"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Escritora francesa. Traduciu a Floro, Calímaco e Anacreonte, e realizou unha edición das Comedias de Terencio, dos Pensamentos de Marco Aurelio e da Ilíada de Homero. Ademais, publicou o ensaio As causas da corrupción do gusto (1714).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dialecto principal do romanés, subdividido en moldavo e valaco. Chámase así porque comezou a desenvolverse na antiga provincia romana de Dacia.
-
GALICIA
Actor e director teatral. Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa actividade teatral no terreo do teatro escolar, e continuou co grupo Sarabela participando en case todas as súas montaxes, entre as que destacan Xacobe ou a submisión (1989); Madame de Sade (1991), polo que recibiu o Premio Compostela ao Mellor Actor; As sillas (1992); Cama dous por dous para dous (1994); A Esmorga (1995); O lapis do carpinteiro (2000), traballo polo que obtivo o Premio María Casares ao Mellor Actor Protagonista no ano 2001; ou Sexismunda (2001), adaptación de La vida es sueño de Calderón de la Barca. No Centro Dramático Galego interpretou o papel protagonista de O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1991). Participou ademais como actor noutras montaxes desta compañía, como A lagarada (1992), de Otero Pedrayo; Historia dun soldado (1993), de Charles-Ferdinand...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Formouse na Escola de Belas-Artes de Lisboa (1935) xunto a Almada Negreiros e António Pedro. Influído pola Guerra Civil española e pola Segunda Guerra Mundial, a súa obra tomou un cariz expresionista (Outras coisas, 1941) que abandonou pouco a pouco ata que conseguiu unha bolsa do goberno francés que lle permitiu instalarse en París en 1947. A súa pintura entrou nunha etapa próxima á abstracción surrealista que acabou co abandono da súa produción artística durante case trinta anos. Na década dos setenta retomou a súa carreira e combinou unha obra de estética abstracta coa figuración. Traballou como ilustrador e colaborou en revistas e xornais. Representou a Portugal na VIII Bienal Internacional de Pontevedra (1988). Recibiu, entre outros galardóns, o Prémio Amadeo de Souza-Cardoso no Salão de Arte Moderna do SPN (1942) e o Premio de Pintura da Asociación Internacional de Críticos de Arte (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no Irixo. Construída no s XVIII, a nave, a ábsida e a sancristía están abovedadas. No interior destacan os retablos de estilo neogótico (1833) coas imaxes de san Pedro e santa Bárbara e outro con san Roque. No exterior destacan os beirís rematados en pináculos e a dobre espadana da fachada cun tímpano superior triangular e cun arco aberto no interior.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, situado ao NO da cidade de Madrid e regado polo río Torote (2.429 h [1996]). A proximidade a Madrid determina a súa actividade económica, na que destacan as industrias químicas, metalúrxicas e de mobiliario de oficina. Do seu patrimonio cultural cómpre salientar a igrexa parroquial, de características mudéxares, a ermida de Nuestra Señora del Espino e a fonte dos Cuatro Caños.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua pertencente á familia lingüística Atlántico occidental do phylum níxer-congo que se fala en Ghana.
-
PERSOEIRO
Novelista sueco. Influído pola Xeración perdida e sobre todo por Kafka, publicou, entre outras obras, Ormen (A serpe, 1945) e Bränt barn (O neno abrasado, 1948).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Inventor, fotógrafo e pintor. Estudiou arquitectura e traballou como decorador en montaxes de óperas. En 1882, xunto con Bouton, inaugurou en París o diorama, un amplo decorado de varios planos e cun xogo de luces que lle ofrecía ao espectador unha sensación de perspectiva. Entre 1829 e 1833 traballou con Joseph Nicéphore Nièpce no perfeccionamento do proceso heliográfico para fixar as imaxes. En 1835 descubriu o revelado da imaxe mediante a exposición da placa aos vapores de mercurio, cunha redución do tempo de exposición. En 1837, despois de somerxer a proba nunha solución de cloruro de sodio, desenvolveu un método para fixar a imaxe. Trala morte de Nièpce, en 1839 foi presentado o invento diante da Academia das Ciencias de Francia por parte do físico François Arago. Nese mesmo ano, cedeulle o seu método, bautizado co nome de daguerrotipia, ao Estado francés e publicou un manual.
VER O DETALLE DO TERMO -
REPUBLICAS
República da Federación Rusa situada ao NL do Cáucaso, na fronteira co Mar Caspio ao L, o territorio de Chechenia ao O, a República dos Calmucos ao N e Acerbaixán e Xeorxia ao S (50.300 km2; 2.074.000 h [1999]). Esténdese entre os 43° e 45° de latitude N e os 47° e 50° de lonxitude L. A capital é Makhačkala.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
Xeografía física
O seu relevo está formado por profundos vales ao N, nos contrafortes da cordilleira do Cáucaso, mentres que ao L, de N a S, se estende unha ampla chaira que bordea o Mar Caspio. Estas características fan de Daguestán unha rexión de moi difícil acceso, con dificultades de comunicación entre as diferentes cidades e aldeas. A rede hidrográfica é ampla, con numerosos ríos, entre os que destacan o Karakoysu, o Samur, o Terek e o Viura, que, cunha dirección xeral O-L, desembocan no Mar Caspio. Tamén son importantes os lagos, como o Sevan, o Van e o Urmia. O clima é continental con invernos rigorosos que se prolongan entre... -
-
Relativo ou pertencente a Daguestán, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Daguestán.
-
Grupo de linguas faladas en Daguestán. Pertencen ao grupo superior nororiental das linguas nakho-daguestanas (o kumyk e o azeri, aínda que se consideradan daguestanas por razóns de localización xeográfica, pertencen á familia das linguas turcas). Divídense en catro grupos: o avaro (que inclúe o avaro, o andi e o dido), o darguano, o lak e o lézguico (co lézguico, o tabasarano e o agul). Algunhas das súas características fundamentais son: sistema fonético complicado, cun elevado índice de consonantismo gutural, división dos nomes en clases, amplo índice flexivo e caso ergativo. Ata finais de 1928 utilizaron a escritura arábiga, que se substituíu pola latina e, en 1938, pola cirílica.
-
Literatura multilingüe cultivada polos pobos que forman o Daguestán que, malia estar integrada por diversas culturas, ten unhas características comúns. Ata a chegada dos árabes reducíase a lendas, cancións épicas e proverbios. Baixo a influencia árabe e persa estas manifestacións orais consolidáronse por escrito. Non obstante , ata finais do s XIX non se pode falar dunha literatura propiamente dita: a partir de aí apareceron os primeiros poetas e as primeiras composicións líricas nas que abundan os temas tradicionais. Trala Revolución Rusa, a literatura experimentou un rápido proceso de expansión, co desenvolvemento da prosa e do teatro. Os principais representantes desta época son S. Stal’skij, G. Cadas, R. Rašidov, A. Abakarov e Šakhmatov.
-
-
CIDADES
Cidade da illa de Luzón, Filipinas, situada no golfo de Lingayen, na marxe esquerda do río Agno (122.000 h [1990]). Posúe un importante porto comercial, desde onde se exporta arroz, copra e azucre.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor noruegués. Profesor na Academia de Dresde dende 1824, cultivou a paisaxe romántica e inaugurou unha arte de carácter nacionalista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e político alemán. Foi profesor en diversas universidades. Partidario do movemento nacionalista e da unidade alemana, foi membro da Frankfurter Nationalversammlung (1848-1849) e inspirou o manifesto dos profesores de Bonn a favor da hexemonía prusiana.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Dahomey ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Dahomey.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Banco xaponés constituído en 1971 trala fusión do Dai-Ichi Bank, creado en 1873, e o Nippon Kangyo Bank, creado en 1897. Figura entre os primeiros do mundo, con oficinas en máis de 50 cidades de 30 países.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asemblea de representantes (en gaélico) da Tithe an Oireachtais ou Parlamento da República de Irlanda. Creada en 1919 en Dublín polos 23 deputados irlandeses disidentes do Parlamento británico, foi a única cámara lexislativa ata a reforma constitucional de 1922, que introduciu o bicameralismo. Consta de 166 membros elixidos para un mandato de cinco anos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘sal’.
-
PERSOEIRO
Compositor e castrato soprano italiano. Ingresou na Capela Sixtina en 1654, onde foi mestre de capela entre os anos 1669-1670. Como compositor destacan os seus Sagri concerti (1675) e dous libros de madrigais a cinco voces.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta búlgaro. Preocupado por problemas metafísicos, despois da instauración do réxime comunista (1944) foi marxinado pola crítica oficial ata os anos sesenta. Publicou os seus primeiros poemas nos anos vinte e destacan as súas obras Prozorec (1926) e Stichotvorenija (Poesías, 1926).
VER O DETALLE DO TERMO