"PAL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 751.
-
PERSOEIRO
Escritora. Profesora de literatura española, é autora de Tras las huellas de Artonus (Premio Cáceres), La informante (Premio Ciudad de Toledo) e El sueño de Venecia (Premio Herralde de Novela 1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo palacio romano situado en Split (Croacia). Mandouno construír o Emperador Diocleciano e alí residiu dende a súa abdicación ata a súa morte. O conxunto, de planta trapezoidal, estaba rodeado por unha muralla, agás a fronte que dá ao mar, que tiña unha galería de columnas. Posuía tres portas de acceso: a porta de ferro, de ouro e de prata. As vías principais, que partían das portas, formaban unha T e dividían o palacio en tres sectores: os dous situados ao N dedicábanse a xardíns, dependencias e cuarteis, e o situado ao S iniciábase cun peristilo que daba acceso ao templo, ao mausoleo (convertido posteriormente en catedral) e á residencia. Xunto co núcleo histórico de Split foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1979.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que presenta dous sépalos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra dramática publicada por Ramón María del Valle-Inclán como folletín de El Sol en 1919 e, como libro, en 1920. Foi representada por primeira vez en 1933, pola compañía de Margarita Xirgu, baixo a dirección de Rivas Cherif e coa escenografía de Castelao. Representa a culminación da súa interpretación literaria do mundo rural galego, iniciada con Águila de Blasón (1907) e Romance de lobos (1908), e continuada con El embrujado (lida en 1913). Conta como a protagonista Mari-Gaila comeza a gañarse a vida exhibindo polas feiras un anano hidrocéfalo, Laureano, que recibira en herdanza -á morte da mendiga Juana la Reina, irmá do seu home-, o sancristán Pedro Gailo. A súa peripecia de feiranta remata cando o anano morre bébedo, mentres ela pasa a noite con Séptimo Miau, teatreiro engaiolante e descrido. A perda da fonte de diñeiro desencadea unha disputa entre a familia de Pedro Gailo e Marica del Reino, a outra irmá da defunta, que era tamén beneficiaria de Laureano. O clímax chega cando os...
-
PERSOEIRO
Pintor. Trasladouse en 1929 a París para atender os negocios familiares, onde se dedicou á pintura e coñeceu os surrealistas. A súa obra recibiu a influencia de Picasso, De Chirico e Dalí. En 1934 incorporouse ao grupo surrealista, ao que pertenceu ata que Breton o expulsou en 1945. Realizou a súa primeira exposición en 1933 no Círculo de Bellas Artes de Santa Cruz de Tenerife. Atribúeselle a invención da técnica da décalcomanie, calcomanía realizada sen obxecto ao manchar de gouache ao papel e dobralo para, coa presión das mans, acadar unha realidade de carácter onírico, relacionada co automatismo psíquico dos surrealistas. Entre as súas obras destacan Paisajes Cósmicos (1929), Cuevas de guanches (1935), Composition au taureau (Composición dun touro, 1934-1935) e La chambre transparente (O cuarto transparente, 1939). Publicou o libro de poemas Les deux qui se croisent (Os dous que se miran, 1947), e ilustrou, entre outros, Poésie...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe asturiana que se asentou en Galicia. As súas armas levan, en campo de azul, unha espada de prata, gornecida de ouro, coa punta cara a arriba, pasando por un lunel, composto de catro medias lúas, de goles, e bordeado de cinco flores de lis, de ouro, unha no xefe, e dúas no pau a cada flanco; bordo de sinople, con oito aspas de ouro. Presenta tamén a variante Doñapalla.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Donapalla.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Palacio situado en Venecia que foi residencia dos dux. A súa orixe remóntase ao s IX, aínda que foi reconstruído en numerosas ocasións. No s XIV adoptou o seu aspecto definitivo, ao edificarse a fronte que dá ao peirao, co balcón gótico, obra de Pier Paolo e Iacobello dalle Masegne en 1404, e a esquina do edificio de seis arcadas que mira á praza. A fronte do edificio que comunica coa basílica de San Marcos construíuse entre 1424 e 1457. Está formado por tres pisos: un pórtico baixo, unha loxa de arcos entrecruzados e un piso superior en que destacan as ventás oxivais. A decoración é obra de Matteo Raverti, Niccolo e Pietro Lamberti e Nanni di Bartolo. No punto de unión entre a praza e a basílica, Giovanni e Bartolomeo Bon realizaron a Porta della Carta (1438-1442) que dá acceso ao patio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Palacio situado nun outeiro en Urbino que naceu como unha ampliación da residencia de Federico de Montefeltro. Luciano Laurana proxectouno en 1468 e distribuíuno ao redor dun patio de grandes dimensións, porticado na súa planta inferior. O edificio esténdese cara ao núcleo urbano; coa antiga residencia crea un novo patio, o do Pasquino, mentres que en dirección á catedral a fachada principal xira en ángulo. O resto das dependencias sitúanse cara ao val e unen a parte traseira do palacio cunha segunda fachada flanqueada por dúas torres cilíndricas. No interior destaca a decoración renacentista.
-
-
Relativo ou pertencente ás ectocarpais.
-
Alga da orde das ectocarpais.
-
Orde de algas, da clase das feófitas, caracterizadas por conservar modelos estruturais antigos, co talo pouco especializado e formado por filamentos uniseriados ramificados, de crecemento difuso, que constitúe un penacho filamentoso ou cotras postradas que non superan os 25 cm de lonxitude. O ciclo vital alterna xeracións isomórficas, aínda que nalgúns casos existen lixeiras variacións, entre ambas as xeracións, en canto ao tamaño. Os xéneros máis comúns son: Ectocarpus, Giffordia, Pilayella e Ralfsia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Palacio que construíu Claude Mollet en París en 1718 para o conde de Evreux. Pertenceu aos monarcas franceses e a Napoleón Bonaparte, quen asinou alí a súa abdicación de 1815. A Segunda República determinou en 1848 que fose o lugar de residencia do presidente francés, aínda que non o foi ata 1873.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trío de rock británico formado polo teclista Keith Emerson, o baixista Greg Lake e o batería Carl Palmer. Debutaron en 1970 no festival de Wight. Abandeirados do chamado rock sinfónico, distinguíronse por unha posta en escena espectacular. O grupo autodisolveuse en 1980.
-
-
Acción de empalar.
-
Suplicio que se lles aplica dende a Antigüidade como escarmento público aos condenados a morte. Consistía en espetarlles un pau que entraba polo ano e saía polo lombo, sen chegar a afectar ningún órgano vital.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espetar un pau afiado atravesando o corpo dunha persoa ou dun animal.
-
-
Mestura de herba e palla mollada que se lle dá ao gando.
-
Conxunto de palla sobre a que se dorme de forma improvisada.
-
-
-
Encher ou cubrir con palla.
-
Facer ou recoller a herba ou a palla no palleiro.
-
Axustar entalando as rodas do carro ao eixe cando afrouxan.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer ou recoller a herba ou a palla no palleiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poñer a palleta a un instrumento musical.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen em-palma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato empregado para enganchar fragmentos de películas. Efectúa as operacións de riscar o celuloide e encolar e prensar os extremos que se van empalmar.