"Ava" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 621.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poema sánscrito didáctico de autor ou autores descoñecidos, contido no Mahābhārata. Nomeado correntemente Gītā, é o máis coñecido e o máis venerado dos textos sagrados da India. A maioría dos eruditos cren que é de orixe posterior á case totalidade do Mahābhārata e que foi inserido cara ao s II a C. A súa idea central é o recoñecemento de K ṛ ishna como o Bhagavān que é o Todo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poema sánscrito de 18.000 versos (shloka), dedicado á glorificación de Vishnu. Escrito probablemente ao sur da India despois dos ss IX-X d C, contén disquisicións sobre os sistemas filosóficos Vedānta e Sāmkhya, unha inspirada exposición do Bhakti-mārga (vía devocional) e as historias de todos os avatāra de Vishnu.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dramaturgo indio en lingua sánscrita, do inicio do s VIII, considerado o máis destacado despois de Kālidāsa. Consérvanse del tres dramas.
-
ENTRADA LARGA
Lei que proporciona a indución magnética dB nun punto calquera P do espacio, producida por un elemento de corrente Idl que circula por un condutor. En módulo:
FORMULA
onde ¦Ì0é a permeabilidade magnética do baleiro, I a intensidade da corrente, r a distancia do elemento de corrente en P e ¦Õ o ángulo entre os vectores dl e r. Cando as condicións de simetría o permiten, o campo magnético pode calcularse mediante o teorema de Amp¨¨re.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teósofa rusa. Xunto con Henry Steel Olcott fundou en 1875 a Sociedade Teosófica. Tivo grande influencia en persoeiros como Gandhi, Kandinskij ou Mondrian. Escribiu Isis Unveiled (Isis sen veo, 1877) e The Secret Doctrine (A doutrina secreta, 1889), a súa obra fundamental.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha, situado ao SL de Ciudad Real (87,9 km/h2; 10.547 h [1996]). O territorio constitúe unha chaira agás o S onde está a Serra del Moral. As principais actividades económicas son a agricultura (patacas, legumes, vide) e a gandería ovina. Hai tamén unha importante industria conserveira (vexetais) así como de fabricación de embutidos. No termo está o castelo romano de Doña Berenguela e a ermida de Nuestra Señora del Monte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación humorística, tirada na cidade de Vigo a partir do 20 de novembro de 1884. Foi o órgano informativo e publicitario da Sociedade Carnavalesca de Vigo. De carácter informativo e publicitario, daba conta das actividades que a sociedade organizaba. Os seus artigos caracterizábanse polos seus tons sarcásticos e humorísticos. O primeiro número foi vendido no Teatro Tamberlik durante unha función ofrecida polo cadro de declamación da sociedade. O seguinte número foi repartido tres días máis tarde, o domingo 23, co gallo dunha nova velada teatral. Non se teñen novas da saída de posteriores números e tampouco se conserva ningún exemplar.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista cultural dirixida por Xoán Manuel Carreira Antelo e cun consello de redacción integrado por Manuel Castelao, Luís Rei Núñez, Xesús M. Valcárcel, Ramiro Fonte, Xulio L. Valcárcel, Ánxel Rey Ballesteros e Lois Rodríguez Andrade. Editou o seu número 0 en Santiago de Compostela en 1979, cunha tirada inicial de 2.500 exemplares e con presentacións en Madrid e Barcelona, pero non tivo continuidade. As súas intencións eran contribuír a superar o minifundio cultural, rescatar textos e autores, publicar traducións, contribuír a internacionalizar a cultura galega e non coartar ningún tipo de colaboración por razóns ideolóxicas, literarias ou lingüísticas. A temática, segundo o proxecto inicial, era moi ampla: pensamento, arte, crítica literaria, teatro, imaxe, urbanismo, musicoloxía, poesía, relatos, etc. As ilustracións corrían a cargo de Alfonso Sucasas. Monolingüe en galego, anunciaba que incluiría textos en catalán e portugués como un claro boicot ao castelán. Nese primeiro e único número...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bernal de Bonaval.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Convento dominicano situado en Santiago de Compostela no cruce das rúas de san Pedro e das Rodas, fóra da antiga Porta do Camiño. A tradición atribúe a súa fundación a san Domingos de Guzmán quen supostamente peregrinou a Compostela en 1219. Foi fundado ao redor de 1220 baixo a advocación de santa María, mais en 1498 apareceu xa baixo o nome de San Domingos. O templo segue a tipoloxía das igrexas mendicantes, sendo o primeiro templo galego en adoptala. Foi consagrado en 1230 aínda que a finais do s XIII foi reformado baixo a protección do arcebispo dominicano frei Rodrigo González de León, estendéndose as obras ata o último cuarto do seguinte século. A planta é de cruz latina con tres naves e tres ábsidas poligonais, dúas capelas nos extremos dos brazos e dúas máis que se abren á nave. A cabeceira é característica do gótico mendicante: capela maior e dúas ábsidas colaterais de planta poligonal, bóveda de crucería e longos vans oxivais. En 1718 o artesoado de madeira das naves foi substituído...
-
-
Pao inferior dunha vela cangrexa ou marconi. A botavara apóiase sobre o pao, a pouca altura da cuberta, mediante uns aparellos de ferro que lle permiten tomar todos os ángulos e todas as inclinacións. No peirao, a botavara debe descansar sobre un cabalete en forma de X ou Y, para evitar que se deforme ou se estrague.
-
Botaló de popa das barcas medianas con respecto ao pau do medio.
-
-
PERSOEIRO
Raíña de Navarra (1425-1441). Filla de Carlos III o Nobre e Leonor de Trastámara. Casou en 1402 con Martiño o Mozo, Rei de Sicilia e herdeiro da coroa de Aragón. Ao morrer este, gobernou Sicilia (1409-1415). Casou en segundas nupcias co futuro Xoán II de Aragón. Asociou ao trono de Navarra ao seu home, e ao nacer o fillo de ambos, Carlos, príncipe de Viana (1421), nomeouno herdeiro, pero no testamento estableceu que o príncipe non podería gobernar sen o consentimento do seu pai. Trala súa morte, comezou unha guerra civil entre os partidarios do príncipe de Viana e de Xoán II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Navarra (1461-1464). Filla de Xoán II de Aragón e de Branca I de Navarra. Xunto co seu irmán Carlos, príncipe de Viana, reclamou a seu pai os seus dereitos ao trono navarro, pero Xoán II desherdounos en favor da súa filla máis nova, Leonor (1455), casada con Gastón IV de Foix. Prisioneira do seu pai, Branca cedeu os seus dereitos a Enrique IV de Castela.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da República de Eslovaquia e do kraj da Eslovaquia Occidental (451.395 h [1998]). Situada na beira esquerda do Danubio, é un dos portos fluviais e centro comercial da chaira da Eslovaquia Occidental. No conxunto histórico da cidade sitúanse as principais institucións do estado e o centro financeiro, que entre outras entidades acolle a Bolsa de valores. Na periferia da cidade está o núcleo industrial especializado nos sectores da goma e materias plásticas, o alimentario e o de maquinaria pesada. Así mesmo, é un centro turístico importante. Posúe unha refinería que trata o petróleo procedente do Volga, por oleodutos. É centro de comunicacións por estrada e ferrocarril, e ten aeroporto internacional. Entre os centros culturais que acolle cómpre salientar a Academia de Ciencias, o Museo Nacional e a Galería Nacional; entre os universitarios, a Univerzita Komenského Bratislava, fundada en 1919, a Slovenská Vysoká Skola Technicka Bratislava, fundada en 1938, e a Visoká Skol a...
VER O DETALLE DO TERMO -
ENSEADAS
Enseada do extremo SO da Illa de Arousa, na parroquia e concello homónimos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
ara de anovo ou rebento do castiñeiro.
-
Souto no que crecen varas de castiñeiro.
-
-
PERSOEIRO
Físico e mineraloxista francés. Foi profesor de astronomía na Université de Lyon e de física na École Polytechnique de París. Elaborou a teoría reticular dos cristais, na que explica a posibilidade de formar redes cristalinas tridimensionais por amoreamento de redes planas, e deduciu (1850) as 14 redes de traslación ou de Bravais, xa descritas en 1850 por Frankenheim. A súa teoría reticular, que permite explicar a anisotropía e a simetría dos cristais, foi demostrada mediante difracción de raios X.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lei de Bragg.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ameaza que ten a intención de intimidar a outra persoa, proferida de xeito presuntuoso ou con arrogancia.
-
PERSOEIRO
Xurisconsulto, político, médico e escritor francés. Coñecido porque foi un dos primeiros sistematizadores da gastronomía, particularmente da francesa. A súa obra fundamental é Physiologie du goût (A fisioloxía do gusto, 1826).
VER O DETALLE DO TERMO