"URA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1529.

    1. Relativo ou pertencente á neurastenia.

    2. Que ou quen padece neurastenia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Foi un dos principais representantes do Círculo de Viena. De tendencia neopositivista, aplicou os ideais do positivismo lóxico aos problemas sociais e, xunto a R. Carnap, elaborou o fisicalismo. Publicou Einheitswissenschaft und Psychologie (Ciencia unificada e psicoloxía, 1933) e Le développement du Cercle de Vienne et l’avenir de l’empirisme logique (1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto que se presenta en forma de agullas de cor laranxa que funden a 270-272°C con descomposición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bacteriostático que se presenta en forma de lamelas amarelas que se descompoñen entre 236°C e 240°C. Emprégase en medicina como antibacteriana local.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de cementación ao que son sometidas as aliaxes de ferro, especialmente os aceiros, para endurecelos superficialmente e aumentar a resistencia á corrosión. Consiste en expor as pezas que se queren tratar á acción dunha corrente de amoníaco no interior dun forno a uns 500-550°C, que a esta temperatura se disocia, en contacto co ferro, en hidróxeno e nitróxeno, e este, por difusión na superficie da aliaxe, forma nitruros de ferro e dos outros metais que están presentes, de gran dureza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Someter unha aliaxe de ferro a un proceso de nitruración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cultura de África occidental que se desenvolveu entre os ss X a C e III, na rexión central da actual Nixeria. Tomou o nome dun pequeno poboado mineiro situado preto de Jos, capital do estado de Plateau. Os primeiros traballos producíronse nunhas minas de estaño e son pequenas cabezas humanas, feitas de terra cocida de corte realista, que por algúns trazos recordan as creacións artísticas das culturas nixerianas, moi posteriores no tempo (ss XIII-XIX), de Ife e Benin, e as tallas de madeira dos yorubas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto ou sistema de nomes que se empregan nunha rama da ciencia ou da arte.

      1. Conxunto de regras, de principios e de normas que se empregan para designar os diferentes taxons.

      2. nomenclatura binaria/binomial

        Método sistemático, establecido por Linné, para designar os xéneros e as especies e segundo o que cada ser ten un nome para o xénero, latino ou latinizado, escrito en cursiva e en maiúscula; e un nome para a especie, tamén latino ou latinizado, que recorda algunha característica da especie ou ben é o nome da persoa que descubriu a especie, un nome xeográfico ou un nome composto, escrito en cursiva e en minúscula.

    2. Conxunto de regras mediante as que se lles pode asignar un nome unívoco a calquera substancia simple ou composta. Durante moito tempo os químicos optaron por designar os elementos mediante nomes ou símbolos que facían referencia ás súas historias. O primeiro intento sistematizador foi a obra Méthode de nomenclature chimique (1787), de Guyton de Morveau, Lavoisier, Berthollet e Fourcroy, que establecía unha nomenclatura dual en que cada composto era designado por un nome xenérico, que definía a categoría á que pertencía, seguido dun adxectivo ou un complemento que o identificaba. Cando se coñeceu mellor a estrutura dos radicais podían formarse nomes funcionais certamente sistemáticos, o que deu lugar á denominada nomenclatura rádico-funcional, que aínda se emprega. O gran desenvolvemento experimentado pola química orgánica durante todo o s XIX e as limitacións inherentes ao sistema de nomenclatura rádico-funcional revelaron a necesidade de desenvolver un tipo sistemático...

    3. Lista que aparece cos planos dunha máquina, onde se dan indicacións sobre as pezas e a súa montaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Clasificación establecida pola Oficina de Estatística das Comunidades Europeas (1972) para dispoñer dun esquema único e coherente de clasificación territorial para a elaboración das estatísticas rexionais comunitarias co fin de harmonizar a recompilación, transmisión e publicación das estatísticas nacionais e comunitarias. É unha clasificación en tres niveis, en que os dous primeiros recollen a estrutura administrativa dos estados membros, e o terceiro, que é un nivel adicional, para delimitar territorios comparables economicamente. Desde 1998 utilízase na lexislación comunitaria dos Fondos Estruturais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PICOS

    Pico volcánico situado no centro da illa de Honshū, en Xapón (3.026 m de altitude).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargo ou dignidade do nuncio.

    2. Casa ou residencia do nuncio.

    3. Tribunal eclesiástico que está suxeito ao nuncio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xuíz castelán. Segundo as fontes dos ss XII e XIII, foi elixido en 924, xunto con Laín Calvo, Xuíz de Castela, nun intento dos casteláns de romper coa autoridade asturleonesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monumento prehistórico de Sardeña. En forma de torre, é case exclusivo desta illa e non se identificaron máis de 7.000. Corresponden á técnica arquitectónica chamada ciclópea ou megalítica, e están realizados con grandes bloques de pedra. Adoitaban ter carácter defensivo e elevábanse na parte central dos poboados. Foron edificados ou empregados desde a metade do II milenio ata os ss VI e III a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á civilización nuráxica.

    2. Cultura ou civilización que se desenvolveu en Sardeña e que recibe o nome dos nurague. Divídese en tres etapas: a primeira, que vai aproximadamente de 1500 a 1000 a C, a segunda, de 1000 a 500 a C, e a última que chega ao período da romanización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación política e cultural fundada na Coruña en 1963 que ten como obxectivos fomentar o estudo da cultura galega e a dos pobos afíns. Desenvolveu unha importante actividade galeguista coa celebración de conferencias impartidas por relevantes intelectuais, cursos de galego, realización de programas de radio e colaboracións en prensa. Así mesmo, destacou o seu activo labor teatral, coa creación do Grupo Independente de Teatro, posteriormente denominado Grupo de Teatro O Facho. En 1972 creou un concurso teatral co obxectivo de axudar ao desenvolvemento dun teatro infantil en galego. Dos seus fundadores e membros históricos destacaron H. Harguindey Banet, Andrés Salgueiro, Leopoldo Rodríguez, López Meneses e Miguel Anxo Fernán-Vello.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de abrir ou abrirse.

    2. Separación entre dúas cousas próximas, entre dúas partes dunha mesma cousa ou espazo baleiro nun corpo que deixa un oco entre elas e permite o paso a través das mesmas.

    3. Poro xerminativo dos grans de pole por onde xorde o tubo polínico.

    4. Espacio baleiro ou desocupado, situado nunha parede ou construción, que dá paso a un lugar ou permite a entrada da luz.

    5. Magnitude que mide a dimensión dos feixes de luz que, procedente do obxecto, penetran nun instrumento óptico. Nos telescopios e nas cámaras fotográficas, ten moito interese a abertura relativa, é dicir, o coeficiente d/f entre o diámetro d da pupila de entrada e a distancia focal f. Nos microscopios emprégase a abertura numérica.

    6. Nos ss XI, XII e XIII, consistía en devolver o feudo en poder do señor alodiario en caso de queixa, ou ben sen ela se a infracción habida non tivera perdón ou esmena.

    7. Treito articulatorio que se refire á distancia intermaxilar ou linguopalatal e que se emprega como característica relevante para cualificar os fonemas dunha lingua segundo o seu modo de articulación.

    8. Grao de diverxencia dos costados dun ángulo, dun compás, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de obturar.

    2. Peche dun orificio ou conduto por un corpo estraño que se introduciu nel.

    3. Restitución anatómica e funcional das estruturas dentais perdidas como consecuencia da carie, mediante un material restaurador axeitado. Os materiais de obturación máis empregados son a amálgama de prata, o cemento de silicato, as resinas, o ouro (coado e cohesivo) e a porcelana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que obtura ou serve para obturar.

      1. Mecanismo que se utiliza para obturar.

      2. Dispositivo que na cámara fotográfica regula o tempo de exposición da superficie sensible á luz. Os obturadores poden ser, basicamente, de iris ou de cortina. O obturador de iris (ou central) consiste en diversas láminas metálicas que forman unha sorte de sector circular e que, accionadas por un resorte, converxen cara ao eixe óptico e se imbrican, pechando totalmente o obxectivo. O obturador de cortina (ou focal) consiste en dúas láminas enrolables, unha en cada extremo, dispostas como dúas cortinas que se separan ao enrolarse e se achegan ao desenrolarse. Neste caso, a exposición ten unha dobre regulación: por unha banda, a abertura ou separación das dúas láminas, e por outra, o tempo que permanecen separadas. Isto permite unha gran variedade de instantáneas normais. Algunhas cámaras de uso científico incorporan obturadores de alta velocidade, baseados en dispositivos electrónicos.

      3. Dispositivo que na cámara cinematográfica impide a chegada da luz á superficie sensible no lapso durante o que o mecanismo de avance da película a fai correr entre dous fotogramas consecutivos.

      4. Mecanismo que é preciso colocar entre a recámara e o peche dunha peza de artillaría para evitar a fuxida de parte dos gases do tiro, coa conseguinte perda de potencia e o desgaste do peche. As armas que disparan cartuchos ou proxectís con vaíña non requiren deste mecanismo.

      5. Dispositivo que se emprega para pechar un recinto ou unha condución, ou para interromper a comunicación entre eles, como poden ser as billas e as válvulas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tapar ou pechar unha abertura ou un conduto.

    2. Restaurar, mediante materiais adecuados, a estrutura das moas ou os dentes afectados pola carie.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Invertebrado equinodermo da clase dos ofiuroideos.

    2. Ofiura que presenta un disco circular de ata 5 mm de diámetro e brazos curtos, delgados, catro veces maiores ca o disco e provistos de espiñas cónicas e curtas. Son de cor azulada-abrancazada e poden atoparse baixo pedras ou algas, ata os 250 m de profundidade. Están presentes nas costas galegas e distribúense polo Mediterráneo, Atlántico e mar do Norte.

    3. Ofiura que presenta un disco pentagonal de ata 2 cm de diámetro, cunha serie de espiñas en forma de V, situadas na base de cada brazo, que son ata 5 veces o diámetro do disco. Son de cor variable, entre vermello e violeta ou pardo. Viven baixo as pedras, algas ou cunchas, ata os 350 m de profundidade. Está presente en Galicia e distribúese igual que a ofiura branca.

    4. Ofiura que ten un disco de 2 ou 3 cm de diámetro e uns brazos, de ata 10 cm, finos e que se estreitan no ápice. Posúen espiñas branquiais largas e ocas. Son de cor parda ou negra, coas espiñas máis claras. Viven en fondos areosos ou baixo pedras, ata os 400 m de profundidade. Está presente en Galicia e ten a mesma distribución ca as especies anteriores.

    VER O DETALLE DO TERMO