"Ondo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 187.
-
GALICIA
Profesor e escritor. Traballou como redactor curricular para a Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, Vía Láctea e Bahía Edicións. Foi un activo colaborador do colectivo De Amor e Desamor, co que entrou en contacto en 1984. Participou en antoloxías e libros de autoría colectiva como Alén (1977), con X. R. Pena e P. Salinas, De Amor e desamor 1 (1984), De Amor e desamor 2 (1985) e Homenaxe a González Garcés (1991). Como ensaísta publicou diversos traballos sobre autores galegos como Eduardo Pondal, Álvaro Cunqueiro, Manuel María (Edipo, 2003), Ramón Cabanillas e Antón Avilés de Taramancos, e os ensaios A mazá e a cinza. A poesía galega após 1976 (1991), estudo sobre a poesía galega contemporánea, e A escrita da terra (Premio Espiral Maior de Ensaio, 1998). Tamén participou na realización de guións para medios audiovisuais sobre Álvaro Cunqueiro (Don Cunqueiro ou O camiño da memória, 1991), Luís Pimentel e Eduardo Pondal, e escribiu o libro de poesías O whiskey na barrica (Premio Fiz Vergara...
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Oza dos Ríos baixo a advocación de santa Cruz.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Khêt de Camboxa (14.288 km2; 32.407 h [1998]). A capital é Senmonorum.
-
FILOSOFOS
Filósofo italiano. Amosou un interese especial pola filosofía grega antiga, o período moderno (Descartes, Hobbes, Condillac) e polo marxismo, do que destacou os aspectos máis dinámicos. Escribiu, entre outras obras, Saggi per la storia della morale utilitaria (1903-1904), Il pensiero antico (1928), L’infinito nel pensiero dell’antichità clásica (1956), Il pensiero politico nel Risorgimento ialiano (1959) e Da Ardigò a Gramsci (1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de Nosa Señora do Carme que dá nome ao concello de Mondoñedo, onde se atopa a capital municipal, no lugar homónimo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca da Mariña Central, situado ao N da provincia de Lugo, no NL da Comunidade Autónoma de Galicia, a 43° 25’ 50’’ de latitude N e a 7° 21’ 45’’ de lonxitude O, e a 70 km da capital provincial. Limita ao N cos concellos de Foz e Alfoz (comarca da Mariña Central), ao S cos da Pastoriza (comarca de Terra Chá) e Riotorto (comarca de Meira), ao L co de Lourenzá (comarca da Mariña Central) e ao O cos de Alfoz (comarca da Mariña Central) e Abadín (comarca de Terra Chá). Abrangue unha superficie de 142,7 km 2 , cunha poboación de 4.701 h (2007), distribuídos nas parroquias de Argomoso, O Carme, A Couboeira, Figueiras, Lindín, Masma, Mondoñedo, Oirán, Os Remedios, San Vicente de Trigás, Santa María Maior, Santiago de Mondoñedo, Sasdónigas, Vilamor e Viloalle. A súa capital é a vila de Mondoñedo, na parroquia homónima. Está adscrito á provincia de Lugo, á diocese de Mondoñedo-Ferrol e ao partido xudicial de Mondoñedo.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O concello... -
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Mondoñedo-Ferrol que abrangue parte dos concellos de Abadín e Mondoñedo. Está composto por 12 parroquias matrices e 5 anexos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva por armas un escudo medio partido e cortado: primeiro, de azul, cunha árbore da súa cor; segundo, de goles, cunha banda de prata; terceiro, de azul, con tres cunchas de vieira de ouro, mal ordenadas.
-
SEMANARIOS
Semanario publicado en Mondoñedo a partir de 1904. Cesou ao redor de 1917. Fundado polo deputado provincial César G. Seco Romero, estivo dirixido por Eduardo Lence-Santar. Incluíu algúns poemas en galego (seis de Noriega Varela) e textos literarios de Leiras Pulpeiro e Xosé Mª de la Fuente. A partir da década de 1940 puido ter unha segunda época, en que se incluíron poemas, panxoliñas e relatos populares en galego.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Bos Aires a partir de 1926. Subtitulada “Publicación oficial de la sociedad Mondoñedo y distritos”, funcionou como órgano da sociedade, cun certo carácter republicano. Incluíu textos literarios en galego da autoría de Leiras Pulpeiro e Trapero Pardo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín publicado en Mondoñedo a partir do primeiro trimestre de 1954. Cesou en 1955. Foi unha publicación informativa do “Centro de Enseñanza Media y Profesional de Mondoñedo” dirixida por Francisco Mayán Fernández, director do centro. Editada nos obradoiros tipográficos Celta, saíu trimestralmente e tivo unha distribución gratuíta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Mondoñedo a partir de febreiro de 1987. Saíu cada mes baixo o subtítulo “Publicación mensual, editada pola sociedade Amigos da cidade de Mondoñedo”. De carácter cultural, incluíu noticias literarias e información local, cunha sección fixa dedicada á poesía na que participaron López Dobao e Armando Requeixo. Demostrou un especial interese polos escritores da comarca (Noriega Varela, Miguel Lustres ou Marina Mayoral), así como pola obra de Cunqueiro.
-
ENTRADA LARGA
Catedral situada en Mondoñedo, baixo a advocación de Nosa Señora da Asunción. A diocese data do s VI pero o seu emprazamento actual non foi efectivo ata o primeiro terzo do s XII. As obras do templo iniciáronse en 1219 e a catedral foi consagrada en 1248 polo bispo Martiño. Nos ss XVI e XVIII leváronse a cabo reformas aínda que se mantivo parte da estrutura interna primitiva. Conxuga diferentes estilos arquitectónicos a pesar de que nun principio seguía os cánones románicos. Na súa orixe tiña planta basilical, que se converteu en rectangular de tres naves cunha única ábsida. A construción comezou pola cabeceira do templo, que se iniciou en estilo románico. Os piares desta etapa teñen sección cruciforme e o arco transversal no muro das naves menores repousa nunha semipilastra. Despois impúxose o estilo gótico oxival e os arcos foron apuntándose e as bóvedas pasaron a ser de cruzaría agás as da cabeceira, que se mantiveron de estilo románico. No s XVI realizouse a ampliación das fiestras...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción granítica situada en Mondoñedo. Mandouna construír o bispo Diego de Soto en 1548 e, concibida como un pequeno templo, cubriuse con bóveda de canón para exaltar os señores da cidade, o bispo e o Emperador Carlos V, que a patrocinaron. Ten unha parte interior e outra exterior. A exterior componse dun frontispicio de arco grande onde se amosan os escudos de Diego de Soto e do emperador, e unha escaleira de descenso. A interior componse dunha cámara abovedada con píos para recoller as augas. A fachada complétase cun pequeno corpo superior que enmarca un escudo, sobre o que se alzan unha vieira e tres pináculos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obradoiros tipográficos establecidos na diocese de Mondoñedo por encargo do bispo Guevara, probablemente a partir de 1543. Figurou entre as tres primeiras cidades galegas en posuír estas instalacións, xunto a Monterrei e Ourense. O seu impresor foi Agustín Paz. A primeira obra da que existen noticias foi a Descripción do reino de Galicia, obra do licenciado Francisco de Molina (1550), da que existe un exemplar na Biblioteca Nacional de Madrid. A última obra impresa nestes obradoiros puido ser Coloquios Satíricos, de Torquemada (1553).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñece ao pintor vinculado co estilo gótico hispanoflamengo que centrou os seus traballos en Mondoñedo. O seu estilo caracterizouse por cubrir grandes extensións de parede e distribuílas por medio de franxas en compartimentos, que decoraba cunha arte moi lineal e xeneralizadora nos rostros; ademais incluía epígrafes explicativas sobre a temática desenvolvida. Decorou con pinturas as paredes da nave central da catedral de Mondoñedo e pintou a segunda capa de pinturas da igrexa de San Martiño de Mondoñedo en Foz. Tamén traballou na capela de Santa Filomena do Cuadramón (Valadouro) e no santuario de Nosa Señora da Ponte de Ribadeo.
-
IGREXAS
Igrexa situada en Mondoñedo. Foi construída en estilo barroco entre 1733 e 1738, por orde do bispo A. Alexandre Sarmiento, e realizouse en cantaría granítica sobre unha antiga ermida. Ten planta de cruz latina cunha soa nave, cruceiro, capela maior e sancristía detrás. A fachada data de 1755 e presenta rosetón circular e un frontón curvo, flanqueado por dúas torres de dous corpos rematadas en cúpula. Conserva unha inscrición coa data de fundación no lintel da portada principal. No interior destaca o retablo maior barroco do s XVIII coa talla da Virxe dos Remedios, o arco sepulcral, onde descansan os restos do bispo Sarmiento, a bóveda de canón das naves, os brazos do cruceiro e a capela maior. Neste santuario celébrase a concorrida romaría dos Remedios.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Abadín, Alfoz, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, A Pastoriza, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada e O Valadouro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto monástico situado en Foz. A súa orixe non se coñece con exactitude pero si se sabe que foi refuxio de san Martiño de Dumio. Foi sé episcopal da diocese do N de Galicia ata a construción da catedral de Mondoñedo no s XII. Distínguense tres etapas construtivas no templo: iniciouse entre os ss V e VI en estilo prerrománico, do que quedan restos de muros, columnas e capiteis; no s XI comezou a influencia románica, que se observa na cabeceira de tres ábsidas semicirculares cubertas no exterior por arcos de medio punto; e xa no s XV, engadiuse unha torre no lado sur. A igrexa ten tres naves e a ábsida central leva contrafortes no exterior. No seu interior destacan as tallas dos capiteis historiados e os frontais do altar, ademais das pinturas murais. Na fachada presenta unha arquivolta semicircular e o lintel historiado. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1931.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Mondoñedo. Fundouno en 1585 o bispo Isidro Caja de Lara, e foi o primeiro seminario de Galicia. Impartíanse estudos de gramática e destinouse á formación de futuros sacerdotes. No s XVIII sufriu unha importante remodelación a nivel intelectual, iniciada polo bispo Xosé Francisco Losada Quiroga (1761-1779), que conseguiu a incorporación dos estudos de filosofía e teoloxía, e que acompañou coa construción dun novo edificio. A fachada presídea Santa Catarina, patroa dos novos e filósofos. En 1780 incorporouse á Universidade de Santiago de Compostela.