"llo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1518.
-
PERSOEIRO
Escritor. Nas súas obras reflectiu a súa personalidade autocrática e egocéntrica. As súas experiencias en España valéronlle para escribir Le relève du matin (1920), Le songe (1922) e Les Olympiques (1924). Tamén publicou a tetraloxía Les jeunes filles (1936-1939) e os libros Le Rose de sable (1951), Le chaos et la nuit (1963) e Un assassin est mon maître (1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato hidratado de aluminio, de fórmula Al2Si4O10(OH)·nH2O. Cristaliza no sistema monoclínico e está presente en masas terrosas. É de cor gris, gris verdosa ou branca, e ten o brillo graxo. Ten unha dureza 2-2,25 e unha densidade 2-2,27. É o compoñente principal da bentonita.
-
-
Enfermidade vírica que provoca transtornos respiratorios e nerviosos nos cans e outros animais carnívoros domésticos.
-
Tumor que se lle forma ás galiñas debaixo da lingua e que lles impide comer.
-
-
PERSOEIRO
Debuxante humorístico. Comezou facendo ilustracións de libros infantís, películas de debuxos animados e debuxo publicitario. Deuse a coñecer como humorista e creou historias sen palabras só protagonizadas por animais. Colaborador do xornal La Nación desde 1997, realizou filmes para a televisión francesa. Das súas obras destacan Crazy Cowboy (1972), Mordillo Football (1982) e Mordillo Love Story (1999). Recibiu o Premio Nakanoki (1977) e a medalla de ouro da Asociación de Dibujantes Argentinos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Especialista en urbanismo, foi arquitecto municipal de Santiago de Compostela. Escribiu distintas obras en colaboración con outros autores, entre as que destacan Santiago de Compostela, 1850-1950, desenvolmento urbano, outra arquitectura (1989), Transformaciones del espazo público en el XIX (1991) e Santiago de Compostela: arquitecturas del siglo XX (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Carpinteiro libertario. Foi un dos fundadores e presidente do Centro de Estudios Sociales Germinal. En 1907 organizou unha sociedade agraria que integrou posteriormente na Unión Campesina, da que tamén foi membro fundador xunto con Manuel Martínez Pérez e Manuel Rey Suárez. Presidiu a I Asemblea Agraria de Monforte grazas ao apoio de Solidaridad Gallega, o que derivou nun enfrontamento con Martínez Pérez e a escisión posterior de Unión Campesina.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Psicólogo. Traballou na University of Bristol, foi un dos fundadores da psicoloxía comparada e estableceu o canon de Morgan (1894), onde afirmou que ningunha actividade animal debe interpretarse en termos de procesos psicolóxicos superiores mentres se poida facer cos inferiores da escala evolutiva. Da súa produción destacan Animal Life and Intelligence (1890-1891), Introdution to Comparative Psychology (1894) e The Animal Mind (1930).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Pedra da lareira sobre a que se fai o lume.
-
Acha que se bota no lume para mantelo aceso.
-
-
PERSOEIRO
Militar. Participou na Guerra da Independencia (1808-1814) en Galicia, onde foi capitán xeral en dúas ocasións e onde dirixiu a reconquista de Vigo e Tui á fronte do Rexemento da Unión. Rematado o conflito, enviárono a América Central para conter os avances independentistas. Foi derrotado por Bolívar en Boyacá (1819) e despois negociou con el en Trujillo (1820). Ao seu regreso, recibiu os títulos de conde de Cartagena de Indias e marqués de la Puerta (1820) e foi nomeado capitán xeneral de Castela (1821) .
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Aplícase á persoa de aspecto desaliñado e sen xeito.
-
Que ou quen amosa un carácter introvertido e taciturno.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta anual, con talo ergueito de ata 100 cm, recuberta de longos pelos agrisados. As follas son lineais, de 5 a 12 cm, algo unidas na base. O calice é piloso, de 3 a 7 cm, sendo o tubo máis curto ca os dentes, que a miúdo son caducos. Os pétalos son purpúreos. Atópase na parte oriental de Galicia, en especial como herba ruín en leiras de cultivo.
-
-
PERSOEIRO
Tenista. Debutou no circuíto profesional en 1995 e conseguiu máis dunha vintena de títulos individuais, dos que destacan os torneos de Monte-Carlo e Roland Garros en 1998. Foi o primeiro español (1999) en conseguir o número 1 na clasificación da ATP e formou parte da selección española que se proclamou campioa da Copa Davis en 2000. Recibiu a medalla de ouro ao Mérito Deportivo (1999) e foi escollido como Mellor Xogador Europeo pola ATP (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Praia aillada que presenta un elevado grado de ocupación situada xunto á praia Lapamán, no Concello de Bueu.
CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 150 metros ANCHURA MEDIA: 15 metros GRAO OCUPACIÓN: Alto GRAO URBANIZACIÓN: Aillada PASEO MARÍTIMO: Non
VER O DETALLE DO TERMO
TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Area TIPO AREA: Branca CONDICIÓNS BAÑO: Ondada moderada ZONA DE FONDEO: Si NUDISTA: Non
ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Si ZONA PROTEXIDA: Non BANDEIRA AZUL: Non
SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Non SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non POLICÍA LOCAL: Non POSTO CRUZ VERMELLA: Non EQUIPO SALVAMENTO: Si
HOSPITAL MÁIS PRETO NOME: Hospital de Montecelo DIRECCIÓN: Praza de Montecelo, s/n. Pontevedra TELÉFONO: 986 80... -
-
Que ou quen posúe unha fortuna de moitos millóns.
-
Que produce ou require moitos millóns de cartos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carballeira declarada Reserva da Biosfera o 9 de novembro de 2000, e Reserva Natural Integral desde 2002. Está situada nos concellos de Cangas de Narcea e Ibias, no Principado de Asturias, e ocupa unha superficie aproximada de 5.643 ha. A vexetación, un dos seus principais atractivos, está constituída principalmente por carballo albar (Quercus petraea), acompañado en menor medida de bidueiro (Betula alba), faia (Fagus sylvatica), acivro (Ilex aguifolium) e teixo (Taxus baccata); tamén abundan os liques, dos que hai máis de mil especies. Respecto á fauna, pódense localizar especies ameazadas como a pita do monte (tetrao urogallus), o oso pardo (Ursus arctos) e o lobo (Canis lupus), xunto a outras especies máis abundantes como o xabaril (Sus scrofa), o raposo (Vulpes vulpes), o gato do monte (Felix silvestris), a marta (Martes martes), a londra (Lutra lutra) ou o peto mediano...
-
PERSOEIRO
Artista e escritor mexicano. Coñecido como Doctor Atl, foi director da Escuela Nacional de Bellas Artes de México (1914-1915) e un dos creadores da Liga Internacional de Escritores y Artistas. Viaxou a Europa, onde se interesou especialmente pola pintura renacentista, a neoimpresionista e a fauvista. Estudoso da arte popular do seu país, foi un dos precursores do muralismo mexicano. Como escritor, cultivou a ficción literaria e o ensaio. A súa afección polos volcáns manifestouse nas súas pinturas La sombra del Popocatépetl (1942) e Erupción del Paricutín (1943), así como nas obras escritas Las sinfonías del Popocatépetl (1924) e Cómo crece y nace un volcán: el Paricutín (1950). Tamén publicou Las artes populares de México (1921) e Cuentos de todos los colores (1933-1941).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor barroco. Está considerado un dos máis destacados representantes de pintura relixiosa española. Orfo desde os nove anos, iniciou a súa formación cun parente da súa nai, Juan del Castillo. A pegada do seu mestre deixouse sentir especialmente na primeira etapa da súa pintura, caracterizada polo naturalismo (Virgen del Rosario con Santo Domingo, para o pazo arcebispal de Sevilla), pero tamén recibiu influencias de Roelas, Francisco de Herrera el Viejo e de Zurbarán, que se manifestaron no emprego do claroscuro e no modelado das figuras, aínda con certa rixidez (San Diego dando de comer a los pobres, 1646). O seu interese polos tipos populares exemplificouse nas series de galegas (Vieja hilando ou Gallegos en la ventana) e nos cadros de nenos (Niños comiendo melón y uvas (1650) ou Muchachos expulgándose), en que representaba rapaces humildes inmersos nunhas escenas cheas de ledicia e xovialidade, en que comezou a empregar contornos flexibles e volumes brandos. En 1656 pintou Visión de...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada na Coruña a partir do 7 de decembro de 1886, e que cesou o 28 de xaneiro de 1887. Subtitulouse “Semanario artístico” e estivo dirixida por Eugenio Mañach Couceiro, substituído por Manuel Amor Meilán a partir do nº 6. De carácter literario e galeguista, incluíu poesía, bibliografía e correspondencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo municipal situado en Ferrol. Ademais das obras do ferrolán Filipe Bello Piñeiro, os seus fondos mostran obras doutros artistas galegos ademais de fotografías antigas e gravados sobre a historia da cidade.