"Az" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2426.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen non traballa ou non lle gusta traballar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estar voluntariamente sen traballar ou sen facer nada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de folgazán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Mira (Zas). Ten planta en forma de L con dependencias engadidas no extremo sur. Está cuberta con tella curva a catro augas. Na fachada norte conserva un escudo coas armas dos Figueroa, Leis e Caamaño. Conserva a capela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en San Vicente de Mañufe (Gondomar). Ten planta en forma de L, produto dos sucesivos engadidos, e dúas alturas. Conserva unha solaina á que se accede por unha escaleira e un patín sen varanda nin tellado. Mantén unha capela de planta rectangular. Está rodeado dun muro. Pegada á capela sitúase a porta de acceso, onde destaca un brasón partido cos escudos de armas dos Acuña e Castro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Beba (Mazaricos). Ten planta rectangular e dúas alturas comunicadas por unha escaleira dun tramo. Sufriu modificacións na cuberta. Conserva na fachada dous escudos de armas simétricos.
-
PERSOEIRO
Licenciado en Filosofía e Letras (1956) e doutor en Historia (1970) pola Universitat de Barcelona. Dedicouse sobre todo a traballar sobre os modelos de transición do Antigo Réxime ao capitalismo, a formación do mercado na Península Ibérica, as revolucións de 1820 e 1868 e as relacións entre o diñeiro público e o desenvolvemento económico. Da súa extensa bibliografía salientan La quiebra de la monarquía absoluta, 1814-1820 (1972), que foi a súa tese doutoral, Cambio económico y actitudes políticas en la España del s XIX (1973), La crisis del Antiguo Régimen (1808-1833) (1979), España bajo el franquismo (1986) e Europa ante el espejo (1994). Dirixiu a Historia Universal Planeta, composta por doce volumes, e foi o autor do volume La época de las revoluciones (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Boiro. Ten planta en forma de U, aínda que na parte posterior adopta a forma de L. Os balcóns nos laterais da fachada son dunha reforma posterior á construción da vivenda, o mesmo que a cheminea e a galería.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Vixoi (Bergondo). Pertenceu ao mosteiro beneditino de Sobrado dos Monxes. Ten planta en forma de L e dúas alturas, agás no S, onde se lle engadiu unha terceira. Na fachada N conserva un balcón corrido con balaústres de madeira, apoiado en ménsulas de madeira. No patio de entrada hai un hórreo de madeira que conserva unha inscrición de 1666.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Ucelle (Coles). Ten planta en forma de U, con dúas alturas, pero coas ás laterais de diferente tamaño, de xeito que se forma un patio con planta en forma de L. No patio sitúase un balcón apoiado en seis canzorros. Os escudos que conserva fan referencia aos Nóvoa, Puga, Arias, Vilamartín, Toubes, Temes, Rajoy, Deza, Cardórniga, Bóveda e Salgado. Conserva unha capela pegada, un hórreo e un pombal. Está cercado por un muro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Bribes (Cambre). De planta rectangular, conserva nunha das fachadas laterais unha pedra de armas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en San Xoán de Ribeiras de Lea (Castro de Rei). Ten planta rectangular alongada de dúas alturas. A capela e o alpendre están unidos ao corpo principal e o conxunto adoita a forma de U e forma un patio. Pegada á fachada está a escaleira de acceso á planta superior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Santa Cruz de Parga (Guitiriz). Ten planta rectangular. Conserva a capela e as construcións adxectivas como os alpendres, e está amurallada
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Iñás (Oleiros). Ten planta en forma de L con escaleira. Conserva escudos que aluden aos Montenegro, Paz, Ribera, Andrade, Ribadeneira, Lemos, Sarmiento e Gayoso, entre outros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Campo Lameiro. Ten planta de forma cadrada e escaleira exterior. O portón conserva as ameas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Santa Mariña da Pumarega (Castroverde). Ten planta rectangular e dúas alturas. A planta nobre está rodeada por unha solaina que descansa sobre grosas columnas. Conserva a pedra de armas e unha escaleira exterior. Ten muro de pedra.
-
GALICIA
Historiador e canonista. Doutor en Xurisprudencia e licenciado en Canons (1835), foi catedrático en Barcelona, Salamanca e Sevilla antes de converterse no reitor da Universidad Libre de Vitoria. Colaborou coa Igrexa en materia de dereito canónico e na continuación do libro do padre Flórez La España Sagrada. Dirixiu La Gaceta de Oñate e foi redactor de La Esperanza. Entre os seus escritos destacan “Instituciones canónicas de Devoti”, “Concordia de la Iglesia y el estado en la época de la España goda” (1857), “Estado de los estudios históricos en España durante el reinado de Carlos II” (1860) e un traballo inédito sobre o Colexio de Fonseca. Foi membro da Real Academia de la Historia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Biólogo e historiador das ciencias. Catedrático de Bioloxía e Xeoloxía de Ensino Secundario. Pioneiro do movemento ecoloxista en Galicia na década de 1970. Dende principios da década de 1980 céntrase no estudo da Historia das Ciencias, e coordina o Grupo de Traballo Interdisciplinar Ramón María Aller de Historia das Ciencias e das Técnicas dende 1987. En 1994 pasa a dirixir, e posteriormente codirixir, a publicación Ingenium, do Seminario de Estudos Galegos, e en 1995 entra no consello de redacción da revista Llull, publicada pola Sociedad Española de Historia de las Ciencias y de las Técnicas. Publicou numerosos artigos sobre ensino e historia das ciencias e coordinou o Dicionario Histórico das ciencias e das técnicas de Galicia (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Porto (Cabanas). Ten planta en forma de L formada por dous corpos rectangulares coa escaleira exterior adaptada ao ángulo. Reformouse en 1945 e engadíuselle unha galería acristalada erixida sobre un pórtico de formigón. O escudo trasladouse ao Arsenal de Ferrol.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Frairía (Castroverde). Ten planta cuasicuadrangular con patio central interior. As plantas nobres son de cachotería con cantería e o patio de perpiaños de granito. Conserva a capela pegada ao edificio pola parte posterior.