"PS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 561.

  • Xénero de plantas da familia das arecáceas ao que pertence a palmeira anana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de réptiles da orde dos coristoderios. Presenta un corpo longo e estreito de ata 1,5 m de lonxitude, con patas curtas, cola longa e longas mandíbulas con numerosísimos dentes finos e de pequeno tamaño. Foi unha especie acuática e piscívora que habitou nos ríos e lagoas das actuais Europa e Norteamérica dende finais do Cretáceo ata principios do Terciario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aquenio formado por máis dun carpelo procedente dun ovario ínfero.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cipsélidos.

    2. Ave da familia dos cipsélidos.

    3. Antiga familia de aves que engloba animais que, por converxencia evolutiva, ao alimentarse de insectos durante o voo, presentan o peteiro curto e ancho, ás estreitas e longas, e patas reducidas. Pertencen ás familias dos apódidos e dos caprimúlxidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso celular de transporte activo de vacúolos líquidos a través da célula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico, poeta e político. En 1845 fundou a agrupación coral La Aurora, transformada en 1850 en La Fraternidad, sociedade de auxilios mutuos e primeira coral peninsular, composta por 40 homes. En 1857 cambiou o nome polo de Euterpe. Fundou e dirixiu a revista musical El Eco de Euterpe (1859) e El Metrónomo (1863). Organizou numerosos actos musicais e festivais corais, e foi autor de zarzuelas, cantatas e cancións populares. Como literato publicou, entre outras obras: Flores de estío (1858), La Revolución (1868) e La Marsellesa (1871).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos pirenomicetos, parasitos de flores, sobre todo das poáceas, nas que determina unha castración parasitaria, ao tempo que o fungo produce conidios que os insectos dispersan. Son ricos en alcaloides (ergotamina, ergobasina) polo que se empregan en medicina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento para medir o tempo, baseado nos diferentes niveis acadados pola auga contida nun recipiente ao pasar a outro a través dun pequeno furado. A lectura da hora faise nunha escala horaria uniforme que se fixa ao recipiente receptor. Este instrumento empregárono a partir do 1400 a C os exipcios, os babilonios e os chineses. Logo pasou a Grecia, ao Imperio Romano e a todo Occidente, onde se usou con algunhas modificacións ata o s XIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poemario publicado por Camilo Pessanha en 1920. A primeira edición constaba de 28 poemas, dos que 15 eran sonetos. Trala súa morte, João de Castro Osório realizou unha segunda edición en 1945 que ampliaba o número de textos a 38, e unha terceira en 1969, que incluía 45, e que alteraba a orde fixada polas publicacións anteriores. Trátase da obra máis importante do simbolismo portugués e ten como referentes inmediatos a temática e a teoría das correspondencias de Baudelaire, as imaxes e os símbolos de Mallarmé e Rimbaud, e a concepción musical do verso de Verlaine. A organización da primeira versión suxire unha unidade profunda de inspiración: a consciencia da inutilidade da vida. O desexo de desaparecer e de autoaniquilarse que expresa no primeiro poema, titulado “Inscripção”, confírmase e profundízase no último “Adormecei. Não suspireis. Não respireis”. Na obra, influída polo pesimismo de Schopenhauer, o eu lírico caracterízase pola súa indolencia, malia a dor implícita e desencantada,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Producir un colapso a alguén ou a algo. Ex: A insuficiencia circulatoria aguda colapsoulle o corazón. A manifestación dos traballadores colapsou a rúa principal.

    2. Diminuír intensamente algunha actividade. Ex: O mal tempo colapsou a visita de turistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Retracción anormal das paredes dun órgano baleiro, como o corazón, os vasos sanguíneos ou os pulmóns, co conseguinte efecto nas súas funcións.

      2. Perda do ton das paredes dos vasos sanguíneos pequenos (arteriolas e vénulas) no curso dunha insuficiencia circulatoria aguda, que se manifesta con hipotensión, diminución do fluxo de sangue circulante e con trastornos cerebrais e da consciencia ocasionados por anoxia cerebral. Representa un estadio inicial de choque.

      3. colapso pulmonar

        Retracción total ou parcial do pulmón.

      1. Paralización transitoria dunha actividade calquera. Ex: O comercio exterior do país sufriu un colapso e reducíronse as vendas. A cidade sufre un colapso circulatorio que fai imposible moverse en coche.

      2. Destrución dalgunha cousa, como un sistema ou organización. Ex: O golpe de estado produciu o colapso do sistema anterior.

    1. Contracción da materia dun obxecto celeste, e o correspondente aumento da súa densidade, que se produce cando a atracción gravitacional de toda a masa cara ao centro supera todas as outras forzas presentes. Un colapso deste tipo pódese producir nunha nube de materia interestelar, co que constitúe a primeira etapa da xénese dunha estrela; neste caso, o colapso realízase dunha maneira relativamente lenta e detense cando a presión cara a fóra aumenta, a medida que o gas interestelar se quenta ao comprimirse e iguala a forza da gravitación cara ao centro da nube. Outro colapso moito máis brusco é o que se produce durante a explosión dunha supernova; xa que logo, as rexións centrais dunha estrela afúndense en poucas horas e dan lugar a un corpo superdenso, unha estrela de neutróns na que a forza da gravidade se ve compensada por unha presión de orixe mecánico-cuántica. Finalmente, cando a masa que se condensa é tan grande que non hai ningunha forza que poida superar a atracción cara ao centro,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación política nacida en 1977 no seo do Partido Socialista Galego (PSG). Os seus integrantes, entre os que figuraban Xosé Luís Rodríguez Pardo, Ceferino Díaz e Fernando González Laxe, postulaban un achegamento entre os socialistas galegos e españois para, deste xeito, acadar a unidade da esquerda en Galicia. Como consecuencia desa proposta, foron expulsados do PSG e moitos deles ingresaron no PSOE galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo e antropólogo físico e indixenista. Foi inspector de primeiro ensino de Lugo (1928-1932) e entre 1928 e 1930 trasladouse a Xenebra para ampliar estudios na Escola Universitaria de Ciencias da Educación (antes Instituto J. J. Rousseau). Alí asistiu a cursos e realizou traballos de pedagoxía e psicoloxía experimental, didáctica pedagóxica, organización escolar, etc, baixo a dirección de, entre outros, Bovet, Piaget, Claparède, Dottrens, Dubois e M. Pitard. Produto destas experiencias foi o amplo labor desenvolvido no campo do primeiro ensino durante a Segunda República. Ao longo da súa estadía en Lugo e Xenebra colaborou en Vida Escolar, onde publicou varios artigos nos que recollía as súas investigacións sobre escolas novas, a reforma escolar austríaca, a educación para a paz, as granxas escolares e outros temas. En 1938 exerceu como secretario xeral do ministerio de Instrución da República. Trala Guerra Civil española exiliouse a México, onde se especializou en antropoloxía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de dinosauros da familia dos compsognátidos. De ata 60 cm de lonxitude e con menos de 4 kg de peso, presenta o pescozo e a cola longos, as patas dianteiras moi curtas, con dous dedos, e as patas traseiras longas, rematadas en tres dedos con garras e cun cuarto dedo reducido e orientado cara a atrás. Eran cazadores veloces de finais do Xurásico, dos que se conservan restos fósiles en xacementos de Alemaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos compsognátidos.

    2. Dinosauro da familia dos compsognátidos.

    3. Familia de dinosauros da infraorde dos celurosauros ao que pertence o xénero Compsognathus.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás coniferópsidas.

    2. Árbore da clase das coniferópsidas.

    3. Clase da división das pinófitas que abrangue as ordes das coniferais, cordaitais, taxais e voltziais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos con cogomelos en forma de maza, de ata 8 cm de alto. A parte superior máis ancha é de cor laranxa, e nela están presentes os ascos protexidos dentro dun receptáculo. En Galicia aparecen as especies C. capitata, parasita de cogomelos hipoxeos, e C. militaris, que frutifica sobre as crisálidas subterráneas de bolboretas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbas da familia das asteráceas, de follas pinnatisectas e capítulos heterógamos. Orixinarias de América do Norte, cultívanse como plantas ornamentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adaptación dun animal ao seu medio habitual pola que se fai dificilmente visible, xa que adopta a coloración ou copia as estruturas que alí existen ou mesmo adquire pautas de comportamento que permiten que pase inadvertido. A adaptación da cor á tonalidade que predomina no medio é un mecanismo de cripse de uso xeral. Non obstante , existen estruturas crípticas máis especializadas, propias de especies concretas, como o insecto pau que modificou a súa estrutura externa de tal xeito que adopta a aparencia das pólas sobre as que vive. Polo xeral, os mecanismos de cripse empréganse como camuflaxe e defensa, pero tamén poden usarse polo depredador para pasar desapercibido e poder atacar a víctima sen ser visto.

    VER O DETALLE DO TERMO