"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Ópera en dous actos de Wolfgang Amadeus Mozart, con libreto de Lorenzo da Ponte, baseada en diferentes versións (Molière, Goldoni, Giovanni Bertati) do mito de don Xoán. Foi estreada en Praga no ano 1787.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra dramática estreada por José Zorrilla o 28 de marzo de 1844. Considérase a peza máis representativa do teatro romántico español. É unha recreación do mito de don Xoán, arquetipo do sedutor temerario e inconstante. Divídese en dúas partes, a primeira adapta o esquema das comedias de capa e espada coa historia do libertino, mentres que a segunda se centra nos principios do drama relixioso, que culmina coa salvación do pecador. A acción concéntrase en dúas noites, separadas por un intervalo temporal de cinco anos. A primeira parte presenta un protagonista ousado coas mulleres e valente cos homes, precedido por un longo historial de duelos e pelexas. A aparición de don Luis Mejía, o seu antagonista, é un elemento central da trama. Entre eles establécese unha rivalidade que se resolve na enumeración dos mortos e conquistas respectivas ante os partidarios de cada un, seguida dunha dobre aposta: a sedución de dona Ana, a prometida de don Luis, e de dona Inés, a de don Juan. No espazo de poucas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Santiago de Compostela a partir de novembro de 1894, que levou por subtítulo “Semanario escolar, festivo y literario”. Contou coas colaboracións de M. Lois Vázquez, Toñífero, Mascarita, Ramón Martínez Esparis, Látigo e Heraclio Pérez Placer. Editábase todos os sábados e imprimíase nos obradoiros tipográficos de Fernández Tafall Hermanos. Dividiuse nas seccións: “Mezclilla semanal”, “Murmuraciones”, “Plumazos”, “Por teléfono”, “Cantares” e “Charada”. No apartado literario incluíronse fragmentos de textos e de poesías, entre eles un dedicado a Ramón Núñez, de Filomena Dato Muruais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe literario que representa o sedutor dominado por un afán de conquista amorosa ilimitado, irrespectuoso coa relixión e co estado. Apareceu por primeira vez na peza teatral El burlador de Sevilla y convidado de piedra (1616), atribuída a Tirso de Molina, ligado a dous temas que se repetirán en todas as versións: o do libertino ou burlador e o do castigo final. Os compoñentes máis antigos do mito remóntanse aos romances do s XVII, que presentan un mozo que tropeza cunha caveira, observa unha estatua funeraria ou entra, dalgún modo, en contacto coa morte e, de forma irrespectuosa, invítaa a cear. A caveira, ou o seu equivalente, acode á cita, invitando á súa vez o anfitrión, que neste terceiro encontro recibe un castigo de ultratumba polo seu comportamento irreverente cos mortos. Tirso engadiu o terceiro compoñente esencial: o seu personaxe tampouco respecta os vivos, comprácese en enganar as mulleres e non dubida en matar a quen se interpoña. O castigo final resulta, así, dobremente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Begonte. Construída durante os ss XVIII e XIX, ten planta rectangular cunha soa nave, con cuberta a dúas augas, e capela maior con cuberta a catro augas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo terreo real de caza, situado en Huelva, orixe do parque nacional de Doñana. En 1624 era propiedade do duque de Medina Sidonia, logo pasou ao duque de Tarifa e máis tarde ao marqués de Borghetto. No 1964 converteuse nunha estación biolóxica do mesmo nome que deu orixe ao parque nacional (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espacio natural protexido que ocupa unha superficie de 50.720 ha -das que 10.000 son de propiedade pública- no golfo de Cádiz, na marxe dereita e na desembocadura do río Guadalquivir, dividido entre as provincias de Huelva, Cádiz e Sevilla. Propiedade entre 1309 e 1897 da Casa de Medina-Sidonia, que a obtivo logo da conquista aos árabes, empregouse fundamentalmente como couto de caza e débelle o nome a doña Ana de Silva y Pantoja, que viviu nun pazo no interior do coto a finais do s XVI. Foi declarado parque nacional en 1969. Alberga fundamentalmente tres ecosistemas relacionados: os complexos litorais de praia e dunas, as matogueiras ou cotos, e as marismas. Limita ao N co parque natural de Doñana (54.250 ha), declarado en 1989 e xestionado polo Goberno de Andalucía; nel pódense encontrar matogueiras mediterráneas, áreas húmidas estacionais e arrozais. A marisma forma unha gran planicie semiacuática e lamacenta de 22.000 ha atravesada por correntes de auga -denominadas caños-,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor, farmacéutico e político. Licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (1911), doutor en Farmacia pola Universidad de Madrid e licenciado en Químicas pola Universidad de Oviedo (1919). Foi presidente do Colegio de Farmacéuticos de Oviedo, subdelegado de farmacia, deputado (1924-1927) e cronista oficial de Viveiro dende 1946. Colaborador de España Farmacéutica, Revista General de la Marina, Boletín de la Real Academia Gallega e Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo, cultivou os temas históricos. Entre as súas obras destacan Juan Dutton y sus descendientes (1952) e Historia de Vivero y su concejo (1953). Membro correspondente da Real Academia Galega, en 1936 recibiu o Premio Carracido polo seu labor científico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro dúplice que estivo situado en San Pedro de Donas (Boqueixón).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Gondomar. Pertenceu a un antigo mosteiro de monxas beneditinas fundado en tempos de Afonso VII e disolto en 1455. De estilo románico, construíuse no terceiro cuarto do s XII e modificouse a finais do s XVIII e principios do s XIX. Ten unha soa nave e ábsida rectangular. No lado norte engadíronse dous corpos: unha sancristía e unha capela e, entre esta e a fachada principal, un terceiro corpo que funciona como almacén. A ábsida está cuberta cunha bóveda de canón apuntada reforzada por dous arcos faixóns, apoiados sobre columnas entregadas que teñen bases áticas con poutas e capiteis decorados: os do primeiro arco debían ser vexetais, pero apenas se conservan, mentres que os do segundo presentan un, a Virxe co Neno nos brazos, ambos os dous coa man dereita levantada en sinal de bendicir, acompañados doutros dous personaxes; o outro ten nunha esquina tres personaxes agarrando algo. Entre as columnas, nos laterais da capela, ábrense fiestras de medio punto con arcos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro de Cascas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo italiano. Descubriu seis cometas, entre eles o 1858 VI. Foi un dos primeiros en investigar os espectros estelares para determinar a composición dos astros. A partir do 1864 aplicou o mesmo método ao estudo dos cometas, e concluíu, de xeito erróneo, que a materia da que se constituían estaba en estado gasoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Estudiou na Accademia di Santa Cecilia de Roma, asistiu a cursos en Darmstadt e posteriormente exerceu a docencia en distintas entidades musicais de Italia e en Berlín. Nos seus comezos seguiu a Bartók e Hindemith para inclinarse máis adiante polas correntes vangardistas de Darmstadt e polo serialismo e o azar. Entre as súas obras destaca For Grilly (1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santiago de Doncos (As Nogais). Pertenceu aos Valcárcel e en 1603 a Fernando de Toledo. Só conserva a torre da homenaxe, construída con cachotería de lousa. Ten planta cadrada con tres alturas e soto. Conserva a porta de acceso formada por un arco de medio punto. Foi escenario da lenda da Anca que narra a historia dun dos trece cabaleiros cristiáns de León que, obrigados a defender os cristiáns coas armas, viu como unha parella era atacada polos musulmáns. Un deles tentou fuxir coa muller montada na anca do seu cabalo e ao ver os cabaleiros, cortou a cabeza da muller para que ninguén puidese liberala. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada nas Nogais. Fundada polo conde de Ayala e Monterrey en 1610, sufriu o asalto dos franceses en 1809. De planta rectangular, ten unha nave, con cuberta a dúas augas, e un presbiterio de maior altura cuberto cunha bóveda de aresta. O retablo maior é neoclásico cunha imaxe de Santiago peregrino. Conserva unha capela lateral, realizada segundo unha inscrición no ano 1628, cun arco rebaixado, unha bóveda de canón e cun retablo barroco con columnas salomónicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director cinematográfico estadounidense. Un dos mestres da comedia musical, realizou con Gene Kelly On the Town (Na cidade, 1949), Singing in the Rain (Bailando baixo a chuvia, 1952) e It’s Always Fair Weather (1955). Dirixiu tamén Seven Brides for Seven Brothers (Sete mozas para sete irmáns, 1954). Coa comedia de enredo obtivo éxitos como Charade (Charada, 1963), Two for the Road (Dous na estrada, 1966), Movie Movie (Cine cine, 1978), Blame it on Rio (Lea en Rio, 1984) e Radio Flyer (1991). Obtivo un Oscar honorífico en 1997.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santiago de Catasós (Lalín). Segundo a inscrición dun brasón que alude á familia Montenegro, puido erixirse en 1741. Construíuse con cachotería e perpiaños. Destaca a solaina de tripla arcada pechada con balaústres de estilo barroco. No seu interior conserva un patio con arcos sobre piares. No exterior, destaca outro brasón que fai referencia ás familias Salgado, Varela e Oxea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor holandés. Estableceuse en París en 1897 e nacionalizouse francés en 1929. Foi membro do grupo fauvista (1906) e en 1908 expuxo cos expresionistas alemáns do grupo Die Brücke. Nas súas viaxes por Europa estivo en España, onde realizou, entre outros, o retrato Juana la Macarrona (1910) e participou na Exposición Internacional de Pintura y Escultura de Bilbao (1919). Creou unha obra chea de cor e gran forza expresiva, con escenas do music hall, retratos femininos e personaxes da alta sociedade parisiense e paisaxes. Entre outras destacan O vello Clown (1906) e Dona das xoias (1908). Colaborou, entre outras publicacións, en Rotterdamsche Nieuwsblad e Revue Blanche.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Saint Jean-Pied-de-Port.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Saint Jean-de-Luz.

    VER O DETALLE DO TERMO