"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
prototropismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de tautomería en que as dúas formas en equilibrio se intercambian mediante o desprazamento dun átomo de hidróxeno. Este concepto foi introducido por T. M. Lowry en 1923 e constitúe o primeiro intento de sistematizar os fenómenos de tautomería. Comezou aplicándose aos casos nos que a especie migradora era un protón e logo estendeuse a calquera tipo de desprazamento, xa sexa por mecanismos iónicos, radicais ou concertados, que conducen a un equilibrio tautomérico.
-
-
Relativo ou pertencente aos protoungulados.
-
Mamífero fósil da superorde dos protongulados.
-
Superorde de mamíferos placentarios, fósiles do Paleoceno e do Mioceno, situada no tronco da radiación dos placentarios, de tal xeito que se discute se son insectívoros, primates ou creodontes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Óxido formado polo osíxeno cun elemento no estado de oxidación máis baixo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
Relativo ou pertencente aos protozoos.
-
Organismo do subreino dos protozoos.
-
Subreino de protistas que inclúe especies eucariotas unicelulares que se alimentan por inxestión e presentan unha gran variedade morfolóxica. Algúns forman colonias onde cada célula conserva a súa individualidade fisiolóxica e reprodutora, manifestándose así un principio de división de funcións. O seu tamaño vai de 2 ì a 1.000 ì, aínda que a media é de 20 a 100 ì. De forma variada, os primitivos son esféricos, pero alónganse e polarízanse a medida que evolucionan. A súa estrutura normal é a dunha célula típica eucariota, aínda que presentan diferenciacións especiais. Carecen de parede celular, pero si posúen membrana celular. Esta é única nos ameboides, pero os outros grupos presentan ademais unha membrana secundaria debida á presenza dunha cutícula ou dun exoesqueleto resultantes da excreción de produtos pécticos. Así determina o sistema de alimentación, de maneira que nos que soamente teñen membrana fundamental a alimentación ten lugar por fagocitose, mentres que nos que teñen membrana...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estuda os protozoos.
-
-
Que avanzou ou progresou en algo, sobre todo en exeperiencia.
-
Que ten moitos anos de idade.
-
-
-
Que proporciona algún proveito.
-
Beneficio ou utilidade que se obtén de algo ou que se proporciona a alguén.
-
antaxe ou aproveitamento que se tira de algo.
-
-
-
Beneficio ou utilidade que se obtén de algo ou que se proporciona a alguén.
-
Vantaxe ou aproveitamento que se tira de algo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que proporciona algún proveito.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Aspai (Outeiro de Rei). O seu cumio acada os 550 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Dignidade ou cargo de provincial.
-
Época e duración do goberno dun ou dunha provincial.
-
Conxunto de provinciais.
-
-
-
de prover ou proverse.
-
Que non está falto de ningunha cousa.
-
-
-
Idea de algo que se quere facer e o xeito de facelo.
-
Conxunto de planos e documentos explicativos que dan todos os datos técnicos e todas as vistas de elementos ou de conxunto necesarios para que se poida fabricar unha máquina, unha instalación ou construír un edificio ou unha ponte, de acordo coas instrucións de quen o encarga ou segundo un programa establecido.
-
-
Primeira redacción dun texto.
-
proxecto de lei /
Texto de lei que o goberno elabora e que, de cara á súa aprobación, somete ao Parlamento. O Consello de Ministros redacta os anteproxectos elaborados polos diversos departamentos ministeriais, remíteos ás Cortes e, se o cre procedente, pode volver retiralos.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de decisións articuladas que forma parte do Proxecto Educativo e é responsabilidade dos centros educativos, que permite concretar o Deseño Curricular Base (DCB) e as propostas das comunidades autónomas con competencias educativas, en proxectos de intervención didáctica, adecuadas a un contexto específico. O PCC é o marco de referencia para o seguinte nivel de concreción: as programacións, en que se recollen os distintos acordos tomados no centro relativos aos obxectivos de ciclo. A función básica do PCC é tomar as decisión necesarias para garantir a adecuada progresión e coherencia no ensino dos contidos escolares da etapa á que se refire o proxecto. En España, coma noutros países europeos, desde a promulgación da Lei Orgánica de Ordenación Xeral do Sistema Educativo (LOXSE, 1990), constitúe unha parte fundamental na organización e estruturación do sistema educativo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proxecto internacional iniciado en 1998, interesado en determinar a totalidade do xenoma humano a partir do illamento dos xenes e o seu secuenciamento. O estudo realízase a partir da recollida de material hereditario procedente de individuos de gran diversidade de poboacións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intento de reforma da Constitución de 1845 que tentou impoñer Juan Bravo Murillo. De carácter ultraconservador, limitaba o poder das Cortes en beneficio da Coroa e as liberdades políticas. Non obtivo o apoio do poder lexislativo, o que motivou a súa saída do goberno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proxecto presentado polo Partido Republicano Democrático Federal de Galicia en 1887. Contou con 100 artigos divididos en XVI títulos en que desenvolvía o conxunto de principios básicos dun estado de carácter federal, autónomo e soberano dotado dun goberno baseado nun sistema democrático e republicano. Definiu a Galicia como un estado integrante da nación española. Establecía diversos dereitos fundamentais, o sufraxio universal, e a capacidade de autoorganización do Estado galaico. O seu ámbito territorial integraba as catro provincias, mantiña os modelos de organización local vixentes e baseábase na separación dos poderes executivo, lexislativo e xudicial. O seu órgano de representación lexislativa era a Asemblea Rexional. Definiu tamén outros aspectos fundamentais como a facenda, o exército e a educación, e estableceu as atribucións dos municipios como entidades autónomas no seu ámbito de actuación. Non chegou a aprobarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento básico de planificación e xestión que, en coherencia coa análise do contexto escolar, enumera e define as notas de identidade, formula os obxectivos do centro e expresa a estrutura orgánica e funcional da institución. Na elaboración, seguimento e valoración do PEC han de participar todos os membros da comunidade educativa e en última instancia ten que ser aprobado polo Consello Escolar do centro. En España, coma noutros países europeos, desde a promulgación da Lei Orgánica de Ordenación Xeral do Sistema Educativo (LOXSE, 1990), constitúe unha parte fundamental na organización e estruturación do sistema educativo.
-
-
Lámpada que contén un sistema óptico de espellos ou lentes, destinado a concentrar a luz dentro dun ángulo sólido determinado, xeralmente reducido a fin de obter unha intensidade luminosa elevada.
-
-
Aparato que permite proxectar sobre unha pantalla as imaxes dunha película cinematográfica ou dunha diapositiva. O proxector cinematográfico está constituído pola fonte de luz e o obxectivo, dúas bobinas, un mecanismo de desprazamento da película, un sistema ventilador e un obturador. O proxector de diapositivas adoita ir provisto dun sistema de ventilación, dun depósito de diapositivas e dos mecanismos axeitados de avance e expulsión, con accionamento manual ou automático. O episcopio permite proxectar sobre unha pantalla imaxes de obxectos non transparentes, como textos ou ilustracións. O retroproxector proxecta unha imaxe dun obxecto transparente de dimensións non fixadas.
-
Aparato destinado a proxectar sobre unha pantalla imaxes de televisión. Xeralmente consta dun sistema óptico que amplía as imaxes procedentes do tubo de raios catódicos. Un tipo de proxector moi empregado é o eidóforo.
-
-
Episcopio que proxecta sobre unha pantalla translúcida o perfil amplificado dunha peza e, superposto, un debuxo a escala do perfil de referencia, de xeito que, a partir da comparación de ambos, se pode verificar a súa coincidencia e, eventualmente, corrixir por mecanización o da peza ata facelo coincidir co do debuxo.
-