"ICE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 774.

  • PERSOEIRO

    Actriz. Estudiou Interpretación na Universidade de Pennsylvania. Comezou traballando como modelo publicitaria. Casou en 1980 co cineasta Louis Malle. Foi nominada ao Oscar como mellor actriz secundaria por Starting Over (Comezar de novo, 1979). Recibiu numerosos premios polo seu traballo na serie televisiva Murphy Brown. Outros traballos seus son: The Group (O grupo, 1965), Soldier Blue (Soldado Azul, 1970), The Hunting Party (Caza implacable, 1971), Rich and Famous (Ricas e afamadas, 1980) e Stick (Xogar duro, 1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín e coreógrafo coñecido co nome de Maurice Béjart. Foi director dos Ballets de l’Etoile (1954-1957), posteriormente nomeados Ballete Théâtre de Maurice Béjart (1957-1959) e Ballets du XXème Siècle (1959) e do Théâtre Royal de la Monnaie, de Bruxelas (1960). En 1970 fundou en Bruxelas a escola Mudra de danza e acción corporal. En 1987 creou e dirixiu o Béjar Ballet Lausanne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca pública con sede en Florencia. Formada inicialmente en 1523 polas bibliotecas de Cosimo, Lorenzo e Pietro de Medici. Clemente VII abriuna ao público no ano 1532. O seu fondo máis rico é constituído polos manuscritos gregos e latinos, pois conta con máis de 10.000 exemplares desta modalidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten dúas cabezas.

    2. Animal, xeralmente unha aguia, con dúas cabezas e dous pescozos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto de dúas células.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten dous séculos.

    2. Conmemoración dos douscentos anos de existencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Músculo que nunha das súas extremidades ten dous tendóns para unirse co óso. O bíceps braquial, músculo longo do brazo, innervado polo nervio músculo-cutáneo, produce a flexión e supinación do antebrazo, e a elevación e adución do brazo; o bíceps crural, músculo longo da coxa, innervado polo nervio ciático, produce a flexión da perna sobre a coxa. 0BS A forma bíceps emprégase polo xeral para referirse ao bíceps braquial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista, ensaísta e crítico literario. É autor de novelas como Aminadab (1942), Le Très-Haut (O altísimo, 1948), Le dernier homme (O derradeiro home, 1957); de obras de crítica literaria e ensaios: Comment la littérature est-elle possible? (Como é posible a literatura?, 1942), La part du feu (A parte do lume, 1949), L’espace littéraire (O espazo literario, 1955), Le livre à venir (O libro que vén 1959), L’entretien infini (O entretemento infinito, 1969), L’amitié (A amizade, 1971), L’écriture du désastre (A escrita do desastre, 1980) e Critique de la critique (Crítica da crítica, 1984), entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Publicou os poemarios en castelán La noche clara (1922) e La escondida senda (1941).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástico. Realizou estudios na Facultade de Belas Artes de Pontevedra e participou dende o ano 1995 en diversos talleres, dirixidos por artistas como Ricardo Catania, Antoni Muntadas o Jannis Kounellis. As novas tecnoloxías están presentes nas estratexias simulacionistas das súas obras. En Serie de paisaxes (1997) constrúe a paisaxe a partir de maquetas de teatro que fotografa, crea espacios inexistentes que propón como reais e incide na simulación como práctica artística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político. Licenciado en Dereito pola Universitat de València (1888). Mantivo unha grande actividade como orador e xornalista, fundando en 1894 o xornal El Pueblo no que comezou a publicar Arroz y tartana. A súa vinculación á Renaixença foi breve e basicamente decidida pola influencia de Constantí Llombart; despois da morte deste (1893), converteuse en inimigo do grupo valencianista de Teodor Llorente. En 1887 publicou Fantasías, leyendas y tradiciones, que respondía a unha estética romántica e a unha temática historicista. Dende moi novo comprometeuse coa política republicana de Pi i Margall; foi deputado a Cortes tres veces consecutivas e a súa acción política alcanzou unha forte repercusión popular, sendo o blasquismo o sector máis dinámico do republicanismo valenciano. Enfrontouse politicamente coa disidencia do seu colaborador Rodrigo Soriano, que provocou incidentes de extrema violencia; finalmente, en 1908 abandonou a política....

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao fungo da orde das blastomicetais.

    2. Fungo da orde das blastomicetais.

    3. Orde de deuteromicetos constituída por fungos xeralmente unicelulares, que non teñen un auténtico micelio, que perderon a capacidade de formar ascos ou que nunca a tiveron, e que se multiplican por xemación. Pertencen a este grupo os xéneros Candida, Cryptococcus, Histoplasma, Malassezia, Rhodosporidium e Sporobolomyces.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Investigador e crítico literario. Publicou numerosos artigos sobre a lírica do Século de Ouro castelán e novelas de cabalerías. É autor de En el texto de Garcilaso (1970) e La transmisión textual en “El conde Lucanor” (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor bizantino. Tivo unha grande influencia na corte de Nicea e foi representante de Xoán III Vatatzes nas negociacións cos latinos. Da súa obra salienta o Compendio de lóxica e o Compendio de física.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo social. Formouse en Francia e no Reino Unido, onde se doutorou na Universidade de Cambridge. Foi profesor de Antropoloxía nas universidades de Berkeley, Göteborg e na London Scholl of Economics. A súa obra caracterízase por ser unha síntese entre a Antropoloxía marxista francesa e a funcionalista británica. Realizou traballos de campo en Madagascar entre 1964 e 1966, e de novo en 1971, onde se interesou pola relación entre os modos de produción e as estruturas de parentesco. Publicou, entre outras obras, Placing the dead: tombs, ancestral villages and kinship organization in Madagascar (Clasificación da morte: tumbas, vilas ancestrais e organización de parentesco en Madagascar, 1971), Marxism and anthropology: the history of a relationship (Marxismo e antropoloxía: a historia do parentesco, 1983), Ritual, history and power (Ritual, historia e poder, 1989) e How we think they think: anthropological approaches to cognition, memory, and literacy...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Licenciado en Letras e Dereito pola Universidade de Dijon. Ensinou Filosofía en Lille (1895) e dende 1896 en Aix-en-Provence. A noción de acción, tomada metafisicamente, impúxose como un principio suprafenomenal que reúne as características de eficacia e de finalidade, definida por iso como creación; engloba as dicotomías de pensamento e de realidade, todo constituído nun nexo de unión, sendo incluso a entrada e a afirmación da vida espiritual. A partir desta reflexión que fai comprensible a multiplicidade e a necesaria xerarquización, a filosofía convértese nunha filosofía da contemplación, na que Deus é a significación máis elevada. É autor de L’Action, essai d’une critique de la vie et d’une science de la pratique (A acción, ensaio dunha crítica da vida e dunha ciencia da práctica, 1893), La pensée (O pensamento, 1934), L’Être et les êtres (O Ser e os seres, 1935), L’action (A acción, 1936-1937) e La philosophie et l’esprit chrétien...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Budica (s I) Raíña dos icenios de Britania. Estivo casada co Rei Prasutagus, cliente dos romanos e que entregou as súas posesións ás súas fillas e ao Emperador Nerón. Trala anexión romana do reino, Boadicea rebelouse no ano 60. Logo de ser derrotada polos romanos dirixidos por Suetonio Paulino morreu envelenándose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Zoólogo. Estudiou Medicina na Universidade de Coimbra. En 1849 entrou na Escola Politécnica de Lisboa como profesor de Zooloxía e reorganizou e desenvolveu o Museo Nacional de Lisboa (Museo Bocage), onde estableceu importantes coleccións científicas e dende onde organizou o ensino e a investigación no eido da Zooloxía en Portugal. En 1863 foi nomeado membro estranxeiro da Zoological Society de Londres. En 1865 describiu a esponxa Hyalonema lusitanica, recollida fronte ás costas portuguesas, que constituíu a primeira proba aceptada pola comunidade científica da existencia de vida abisal. Describiu máis de 200 especies animais novas, entre as que se atopa a salamántiga endémica galega Chioglosa lusitanica (1864), aínda que a maioría pertencían ás colonias portuguesas, particularmente ás africanas. Entre as súas numerosas publicacións, cómpre destacar Memoria sobre a cabra montez da Serra do Gerez (1857), Liste des mammifères et Reptiles observés en Portugal...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto industrial do Paleolítico superior inicial centroeuropeo identificado no xacemento de Bohunice (Brno, República Checa) e posteriormente detectado en Moravia e noutros territorios veciños, que se desenvolve durante o interestadio Hengelo (43.000-38.000 BP). Caracterízase pola presenza de puntas foliáceas bifaciais e o emprego da técnica levallois na elaboración das abondosas láminas. Interpretouse como unha industria de transición entre o Paleolítico medio e o superior, anterior ao Auriñacense, con influencias no Szelentense do centro e norte de Europa, e paralelos en Próximo Oriente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que reciben as bolboretas do xénero Bombix.

    VER O DETALLE DO TERMO