"AP" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2743.
-
-
Extremo máis groso dun vimbio que se retorce na parte máis delgada deste co fin de apertar e atar algo máis fortemente.
-
Gancho ou aro de madeira colocado nunha punta dunha corda por onde se mete o outro extremo para que sexa máis doada a operación de atado dun feixe ou similar.
-
Calquera vergallo que a xeito de corda serve para atar, especialmente os feixes de herba, palla ou leña, ou para rodrigar a viña.
-
Cada unha das pezas ou pugas do caínzo que serven para achairar a terra.
-
Cabo dobre que se emprega na rede do xeito.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Contribución persoal imposta sen ter en conta a posición económica do contribuínte e que, deste xeito, podía afectar mesmo aos que non tiñan bens nin negocios. Existía xa en Roma cos nomes de tributum in capita, capitatio ou pro capitibus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos órganos rematados nunha dilatación redondeada en forma de cabeza.
-
-
Relativo ou pertencente á cabeza.
-
-
Que é o principal, a parte máis importante dunha cousa.
-
Aplícase a cada un dos sete pecados principais que se consideran fonte de todos os demais.
-
Poboación que é sede dos órganos supremos de goberno dun estado e que figura como símbolo da súa vontade centralizadora. Na capital dáse a acumulación de funcións políticas, diplomáticas, administrativas e de servicios diversos, o que favorece unha gran concentración de habitantes e de riqueza. A determinación da capital corresponde aos poderes políticos e provoca en ocasións rivalidades entre diversas cidades. A aparición da capital está ligada historicamente á creación do estado moderno e das cidades, especialmente en estados federais como Brasil, con capital na cidade de Brasília. Nalgúns países solventaron este problema diversificando as actividades da capital entre dúas cidades como no caso de Bolivia, que ten a súa capital administrativa establecida en La Paz e a súa capital xudicial en Sucre. Acontece o mesmo nalgunhas comunidades autónomas como a Región de Murcia, con capital gobernamental en Murcia e lexislativa en Cartagena.
-
Cidade ou vila principal dunha rexión xeográfica ou dunha circunscrición administrativa.
-
Centro ou área dunha actividade cultural, económica, relixiosa, etc.
-
-
-
Aplícase á letra de tamaño moi grande e, ás veces, decorada artisticamente, coa que adoito comeza un capítulo.
-
escritura capital
Tipo de escritura latina clásica usada normalmente desde o s I a C ao s V d C, da que derivan as demais escrituras latinas a través de sucesivas transformacións. A capital cadrada reservouse para as inscricións e a capital libraria para a copia máis ou menos solemne de códices e de actos públicos. Dentro da libraria, as denominacións de capital rústica e de capital elegante son ambiguas, a rústica é a miúdo máis distinguida e máis espontánea ca a elegante ou cadrada, moi artificiosa e reservada para códices luxosos escritos a partir do s VI. A capital cadrada das inscricións romanas perdurou, con poucas modificacións, na escritura maiúscula moderna tradicional. Ao transformarse en cursiva, a capital rústica orixinou tipos intermedios que se diferenciaron en tradicións diversas: a escritura semiuncial, a uncial e a cursiva antiga, esta última reservada para a chancelería imperial...
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Das Kapital.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade do que é capital, especialmente referido a unha poboación.
-
-
-
Sistema ou modo de produción caracterizado pola técnica avanzada debida á xeneralización das máquinas, á propiedade privada dos medios de produción e á procura do máximo beneficio (motor do sistema). A técnica avanzada esixe utilizar medios de produción de custo elevado, polo que a propiedade privada destes medios significa propiedade dalgúns e non propiedade do resto da poboación, que se ve forzada a vender aos primeiros a súa forza de traballo. Entre os trazos fundamentais que conforman este sistema cómpre citar: o carácter xuridicamente libre da man de obra, o control do capital da empresa por parte dos propietarios e, xa que logo, do destino dos produtos, e a orientación das decisións económicas polo mercado. Alá onde houbo un comercio dunha certa envergadura, desenvolvéronse capitais conectados coa compravenda e co préstamo, e por iso téndese a falar dunha primeira etapa chamada capitalismo comercial. O comercio a longa distancia, acompañado do incremento da produción de manufacturas...
-
capitalismo de Estado
Expresión cuñada por Lenin para designar a fase intermedia de acceso ao socialismo. Nesta etapa o estado proletario apropiaríase dos medios de produción previa á súa desaparición definitiva.
-
capitalismo do benestar
Economías mixtas, establecidas en Europa occidental trala Segunda Guerra Mundial, nas que o Estado se comprometía a compaxinar o capitalismo de libre empresa cun amplo sistema de servicios e garantías sociais.
-
capitalismo popular
Conxunto de medidas, típicas dun estado avanzado do desenvolvemento capitalista, que teñen como finalidade a eliminación da loita de clases e a integración do proletariado no sistema. As máis frecuentes son o accionariado obreiro, a coxestión, a xeneralización dos seguros sociais, os convenios colectivos, etc, medidas que a miúdo van acompañadas dun control do dereito de folga.
-
-
Conxunto de poder e influencia dos capitalistas.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao capital ou ao capitalismo.
-
-
Aplícase á persoa que ten capital, especialmente a que mantén co seu capital a propiedade dun negocio ou que participa nel.
-
Titular da propiedade de bens de produción nun sistema capitalista.
-
-
Persoa rica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que pode ser capitalizado.
-
-
-
Acción e efecto de capitalizar.
-
capitalización de xuros
Acumulación dos xuros vencidos ao capital que os produciu para que esta suma sexa o novo capital produtor de intereses. É moi semellante ao anatocismo.
-
-
-
Proceso polo que o capital dunha empresa aumenta o seu valor por razóns diversas. Este aumento pode estar motivado polas variacións das cotizacións das súas accións na bolsa, pola revalorización da moeda, pola infravaloración do capital fixo ou pola determinación dunhas cotas de amortización superior ás reais.
-
capitalización bolsista
Avaliación empresarial dunha sociedade, segundo a súa cotización en bolsa, multiplicada polo número de accións emitidas. Permite ver se as accións son subavaliadas ou sobreavaliadas, e tamén expresa a eficacia do mercado de valores.
-
-
Forma de previsión que ten como obxecto a constitución dun capital e a súa entrega ao beneficiario nunha data previamente establecida. A constitución do capital mencionado efectúase coas cotas ou primas achegadas polos subscritores, incrementadas cos intereses legalmente establecidos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
de capitalizar.
-
-
-
Converter un valor en capital.
-
Computar o capital que representa unha renda determinada.
-
capitalizar o n por cento
Por cada n (cinco, dez, etc) pesetas ou de calquera outra unidade monetaria de renda, dar cen dunha vez.
-
-
Agregarlle a un capital os intereses que produciu.
-
Tirar proveito dun feito, especialmente en política.
-
-
-
-
Oficial do exército de terra, de grao superior ao de tenente e inferior ao de comandante, a quen regulamentariamente corresponde o mando dunha compañía, dun escuadrón ou dunha batería. Antigamente, o capitán era simplemente o que mandaba unha maior ou menor cantidade de tropa (ou xente armada). Este grao foi establecido en Francia no s XIV e en Castela durante o reinado de Isabel I, coa organización da milicia. Coa creación do terzo no s XVI, o capitán creou, mandou e administrou unha compañía nomeando os cargos subalternos. Cando foi substituído o terzo polo rexemento (1702), o capitán ocupou o lugar entre o maior e o primeiro tenente; a lei de 1878 colocouno entre o comandante o o alférez, e a lei de 1889 entre o comandante o o primeiro tenente. A divisa actual dos capitáns está constituída por tres estrelas de seis puntas que forman un triángulo, colocadas na gorra e sobre o puño da casaca.
-
capitán xeneral
En España, grao supremo da xerarquía militar, equivalente ao mariscal francés ou ao mariscal de campo alemán. O título aparece co mandato dos Reis Católicos. A mediados do s XVI comezaron a designarse con este nome os graos superiores da xerarquía militar do exército real dos Austrias. Posuía sobre o territorio e o exército a autoridade superior en tempo de guerra e ocupaba o cargo mentres se desenvolvía a campaña. Nas zonas fronteirizas, onde o estado de guerra era permanente, o cargo adquiriu xurisdición territorial. Na actualidade, o capitán xeneral, ademais da xurisdición territorial, ten mando sobre as forzas que constitúen os respectivos corpos do exército. A persoa que teña o título de capitán á fronte dunha rexión militar só goza deste tratamento mentres desempeñe o cargo. En Galicia, o primeiro capitán xeneral e gobernador foi Fernando de Acuña, nomeado no 1480 polos Reis Católicos co fin de reprimir calquera manifestación descentralizadora. Os seus poderes eran amplos, podían...
-
-
-
Grao de oficial da mariña de guerra superior ao de tenente de navío e inferior ao de vicealmirante.
-
capitán de corveta
Nalgunhas mariñas de guerra europeas, oficial que posúe o grao do corpo xeral da armada, superior ao de tenente de navío e inferior ao de capitán de fragata e equivalente ao grao de comandante do exército de terra.
-
capitán de fragata
Nalgunhas mariñas de guerra europeas, oficial que posúe o grao do corpo xeral da armada, superior ao de capitán de corveta e inferior ao de capitán de navío e equivalente ao grao de tenente coronel do exército de terra.
-
capitán de navío
Nas mariñas de guerra europeas, oficial que posúe o grao do corpo xeral da armada, superior ao de capitán de fragata e inferior ao de contraalmirante e equivalente ao cargo de coronel do exército.
-
capitán de porto
Oficial da armada que posúe o cargo anexo ao de comandante ou axudante de mariña. As súas atribucións son a regulación da navegación dun porto e a conservación das instalacións naúticas.
-
capitán xeneral da armada
Xefe superior das forzas navais dun estado, que nos países anglosaxóns recibe o nome de almirante de flota. En España o cargo, creado en 1793, ostentaba a dirección orgánica e técnica da armada, pero non a capacidade operativa, que era do rei. Suprimido en 1869, foi reinstaurado por Afonso XII en 1912 e suprimido novamente en 1932. Despois de 1939 foi novamente reinstaurado e detido polo xeneral Franco. Coa restauración democrática, a mariña organizouse en cinco capitanías xenerais (Mediterránea, Canarias, Estreito, Cantábrica e Central), cada unha delas encabezada por un capitán xeneral con graduación de almirante.
-
-
...
-
-
PUNTA
Punta do S da enseada de Rianxo, na beira setentrional da ría de Arousa, no litoral da parroquia de Abanqueiro, concello de Boiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parte setentrional da rexión da Pulla, Italia, que corresponde aproximadamente á actual provincia de Foggia.
-
-
-
Mandar ou dirixir como capitán unha tropa.
-
Mandar ou guiar un grupo de persoas, unha sublevación ou unha acción semellante.
-
-
Actuar como capitán.
-
-
-
Cargo, dignidade ou autoridade de capitán.
-
Edificio onde radican as oficinas dun capitán ou dun capitán xeneral.
-
Territorio sobre o que se estendía a xurisdición dun capitán. Na Idade Media as capitanías foron establecidas como xurisdición de guerra, con ocasión de operacións bélicas e con carácter extraordinario.
-
Dereito que o capitán dun porto cobraba de todos os barcos que fondeaban alí.
-
-
Cargo de capitán xeneral.
-
Demarcación territorial sobre a que exerce xurisdición un capitán xeneral. En España, a división realizouse a comezos do s XVIII quedando como cabezas das capitanías Andalucía, Aragón, Catalunya, Castela, Extremadura, Galicia, Gipuzkoa, Navarra, València, Costa de Granada, Canarias e Mallorca. Desde 1835 ata 1984 as capitanías xenerais (chamadas tamén rexións militares) foron nove. As capitais de cada rexión son: Madrid, Sevilla, València, Barcelona, Zaragoza, Burgos, Valladolid, A Coruña e Granada, ás que se engaden Palma de Mallorca e Santa Cruz de Tenerife. A correspondente a Galicia, da que dependen as catro provincias da Comunidade, estivo en dúas ocasións suxeita a desaparición: en 1893, cando a forte oposición mostrada pola Asociación Regionalista Gallega levou ao goberno a retirar a proposta, e en 1984 con motivo da redución das capitanías xenerais a catro (A Coruña, Barcelona, Sevilla e Madrid) e os mandos das Illes Balears e das Canarias, como consecuencia da adecuación...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edificio neoclásico construído por Juan Vergel en 1748. Foi concibido como vivenda do capitán xeneral e sede da Audiencia. A súa planta é cadrada e está organizado ao redor dun patio central. Ten planta baixa e dúas alturas. A fachada amosa a horizontalidade coa que foi concibido o edificio. O corpo central remata nun tímpano semicircular no que se atopa un reloxo e o escudo real.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elemento arquitectónico que coroa xeralmente a parte superior dunha columna. Está composto polo astrágalo, que o une ao fuste, unha parte media, lisa ou decorada, e o ábaco, sobre o que descansa o entaboamento. A súa finalidade é darlle unha maior base ao soporte da arquitrabe ou arco, concentrando as súas cargas de forza e transmitíndoas á columna. Pola súa colocación pode ser de dúas, tres ou catro caras. Na historia da arte occidental, foi un centro de atención para as diversas culturas que lle aplicaron distintas formas decorativas que, ao se converter en canons ríxidos, deron lugar a un factor de identificación de estilos. A arte exipcia empregou uns tipos de capiteis baseados na vexetación do país; así creou o capitel lotiforme, papiriforme e palmiforme, ademais de crear o hatórico, que reproducía a cabeza da deusa Hator. Na arquitectura aqueménida destaca o tipo formado por dúas medias figuras de animais pegadas, que chegou ata á India en tempos do Emperador Aśoka (s III a C)....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Perda ou diminución que un cidadán romano sufría na súa capacidade xurídica. A máxima supoñía o paso de home libre a escravo; a mediana, a perda da cidadanía romana; e a mínima, a anulación da posición ocupada no seo dunha familia.