"Inn" (Contén)
Mostrando 14 resultados de 114.
-
PERSOEIRO
Bacteriólogo alemán. Descubriu en 1905, xunto con E. Hoffmann, o axente da sífilis Treponema pallidum.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento nacionalista irlandés fundado en 1902 por Arthur Griffith, baixo o lema de Nós ou Nós mesmos. Concibido inicialmente como un partido monárquico e separatista que loitaba pola independencia de Irlanda con respecto a Reino Unido, en 1921 virou os obxectivos da súa loita co fin de conseguir a unificación das dúas Irlandas (Irlanda e Irlanda do Norte), despois de que Reino Unido recoñecera, en 1921, o Irish Free State. Para iso empregou unha política de axitación e violencia apoiada polo IRA, que culminou nun estado de guerra civil (1922-1923). Eamon De Valera separouse del para formar o Fianna Fáil (1926) e en 1970 dividiuse en dous grupos: oficiais (socialistas) e provisionais (nacionalistas radicais), que desde 1981 participaron no proceso electoral irlandés. A partir de entón converteuse no principal partido nacionalista de Irlanda do Norte. Conta con representación no Parlamento Europeo, desde as eleccións de 2004.
-
PERSOEIRO
Psicólogo. Principal popularizador do condutismo, centrouse no estudo dos procesos de aprendizaxe e descubriu un novo tipo de condicionamento da conduta animal, denominado operante ou instrumental. A súa contribución máis coñecida é a caixa de Skinner, unha gaiola para ratas provista dunha panca que, ao ser premida, lles fai chegar o alimento. Promoveu o ensino programado e insistiu no reforzamento como elemento fundamental. Escribiu Science and Human Behaviour (1953), Analysis of Behaviour (1961), escrita xuntamente con J. G. Holland, Beyond Freedom and Dignity (1971) e About Behaviorism (1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ela triangular de gran superficie e lixeira, que se emprega nos iates de regatas cando se navega con ventos frouxos. Adoita ter unha superficie maior que a vela maior.
-
CAPITAIS
Capital de Estonia, situada na costa meridional do golfo de Finlandia e na badía de Tallinn (399.850 h [2001]). En 1219 os daneses levantaron unha fortaleza no lugar do antigo burgo estoniano de Lindanassa. En 1284 a cidade ingresou na Liga Hanseática. Rendeuse a Pedro o Grande de Rusia en 1710. Despois da proclamación da República de Estonia en 1918, foi capital desta e da República Soviética creada en 1940. Ocupada polos alemáns durante a Segunda Guerra Mundial, en 1944 volveu a control soviético ata que en 1991 Letonia proclamou a súa independencia. A zona monumental da cidade foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Ucraína (26.500 km2; 1.172.400 h [2001]). A capital é Vinnyc’a.
-
CAPITAIS
Capital da oblast’ homónima, Ucraína, á beira do Bug meridional (383.250 h [1999]). Ten fábricas de aparellos electrotécnicos e de ferramentas e industria química.
VER O DETALLE DO TERMO -
LAGOS
Lago do estado de Wisconsin, EE UU, situado ao NO de Milwaukee (557 km2). Recibe as augas do Wolf e desauga, a través do seu único emisario, o Fox, na Green Bay do lago Michigan.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de ensino individualizado que foi posto en práctica por primeira vez en 1915 por E. W. Washburne nun suburbio de Chicago e que se deu a coñecer en 1922. Parte dun coñecemento do suxeito e baséase en catro pincipios pedagóxicos: o dereito do alumno a adquirir coñecementos que lle servirán para a vida; a necesidade de vivir a vida de alumno plenamente; a evolución humana de cada individuo na súa plenitude e o desenvolvemento dunha conciencia social.
-
LAGOS
Lago de Canadá, situado no S da provincia de Manitoba, no extremo suroeste do escudo canadense (24.514 km2). Os seus principais tributarios son o Red River of the North, o Winnipeg e o Saskatchewan. O seu emisario é o río Nelson, que desauga na baía de Hudson.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Canadá, emisario do lago Woods. O seu curso segue a fronteira con EE UU durante uns 300 km, en dirección NO, ata desembocar no lago Winnipeg.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia de Manitoba, Canadá, situada na confluencia dos ríos Red e Assiniboine, ao S do lago homónimo e a medio camiño entre o Atlántico e o Pacífico (619.544 h [2001]). Está situada no extremo oriental das Grandes Chairas, nun cruzamento de vías navegables que enlazan coa baía de Hudson, o Mississippi e os Grandes Lagos. É un gran mercado agrícola e predominan as actividades vinculadas co transporte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico nuclear canadense. Traballou con Fermi no proxecto Manhattan, tivo un papel importante no desenvolvemento nuclear dos EE UU e participou no proxecto do submarino Nautilus.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Foi un dos iniciadores do movemento neorrealista con filmes como The Men (1950), Teresa (1951), High Noon (1952), From Here to the Eternity (1953; Oscar ao mellor filme e á mellor dirección), Oklahoma (1955), A Man of all Seasons (1956; Oscar ao mellor filme e á mellor dirección), Julia (1977) e Five Days on Summer (1982).
VER O DETALLE DO TERMO