"ORGA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 205.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político creado en 1973 a partir dun grupo escindido do Partit Socialista Unificat de Catalunya (PSUC). Defendía para o Estado español unha república democrática e federal. Despois de numerosos cambios, incorporouse ao PCE-PSUC (1989). Das súas publicacións destaca Política Comunista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo de solidariedade islámica creado en 1969 con sede en Ǧ idda (Arabia Saudí). Agrupa estados de África, Oriente Medio, Asia e Europa. Promove a cooperación entre os seus estados membros e busca a eliminación de todo tipo de colonialismo, o triunfo da causa palestina, a propagación da cultura musulmá en todo o mundo e a paz internacional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo fundado en 1963 para promover a loita contra o colonialismo e a cooperación, e para garantir a defensa da independencia dos estados africanos sobre a base dunha posición de non-aliñamento. O 8 de xullo de 2002 foi substituída pola Unión Africana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización internacional, con sede en Nova York, creada para manter a paz, promover a cooperación económica, cultural, social e humanitaria e garantir a seguridade dos estados ante a base dos principios de igualdade e de autodeterminación, e velar polo respecto dos dereitos humanos. Os seus membros comprometéronse a resolver os problemas internacionais a través de medios pacíficos e a non utilizar a ameaza nin o uso da forza. Sucesora da Sociedade de Nacións, os primeiros pasos cara á súa creación foron a Conferencia de Dumbarton Oaks (1944) e a Conferencia de Yalta (1945). O 25 de abril de 1945 cincuenta e un estados reuníronse en San Francisco onde elaboraron e asinaron, o 26 de xuño, a Carta de Nacións Unidas, tratado fundacional onde se establecen os principios básicos das relacións internacionais nos que se basea a organización; en 2004 contaba con 191 estados membros. En 1956, polo conflito do canal de Suez, creouse un exército propio con funcións de interposición e protección dos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
UNESCO.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución especializada da Organización das Nacións Unidas, creada en 1966 e con sede en Viena, que vela polo fomento do desenvolvemento industrial nos estados subdesenvolvidos. Actúa tecnicamente e procura conseguir financiamentos de tipo internacional ou privado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo da ONU que se creou en 1947 para promover a seguridade e a eficiencia dos transportes aéreos. Ten a súa sede en Montréal. As súas actividades inclúen a elaboración de regulamentos e códigos de circulación e seguridade, o mantemento de rutas polas que favorecer a axuda internacional e a asistencia técnica aos estados menos desenvolvidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación fundada en 1975 de carácter privado, independente e sen ánimo de lucro. O seu principal obxectivo é a información e atención dos consumidores así como a defensa dos seus intereses. Está integrada no grupo EUROCONSUMERS (Consumidores de Europa) e nos principais organismos de representación internacional de consumidores. Conta con publicacións periódicas de información xeral, como OCU-Compra Maestra, Dinero y Derechos e OCU-Salud, e boletíns financeiros, Dinero Quince e Dinero y Fondos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo económico internacional formado polos 30 países máis desenvolvidos do mundo capitalista (todos os de Europa occidental, EE UU, Canadá, Australia, Nova Zelanda e Xapón). Creada pola Convención Xeral de París en 1960, é sucesora da antiga Organización Europea de Cooperación Económica (OECE). Trata de estimular os intercambios económicos internacionais sobre bases multilaterais, de realizar e impulsar estudos e propoñer políticas económicas aos estados membros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización de América Central, fundada en 1951 por Costa Rica, El Salvador, Guatemala, Honduras e Nicaragua para promover a unidade e a cooperación dos estados membros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización creada en 1968 por Arabia Saudí, Kuwait e Libia para conseguir a cooperación petroleira entre os estados membros e as melloras técnicas e económicas na explotación e comercialización do seu petróleo. Despois do golpe de estado de Moammar al-Gaddafi en Libia, e a entrada de Alxeria e Iraq, a organización mostrouse como un instrumento de presión, tanto económica como política, cara aos países consumidores de petróleo e as empresas multinacionais do sector.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo internacional creado en 1961 para unificar as políticas petroleiras dos países membros e determinar as accións máis axeitadas para protexer os seus intereses individual e colectivamente. Despois da Conferencia de Teherán de 1971 e a Guerra Árabe-israelí de 1973, os países da OPEP aproveitaron a forte dependencia e vulnerabilidade enerxética mundial respecto do seu petróleo para formar un cártel de presión económica e política, elevando fortemente os prezos do petróleo e aumentando a súa capacidade de negociación con outros países e coas empresas multinacionais petroleiras. A partir da década de 1980, como consecuencia da crise económica que fixo diminuír a demanda de petróleo dos países industrializados e a descuberta de novos xacementos de petróleo, minguou notablemente o seu control sobre o mercado de hidrocarburos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización defensiva multilateral creada en 1959 por Turquía, Irán, Paquistán e Reino Unido, despois de que Iraq abandonase o Pacto de Bagdad en 1955. Os seus obxectivos eran a defensa conxunta ante posibles agresores e a cooperación para o desenvolvemento económico e científico. A súa denominación alude a unha zona central entre as rexións incluídas na Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) e na Organización do Tratado do Sueste Asiático (OTASE). EE UU relacionouse coa organización a través de acordos bilaterais cos países membros. A sede inicial de Bagdad trasladouse a Ancara (Turquía) en 1958. A organización disolveuse en 1979, tras a retirada de Irán e Paquistán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo creado en 1949 para oporse ao Pacto de Varsovia (1949). Os países que se comprometeron foron Bélxica, Canadá, Dinamarca, EE UU, Francia, Islandia, Italia, Luxemburgo, Noruega, Países Baixos, Portugal e Reino Unido. Posteriormente foron admitidos Grecia e Turquía (ambos os dous en 1950), Alemaña (1955) e España (1982). En 1999 incluíronse Hungría, Polonia e República Checa. A última ampliación foi con Bulgaria, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Lituania, Letonia e Romanía (2004). A súa estrutura está formada polo Consello do Atlántico Norte, composto por un representante de cada país membro, e as decisións tómanse por unanimidade. O seu órgano executivo é o Estado Maior Militar Internacional. Coa mingua das tensións entre Oriente e o Occidente, a OTAN decidiu (marzo de 1990) reducir o seu arsenal nuclear en Europa. En novembro de 1990 a OTAN e o Pacto de Varsovia asinaron a paz. Entre 1995 e 1999 o español F. J. Solana Madariaga foi o seu secretario xeral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo creado polo tratado militar de defensa en 1954 por Australia, EE UU, Filipinas, Francia, Reino Unido, Nova Zelanda, Paquistán e Tailandia para se opoñer ás actividades militares promovidas pola República Popular China. Foi disolto en 1977, debido á mellora das relacións de EE UU e doutros países da OTASE con China.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo fundado en 1948 con sede en Washington para promover a cooperación económica, política e cultural e para garantir a defensa dos seus membros. Agrupa todos os estados americanos agás Cuba, expulsada en 1962.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo creado en 1948 en París para administrar o Plan Marshall. Composto inicialmente por Austria, Bélxica, Dinamarca, Francia, Reino Unido, Grecia, Holanda, Irlanda, Islandia, Italia, Luxemburgo, Noruega, Portugal, Suecia, Suíza e Turquía, en 1949 incorporouse a República Federal de Alemaña e en 1959 España. Promotora da liberación dos intercambios comerciais e da integración rexional en mercados, a creación da CEE e da EFTA forzaron unha renovación, motivo polo que foi disolta en 1961 para converterse, ampliada, na OCDE.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución intergobernamental que se fundou en 1954 co nome de Conseil Européen pour la Recherche Nucléaire por Alemaña, Bélxica, Dinamarca, Francia, Grecia, Italia, Iugoslavia (retirada en 1961), Noruega, Países Baixos, Reino Unido, Suecia e Suíza para a investigación, fundamentalmente no campo da física das altas enerxías. Posteriormente incorporáronse Austria (1959), Bulgaria (1999), Eslovaquia (1993), España (1961, retirouse en 1969 e volveu incorporarse en 1983), Finlandia (1991), Hungría (1992), Polonia (1991), Portugal (1985) e República Checa (1993). A sede e as instalacións están preto de Xenebra, na fronteira francosuíza, e componse dos emprazamentos de Meyrin e Prevessin. Son importantes os seus aceleradores de partículas e os aneis de colisión. Dos feitos acadados destacan o descubrimento das correntes neutras (1973) e a detección dos bosóns intermediarios (1983). Neste centro tamén se crearon as especificacións básicas da World Wide Web dentro de Internet.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo internacional creado na Conferencia de Paz de París en 1919 con sede en Xenebra. Propón a mellora das condicións do traballo, da seguridade social, da formación profesional, da negociación colectiva, da participación na xestións nas empresas, do acceso á vivenda, do ocio e doutros temas conectados. Os gobernos ratifican as convencións que establecen os estándares mínimos internacionais aceptables en condicións de traballo e visado e han de seguir as recomendacións preparadas, e tamén poden aproveitar os servizos de asistencia técnica creados. A súa secretaría permanente é a Oficina Internacional do Traballo. En 1969 recibiu o Premio Nobel da Paz.