"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Rematou Turandot (1925) de Pucini. Tamén escribiu música sinfónica, ballets, música de cámara, obras vocais e algunhas pezas para piano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dise do tipo de código no que os signos son letras e cifras.

    2. Aplícase aos teclados de maquinas que conteñen signos alfabéticos e numéricos.

    3. Dise da combinación de letras e cifras e ás veces doutros signos que se empregan en informática, para ser utilizada como nome dun documento ou formar unha clave de acceso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sabre de folla longa e curva, con fío só por unha banda e polas dúas na punta, empregado polos musulmáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Inicialmente estivo relacionado co Grupo Parpalló (1957) e, baixo a influencia de Oleiza, Brâncusi e Pevner, recolleu as experiencias informalistas do momento, como manifestan as súas estruturas metálicas retortas. Afastado desta liña, en 1961, concretou a ligazón entre a arte e a comunidade social (La veu d’un poble 1964-65, Monument a l’amor 1965-67, My black brother 1966), reduciu a complexidade da escultura e empregou unha linguaxe pragmática. Ao final dos sesenta, iniciou unha recoñecida fase de experimentación con elementos metálicos; realizou obras cinéticas a partir de materiais comúns (Catalán power 1976) e comezou a facer esculturas de gran formato e monumentos (Monument als Països Catalans, Tárrega 1981). Ao redor de 1980 experimentou con arame. En 1981 concedéuselle o Premio Nacional...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora coñecida polo seu pseudónimo An Alfaya. Realizou os estudios de maxisterio, criminoloxía e detective privado. Cultiva a narrativa curta, o teatro, o relato e a poesía. Participa na fundación do Teatro Avento de Vigo e no 1989 recibe un accéssit na Mostra de Teatro Infantil Xeración Nós pola súa obra Bua-bua-requetebua, para gañar no 1991 o primeiro premio deste certame con O maquinista Antón, xunto co segundo premio no certame Meigas e Trasgos con Noite de meigallos. En castelán gañou dous accéssit nos premios Ciudad de San Sebastián e ASEJE, coas pezas para adultos El uno y el otro (1991) e La danza del paraguas (1995), respectivamente. No eido da novela infantil publicou en galego O caderno azul (1996) e Sireno, Sireno! (Premio Merlín 1997); en castelán publicou Tita (1997). En galego ten os contos Os morcegos, Auga varrida, O escondedoiro, e en castelán Querer es...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria de Santa Cruz de Retorta, en Guntín, no chamado “casal de Miño” que pertence tamén aos Prado. É unha das estirpes máis brillantes de Viveiro onde son abundantes os brasóns desta familia. Espalláronse por Ortigueira e por outros lugares do litoral setentrional e chegaron, mesmo, a Perú e Bolivia. Emparentaron con distinguidas familias galegas como os Bendañas ou os Pita. As armas desta familia levan, en campo de prata, un cervo con hastas da súa cor, sobre ondas de azur e prata; no xefe, tres ameas de sable e, arredor do cervo, unha rama de sinople saíndo das aguas. Algunha variante trae, en campo de ouro, unha cruz de goles; e partido de prata, cunha cabeza de mouro, de sabre. Outros levan, escudo partido: o primeiro, en campo de ouro, unha cruz de goles; e, o segundo, en campo de prata, unha cabeza de mouro de sabre; bordo de goles con oito aspas de ouro. Aínda se reseñan outras dúas variantes: unha leva, en campo de azur, unha aguia ao natural, en actitude...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e arqueólogo estadounidense de orixe húngara. As súas obras estiveron dedicadas á crise do Baixo Imperio, en Studies in the World Crisis of Third Century A&D (1934-1935), ás provincias romanas dos Balcáns, Daci et Romain in Transilvania (1940) e a outros temas, fundamentalmente en relación coa historia antiga de Roma, como a History of the Primitive Rome (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘ladrón’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que foi coñecido en Occidente o astrónomo Abu-l-’Abbas al Farġānī.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade fundada en Santiago en decembro de 1958 por iniciativa de Paulino Pedret Casado, Benito Varela Jácome, Baldomero Cores Trasmonte, Francisco Otero Guldrís e Serafín González Prieto co gallo de honrar a memoria de Alfredo Brañas. Entre os seus primeiros obxectivos estaban: organizar un congreso rexional de Economía, Socioloxía e Dereito; crear unha Federación Rexional de coros galegos e unha exposición da obra pictórica de Maside. Tendo como precedente a homenaxe a Aurelio Aguirre -que celebraran no cemiterio compostelán de San Domingos-, esta agrupación organizou unha concentración en Carballo (1959) para celebrar o primeiro centenario do nacemento de Alfredo Brañas. A este acto acudiu Leandro Carré, en representación da Real Academia Galega, e nela colaborou tamén a comisión de Homaxe da Colectividade Galega a Alfredo Brañas que colocou unha placa conmemorativa en galego suscitando unha espiñenta polémica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade fundada o 24 de agosto de 1983 por Xosé Filgueira Valverde, Manuel Fraga, Felipe Fernández Armesto, Luís Moure Mariño, Manuel Chamoso Lamas e Manuel Varela Rey, entre outros. Foron os seus presidentes, Filgueira Valverde (1983-1985), Carlos Otero Díaz (1985-1990) e Francisco Puy Muñoz (1990). Entre as súas finalidades destacan a promoción e desenvolvemento de estudios e investigacións sobre temas sociais, especialmente, aqueles que teñen relación con Galicia e que se publican en diferentes coleccións. Estas coleccións divídense en Administración, Antropoloxía, Arte, Ciencia, Comunicación, Dereito, Economía, Educación, Europa, Historia, Igrexa, Informática e Letras, entre outras. Amais diso, organizan cursos de verán, encontros, xuntanzas e conferencias con fins didácticos. Para a súa realización colaboran con entidades de aforro e coas distintas administracións públicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Wessex (871-899). Fillo de Etelwulf e de Osburga. Foi adoptado polo Papa León IV (853), quen se encargou da súa educación. Subiu ao trono á morte do seu irmán Etelred I (871). Loitou contra os dinamarqueses (893) e logrou ser recoñecido polos anglosaxóns; a partir dese momento restableceu a autoridade real e a unidade inglesa. Reformou a administración e o exército, redactou un código de leis, fundou unha escola palatina, e fomentou a cultura facendo traducir ao saxón as obras latinas máis importantes. A súa festa celébrase o 28 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico holandés. Especialista en estudios bíblicos, foi catedrático de eséxese bíblica na universidade de Nimega (1945), Arcebispo-coadxutor (1951) e Arcebispo residencial de Utrecht (1955). Nomeado Cardeal por Xoán XXIII (1960), impulsou a aplicación das directrices conciliares mediante De Niewe Katechismus (O novo catecismo), e a plena e activa participación de diversos estamentos da Igrexa dos Países Baixos. Renunciu á súa sede no 1975.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico sueco. Entre os anos 1930 e 1940, tentando explicar a dinámica das manchas solares, estudiou a interacción dun campo electromagnético cun plasma, a magnetosfera terrestre, as auroras polares e as tempestades magnéticas. Postulou (1942) a propagación de ondas electromagnéticas nos plasmas, as nomeadas ondas Alfvén. No 1970 foille outorgado o Premio Nobel xunto con Luis Néel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor italiano. Foi discípulo de debuxo de Ludovico Carracci. Restaurou obras clásicas en Roma (1625). Autor da Tomba del Cardenal Mellini (Santa Maria del Popolo, Roma). Foi un clásico académico que reaccionou contra o barroquismo de Bernini.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e ensaísta italiano, expoñente do cosmopolitismo cultural do s XVIII. Viaxou por Europa e fixo amizade con Voltaire. Combateu a literatura tradicional, e empregou unha lingua áxil e clara, sobre todo no ensaio Newtonianismo per le dame (1737), exemplo de poesía filosófica onde tratou temas de arte e de literatura. Escribiu unha notable obra crítica musical que repercutiu na reforma do xénero operístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teima caracterizada pola busca da dor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Granada, Andalucía, na bisbarra de Tierra de Alhama, (5.983 h [1996]). Termas árabes (s XII) de augas sulfocarbonatadas en explotación balnearia na actualidade. Igrexa (s XVI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, na bisbarra da Hoya de Málaga, atravesada polo ría Fahala (16.859 h [1996]). Ten agricultura mediterránea e árbores froiteiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Alianza Atlántica (OTAN), ou a algún organismo ou institución co nome de “alianza”.

    2. Partidario da Alianza Atlántica, ou dalgún organismo ou institución co nome de “alianza”.

    VER O DETALLE DO TERMO