"RC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2791.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que presenta dous radios de xilema ou dous polos de diferenciación do protoxilema.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal aparecido en Barcelona o 1 de outubro de 1792, fundado por Pedro Pablo Hussonde Lapezaran. Foi unha publicación conservadora, católica, e defensora dos intereses económicos rexionais e monárquicos. Durante gran parte do s XIX representou a burguesía catalana. A súa redacción facíase en castelán, aínda que a partir de 1793 se publicaron algunhas poesías en catalán e durante a ocupación napoleónica redactouse en castelán, catalán e francés. O 28 de febreiro de 1814 adquiriuno Antonio Brusi i Mirabent, con quen iniciou a etapa máis destacada do diario. No s XX principiou unha certa decadencia do xornal que deixa de representar os intereses políticos e económicos cataláns e limítase a servir a unha minoría cortesana e centralista. Volveu saír en catalán a partir do 19 de xullo de 1936 e ata 1940. Durante uns anos captou o interese do público polo seu barcelonismo, pola súa fidelidade á causa monárquica e pola mellor acollida que lle dispensaba ás noticias dos aliados durante a Segunda...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida nos anos vinte do s XIX na Coruña. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Sebastián Iguereta.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. De orixe española, comezou como pintor de porcelanas e cultivou a temática histórica. Coñeceu a Théodore Rousseau e adheriuse á escola de Barbizon. Entre as súas obras destacan Cans na fraga e Proximidade da tempestade (1871). Entre outros galardóns, cómpre salientar a medalla de primeira clase que recibiu en 1851.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Correspondente de Faro de Vigo, publicou El Jardín de los romances (1947). Foi membro correspondente da Real Academia Galega desde 1953.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. Estudiou na Escola de Enxeñeiros Técnicos de Vigo, licenciouse na Escuela Oficial de Madrid e rematou a carreira de xornalismo na Universidad Complutense. Comezou a súa actividade periodística no Faro de Vigo. En 1967 pasou a dirixir a delegación de La Voz de Galicia en Vigo e en 1977 foi nomeado director deste xornal na Coruña. Exerceu tamén como director de Antena 3 Radio, da Biblioteca Gallega e de Vídeo-Voz TV. En 1998 foi elixido secretario da Fundación Caixa Galicia e no mesmo ano pasou a dirixir El Ideal Gallego. Coa súa chegada ao xornal comezou un proceso de consolidación e expansión da Editorial La Capital coa adquisición de Deporte Campeón e de sete cabeceiras comarcais, ademais da creación de Diario de Ferrol e Diario de Arousa. Fundador da revista Nuestra Lucha, colaborou con diversos xornais e axencias informativas, como La Vanguardia, Informaciones, Diario de Barcelona, Associated Press, United...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor portorriqueño. Participou na Guerra de Corea e alí foi correspondente. Premio Nacional del ministerio de Cultura de Tradución publicou, entre outras obras, El asedio y otros cuentos (1958).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo, xeógrafo e historiador grego. Formouse en Atenas, no Liceo de Aristóteles, onde se relacionou con Teofrasto e estudiou temas vinculados coa moralidade. Membro da escola peripatética, dentro da súa concepción filosófica a alma é o resultado da harmoniosa organización do corpo, así como a política o é da síntese harmónica de democracia, aristocracia e monarquía. Destacou como xeógrafo e cartógrafo; elaborou o primeiro método xeométrico para determinar a medida da circunferencia da Terra, que estableceu en 54.000 km. Posteriormente, cando deseñou un planisferio no que representaba o mundo coñecido polos gregos da época, rectificou os seus cálculos e determinou a circunferencia en 39.600 km. Unha das achegas máis transcendentais da súa cartografía foi a xeoreferenciación segundo un eixe de coordenadas; no seu planisferio trazou dúas liñas, unha horizontal que levou dende o estreito de Xibraltar ata o Cáucaso polo Peloponeso e Anatolia, e unha vertical perpendicular a aquela que pasaba...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes mariños, da familia dos serránidos, ao que pertence a robaliza.
-
ILLAS
Illa do Océano Índico baixo soberanía británica, incluída no Territorio Británico do Océano Índico (27 km2). A illa, a maior do arquipélago de Chagos, é un atol de coral vivo, cun gran lago no seu interior. Descuberta polo navegante luso Diego Garcia a principios do s XVI, os portugueses non estableceron ningunha factoría e a illa quedou á marxe das rutas comerciais. A principios do s XVIII os franceses tomaron posesión dela. Tralas guerras napoleónicas (1814) pasou a soberanía británica. En 1965 foi adscrita á xurisdición do gobernador británico das Seychelles, baixo a que permaneceu ata a independencia destas en 1976. En 1966 os gobernos británico e estadounidense acordaron a militarización da illa, que se converteu en base aeronaval conxunta das súas respectivas forzas armadas. Por mor da apertura da base en 1971, a poboación nativa da illa foi deportada. A base de Diego García empregouse como lanzadeira dos bombardeiros aliados na Guerra do Golfo de 1991 e na ofensiva antiterrorista...
VER O DETALLE DO TERMO -
CANTÓNS
Cantón de Luxemburgo, situado no distrito homónimo (239 km2; 24.600 h [estim 1995]). É unha área agrícola e núcleo industrial. A capital é Diekirch (5.589 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo e historiador da arte francés. Dirixiu unha misión arqueolóxica en Persia (1881) e en Susa (1888), onde escavou os palacios de Darío I e Artaxerxes II. Entre as súas obras destacan Histoire générale de l’art: Espagne et Portugal (Historia xeral da arte: España e Portugal, 1913), L’architecture romane (A arquitectura romana, 1913), L’Art antique de la Perre, Achéménides, Parthes, Sassanides (A arte antiga Persia, Aqueménidas, Partos, Sasánidas, 1884-1885) e La statuaire polychrome en Espagne du XIIe au XVe siècle, Aragon et Castille (A escultura policromada en España do s XII ao s XV, Aragón e Castela, 1904).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de aleta dalgúns peixes na que o eixe do corpo é recto ata o extremo da cola e se desenvolve simetricamente. Esta aleta supón unha evolución do tipo heterocerco. Está presente nos peixes pulmonados actuais e no celacanto.
-
ENTRADA LARGA
Estado de Europa setentrional, situado entre o mar do Norte, ao O, e o Mar Báltico, ao L, e entre o continente europeo, ao S, e a Península Escandinava, ao N. Limita ao S con Alemaña, concretamente co land de Schleswig-Holstein; polo NO, o estreito de Skagerrak sepárao de Noruega; ao NL o Kattegat sepárao das costas de Suecia. O país está formado pola península de Xutlandia e un total de 406 illas do Mar Báltico, das que só 79 están habitadas; entre elas destacan Sjælland, Lolland, Fyn e Bornholm. A illa de Groelandia e o arquipélago das Feroe pertencen á coroa danesa, aínda que manteñen plena autonomía. O territorio metropolitano (43.095 km2; 5.313.577 h [estim 1999]) esténdese entre os 58° e 55° de latitude N e os 8° e 15° de lonxitude O. A capital é Copenhaguen, situada na beira oriental da illa de Sjælland.
Xeografía físicaRelevo e xeoloxía
VER O DETALLE DO TERMO
No territorio danés, a altitude media é de 35 m. A parte peninsular carece... -
VER O DETALLE DO TERMO
Estreito que separa Groenlandia de Islandia e que comunica o mar de Noruega co Océano Atlántico.
-
PERSOEIRO
Escritor grego. Escribiu Vidas e sentencias dos máis ilustres filósofos, recompilación incompleta de doutrinas e vidas de filósofos en dez libros, imprescindible para coñecer as escolas filosóficas gregas. Compuxo versos en metros variados Pammetro, obra xa perdida, da que só se conservan uns epigramas fúnebres.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome rexistrado do dietilaminoetil fenotiazina, derivado da dietazina. Emprégase como antihistamínico e analxésico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra de consulta e de iniciación á Antigüidade cristiá referida especialmente ao culto, á arqueoloxía e á epigrafía. Publicado en trinta volumes (1903-1953), iniciouno F. M. Cabrol en París.
-
-
de divorciar ou divorciarse.
-
Aplícase á persoa que se separou do cónxuxe tras unha sentenza de divorcio.
-
-
-
Separar o xuíz cunha sentenza de divorcio os esposos.
-
Separar ou considerar separadamente cousas relacionadas ou vinculadas entre si.
-
Obter o divorcio dúas persoas unidas polo vínculo do matrimonio.
-
Separarse do cónxuxe mediante unha sentenza de divorcio ditada por un xuíz.
-
Separarse cousas que están unidas ou relacionadas.
-