"Ain" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 537.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xoguete de madeira de buxo que se fai bailar a través dun cordel. A súa forma torneada representa unha figura cónica, ventruda na parte superior e cun pequeno saínte no centro, chamado segorella; na parte inferior leva unha púa de ferro, que recibe o nome de ferrete. O sistema de xogo máis común é o de círculo. Debúxase unha circunferencia no chan e cada un dos xogadores, logo de enroscar fortemente o cordel chamado piola, tira de punta a buxaina alí onde esta baila máis ou menos tempo; se deixa de moverse dentro, debe quedar para que os demais tiren contra ela, ou ben pode pór outra vella no sitio. A clave para entrar no xogo é a seguinte pregunta: “pódese tirar?”, e respóndese: “ata escachar”. Os xogadores que a fan bailar mellor e que a conseguen tirar o máis axiña posible da circunferencia para que non a golpeen, son os que acadan máis vantaxe no xogo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Buxa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quen adoita sentir medo ou que carece de valor para enfrontarse a algún perigo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prenome masculino de significado descoñecido, que quizais proveña de Gayin ‘ferreiro’. Leva este nome o primoxénito de Adán e Eva e irmán de Abel. Segundo o relato do libro da Xénese, era labrego descoidado no culto divino e cobizoso da boa renda dos rabaños do seu irmán. Esta envexa levouno a matar a Abel coa queixada dun burro. O pastor foi o primeiro mártir e o labrego o primeiro asasino. A explicación deste mito cómpre encadrala no contexto socioeconómico do pobo xudeu que, no momento da formación da súa tradición oral, baseaba a súa economía no pastoreo; de aí que ao elaborar a súa cosmogonía atribúan ao seu xeito de vida calidades superiores ás dos pobos agricultores do seu contorno, representados por Caín: os sacrificios de años eran máis gratos a Deus ca os froitos da terra, considerados como alimentos ínfimos. Ademais, subxace o inevitable conflito que xorde nos usos do solo entre pastores e agricultores, conflito que se veu repetindo ao longo da historia, dende...
-
-
Emitir sons de lamento, especialmente os animais.
-
Queixarse dolorosamente o can.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Maurice Joseph Micklewhite.
-
PERSOEIRO
Escritor. Autor de novelas melodramáticas, entre a súa produción destacan as obras: The shadow of a crime (A sombra dun crime, 1885) e The eternal city (A cidade eterna, 1901). Amigo de Dante Gabriel Rossetti, escribiu o libro de memorias Recollections of Rossetti (Recordos de Rossetti, 1928).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao pobo dos caingangs.
-
Individuo do pobo indio dos caingangs.
-
Familia de tribos indias que se estende pola conca esquerda do río Paraná, dende o N do río Grande ata o S do río Uruguay. Estas tribos están moi relacionadas natural e lingüisticamente cos jê. Os brasileiros danlles o nome de coroados.
-
-
-
Relativo ou pertencente á seita dos cainitas.
-
Individuo que pertence á seita dos cainitas.
-
Secta aparecida no s II que veneraba aqueles personaxes que no Antigo Testamento eran repudiados por Deus, sobre todo Caín.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfato de potasio e magnesio hidratado, de fórmula KMg[Cl/SO4]·3H2O. É un sal natural monoclínico e translúcido de cor branca que se presenta asociado ao sal común, á canalita e á anhidrita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Claudio Vasconcellos Cabral.
-
-
-
Aplícase á uva da variedade caíño e ao viño elaborado con ela.
-
ariedade de uva autóctona galega, tinta e branca, en ambos os casos moi escasa. Dá lugar a viños suaves, pouco alcohólicos e algo acedos. A tinta é unha das máis características do Ribeiro e ambas as dúas están autorizadas na Denominación de Orixe Rías Baixas.
-
iño elaborado con esta variedade de uva.
-
-
2 cairo.
-
Aplícase ao porco que ten o pelo cara a atrás.
-
Que é pouco xeneroso ou de mala condición.
-
Mosca das cabalerías.
-
brionia.
-
-
-
Mamífero da familia dos cainotéridos.
-
Familia de mamíferos fósiles da suborde dos tilópodos. O xénero máis significativo é o Cainotherium, propio de finais do Oligoceno e que se extinguiu a principios do Mioceno. Os animais deste grupo acadaban uns 30 cm de lonxitude, coas patas traseiras máis longas ca as dianteiras e todas elas rematadas en pezuños de dous dedos e co resto reducidos. Presentaban tamén orellas longas e hábitos semellantes aos coellos, cos que coexistiron e competiron. Os principais xacementos están na Península Ibérica.
-
-
-
Armazón de canas, varas ou vimbios entretecidos, utilizada para diversos usos.
-
Armazón de táboas, canas, varas ou vimbios entretecidos que se coloca nos laterais do carro para soster a carga.
-
Armazón constituída por varas ou vimbios entretecidos e usada para desfacer terróns e achandar a terra de cultivo.
-
Cancela feita de paos ou vimbios entretecidos que permite o paso do carro.
-
Armazón de táboas ou vimbios colocada a certa altura sobre o lume para secar ou afumar alimentos.
-
-
-
Armazón feita de varas ou canas entretecidas.
-
Conxunto de cousas depositadas ou contidas na caínza ou no caínzo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
de cainzar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nivelar a terra pasándolle o caínzo ou a caínza.
-
-
Estrutura de canas ou vimbios entretecidos empregada como separación cuberta dunha construción ou para outros usos.
-
Armazón feita con vergas de abeleira, salgueiro ou vimbio que se coloca entre os fungueiros do carro para amarrar a carga.
-
Aveño de labranza constituído por unha estrutura de táboas e varas entretecidas usada para achaiar a terra.
-
Estrutura de paos e varas entretecidos colocado á entrada dunha propiedade como porta.
-
Armazón feita de táboas entretecidas con canas ou vimbios que se coloca a certa altura sobre o lume para secar ou afumar alimentos.
-
Hórreo formado por vimbios entretecidos, xeralmente cilíndrico e móbil. OBS: Tamén se emprega nalgunhas zonas de Galicia como denominación xeral de hórreo.
-
Recipiente de vimbio ou canas usado para transportar uvas durante a vendima.
-
-
GALICIA
Médico cirurxián. Estudiou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e, no 1955, acadou a cátedra de Patoloxía e Clínica Cirúrxica. Dedicou unha especial atención á infección en cirurxía e traballou tamén nos receptores de estróxeno en tumores de mama e ensaios clínicos. Pertenceu a numerosas sociedades científicas, foi secretario e presidente da Sociedad de Cirugía de Galicia (1988-1995) e director da Revista Gallega de Patología Digestiva. Ademais de numerosos artigos científicos, publicou: Infección en cirugía (1994), Contenidos y objetivos docentes en patología quirúrgica general y del aparato digestivo (1996), Conferencia de consenso sobre la infección en cirugía (1997) e Asepsia y antisepsia en cirugía (1999), entre outros libros. Académico correspondente da Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia, foi galardoado con premios como o Conde de Fenosa (1984), Sociedad de Cirugía de Galicia (1986) ou Braum-Dexon (1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Campá pequena, provista dun mango para uso manual, utilizada en cerimonias relixiosas, actos públicos ou reunións para chamar a atención do público ou do servicio.
-
Campá pequena que se colga do pescozo dalgúns animais para localizados.
-
-
Pequena eminencia cónica da parte media do veo do padal, formada polo músculo palato-estafilino, o tecido conxuntivo e a membrana mucosa.
-
Herbácea, que como os narcisos e as campánulas, posúe flores de corola tubular.
-