"car" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3676.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que fai caricaturas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Representar algo ou a alguén por medio dunha caricatura.
-
-
Rozamento suave que se realiza coa man como mostra de cariño ou tenrura.
-
Impresión ou contacto de calquera cousa, coma o sol, a brisa ou un son, que produce unha sensación agradable.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mercado Común do Caribe.
-
GALICIA
Arquitecto. Titulado pola Escola de Arquitectura de Barcelona en 1931, a súa obra está vinculada ao racionalismo. Realizou a casa Caramés na Coruña (1937) e a xoiería Malde en Santiago de Compostela (1934). Tralo inicio da Guerra Civil fuxiu de España e exiliouse primeiro en Francia, onde estivo no campo de concentración de Argelès e, posteriormente, en México, onde retomou a súa carreira profesional colaborando co arquitecto Félix Candela. Entre 1959 e 1969 dirixiu a revista Vieiros.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar. Durante o período republicano foi coronel do Rexemento de Infantería destacado na Coruña. Permaneceu fiel ao goberno republicano e non secundou a sublevación militar de 1936, polo que foi detido na Coruña. Trasladado ao cárcere do Castelo de San Filipe en Ferrol, foi fusilado tras un Consello de Guerra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de tipo benéfico aparecida en Vigo o 1 de xaneiro de 1872 co subtítulo de “Revista semanal de ciencias, arte, literatura, teatros y salones, cuyo produto se dedica al Hospicio de Vigo”. Fundada e dirixida por Luís A. Mestre Hernández, entre os colaboradores figuraban Teodosio Vesteiro Torres e X. M. Pintos Villar. Desapareceu o 24 de abril despois de publicar 15 números.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación benéfico-solidaria que saíu en Ourense en 1897 a beneficio dos feridos na Guerra de Cuba.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Amor desinteresado que non busca o ben propio, senón a entrega aos demais. Trátase dun amor inmotivado e gratuíto, que se diferenza do eros ou amor motivado polos valores da persoa estimada. En teoloxía, a caridade designa o amor de Deus polos homes e, por extensión, o amor do home cara a Deus e ao próximo. Constitúe o distintivo dos discípulos de Cristo e consiste en amar os demais do mesmo xeito que os amou Xesús. Distínguese así da filantropía, que se limita a estimar ao home prescindindo do amor que Deus lle ten. A caridade no home é un don permanente de Deus, incompatible co pecado. É unha virtude teologal superior á fe e á esperanza, porque perdurará na gloria.
-
-
Bens ou diñeiro que se dan a unha persoa necesitada.
-
Axuda ás persoas necesitadas ou carentes de recursos económicos.
-
-
Iconografía que representa unha moza aleitando un vello. Ten a súa orixe na historia romana de Cimón e Pero, e foi habitual na arte do Renacemento e do Barroco.
-
Membro dunha congregación relixiosa feminina dedicada á asistencia dos pobres e ao ensino. Fundada en Francia en 1633 por san Vicente de Paúl e Louise de Marillac, e aprobada polo arcebispo de París en 1646, converteuse na congregación feminina máis extensa do mundo, con 30.500 membros en 1985. Expandiuse pola Península Ibérica durante o XIX e creou o seu primeiro noviciado en Madrid en 1893. Ata 1964 o hábito desta congregación caracterizábase polo uso da touca alada de fío branco.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prenome feminino que procede do latín charitate ‘amor’, unha das virtudes teologais da relixión cristiá. Existe unha Nosa Señora da Caridade, avogosa da vista, na vila de Flariz, en Monterrei. A súa festa celébrase o 8 de setembro, agás en Verea, onde se conmemora o día 12 de setembro; en Fozáns, o segundo domingo do mesmo mes; e en Verín, o luns de Pentecoste.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido que ten a súa orixe nun antropotopónimo formado a partir do xenitivo do nome de posesor latino Caritus, derivado de carus ‘querido, ben amado’.
-
GALICIA
Pedagogo. Doutor en Pedagoxía, é profesor de pedagoxía social na Universidade de Santiago de Compostela. Entre 1984 e 1986 foi vicedecano de Investigación da facultade de Filosofía e Ciencias da Educación. De 1980 a 1981 foi cofundador e primeiro presidente do Colectivo de Pedagogos de Galicia e cofundador da Sociedad Ibérica de Pedagogía Social, constituída o 22 de setembro de 2000 en Pontevedra. Realizou varios estudios sobre o sistema educativo galego e a súa influencia no medio rural, a Educación Ambiental e a Educación Social, entre outros. Director da revista Adaxe dende maio do 2000, forma parte dos consellos editoriais e científicos das revistas: Perspectiva Educacional, Innovación educativa e Revista Interuniversitaria de Pedagogía Social. Colaborador, entre outras, nas revistas Cuadernos de Realidades Sociales e Temps d’Educació, TE, cómpre destacar as súas publicacións: A educación en Galicia. Informe cero (1988), A educación...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu como profesor de ensino medio. Colaborador en distintos medios de comunicación como La Voz de Galicia, Faro de Vigo e O Correo Galego, entre outros, e redactor de publicacións culturais en galego e castelán (Bisbarra, Revista das Letras, Ánimal+L, Dorna, etc), comezou a súa andaina literaria como poeta en 1986 co libro Paisaxe de verde chuvia. Publicou os poemarios Todo quanto há no mundo (1989), Cerne das labaredas (1994) e Flor no deserto (Premio de Poesía Cidade de Ourense, 1995), e como narrador Os ollos da noite (1990), Crónica de sucesos (1991), Soños eléctricos (Premio Blanco Amor, 1992), Lumefrío (1994), Perigo vexetal (Premio Merlín de Literatura Infantil, 1995), Ameaza na Antártida (1997) e Sarou (Premio Café Dublín, 1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos carideos.
-
Crustáceo decápodo da sección dos carideos.
-
Sección de crustáceos decápodos que se caracterizan por presentar a pleura do segundo segmento abdominal superposta á do primeiro. Comprende os xéneros Crangon, Palaemon e Palaemonetes.
-
-
-
-
Descomposición molecular do óso, na que se abranda, perde a cor e se volve poroso.
-
carie dentaria
Proceso patolóxico de etioloxía non ben definida, que causa a destrución dos dentes. Consiste nunha perda dos sales minerais propios das substancias duras do dente, seguida dunha disolución dos seus elementos orgánicos. Os tecidos duros do dente destrúense e a polpa dentaria sofre un proceso inflamatorio e necrótico. Hai tres teorías etiopatoxénicas da carie: a teoría endóxena que defende que a lesión orixinaria se produce por un proceso bioquímico enzimático do interior do dente; a teoría estrutural que se basea en factores dietéticos, climáticos, hixiénicos, etc; e a teoría esóxena que atribúe a aparición da carie a un proceso de descalcificación por ácidos e de invasión proteolítica. A carie dentaria dá lugar a diversas infeccións e pode producir perturbacións na mastigación e na dixestión. Entre as medidas profilácticas é moi importante que a cantidade de fluor na auga e na dieta sexa suficiente, especialmente durante os primeiros anos de vida.
-
-
Enfermidade criptogámica dos cereais causada por fungos basiodomicetos parasitos como as especies Tilletia tritici e Tilletia laevis, que atacan ao trigo, e Ustilago hordei, que atacan ao orxo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, e da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘irmán’.
-
-
Instrumento idiófono de percusión directa constituído por un xogo de campás afinadas e dispostas para producir unha melodía ou un conxunto harmónico. Os máis antigos soaban ao bater nas campás cun martelo. Posteriormente se lle engadiu un teclado e, en época moderna, introducíronse pedais que accionan os badalos ou martelos mediante transmisión eléctrica ou mecánica. Probablemente de orixe chinesa, difundiuse e evolucionou en Europa, sobre todo nos Países Baixos, desde a Idade Media, e tivo a súa época de esplendor durante o s XVII. Son célebres os carillóns de Bruxas, Malines, Gante, Anveres, Louvain e Utrecht.
-
Peza instrumental inspirada na música do carillón composta desde o s XVII, principalmente para clavecín e órgano.
-
Rexistro de órgano consistente nunha serie de timbres, campaíñas e láminas de aceiro que producen un son semellante ao das campás ao seren golpeados por uns martelos conectados coa metade dereita dun teclado.
-
Reloxo provisto dun conxunto de campás que producen unha melodía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome latino da constelación da Carena.
-
-
Ave da subclase das carinadas.
-
Subclase de aves que engloba as ordes dos gaviformes, podicipediformes, procelariformes, pelecaniformes, ciconiformes, fenicopteriformes, anseriformes, calarciformes, accipitriformes, falconiformes, galiformes, gruiformes, caradriformes, pteroclidiformes, columbiformes, psitaciformes, cuculiformes, estrixiformes, caprimulxiformes, apodiformes, coraciformes, piciformes e paseriformes.
-
-
-
Relativo ou pertencente á carena.
-
Aplícase á prefloración imbricada coclear propia dalgunhas fabáceas nas que a carena é envolvente e o estandarte é a peza interna.
-