"rei" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1485.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situada en Santa María de Cospeito (Cospeito), foi derrubada polo mariscal Álvaro González de Ribadeneira; tan só se conservan restos do foso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Está situado en Santa María de Cospeito (Cospeito). Trátase dunha edificación do s XVIII de dúas plantas cun saínte posterior na zona da vivenda. Conserva a capela, e os muros son de cachotería e de cantería nos vans.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situada en San Martiño da Torre (Páramo). Foi derrubada no ano 1865. Tratábase dunha edificación de planta rectangular con tres alturas. Tan só se manteñen en pé parte dos muros e dos cimentos. Actualmente se conserva un casarío que leva o seu nome. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1994.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situada en Santiago de Gaioso (Outeiro de Rei). Actualmente é unha casa de labranza pero conserva na fachada brasóns do s XVIII dos Castro e dos Vaamonde.
-
MONTES
Monte da vertente occidental da serra dos Ancares, na parroquia de Cereixedo, no concello de Cervantes. O seu cumio ten unha altitude de 1.621 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte da parroquia de Olveira, concello de Dumbría. O seu cumio atópase a 535 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia da beira meridional da ría de Vigo, no litoral da parroquia de Oia (concello de Vigo), situada ao S do cabo Estai, entre as puntas do Apio, ao N, e de Novio ao S.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Lugar de onde se extrae barro.
-
Lugar no que abunda o barro.
-
Persoa que traballa co barro ou que o prepara para utilizar como argamasa.
-
-
MONTES
Monte da serra do Courel, na parroquia de Noceda (concello de Folgoso do Courel). O seu cumio ten unha altitude de 1.148 m. Os seus recursos mineiros foron obxecto de explotación polos romanos, quedando os vestixios das antiguas minas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de san Cibrao.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do distrito de Setúbal, Portugal, preto do esteiro do Tejo (50.745 h [1981]). É un núcleo industrial onde sobresaen as industrias químicas, alimentarias, mecánicas e téxtiles.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Apelido de orixe toponímica. Trátase dun derivado de barro
-
Liñaxe procedente de Portugal que se estableceu en Valga e Navia de Suarna, de onde algúns pasaron a Guayaquil (Ecuador). Os Barreiro de Galicia trasladáronse ao Nuevo Reino de Granada e ao Ecuador. As armas desta caste levan escudo partido: primeira partición, en campo de ouro, cunha banda de sable, acompañada de dúas veneras de azul, unha arriba e outra abaixo; segunda partición, en campo de goles, cun castelo de prata e, enriba de cada torre, unha estrela de ouro. Algunha variante trae, en campo de prata, tres faixas de goles. Outra variante ostenta, escudo cortado: no baixo estas armas e, no alto, unha aguia adestrada e pousada en campo de prata. Algúns levan escudo partido: primeira partición, de goles, cunha banda de ouro acompañada de dúas veneras de prata; segunda partición, de prata, cunha torre da súa cor superada cada unha das súas tres torres por unha estrela de azul cun guerreiro armado e empuñando unha espada na súa destra, diante da porta do castelo. Outros traen...
-
-
PERSOEIRO
Escultor e ceramista, coñecido co pseudónimo de Paparolo. Licenciado en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Expuxo tanto en galerías privadas como públicas; así mesmo, ten obras para diversos edificios públicos. Entre as súas exposicións destacan: Trinta artistas en Trinta (Santiago de Compostela, 1986), Tendencias (Santiago de Compostela, 1987), 10 Visións da Arte Compostelá (Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela, 1992) e Esculturas (Santiago de Compostela, 2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Catedrático da facultade de Filosofía da Universidade de Santiago. É doutor en Filosofía pola Universidade Santo Tomás de Roma e Complutense de Madrid. Exerceu como decano da facultade de Filosofía e Ciencias da Educación entre os anos 1986 e 1995. Foi secretario e codirector da revista Agora. É presidente da área de Pensamento Filosófico do Seminario de Estudos Galegos, director de varias coleccións editoriais e colabora coa Universidade do Minho (Braga) na edición dunha monografía titulada Pensar en Europa. Entre as súas obras destacan: El ser nocional y su despliegue en Amor Ruibal (1969), Mundo, hombre y conocimiento en Amor Ruibal (1978), O Pensamento Galego na Historia. Aproximación crítica (1990-1992), Indalecio Armesto, hegeliano e romántico (1990-1992), O ensaio filosófico en Galicia (1995), Martín Sarmiento, na insuficiencia da Ilustración (1995), Fundamentación metafísica del conocimiento en Amor Ruibal...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador e poeta. Desempeñou os oficios de xornalista e arquiveiro. Militante do Partido Republicano, foi secretario do Comité Revolucionario de Santiago de Compostela. Fundou e dirixiu o xornal La Revolución e a revista Galicia Diplomática. Pola súa actividade política, exiliouse dúas veces na Arxentina. Colaborou en distintas publicacións (El Heraldo Gallego, Gaceta de Galicia, Revista Compostelana e Diario de Santiago). Como historiador publicou, entre outras obras, Efemérides de Galicia (1877), Testimonio de la capitalidad de Galicia (1882) e Guía histórica, arqueológica y militar de la antigua capital de Galicia, Santiago (1885). En canto ao eido literario, os seus primeiros traballos apareceron en La Estrella Compostelana e La Aurora de Galicia. É autor do poema en galego “O desterro (Camiño de Portugal)” (1879).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Catedrático de Historia Contemporánea de Galicia da Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Dereito Canónico pola Universidade Gregoriana de Roma. Ademais, realizou estudos de Economía, Teoloxía e Filosofía e Letras. Centrou a súa investigación na historia contemporánea de Galicia, tanto dende unha perspectiva económica como política e xurídica, aínda que se especializou nestes últimos eidos. Ao longo da súa traxectoria profesional, estudou o enfrontamento entre os liberais e os absolutistas no primeiro terzo do s XIX, o levantamento progresista de 1846, as ideas ilustradas e a súa influencia na construción do galeguismo e no reformismo universitario, a política relixiosa no s XIX e diferentes movementos políticos como o galeguismo e o federalismo. É autor de numerosas historias de Galicia: Galaxia (1979), Gamma (1982-1984) e...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesora de ensino primario e actriz. Iniciou a súa traxectoria no taller de interpretación creado pola Escola Dramática Galega en Vigo, baixo a dirección de João Guisan, para logo participar na posta en marcha do obraboiro que promoveron en Cangas o grupo Mua e a Escola Dramática Galega e no seu primeiro e único espectáculo E vostede, como se chama?, estreado en 1985. Posteriormente, participou na creación de Teatro de Ningures, grupo co que realizou os espectáculos Zeussión Continua (1986), María Soliña (1988), Crónica de Pantagruel (1992), O polbo (1993), Macbett (1994), Tic-tac (1995) ou Terra de Lobos (1996). Co Centro Dramático Galego traballou nos espectáculos Como en Irlanda (1996), Lisístrata, ou de cando as mulleres reviraron (1997), O peregrino errante que cansou ao demo (1997), O Bufón de El Rei (1997) ou Antígona (1998). Participou tamén en espectáculos de grupos...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e economista. Profesor de Historia Económica na Universidade de Santiago de Compostela. Foi senador pola Coruña do Partido Socialista Obrero Español (PSOE) na segunda (1982-1986) e terceira lexislatura (1986-1989), na que foi membro da Comisión Permanente do Senado, Asuntos Exteriores e Presupostos. Publicou Población, propiedad de la tierra y formación del mercado agrario en Galicia 1900-1930 (1983), Prosperidade e atraso en Galicia durante o primeiro terzo do século XX (1990) e As raiceiras históricas do cooperativismo agrario en Galicia (2013). Así mesmo, realizou un estudo sobre o labor de Cruz Gallástegui e sentou as bases para unha bibliografía sobre a cuestión foral galega. Foi decano da Facultade das Ciencias Económicas e Empresariais da USC entre o 2003 e o 2007, impartindo docencia na área de Historia e Institucións...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Publicou as obras Poema de amor y de inquietud (1921), Rosas negras. Otros poemas (1927), Voces interiores. Otros poemas (1927) e Rimas descriptivas. Lugo, aspectos y semblanzas (1928). Tamén é autor da zarzuela en tres actos Amor na cume, representada no teatro Tamberlick de Vigo no ano 1928.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Realizou estudos de Artes Plásticas en Madrid e en París sobre a Escola Francesa. Comezou a súa actividade en Pontevedra e en 1963 trasladouse a París, onde reinterpretou o Fauvismo, realizando unha pintura instalada nunha figuración elíptica e expresionista pero na que se resumen as atmosferas e os conceptos da antropoloxía galega. En 1965 instalouse en Vigo e coñeceu a Laxeiro e Urbano Lugrís. Con Lugrís, con quen compartiu casa e estudo durante catro anos, iniciou a técnica do pirogravado. En 1969 trasladouse a Bos Aires convidado por Laxeiro para realizar exposicións e coñecer o ambiente artístico e cultural da cidade arxentina. A estadía prevista para uns meses durou tres anos. Neste tempo púxose en contacto con numerosos artistas como López Claro, Betinelli ou Quintela Martín, coñeceu a Luís Seoane e realizou exposicións en Arxentina,...
VER O DETALLE DO TERMO