cos 620 m de altitude da Vixía Herbeira, son os máis altos da beira europea do Océano Atlántico.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Sacerdote titular dunha capelanía.

      2. Sacerdote, en xeral crego, que presta servizo relixioso nun establecemento relixioso ou segrar, isto é, que esta ao servizo dunha capela nun convento, colexio, hospital, prisión ou pazo.

      3. capelán castrense

        Sacerdote asimilado á carreira militar que serve espiritualmente ao exército.

      4. capelán maior

        Superior dun cabido ou comunidade de capeláns.

    1. Calquera eclesiástico, aínda que non teña capelanía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido que ten a súa orixe nun alcume que se aplicaba a individuos que desempeñaban o oficio de capelán. Documéntase no s XII: “Pelagius Capellanus” (doc ano 1184 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 480). Actualmente, adoita aparecer coa forma castelanizada Capellán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ensaísta e crítico. Licenciado en Filosofía e Letras e profesor de ensino medio, colaborou na prensa galega especializada como Luzes de Galiza, Boletín galego de literatura e A trabe de ouro. Publicou o libro Contra a casa da Troia. Cultura e sociedade no Santiago dos anos 30 (1994-1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargo ou beneficio cunha serie de honores, dereitos e obrigas anexos, consistente en exercer os servicios de culto nunha capela. Implica xeralmente diversos tipos de servicios como a celebración de misas, procesións, dotacións a pobres e cura de almas, e un conxunto de bens, rendas e dereitos adscritos á capela. O seu máximo desenvolvemento tivo lugar entre os ss XV e XVIII. Existen dous tipos de capelanías: as eclesiásticas ou colativas, que erixe o clero ordinario reservándose a colación e que corresponden a unha autoridade eclesiástica, e as leigas, nas que xa non intervén a autoridade eclesiástica.

    2. Capelanía vinculada aos membros dunha familia, xeralmente nobre. A miúdo, os beneficiarios ordenábanse para obter as rendas e beneficiarse das exencións eclesiásticas. Denomináronse ordenados a título de patrimonio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manto dos moluscos cefalópodos en forma de bolsa que contén no seu interior a masa visceral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mover as pestanas ou as pálpebras abrindo e pechando repetidamente os ollos.

    2. Pechar e abrir momentaneamente un ollo deixando o outro aberto ou chiscar os dous ollos rapidamente para chamar a atención do interlocutor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor latino. Foi o autor de De nuptiis Mercurii et Philologiae (Sobre as nupcias de Mercurio e Filoloxía), obra enciclopédica onde expón a materia das sete artes liberais; expoñente das diversas correntes culturais do helenismo, tivo gran difusión como libro de texto durante a Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Barcelona, por riba do río Anoia, que forma neste lugar o desfiladeiro de Capellades (5.021 h [1996]). A principal actividade económica é a industria, con fábricas de papel, cartón, embalaxes, tecidos, cerámica e industrias derivadas da madeira. É tamén centro de veraneo, con grande afluencia turística. En 1961 creouse no antigo muíño da vila o Molí-Museu Paperer, onde se fabrica o papel de barba cos mesmos procedementos mecánicos ca no s XVIII. No mesmo edificio atópase o Museu Arqueològic Amador Romaní inagurado en 1948. No sistema cárstico de Capelló atópase o xacemento Abric Romaní.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma castelá correspondente ao apelido galego Capelán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CANTÓNS

    Cantón do distrito de Luxemburgo, no Gran Ducado de Luxemburgo (199 km2; 34.200 h [estim 1995]). A súa capital é a vila de Capellen.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Chapeo de abas largas e copa pequena, provisto dun alamar con cordóns e borlas a cada lado e empregado polos eclesiásticos da Igrexa Católica como distintivo da súa dignidade. O Papa Pío X fixou en 1905 o uso dos diversos tipos de capelo: o capelo vermello con quince borlas verdes para os arcebispos; o capelo verde con seis borlas verdes para os bispos e abades con xurisdición; o capelo violeta con borlas vermellas para os administradores apostólicos; o capelo negro con borlas negras para os abades e confrades maiores mitrados, para os xerais de congregacións monásticas, abades en xeral, superiores xerais e provinciais, vicarios xerais e capitulares, e algúns cóengos; e o capelo negro cunha borla negra para os sacerdotes. Utilízase na heráldica eclesiástica como timbre en lugar do helmo.

    2. Dignidade de cardeal da Igrexa de Roma.

    3. Capa feita de palla ou xuncos, acompañada dunha capucha normalmente, que serve para gorecerse da choiva e do frío.

    4. Peza de roupa a xeito de chal que as mulleres levaban ao redor da cara e que se ve nas imaxes da Virxe e dalgunhas santas.

    5. Parte superior do palleiro.

    6. Néboa ou nubes que adoitan cubrir ou ocultar os outeiros ou os cumios das montañas. Na tradición popular recóllense ditos como: “Cando o pico Sacro pon capelo, meniñas do Ulla, poñede o mantelo”.

    7. Especie de cápsula que recobre os grans dalgúns cereais como o trigo.

    8. Peixe oceánico de ata 50 cm, de corpo moi comprimido e de cor escura a excepción dunha media lúa branca na aleta caudal, cunha única aleta dorsal. A cabeza preséntase moderadamente comprimida e de perfil puntiagudo. É unha especie presente en todos os océanos, realiza movementos migratorios estacionais, sempre en hábitats peláxicos e augas cálidas e temperadas afastadas da costa, e desova nas áreas subtropicais. O capelo é raro nas augas europeas, onde normalmente se captura de xeito accidental cos anzois de pesca oceánica de túnidos, aínda que ten presenza dende Madeira ata Islandia e norte de Noruega. Non penetra no Mediterráneo, polo que só aparece na costa atlántica e cantábrica da Península Ibérica.

    9. Ave da familia dos aláudidos de listas superciliares patentes e, ás veces, pequenas curupelas.

    10. correola.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO