"Obre" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 296.
-
PERSOEIRO
Poeta. Caracterizouse pola suavidade e a melancolía dos seus versos. Publicou en París a primeira edición do seu principal libro, Só (1892). Postumamente apareceron Despedidas (1902) e Primeiros versos (1921).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Cereixedo (Cervantes). O seu cumio acada os 1.526 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Calidade de nobre.
-
Estrato social máis alto da sociedade durante o Antigo Réxime. Os seus membros gozaban de certos privilexios por dereito hereditario (nobreza de sangue ou de natureza), por concesión do soberano (nobreza de privilexio) ou polo exercicio de determinados cargos públicos (nobreza civil ou de cargo). Na Baixa Idade Media, tivo un marcado carácter señorial, estreitamente vinculado á terra, sen cuxa posesión non era posible a condición de nobre. En xeral, durante a época de expansión territorial, desde o s XIII ao XVI, estiveron fielmente ao servizo da monarquía e ocuparon os altos cargos nas empresas militares, ás que axudaron tamén economicamente. A partir do s XV o seu número aumentou considerablemente por privilexio real, pero a súa importancia política minguou. Gozaban de certos privilexios. Estaban suxeitos só á xurisdición do rei, non estaban obrigados a seguir ao exército real fóra do territorio do seu domicilio, os seus bens non podían se alleados por débedas, e non podían ser encarcerados...
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Paderne baixo a advocación de santo André.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Compositor holandés. Mestre de capela da catedral de Cambrai (1484) e de Anveres, a súa música caracterizouse pola fantasía e a variedade. Realizou 26 misas, 32 motetes, varios himnos e cancións profanas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político mexicano. Pequeno terratenente, uniuse aos revolucionarios e foi presidente da república (1920-1924). Relanzou o proceso revolucionario e limitou a reforma agraria e respectou os intereses estadounidenses. Foi reelixido presidente da república, e ao cabo dunha semana morreu asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Naturalizado colombiano, formouse en Boston (1939-1940), en Barcelona e en diversas capitais europeas. Chegou a Colombia en 1946 e foi decano da Escuela de Bellas Artes de Bogotá e da de Barranquilla. Influído polo expresionismo abstracto, evolucionou cara a un decorativismo colorista. Da súa obra destaca Cóndores y Mojarras (1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á femia estéril das diversas especies de insectos sociais, como as abellas, as formigas e os térmites. As obreiras das abellas, que son as máis representativas, son femias desenvolvidas imperfectamente, e dos seus ovos só nacen machos (partenoxénese), posto que non teñen posibilidade de ser fecundadas. Son os individuos máis importantes da colonia despois da raíña, e levan a cabo toda a organización e os traballos da mesma, incluso o control da posta da raíña.
-
-
Réxime económico baseado no predominio do traballo obreiro como un elemento de produción e creador de riqueza.
-
Clase social constituída polo conxunto dos obreiros.
-
Doutrina social que propugna a mellora das condicións de vida dos obreiros.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao obreirismo.
-
Partidario do obreirismo.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos obreiros.
-
-
Que ou quen traballa nun oficio manual en calidade de asalariado.
-
obreiro cualificado
Obreiro que, despois de pasar un período de proba previsto ou regulamentario, executa unha tarefa para a que precisa un certificado de aptitude profesional semellante á que se require para o coñecemento dun oficio.
-
obreiro especializado/especialista
Obreiro que executa nun taller operacións que non requiren o coñecemento do oficio, pero si un período de prácticas e de adaptación.
-
-
Persoa que tiña ao seu cargo a administración ou a obra dunha parroquia, unha confraría ou outra institución relixiosa ou benéfica. Os obreiros de parroquia eran escollidos polas universidades e estaban presididos por un cóengo, ata que no s XVIII comezaron a ser nomeados polos bispos. Algúns concellos atribuíronse a continuidade das antigas universidades e seguiron nomeando obreiros ata o Concilio Vaticano II.
-
-
DINASTIAS
Dinastía serbia fundada en 1815 por Miloš I de Serbia. Expulsada do trono polos Karadjordjević (1842), ocupou de novo o poder (1858) ata o asasinato de Alexandre I de Serbia (1903). Ademais, foron membros destacados dela Miguel III de Serbia e Milan I de Serbia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de ocultar ou falsear a verdade para obter algunha cousa. OBS: O grupo consonántico br é heterosilábico e as dúas consoantes b-r pronúncianse separadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pretende conseguir ou se obtén por obrepción. OBS: O grupo consonántico br é heterosilábico e as dúas consoantes b-r pronúncianse separadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Ferrol a partir de xaneiro de 1928. Cesou en xullo de 1930. Subtitulouse “Revista mensual con censura eclesiástica, órgano del Círculo Católico de Obreros de Ferrol y de sus obras filiales”. De saída mensual, foi a sucesora do Boletín del Círculo Católico de Obreros de Ferrol. Os seus contidos centráronse na relixión e no mundo laboral. Dirixida por Antonio Porta Gárate (desde decembro de 1928), contou coas colaboracións de F. Gumersindo Placer, autor de recensións de teatro galego e artigos sobre folclore.
-
SEMANARIOS
Semanario publicado en Vigo a partir de 1928. De tendencia socialista, foi dirixido por Xosé Gómez Osorio. Funcionou como voceiro dos ferroviarios afiliados á UGT.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario publicado na Coruña a partir do 6 de maio de 1866. Cesou o 14 de xullo dese ano. Subtitulado “Periódico semanal de Literatura, Ciencias y Artes”, foi fundado e dirixido por Feliciano Salgado. Na súa redacción colaboraron Froilán de Salazar e Eduardo de Zalbidea. Incluíu contos, crónica local, divulgación científica ou poesía. O seu obxectivo era o de educar, instruír e moralizar as clases obreiras, publicando artigos doutrinais e literatura.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico republicano-federal, de periodicidade quincenal, editado en Vigo entre 1871 e 1872.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico quincenal, subtitulado “Defensor de los intereses de la clase obrera”, que foi impreso en Ferrol desde o 1 de maio de 1890 ata 1894. De carácter obreirista no seu comezo, achegouse de xeito notable ás teses dos correlixionarios de Pablo Iglesias a partir da creación do grupo socialista na cidade en febreiro de 1891. Posteriormente pasou a ser semanario, cunha tiraxe de 500 exemplares.