"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Observatorio astronómico situado nas proximidades de San Petersburgo. Foi fundado en 1839 e dispuña dun telescopio refractor de 38 cm que foi durante moitos anos o máis grande do mundo. En 1878 construíuse outro de 78 cm. Destruído durante a Segunda Guerra Mundial, puidéronse salvar as lentes dos telescopios e, acabada a guerra, o observatorio foi reconstruído.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Plataforma que hai nas igrexas para predicar o eclesiástico desde ela. Consiste nunha especie de balcón, provisto frecuentemente dun facistol, colocado a certa altura sobre os fieis, e accesible por unha escaleira. Derivada do ambón, adoita estar acaroada á parede ou sostida por un pedestal. Pode ser de pedra ou de madeira, e converteuse nun elemento de gran riqueza artística.

    2. Proscenio e muro vertical que o eleva sobre a orquestra no teatro clásico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Motor aeronáutico de propulsión por reacción de tipo atmosférico no que a combustión ten lugar dunha maneira intermitente a unha frecuencia duns 200 a 300 ciclos por segundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está formado por po.

    2. Que se pode reducir a po.

      1. Que ten pelos, glándulas ou escamas semellantes a po, que recobren a superficie dalgúns órganos.

      2. Aplícase ao pole constituído por grans soltos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sinal ou marca visible de pequeno tamaño e forma redonda que destaca sobre unha superficie.

      1. Posición determinada sobre unha superficie, liña, mapa ou lugar.

      2. Lugar determinado no espazo, onde se localiza algo.

      3. Pequena área que se toma de referencia para situar un órgano.

      4. Elemento do espazo que non ten extensión, só posición.

      5. Cada unha das superficies elementais en que está dividida a imaxe mediante a exploración. A sucesión de puntos horizontalmente constitúe unha liña.

      6. punto adherente

        Punto x tal que, dado un conxunto A dun espazo topolóxico, calquera contorno de x contén algún punto de A.

      7. punto alveolar

        Punto central do arco alveolar superior.

      8. punto apendicular

        Calquera dos puntos dolorosos á presión na parede abdominal na apendicite, como os puntos de Lanz, de Morris ou de Mac Burney.

      9. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federación de emisoras inseridas no Grupo Vocento que comezaron a emitir baixo esta denominación a partir do 6 de setembro de 2004. Aínda que a cadea naceu coa vocación de cubrir o espectro nacional, a súa cobertura viuse limitada ao constituírse a partir de operadores rexionais e locais de Madrid, Castela e León e Gran Canaria. Na súa orixe o accionariado estivo composto por Vocento (65%), o xornalista Luis del Olmo (25%) e Televisión de Castilla y León (10%).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Perda da capacidade de contracción da pupila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • síndrome de Adie.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar ou estado de expiación temporal, segundo a teoloxía católica, en que as ánimas dos xustos, mortos en estado de graza, pero non ben limpas aínda das culpas veniais ou das penas por culpas mortais xa perdoadas, se purgan antes de ser admitidas definitivamente no ceo. Xunto co ceo e o inferno, é un dos reinos da ultratumba católica. As ánimas que alí se atopan poden ser axudadas polas pregarias dos fieis e especialmente polo sacrificio da misa. Tertuliano, Oríxenes, Cebrián, Lactancio, Ambrosio, Gregorio de Nisa, Agustín e Gregorio I o Magno sostiveron a existencia do purgatorio, pero a súa doutrina non recibiu a formulación dogmática ata o Concilio de Trento. Os reformadores protestantes, sobre todo Calvino e Zwingli, proscribiron a crenza no purgatorio.

    2. Taboado, moi espectacular e monumental, que se montaba en moitas igrexas parroquiais durante o novenario das ánimas que se celebra ao comezar novembro, con sermóns, cantos penitenciais e absolventes, na Confraría das Ánimas do Purgatorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariación da sensibilidade de ollo humano ao longo do espectro luminoso, en función da intensidade luminosa que impresiona.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que contén pus.

    2. pioide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Xesta (A Lama). O seu cumio acada os 1.007 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cualificación de desprezo.

    2. prostituto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua común do chinés, que se basea na pronuncia de Pequín (o mandarín), na sintaxe das linguas do norte e no vocabulario e na literatura moderna en baihua. Desde 1956 converteuse na única lingua de ensino das rexións de lingua han e, a partir dese momento, foi a lingua apoiada oficialmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo do altiplano de Siberia Central, o máis alto e máis fortemente desmembrado, situado no curso superior do P’asina, Rusia. A súa máxima altitude acada os 1.702 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se atopa en estado de putrefacción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura de neno, xeralmente nu ou seminú, que a partir do Renacemento se introduciu na pintura ou escultura como elemento decorativo ou para completar unha obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Loita deportiva na que dous contendentes intentan golpearse cos puños. Na Antigüidade clásica foi considerado dun gran valor educativo e saudable. A técnica comportaba o uso do caestus (armadura feita de tiras de coiro e pezas de chumbo que protexían mans e antebrazos) e a suxeición a algunhas regras (era castigada a morte premeditada). OBS: O deporte moderno denomínase boxeo.

    2. Loita, rivalidade ou discusión violenta ou obstinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Abelenda (Avión) e Xesta (A Lama). O seu cumio acada os 1.027 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor italiano. É autor de narracións (I nostri simili, 1932) e de novelas (La rosa rossa, 1937; Le trincee, 1942; L’onda dell’incrociatore, 1947; Amor militare, 1955; Il cavallo Tripoli, 1956; La calda vita, 1958; e I giochi di Norma, 1964). Postumamente publicouse a compilación poética A sole e al vento (1970).

    VER O DETALLE DO TERMO