"AVI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 908.
-
ESPA¥A
Concello da provincia de Barcelona (2.003 h [1996]). Cultivos de secaño e gandería. Industria de fabricación de tecidos de algodón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de armas da Segunda Guerra carlista acontecida preto de Avinyó (16.11.1848). Nela o xeneral carlista Rafael Tristany derrotou o brigadier isabelino Manzano, que foi feito prisioneiro xunto con 700 homes das súas forzas. O xeneral Tristany foi recompensado co condado de Avinyó.
-
-
Acción e efecto de avir ou avirse.
-
-
Acordo privado, nin xudicial nin arbitral, ao que chegan nalgúns casos as partes dun litixio. Dada a importancia que polo contido do negocio pode chegar a ter, soen documentarse nunha escritura pública, amodo de transacción. Nestes contratos as dúas partes obríganse á prestación de certos servicios a cambio dunha renda ou canon que satisface á parte beneficiada polos servicios. Avinzábanse os clientes co médico, ou os habitantes dunha aldea co concello.
-
Acordo tomado nun acto de conciliación xudicial, sindical, etc.
-
-
Cantidade que paga cada ano unha familia ao médico ou ao boticario polos seus servicios.
-
-
-
Concertar ou establecer entre dúas partes un acordo ou un determinado servicio.
-
Avirse cun médico para acordar o pagamento dos seus servicios.
-
-
-
Acción e efecto de aviar ou aviarse.
-
Aquilo ao que se dedica unha actividade.
-
Acto de arranxar, de facer que funcione o que estaba estragado.
-
Conxunto de cousas necesarias para levar a cabo un labor.
-
-
-
Aeronave provista dun grupo propulsor e de planos sustentadores ou ás fixas durante o voo. Os elementos constituíntes do avión son a á, a fuselaxe, o grupo propulsor, as empenaxes de cola e o tren de aterraxe, que soen estar dispostos simetricamente en relación á fuselaxe, agás nalgún caso especial no que a configuración do avión é radicalmente asimétrica (Blohm Voss BV-141). Os movementos dun avión teñen lugar ao redor de tres eixes que pasan polo seu centro de gravidade: o eixe lonxitudinal ou de bambeo, que vai de proa a popa da fuselaxe; o eixe lateral ou de cabeceo, que é perpendicular ao plano de simetría do avión, e o eixe normal ou de guinada, que é perpendicular aos outros dous. Os movementos do avión contrólanse accionando os temóns, que o piloto manipula mediante os mandos de voo. A á é o elemento que permite a sustentación do avión. Un alongamento grande da á aumenta a velocidade ascensional, a duración do voo, o...
-
Avión especialmente acondicionado para transportar mercadorías ou pasaxeiros. Normalmente son aproveitados para efectuar tamén o transporte de carga. Así, o Boeing 747 e o Lockheed L-500 teñen unha capacidade de carga de 100-150 toneladas e poden acadar unha velocidade máxima preto dun número de Mach de 0,8. A utilización do avión reactor altamente subsónico é habitual en todos os países, pois permite voar a maior velocidade e a máis altura. Para voos en distancias curtas ou medias os avións de turbohélice ou, máis limitadamente, de hélice, avantáxano sensiblemente. A tendencia actual no transporte de pasaxeiros vai cara ao avión tipo Airbus para servir en liñas de gran densidade de tránsito. Teñen tamén grande interese as fórmulas VTOL e STOL, pero o ruído crea graves dificultades nas áreas poboadas.
-
Avión especialmente acondicionado para usos militares. Deles hai moi diversos tipos: o avión de bombardeo ou bombardeiro, que está destinado ao bombardeo de obxectivos militares inimigos; o avión de caza, tamén chamado caza ou interceptor, que ten basicamente as misións de interceptar e destruír os bombardeiros inimigos; o avión de caza e bombardeo ou caza-bombardeiro, que reúne características dos dous anteriores; o avión de recoñecemento, que soe ser un avión de caza ou de bombardeo adaptado ao transporte de equipos fotográficos ou doutros aparellos de observación; ou o avión de transporte, xeralmente unha versión militar do avión de transporte civil. A tendencia actual é a de deseñar avións polivalentes que permitan acometer misións de diferente natureza.
-
Tipo de avión proxectado para efectuar as manobras de despegue e aterraxe cunha lonxitude de pista moi curta. As manobras non se fan seguindo traxectorias perfectamente verticais.
-
Tipo de avión deseñado para efectuar as manobras de despegue e aterraxe sen case ningunha lonxitude de pista. As manobras efectúanse verticalmente.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello homónimo baixo a advocación dos santos Xusto e Pastor.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca do Ribeiro, situado na provincia de Ourense no S da Comunidade Autónoma (42° 22’ de latitude N e 8° 14’ de lonxitude O). Limita ao N cos concellos de Beariz e Boborás (comarca do Carballiño), ao L cos de Leiro e Carballeda de Avia, ao S cos do Covelo (A Paradanta) e Melón e ao O cos de Fornelos de Montes (Vigo) e A Lama (Pontevedra). Abrangue 120,52 km2cunha poboación total de 2.693 (2007), distribuída nas parroquias de Abelenda, Amiudal, Avión, Baíste, Barroso, Córcores, Cortegazas, Couso e Nieva. A capital está na parroquia de Avión. Dista 55 km de Ourense e 131 de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Ribadavia e á diocese de Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O termo municipal de Avión atópase no dominio climático oceánico de montaña. Situado a sotavento das serras meridionais da dorsal occidental galega, os rexistros pluviométricos vense matizados por este factor, acadando valores medios situados ao redor dos... -
VER O DETALLE DO TERMO
Faro de Avión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Avión de dimensións reducidas, mono ou bimotor, de potencia non superior aos 500-600 CV, que se adoita empregar como avión deportivo.
-
-
Electrónica aplicada á aviación. A aviónica ten como obxectivos principais facer máis segura e máis sinxela a navegación aérea simplificando a pilotaxe. O conxunto de instrumentos dunha aeronave debe permitir coñecer en todo momento a súa localización xeográfica (altitude, latitude e lonxitude), a información de previsións (datos meteorolóxicos, aeroportos de emerxencia), así como asegurar as comunicacións e manter o control dos parámetros de todos os mecanismos do avión. Da primitiva navegación por observación directa do horizonte pasouse aos complicados cadros de mando dos reactores, que tenden a ser substituídos actualmente por ordenadores de acceso por pantalla (como no Airbus A-320). Os xiroscopios son substituídos por xiroláseres ou por xirómetros de fibra óptica, moito máis precisos. Os sistemas de navegación por satélite (Navstar) permiten determinar por triangulación a posición exacta da aeronave.
-
Equipamento electrónico dunha aeronave.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa francesa de construcións aeronáuticas, constituída a raíz da fusión en 1971 dos Ateliers d’Aviation Louis Breguet (ou Breguet-Aviation) co grupo Marcel Dassault, que xa adquirira Breguet-Aviation no 1967. Fabrica avións civís (como o Mystère) e, sobre todo, avións militares Mirage, Jaguar, Alphajet e Super-Eténdard.
-
-
Conseguir que desapareza algún tipo de desacordo entre dúas ou máis persoas.
-
Deixar de discrepar, de estar en discordia ou recuperar a amizade.
-
Mostrarse de acordo.
-
Conformarse ou comprometerse a facer unha cousa. OBS: Este verbo ten dous participios: avido e avindo.
-
-
PERSOEIRO
Liberal e guerrilleiro e conspirador, célebre polas obras que lle dedicou Pío Baroja, parente afastado seu. Loitou do lado do cura Merino durante a guerra contra Napoleón e, na súa contra, durante o Trienio Constitucional, baixo as ordes do guerrilleiro Juan Martín Díaz, o Teimudo (el Empecinado). Interveu nos feitos do 1835 e nas guerras carlistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe portuguesa que pasou a Galicia. Entre os escudos relacionados cos seus ascendentes, recóllese: en campo de prata, unha cruz vermella de Calatrava e bordo de prata, coas quinas de Portugal, dúas en cada flanco e unha en punta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome da segunda dinastía portuguesa que reinou entre 1385 e 1580. Foi fundada por Xoán I (1385-1433), mestre de Avís. Os seus sucesores foron Duarte (1433-1438), Afonso V (1438-1481), Xoán II (1481-1495), Manuel I (1495-1521), Xoán III (1521-1557), Sebastián I (1557-1578) e o cardeal Enrique (1578-1580). Á súa morte Filipe II, neto de Manuel I por liña materna, foi proclamado Rei. Esta dinastía comezou a expansión marítima de Portugal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Orde militar e relixiosa portuguesa fundada arredor do 1143 por uns cabaleiros entre os que se atopaba o seu primeiro gran mestre, Fernando Monteiro, para loitar contra os musulmáns e defender a relixión cristiá. Nun primeiro momento adoitou o nome de Nova Milicia. Foi aprobada polo Rei Afonso I quen a dotou de terras. Posteriormente, os seus membros erixíronse en confrades de santa María de Évora e, despois de ampararse no castelo de Avís, cerca de Évora, tomaron a denominación definitiva. En 1162 foi dotada de constitucións e adoitou a regra de san Bieito. Aprobada polo Papa en 1192, gozou de grandes riquezas. De 1213 a 1385 estivo baixo a autoridade da orde de Calatrava. En 1550 o Papa uniu o gran maxisterio da orde á coroa portuguesa. O Rei Xoán deulle como sinal, en campo de ouro, unha cruz flordelisada acantonada de dous paxaros de sable afrontados nos cantóns inferiores. Para entrar como cabaleiro tíñase que probar a nobreza dos sete primeiros apelidos. En 1789 foi reformada pola...
-
-
de avisar.
-
Que ten ou actúa con bo criterio debido á prudencia e á experiencia.
-
-
-
Que avisa.
-
Aparello, dispositivo ou mecanismo capaz de emitir sinais ou avisos visuais, auditivos ou de calquera outra natureza, co fin de atraer a atención sobre unha indicación concreta, sobre unha situación que cómpre modificar ou sobre un perigo.
-
-
SEMANARIOS
Semanario bilingüe publicado en Cienfuegos (Cuba) o 3 de febreiro de 1878 e que cesou o 2 de novembro dese mesmo ano. Dirixido por Domingo Devesa Naveiro e Xosé Porrúa Valdivieso, actuou como voceiro da Sociedad de Beneficencia de los Naturales de Galicia. Pode considerarse como a publicación decana da prensa galega en América.
VER O DETALLE DO TERMO