"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada a partir do 1 de abril de 1808 en Santiago de Compostela. Cesou en xaneiro de 1809, coa chegada do exército francés á cidade. Editada por Manuel Mª de Vila, a partir de agosto de 1808 pasou a mans de Pedro Rey Romero, quen a imprimiu nos obradoiros tipográficos de Xoán Francisco Montero. En novembro dese mesmo ano editouse nos talleres de Manuel Antonio Rey. Incluíu novas da guerra contra os franceses e información do Batallón Literario. Foi substituído por El Patriota Compostelano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter liberal que apareceu entre abril e maio de 1814. Creouse para loitar contra o voceiro do partido absolutista Estafeta de Santiago. Desapareceu coa proclamación do manifesto que abolía a liberdade de prensa. Entre os seus colaboradores figuraba Sinforiano López.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal editado entre outubro de 1848 e xaneiro de 1849 en Santiago de Compostela. Impreso nos obradoiros tipográficos de Xoán Rey Romero, constaba de catro páxinas en tamaño folio. O seu director literario foi Antonio Neira de Mosquera. Incluíu novas locais, unha sección militar e información sobre bandos, ordes reais, citas, libros, estatísticas, actos académicos, festas relixiosas e sobre o Liceo de la Juventud e o Liceo Artístico y Literario. No eido literario apareceu un vilancico de Alberto Camino titulado “Agora si que é a certa”. Os domingos entregaba un prego amodo de suplemento co título de Revista Literaria, que servía para encadernar a publicación. Continuou a súa liña editorial en El Patriota compostelano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Santiago de Compostela en 1872 e subtitulada “Periódico de intereses materiales, noticias y anuncios”. Fundada por Manuel Bibiano Fernández, quen compartía a dirección con Alfredo Vicenti, destacou como publicación liberal, polo que foi perseguida polo cardeal Payá e a censura eclesiástica. Contou coa colaboración de Alberto de Quintana. Sucesora de La Gacetilla de Santiago, a súa desaparición deu lugar á Gaceta de Galicia. Diario de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación regular das actas e do diario de sesións do Congreso de los Diputados e do Senado. En 1869 decidiuse editar as actas e os diarios existentes desde a Asemblea de Baiona (1808). A compilación non foi completa, pois das lexislaturas de 1813 e 1814 só existían as actas das sesións. A súa evolución vai parella á da evolución constitucional de España. Durante a Guerra Civil, publicouse no Diario de Barcelona, desde finais de 1937. Despois continuou durante as cortes franquistas e trala promulgación da Constitución de 1978.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de periodicidade mensual editada en Montevideo a partir de xaneiro de 1979. Subtitulada “Suplemento Gallego”, coordinouna Miguel Vázquez Valiño e contou coa colaboración de Manuel Oreste, Antón Crestar, Juan Gallego, Carlos Zubillaga, Antón Breogán, Eduardo Iglesias, Xosé Mª Monterroso e Carlos Casares. Incluíu artigos sobre a cultura e a literatura galega, ademais de referencias a autores como Castelao, Rosalía de Castro, Alfredo Brañas, Eduardo Pondal, Vicente Risco, Suárez Picallo e Xosé Castro Chané. Inseriu tamén poesía de Curros Enríquez (“A campana de Anllóns”), Francisco Añón (“A Galicia”) e Ramón Cabanillas (“A rosa que sangra”), acompañada de textos literarios de Antón Villar Ponte, Manuel Murguía, Xoán V. Viqueira e Otero Pedrayo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en 1913 en Ferrol. Dirixida por Eladio Fernández Diéguez e Wenceslao Fernández Flórez, contaba cunha tiraxe de 500 exemplares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Ferrol a partir do 9 de febreiro de 1867. Subtitulouse “Periódico de Ciencias, Comercio, Industria y Navegación”. Editábase diariamente agás os seguintes a festivos e imprimíase nos obradoiros tipográficos de Nicasio Taxonera. Dirixido por Xoán Antonio Lacaci, figuraban como redactores Ventura Pueyo e o propio director. Contou tamén coa colaboración de Benito Vicetto. De carácter administrativo, trataba fundamentalmente temas locais. En febreiro de 1868 adheriuse ao partido progresista e introduciu máis contidos políticos. A partir da Revolución de Setembro de 1868 cambiou a súa denominación pola de La Voz del Pueblo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Santiago de Compostela en xaneiro de 1814 e que cesou en marzo dese mesmo ano. Substituíu á Gazeta Marcial y Política de Santiago. De tendencia liberal, estaba dirixida por Xoán Bautista Caamiña. Imprimíase na Oficina del Diario General. Ofrecía información de carácter xeral e servía de instrumento difusor da lectura e da escrita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida nos anos vinte do s XIX na Coruña. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Sebastián Iguereta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista, poeta e etnógrafo brasileiro. Estudiou humanidades e dereito en Europa e morreu nun naufraxio. A súa obra caracterízase por integrar elementos de inspiración indíxena. O seu poemario, Primeiros cantos (1846) é a primeira obra importante do romanticismo brasileiro. Ademais, publicou Segundos cantos (1848), Últimos cantos (1851), dramas teatrais e traballos etnográficos, históricos e lingüísticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor brasileiro. En 1920 trasladouse a Rio de Janeiro, onde coñeceu os modernistas (1925-1927) e realizou a súa primeira exposición individual (1928). As súas primeiras obras mostraron un surrealismo de carácter erótico. Trala Primeira Guerra Mundial evolucionou cara á xeometrización, onde resaltou a relación entre ciencia e arte. En 1948 realizou en Recife un dos primeiros murais abstractos de América do Sur. Retornou á figuración nos anos setenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xesuíta, arquitecto e piloto portugués. Ingresou na Compañía de Xesús en 1562. Mestre de obras da igrexa de São Roque de Lisboa, en 1577 trasladouse a Brasil onde foi mestre responsable das obras dos colexios xesuítas. Introduciu o estilo xesuítico de planta de salón, entre outras, na igrexa de Olinda, convertida en catedral de Salvador de Baía, e nos colexios de Baía e Rio de Janeiro. Exerceu tamén como piloto particular do provincial da orde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Licenciado na Escola Superior de Belas-Artes de Lisboa (1977), foi profesor na Universidade Técnica de Lisboa (1985-1996), na Universidade do Porto (1997), na Universidade Autónoma de Lisboa (1998) e na Facoltá di Architettura do Politecnico di Milano (1999). Traballou con Egas José Vieira, con quen fundou o estudo Contemporânea (1990). Entre as súas obras destacan a nova sede da Associação Portuguesa de Arquitectos no antigo edificio do Banhos de São Paulo (Lisboa, 1991), o Pavilhão de Portugal na Expo’92 (Sevilla, 1989-1992) e a Porta Sul da Expo’98 (Lisboa, 1998). En 1999 recibiu, xunto con Vieira, o Prémio AICA/Ministério da Cultura (Arquitectura) polo conxunto da súa obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é perfectamente permeable á calor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pigmento do grupo das xantofilas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Tipógrafo. Redactor xefe da revista Galicia en Madrid, colaborou asiduamente na prensa galega da época. Entre outras obras, publicou La historia y sus héroes (1929), Los precursores de la libertad. Don Juan Díaz Porlier (1932), Los trovadores gallegos Macías y Rodríguez del Padrón (Premio da Real Academia Galega, 1944) e Influencia de Martínez Salazar sobre la cultura gallega (Premio da Real Academia Galega, 1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico literario e xornalista. Coñecido co pseudónimo de Alone, estudiou no seminario de Santiago e posteriormente no Instituto Comercial de Santiago e na Escuela Dental. Colaborador en numerosas revistas e xornais da época (La Unión, El Mercurio, Selecta, Corre-Vuela, El Diario Ilustrado e Zig-Zag), fixo unha grande achega á historia da literatura chilena cos seus estudios. Publicou, entre outras obras, La sombra inquieta (1916) e Memorialistas chilenos (1960). Foi membro da Academia Chilena de la Lengua, da Academia Chilena de la Historia e doutor honoris causa pola Universidad de Chile. Recibiu o Premio Nacional de Literatura en 1959.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. A súa obra caracterízase polo ton moralizante e polo coidadoso desenvolvemento da acción. Da súa produción destacan, El sobre en blanco (Premio Fastenrath, 1918), Un beneficio (1920), Pilar Guerra (1920) e El vuelo de la dicha (1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formouse en Madrid nos obradoiros de D. Vázquez Díaz. Integrouse no movemento vangardista madrileño e relacionouse, entre outros, con B. Palencia, M. Mallo e A. Sánchez. En 1929 viaxou a París onde coñeceu o cubismo. A súa obra mostra unha influencia de Braque e Matisse. Cultivou a paisaxe castelá e os bodegóns, cun predominio dos tons terra nas súas primeiras obras e cun achegamento á abstracción nas últimas. Destacan as súas obras Tierras (1962), Pueblo (1974), Tierra Azul (1982) e Mancha negra (1987). Recibiu o Premio Nacional de Pintura (1958) e o Premio Nacional de Artes Plásticas (1980). Doou o seu legado á Fundación Díaz Caneja de Palencia.

    VER O DETALLE DO TERMO