"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

    1. Acción e efecto de computar.

    2. Ciencia do tratamento automático da información por medio de máquinas electrónicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á computación.

    2. Método de estudo da linguaxe que se serve das técnicas informáticas e dos ordenadores para traballar e estudar os problemas referidos á tradución mecánica das linguas naturais, a recuperación de información e a intelixencia artificial para a inte-ración verbal con máquinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de computadorizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de comunicar ou de comunicarse.

      2. Proceso mediante o que se establece un intercambio verbal de información no que un individuo, chamado emisor, produce un enunciado ou mensaxe, destinado a outro, chamado receptor ou destinatario. Comprende dúas fases, a emisión e a recepción da mensaxe, denominadas respectivamente codificación e descodificación. A codificación consiste na transformación dunha serie de conceptos e contidos que se desexan transmitir, en sinais acústicos, convertidos en enunciados lingüísticos. A descodificación correspóndese coa comprensión dos sinais recibidos pola vía auditiva. Aos tres elementos básicos da comunicación engádense o contexto, o código e o contacto. Calquera acto de comunicación sucede sempre nun contexto determinado, isto é, nunha situación espacial e temporal concreta. Ademais, o proceso precisa do manexo dun código común que permita a intercomprensibilidade, un conxunto de sinais e de regras de combinación...

      3. Transmisión de información dun punto a outro mediante un enlace telefónico, telegráfico, radioeléctrico, ou vía satélite.

      4. Feito de transmitir unha mensaxe, establecendo unha relación e unha interacción sociais. A fonte, ou punto de orixe, pode ser de natureza individual ou colectiva. A comunicación materialízase na mensaxe, composta de signos ou símbolos, servíndose de medios de comunicación auditivos, visuais ou táctiles e, en xeral, mediante calquera forma, sinal ou medio susceptible de ser interpretado. A maneira na que a mensaxe se concibe, exteriorizada, transmitida, recibida e interpretada, determina a efectividade e a consecución dos fins que persegue. Respecto á socioloxía, a comunicación ten un papel importante polo que representa en función das clases sociais, en relación co poder político e coa orixe e desenvolvemento das ideoloxías, ou respecto á educación dos cidadáns, etc. Filosoficamente, o problema da comunicación foi sempre obxecto de reflexión. Platón e Séneca falan da amizade como o elemento máis puro da relación interpersoal. Kant referiuse ao respecto, e Max Scheler, á simpatía. Para Jaspers,...

      5. comunicación animal

        Transmisión de información entre animais, normalmente da mesma especie, que ten como finalidade provocar un cambio na conduta. Pode realizarse para localizar o alimento, para a cohesión do grupo, a advertencia de perigos, a indicación da posición dentro da xerarquía social, a solicitude de atención, a identificación doutros membros da mesma especie ou para informar da receptividade sexual. Os sistemas de comunicación de cada grupo animal están en relación coas súas características fisiolóxicas, a precisión da mensaxe necesaria e o medio ambiente no que vive a especie. A diferencia da comunicación humana, os animais limitan o intercambio de información ao que, polo menos un deles, está percibindo no mesmo momento da comunicación. Isto ten como consecuencia que os animais só poden transmitir información relativa ao presente. Unha función básica da comunicación é a identificación correcta da parella para evitar as hibridacións entre distintas especies. Este é o papel primordial dos cantos...

      6. medio de comunicación

        medio de comunicación.

      7. comunicación de masas /

        Transmisión de significados culturais que se dirixe a un gran público. Faise a través dos chamados medios de comunicación de masas ou mass media: prensa, radio, televisión, cinematografía, etc. En función da finalidade e do contido da comunicación, pode considerarse como información, propaganda, publicidade ou relacións públicas. A socioloxía destaca a súa importancia como medio de control social que perpetúa o sistema establecido.

      8. comunicación non verbal /

        Acción de comunicarse a través da linguaxe corporal sen que interveña a linguaxe oral ou a escrita. Emprega dous tipos de sistemas de expresión: os sistemas visuais, caracterizados pola transmisión de información por medio de movementos e actitudes corporais; e os sistemas icónicos, baseados na comunicación a través de imaxes e símbolos.

      9. comunicación teatral

        Proceso de intercambio de información que se produce entre diferentes emisores e receptores que participan na representación en diversos planos. Primeiro hai que considerar a comunicación dramática, que é aquela que se produce entre os personaxes, ou a que se establece entre o personaxe e o público, que pode revestir diversas variantes e funcións. Despois estaría a comunicación propiamente teatral, a que se produce, de forma bidireccional, entre os actores, entre actores e personaxes, entre actores e espectadores, ou entre os propios espectadores. Os procesos de comunicación dramática e teatral constitúen o obxecto de estudo da semioloxía, da teoría da interpretación e das teorías da recepción, e están directamente relacionados cos tres procesos básicos da arte teatral: a interpretación, relación entre un actor e un personaxe; a actuación, xogo de relacións entre personaxes e actores; e a representación, un novo xogo relacional entre a escena...

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa fundada en maio de 1990 en Santiago de Compostela e dirixida por César Conde Cid, que se dedica ao sector da comunicación e da publicidade. Como empresa de servicios integrais de comunicación, encárgase da difusión dos produtos de determinadas empresas, á parte doutros traballos relacionados co márketing e coa comunicación institucional. Organiza tamén eventos, estudios de mercado e conta cun servizo de relacións públicas. Entre os seus clientes figuran diversas empresas do sector comercial, da banca e do mundo editorial, ademais de fundacións, museos, teatros e institucións relacionadas coa Xunta de Galicia. Asesoraron no campo da publicidade e da comunicación a Bodegas Martín Codax e realizaron a campaña de comunicación do proxecto Compostela 2000, Capital Cultural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido carlista que, durante a Segunda República, agrupaba as tendencias ortodoxa, integrista e tradicionalista do carlismo. Desenvolveu diversas estratexias políticas, entre elas, formar un grupo no Congreso cos nacionalistas vascos, aínda que tiñan proxectos políticos opostos, crear a coalición política TYRE (Tradicionalistas y Renovación Española) co partido monárquico afonsino Renovación Española, e, finalmente, achegarse ás posturas cercanas ao derrocamento da República. Durante a Guerra Civil organizou os requetés en Navarra e Catalunya, e en 1937 foi un dos integrantes de Falange Española Tradicionalista y de las JONS.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento fundado en 1969 polo sacerdote milanés Luigi Giussani coa finalidade de potenciar a presenza directa e activa dos católicos nos eidos cultural, social e político. Coñecido coa sigla CL (Comunione e Liberazione), suscitou a creación da Fraternidade CL, recoñecida no ano 1992, e da asociación Memores Domini, integrada por laicos que cumpren a castidade. Unha das actividades do movemento é a reunión anual, en Rimini, para a amizade entre os pobos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto das funcións volitivas desde o impulso intencional ata a realización da acción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Teito en forma de bóveda.

    2. Conxunto de compartimentos en que se divide un espacio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de concatenar ou concatenarse.

    2. Figura de dicción que consiste no establecemento dunha repetición en serie, de xeito que cada frase ou verso comece coa parte final do verso ou frase precedente. A reiteración continuada implica cambios nas funcións sintácticas das palabras repetidas.

    3. Operación de unir dúas ou máis cadeas de caracteres. Por exemplo, “ABC” concatenada con “DEF” é igual a “ABCDEF”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de concelebrar. A concelebración eucarística, habitual en Oriente, estendeuse despois do Concilio Vaticano II pola Igrexa latina, na que, durante séculos, estivo reducida ás misas de ordenación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de concentrar ou concentrarse.

    2. Acción de fixar a atención nunha cousa concreta.

    3. Agrupamento de persoas nun lugar coa finalidade de manifestarse.

      1. Proceso mediante o que se incrementa a cantidade dunha substancia que existe nun volume de espacio, como, por exemplo, o incremento da cantidade de soluto contido nunha unidade de volume de solución mediante a evaporación.

      2. Cantidade dunha substancia nunha unidade de mestura, solución ou mineral que a contén. No caso dunha disolución, exprésase normalmente como a porcentaxe (en peso ou en volume) de solución na disolución; como o número de moles ou de equivalentes de soluto por litro de disolución (molaridade e normalidade, respectivamente); ou ben como o número de moles por quilogramo de disolvente (molalidade).

    4. Agrupación do exército en pé de guerra na zona de operacións para iniciar unha campaña.

    5. Tratamento do mineral tal e como sae da mina para separar o mineral da ganga e enriquecelo antes de extraer o metal. Os procedementos máis empregados (flotación, concentración de táboas estriadas, etc) baséanse nas diferencias de densidade, de medida ou de forma das partículas ou dos terróns a separar. Aplícanse tamén métodos magnéticos mediante a acción de electroimáns que separan os materiais paramagnéticos dos que non o son, e métodos electrostáticos baseados na acción dun campo eléctrico sobre as partículas susceptibles de adquirir unha carga superficial.

    6. Proporción, en relación co espazo circundante, dun fenómeno determinado e cuantificable rexistrado nun territorio concreto. Supón, en termos comparativos, unha maior relevancia do espazo afectado por ese proceso. A súa significación xeográfica presenta diversas perspectivas en función da escala territorial empregada: pódese falar de concentración a nivel mundial, continental, estatal, rexional e, incluso, local. Tamén afecta a distintos aspectos da realidade: existe unha concentración demográfica (determinada polo incremento demográfico de certos espacios respecto doutros), económica (pola acumulación diferencial no espazo da produción ou do emprego), de actividades (aparecen territorios cunha relevancia agrícola, industrial ou de servicios moi superior a outros), de benestar (derivada da existencia de rexións cun nivel de vida superior) ou de recursos naturais (relativa á evidente acumulación de minerais, de certos cultivos ou recursos enerxéticos en áreas moi concretas). En Galicia existen...

    7. campo de concentración.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de concibir unha femia un novo ser.

    2. Acción e efecto de formar unha idea na mente.

    3. Representación non perceptiva.

    4. Corrente sociolóxica identificada cos positivistas lóxicos e cos neopositivistas dos círculos de Viena e Berlín. Por mor do auxe do nazismo alemán tiveron que exiliarse a países anglosaxóns. Os seus principais membros foron Carnap, Hempel, Reichenbach e Nagel. Entre os seus trazos definitorios destacan a idea do progreso científico como un proceso acumulativo de ampliación e perfeccionamento de teorías, a defensa do dedutivismo como modus operandi na construción de teorías sociolóxicas e a idea de unidade da ciencia, é dicir, a existencia dunha única ciencia sobre a realidade. Esta teoría comezou a discutirse a finais da década de 1950, pero en 1969, coa difusión da obra de Kuhn sobre o paradigma e a revolución científica, minguou o seu papel predominante na socioloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da rexión de Bio Bío, Chile, na marxe dereita do esteiro do río Bio Bío (362.589 h [1997]). Situada nunha rica área agrícola e mineira, experimentou un notable crecemento demográfico no s XX. Forma unha conurbación con Talcahuano. Fundouna en 1550 Pedro de Valdivia co nome de Concepción del Nuevo Extremo. Destruída polos araucanos e afectada por diversos terremotos, en 1751 trasladouse á localización actual e en 1764 recibiu o nome de Concepción de la Madre Santísima de la Luz. Trala súa conquista polos independentistas en 1813, converteuse na sede da proclamación da independencia de Chile o 1 de xaneiro de 1818. Do seu patrimonio cultural destaca o edificio do Mercado, obra de Müller e Weiner, e o santuario de La Candelaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Paraguay (18.051 km2; 183.280 h [estim 1998]). A súa capital é Concepción (22.866 h [1982]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome feminino procedente do latín conceptiōne(m) ‘concepción’, voz derivada do verbo concipio ‘conter’ a través de concepire semina ‘concibir, quedar preñada’. Presenta as variantes populares Conceizón e Conceución, e os hipocorísticos Conseiza, Concha, Conchiña, Chicha, Choncha, Nenuca e Lala. A doutrina da Inmaculada Concepción afirma que María, en virtude da graza preventiva de Cristo, foi preservada do pecado orixinal desde o instante en que foi concibida. Esta crenza, sen testemuño explícito na Biblia, foi aprobada por Sisto IV (1476) e definiuna como dogma de fe Pío IX (8.12.1854) na bula Ineffabilis Deus, tras moitos séculos de discusións teolóxicas e despois dunha tradición piadosa popular. Non obstante , grandes teólogos, como san Bernaldo de Claraval, santo Alberte Magno, san Boaventura, san Tomé de Aquino e, posteriormente, a escola dominicana,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista dedicada á investigación e á didáctica que se editou en Ferrol a partir de 1982 e ata 1991 aproximadamente. Subtitulada “Publicación cuatrimestral de Investigación y Didáctica”, os seus directores foron Edelmiro Gil, Javier de Fuentes e José A. Ponte. Tratou temas variados, dende a poesía, a filoloxía ou a heráldica, ata as matemáticas, a informática, o medio ambiente, a bioloxía, a agricultura, a pesca ou a alimentación. Os artigos acostumaban levar bibliografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recinto fortificado situado á beira do río Miño en Goián (Tomiño). Construíuse tralas invasións portuguesas de mediados do s XVII baixo o patrocinio do conde de Prado. En 1673 erixiuse no seu recinto o castelo de San Lourenzo. Declarouse Ben de Interese Cultural en 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou de Santo Antonio de Cedeira Recinto fortificado situado na punta Sarridal. Erixiuse coa finalidade de mellorar o sistema defensivo dun enclave portuario acostumado a sufrir incursións marítimas. O seu proxecto foi obra do director de pilotos Domingo Pérez, que no ano 1747 aproveitou a colaboración da poboación de Cedeira e os 9.000 reais de presuposto para construír un recinto de planta hexagonal, ameado e dotado de patios interiores con dependencias residenciais para a tropa e polvoreira. Malia os intentos de reconstrución deseñados polo enxeñeiro militar Miguel de Hermosilla, e posteriormente por Antonio López no último terzo do s XVIII, non se acometeron obras de ampliación e mellora. Ata finais do s XX non comezaron as obras de acondicionamento do recinto para albergar un museo etnográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á congregación relixiosa da Inmaculada Concepción de María.

    2. Membro da congregación relixiosa feminina consagrada a honrar á Inmaculada Concepción de María, fundada en 1848 en Toledo por Beatriz de Silva e posta baixo a protección e obediencia dos franciscanos.

    VER O DETALLE DO TERMO