"Bell" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 211.
-
PERSOEIRO
Político e maxistrado. En 1990 foi elixido polo parlamento español, vogal do Consello do Poder Xudicial. Na sexta lexislatura foi nomeado ministro de Xustiza (1993-1994) e, a continuación, ministro de Xustiza e Interior (1994-1996). Entre 1996 e o 2000 foi deputado do Congreso por Zaragoza e portavoz do grupo parlamentario socialista no Congreso dos Deputados, na Comisión de Xustiza e Interior. Candidato socialista á alcaldía de Zaragoza, preside o Partido Socialista Obrero Español en Aragón. É membro de Xustiza Democrática e fundador da Asociación Xuíces para a Democracia, da Association de Magistrats Européens pour la Democratie et les Libertés e da Asociación Pro Dereitos Humanos do País Vasco.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural de Monterrei. Algúns estudiosos supoñen que o seu tronco foi o infante Vela. As súas armas levan, en campo de ouro, vinte e catro minguantes de goles. Outra variante leva, en campo de goles, dous troncos de ouro dispostos en aspa, acompañados de cinco veneras de prata. Algunhas ramas desta familia empregan, en campo de sinople, dous leóns de ouro rampantes, sostendo unha coroa real; sobre as cabezas dos leóns e da coroa, tres lises de azul fileteadas de ouro e outra en punta cos mesmos esmaltes; bordo de ouro con sete ferros de lanza de sable, un na parte superior e tres en cada flanco.
-
PERSOEIRO
Realizadora cinematográfica francesa. Os seus primeiros traballos desenvolvéronse no campo da curtametraxe. Defensora das teses feministas, amosa os problemas da muller do noso tempo cun realismo abraiante. Dirixiu, entre outras películas, Quelque part, quelqu’un (Calquera parte, calquera persoa, 1972), L’amour violé (O amor violado, 1977), Les enfants du désordre (Os rapaces da desorde, 1989) e L’affût (O posto, 1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Aviador francés. Xuntamente con Dieudonné Costes fixo a primeira conexión aérea París-Nova York, os días 1 e 2 de setembro de 1930.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tratadista de arte e arqueólogo. Foi nomeado por Clemente X anticuario de Roma. A súa obra máis importante é Vite de pittori, scultori ed architetti moderni (Vida de pintores, escultores e arquitectos modernos, 1672). Está escrita cun criterio selectivo e non limitada aos artistas italianos. Atacou o Naturalismo de Caravaggio e o Manierismo, e defendeu un termo medio entre a idea e a natureza, actitude identificada co eclecticismo de Annibale Carraci, a quen consideraba o auténtico herdeiro da grandeza de Raffaello.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Forma castelá correspondente ao apelido Veloso. A súa orixe está nun alcume que se aplicaba aos individuos caracterizados polo moito belo ‘pelo’
-
Liñaxe orixinaria de Limia. Este apelido pode aparecer representado nos tratados heráldicos coas formas Beloso, Velloso ou Veloso. Os cabaleiros desta caste tamén eran designados co apelido Ribera ou Rivera. Entroncaron con casas ilustres de Viveiro. As súas armas levan, en campo de ouro, tres bandeiras de goles, dúas en aspa, e a terceira atravesando as outras dúas. Algúns investigadores reseñan outra variante que leva un castelo cunha dama asomada e, ao seu pé, un falcón cunha perdiz nas gadoupas; no alto tres flores de lis (armas dos Araúxo e dalgúns dos Falcón).
-
-
PERSOEIRO
Doutor en Farmacia e Ciencias Biolóxicas pola Universidad Complutense de Madrid, onde foi profesor de Botánica (1934). En 1943 ocupou a cátedra de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela e en 1964 a de Fitoxeografía da Universidad Complutense de Madrid. Durante a década 1964-1974 simultaneou o traballo na universidade coa dirección do Real Jardín Botánico de Madrid. Entre as publicacións que dedicou á flora galega destacan: Mantissa Stirpium Gallaeciae (1950), Anotaciones a la flora criptogámica gallega (1952), Adiciones y correcciones a la flora de Galicia (1959) e Notas sobre la flora gallega (1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e gravador italiano. Coñecido polo nome de Canaletto. Sobriño e discípulo de Giovanni Antonio Canal. As súas obras, nas que se reproducen vistas de diversas cidades, son dun estilo semellante ás do seu tío e a miúdo confundíanse coas súas, a pesar da superioridade artística de Canal. O seu estilo é máis sombrío, describindo as aglomeracións de xente como as paisaxes nórdicas. As súas vistas de Varsovia serviron na reconstrución da cidade trala Segunda Guerra Mundial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor canadense de procedencia xudía. É autor, entre outras, das Dangling man (Home en suspenso, 1944), The Aventures of Augie March (As aventuras de Augie March, 1953), Dean’s December (O decembro do decano, 1981), A theft (Un roubo, 1989) e Something to remember me by (Algo para recordarme, 1991). Premio Nobel (1976), a súa novela expón a loita do individuo norteamericano situado entre o rexeitamento da civilización moderna e a identificación co seu país.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e litógrafo norteamericano. Membro do grupo Ash Can School, cultivou un expresionismo violento, derivado das pinturas negras de Goya e baseado en temas de boxeo, a súa antiga afección. Colaborou na exposición Armory Show (1913), feito que lle fixo evolucionar cara a un estilo de base xeométrica máis lírico e colorista. Nos anos finais da súa vida dedicouse ao retrato. Escribiu Both members of this Club (Os dous membros deste club, 1909) e Stag at Sharkey’s (Solteiro en Sharkey´s, 1907).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Lleida, Catalunya, na chaira regada pola canle de Urgell, drenado polo río Corb (3.927 h [1996]). A agricultura é a base económica do concello, destacando os cultivos de cereais, forraxe, patacas e oliveiras. A gandería tradicional baséase no ovino, que aproveita os pastos naturais. Hai tamén gando bovino estabulado, orientado á produción leiteira e ás granxas avícolas. A industria está relacionada coa agricultura. No 1507 Ramón Folc de Cardona, vicerrei de Nápoles, fundou alí o convento franciscano de Sant Bartomeu; o seu sepulcro, mausoleo renacentista, obra de Giovanni Merliano de Nola, consérvase na igrexa parroquial de Sant Nicolau, logo do seu traslado dende o convento franciscano (1842).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, na chaira aluvial da comarca de La Safor, á dereita do río de Alcoi (3.764 h [1996]). O termo está aberto ao mar a través da praia de Bellreguard. O regadío ocupa a maior parte do término e dedícase sobre todo ás árbores froiteiras (laranxeiras). A poboación, que coñecera un incremento desde 1960, comezou a minguar a partir da década de 1980. A vila, de orixe islámica, sitúase á beira da estrada de València a Alacant. Foi adquirido polo duque de Gandía Pere Lluís de Borja (1485). No s XVII foi un importante centro azucreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cardeal. Introduciu en Córdoba a Congregación do Oratorio. No 1705 foi nomeado bispo de Cartagena. Armou cos seus propios cartos a 4.000 homes para combater contra os partidarios do arquiduque Carlos de Austria en Murcia. Declarou a guerra santa nunha carta pastoral en defensa da lexitimidade como Rei de España de Filipe V, quen o recompensou coa lugartenencia e capitanía xeral de València, que non aceptou. Non obstante , cando o Papa Clemente XI recoñeceu a Carlos de Austria como Rei de España, púxose declaradamente de parte da Santa Sé. O Papa recompensouno co nomeamento de cardeal (1719). Loitou pola reforma da disciplina relixiosa, para o que obtivo do Papa a publicación da bula Apostolici ministerii (Ministerios apostólicos, 1723). En 1724 renunciou ao bispado e retirouse a Roma, desde onde continuou loitando para acadar un acordo pacífico nas relacións entre Filipe V e o Papa.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia de Belluno, no Véneto (Italia), situada á beira do río Piave (35.182 h [1998]). Municipio desde o s XIII, pasou por diversos señoríos ata quedar baixo o dominio da República de Venecia (1404).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia do Véneto, Italia (3.678 km2; 211.353 h [1998]). A capital é Belluno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia valenciana de escultores. Pere Bellver i Llop (Vila-real 1768 - València 1826), discípulo da Academia de San Carlos, abandonou a práctica artística para tomar os hábitos relixiosos no 1810. O fundador da liñaxe foi o seu irmán, Francesc Bellver , pai de Francesc Bellver (València 1812 - 1890), Marià Bellver (Madrid 1817 - 1876) e Josep Bellver (Ávila 1824 - 1869), que traballaron en Madrid o xénero monumental e a pintura relixiosa. O artista máis notable desta familia foi o fillo de Francesc, Ricard Bellver i Ramon (Madrid 1845 - 1924). Pensionado en Roma (1870) a súa obra máis importante é o Anxo caído (1878), exposto no Parque do Retiro (Madrid), co que rompeu cos convencionalismos máis académicos. Outras obras súas son as estatuas de Santo Andrés, San Pedro, San Pablo e San Bertomeu na igrexa de San Francisco el Grande (Madrid).
-
PERSOEIRO
Fotógrafo afeccionado, cunha produción que se concentra entre os anos 1920 e 1960. A súa profesión de xuíz foino levando dunha localidade a outra por todo o estado español, e nelas dedicouse a fotografar os aspectos que máis lle interesaron, cultivando os xéneros clásicos da paisaxe, o retrato, as mariñas, tipos populares e edificios e lugares de interese histórico-artístico. De entre eles, o xénero que máis identifica o seu traballo é o das mariñas realizadas nas rías galegas. As súas fotos concíbense sempre dende puntos de vista convencionais, semellantes aos que eran comúns entre a maioría dos fotógrafos afeccionados do resto do estado por eses anos, é dicir, un certo pictorialismo e descoñecemento dos novos movementos fotográficos europeos ou americanos. Foi membro fundador da Agrupación Fotográfica Gallega, no ano 1946, en Vigo. Ignacio Cela Muruais e José Enrique Acuña (1984) publicaron un libro co que se pretende a recuperación do seu traballo.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Lleida, Catalunya, situado na comarca pirenaica da Cerdanya, no curso alto do Segre (1.535 h [1996]). A súa situación montañosa e a diversidade litolóxica provocan unha gran variedade na vexetación (carballos, faias, carrascos ou salgueiros). A paisaxe, atractivo turístico, constitúe o seu principal recurso económico. Ao abeiro desta actividade dinamizouse o comercio e a construción, favorecida pola mellora nas comunicacións trala apertura do túnel de El Cadí (1984). Teñen sona os seus embutidos artesanais. O Rei Xaime I mandouna fortificar e levar por alí o camiño da Seu d’Urgell a Puigcerdà, outorgándolle privilexios e franquicias. As guerras franco-españolas supuxeron a ocupación francesa en varios períodos dos ss XVII e XVIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Castelo situado sobre un outeiro, a 2,5 km de Palma de Mallorca, edificado por orde de Xaime II de Mallorca. Foi construído (1309-1311) polo mestre de obras Pere Salvà como residencia real e fortaleza. A construción, circular en planta, é de estilo gótico. Alicerzada sobre dous muros concéntricos, o perímetro está interrompido por tres torres semicirculares unidas ao corpo principal, ademais da de homenaxe, exenta e comunicada por unha ponte, que posúe nos subterráneos a famosa prisión coñecida como l’Olla. O patio de armas está arredor dunha dupla galería, de arcos de medio punto no baixo e apuntados no alto. Circundando a galería atópanse as dependencias, nas que destaca a capela con reixas e cerámica mudéxar. Estivo en mans da coroa ata que Martiño I lle concedeu a señoría á cartuxa de Valldemossa (1408). Volveu a mans do estado, servindo desde o s XVIII de prisión política e militar. No 1931 foi cedido ao concello e desde 1932 acolle o museo municipal de arte e historia locais.
-
CIDADES
Cidade da provincia do Cabo, República Sudafricana (100.000 h [estim 1984]).
VER O DETALLE DO TERMO