"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Vilanova (Lalín) e O Sisto (Dozón). O seu cumio acada os 600 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao prácrito.

    2. Conxunto de linguas derivadas do protoario (adibhasa), baixo a influencia das falas de India. É a lingua natural, popular, por oposición á lingua literaria, o sánscrito, perfecto e artificial. Certas formas prácritas aparecen xa na linguaxe védica. Entre os prácritos máis antigos (ss VI-XI a C) están o pali e o ardha-magadhi, que son as linguas canónicas respectivas do budismo theravāda e dunha parte da tradición xainista. Unha serie de dialectos máis serodios aparecen nos dramas sánscritos, falados por mulleres e criados en lugar do sánscrito. Un estadio posterior está constituído polos apabhram. śa ou linguas corruptas, que representan a orixe das linguas indoarias modernas: hindi, bengalí, oriya, etc. Literariamente, os prácritos máis importantes son o pali, o ardha-magadhi, o śaurasēnī, o magadhi e o māhāraṣṭrī.

    3. Literatura cultivada en diversas rexións de India, formada en boa parte pola literatura canónica do budismo theravāda e das dúas seitas xainistas: Svetambaras e Digambaras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Casa do pretor no campamento romano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e teórico musical alemán. Autor dunha vintena de recompilacións de obras para o culto, dunha colección de danzas francesas e de tres volumes da súa obra didáctica Syntagma musicum (1614-1620), introduciu o estilo madrigalesco na polifonía coral tradicional.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Choro persistente e queixoso.

    2. Antigo costume de ir chorar os mortos ao velorio e no traslado ao cemiterio.

    3. Xénero lírico da poesía galego-portuguesa, derivado do planctus latino medieval, como canto funerario destinado a lamentar a morte de altos personaxes políticos e relixiosos, moi semellante ao seu arquetipo provenzal (planh), aínda que con algunha simplificación dos seus compoñentes temáticos e menos refinado. Concéntrase sobre todo no eloxio, de carácter máis enfático ca exacto, e no elemento satírico, presente nas imprecacións, que lle fai manter unha estreita relación co sirventés. As literaturas en lingua vulgar ampliaron o seu destino a personaxes menos coñecidos, á paixón e morte de Cristo, e ao falecemento de mártires e santos. Na lírica galego-portuguesa só se conservan cinco prantos, catro deles escritos por Pero da Ponte, e un polo xograr Johan de Leon.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Recipiente de diversos materiais, xeralmente redondo e máis ou menos fondo no seu centro, que se emprega para servir ou tomar os alimentos.

      2. prato chan

        Prato con moi pouca concavidade, onde se serven habitualmente os alimentos sólidos.

      3. prato fondo/sopeiro

        Prato con maior concavidade, onde se serven habitualmente os alimentos líquidos, como a sopa e as potaxes.

      4. prato de sobremesa

        Prato con moi pouca concavidade e de menor tamaño ca o prato chan, onde se serve habitualmente a sobremesa.

      1. Cada unha das comidas que compoñen un menú.

      2. Alimento preparado para ser cosumido.

      3. Porción de comida que cabe nun prato.

      4. prato combinado

        Prato rápido e de baixo prezo que está formado por diversos alimentos e que constitúe unha comida completa.

      5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, en Toscana, Italia, situada ao S dos Apeninos Etruscos (170.388 h [2001]). É un gran centro téxtil e cultural. Do seu patrimonio destacan o Duomo (s XIII), a igrexa de Santa Maria delle Carceri e o Palazzo Pretorio (s XIII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da rexión de Toscana, Italia (365 km2; 225.672 h [2001]). A súa capital é Prato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor italiano. Deuse a coñecer como colaborador de Letteratura e doutras revistas. As súas primeiras narracións, publicadas en 1956 no Diario sentimentale, xa amosan o seu interese polos ambientes populares, o lirismo e o realismo, que plasmou na súa escrita. Influíu no neorrealismo italiano. Da súa produción destacan as páxinas autobiográficas de Cronaca familiare (1947) e Metello (1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arrefriamento previo a que se someten os alimentos antes de refrixeralos ou conxelalos para adaptalos ás novas condicións e conseguir así un aforro enerxético global no proceso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situación transitoria previa á proclamación oficial de autonomía dunha rexión ou comunidade territorial. En Galicia foi aprobada polo Real Decreto-Lei 7/1978, de 16 de marzo, polo que se aprobou o réxime preautonómico para Galicia. O seu órgano de xestión foi a Xunta Preautonómica, presidida por Antonio Pérez Rosón, que nomeu a comisión encargada da elaboración do futuro texto do Estatuto de Autonomía. O feito de contar co réxime provisorio de autonomía, permitiulle a Galicia acollerse á Disposición Transitoria II da Constitución de 1978 e acceder á tramitación e referendo do Estatuto de Galicia para conquistar autonomía plena, xunto a Catalunya e Euskadi, e non pola vía lenta (artigo 143) como o resto das comunidades autónomas, salvo Nafarroa, á que se lle aplicou a Disposición Adicional Primeira, Madrid, Ceuta e Melilla, que se constituíron en virtude do artigo 144, e Andalucía polo artigo 151.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que serve de precaución.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrución ou norma de conduta moral que provén dunha autoridade competente.

    2. Regra ou instrucións dunha arte ou ciencia.

      1. Documento papal ou real onde constaba a concesión dun privilexio ou graza que tiña uns efectos xurídicos posteriores e que dimanaban do feito de entregar o documento.

      2. precepto apostólico /

        Edito polo que os papas puñan baixo a súa protección certas propiedades contra os abusos, a violencia ou a pillaxe.

      3. precepto da Igrexa /

        Cada unha das leis promulgadas polos concilios ou polos papas, relativos á doutrina, culto e disciplina eclesiástica.

      1. Obriga que teñen os cristiáns de gardar e celebrar o domingo, precepto dominical, e as festas relixiosas, precepto festivo. Relacionado co precepto xudeu do šabbath, obriga a celebrar o culto, oír misa e absterse de traballar.

      2. precepto da Igrexa

        Cada unha das cinco disposicións que, segundo o catecismo, constitúen a base e a manifestación da práctica cristiá católica: oír misa os domingos e festas de gardar, non comer carne os días prohibidos (abstinencia) e xaxuar os días sinalados, confesarse cando menos unha vez ao ano e comungar por Pascua, prever as necesidades da Igrexa segundo as leis e os costumes, e non celebrar solemnemente vodas en tempos prohibidos.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa encargada da educación dun infante. Antes da aparición das escolas adoitaba convivir coa familia do neno que educaba.

    2. Nome co que tamén era coñecida, nas ordes militares do Hospital, da Mercede e de Santo Antonio, a dignidade de comendador.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargo ou oficio de preceptor.

    2. Lugar onde o preceptor exercía o seu cargo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • preceptorado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de precintar.

    2. Selo, atadura, cinta ou adhesivo que se pon a algo para que só poida ser aberto por quen corresponda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que antecede ao estado de coma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Convenio mediante o que as partes se comprometen a celebrar, nun momento posterior, un determinado contrato e a emitir, nun momento futuro, a declaración de que se prestará un definitivo consentimento contractual. Unha teoría máis moderna di que é o inicio dunha única relación contractual desenvolvida en dúas etapas. Na primeira, as partes xa están de acordo no contido da súa vontade, e na segunda, reservan a facultade de esixir a entrada en vigor do contrato nun momento posterior.

    VER O DETALLE DO TERMO