"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Calidade de ecuánime.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Punto imaxinario empregado nunha modificación do sistema ptolemaico que explica as anomalías que presentaban os movementos planetarios no modelo primitivo daquel sistema. A mellora consistía en considerar que un planeta percorre con velocidade uniforme unha circunferencia (epiciclo) da que o centro A percorre á súa vez unha circunferencia de centro C (deferente), pero o movemento angular de A non é uniforme respecto a C, senón respecto a un punto E, situado a unha distancia de C, igual á distancia que hai entre a posición T da Terra e C, aínda que na banda oposta. Este punto E é o ecuante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Guinea Ecuatorial ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Guinea Ecuatorial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Ecuador ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Ecuador.

    3. Arte desenvolvida en Ecuador. As culturas precolombinas están pouco estudiadas. Entre as primeiras manifestacións prehistóricas destaca o asentamento de Inga, ao L de Quito, datado entre o 9000 e o 5000 a C, e do que se conservan puntas de proxectil. Cara ao 8000 a C, desenvolveuse unha industria lítica na costa e, entre o 3900 e o 2300 a C, a cultura valdivia, da que destacan os poboados de Valdivia, San Pedro, Loma Alta e Real Alto, onde se localizaron enterramentos baixo o chan das vivendas. Esta cultura foi unha das primeiras de América en posuír centros cerámicos e utensilios domésticos, mesmo creou unhas figuras femininas semellantes ás venus, caracterizadas polos seus tocados. Na mesma época xurdiu no S do país a cultura de Cerro Narrío (2800 a C), representada pola cerámica decorada con finas liñas vermellas e polo traballo, entre outros materiais, da pedra, dos ósos, das cunchas e dos metais. Do período comprendido entre o 2250 e o 1320 a C consérvanse pequenas figuriñas decoradas...

    4. A obra fundamental da narrativa do s XIX é a produción de Juan Montalvo (1832-1899), con obras como Siete tratados, Las Catilinarias, Geometría moral ou Capítulos que se le olvidaron a Cervantes, nas que reflite unha preocupación política e moral. A novela do s XIX manifesta preocupacións costumistas e unha forte influencia francesa que desembocou na corrente realista. Destacan Alfredo Baquerizo Moreno (El señor Penco, 1895), J. León Mera (Cumandá o un drama entre salvajes, 1879) e Manuel J. Calle (Historia de un crimen, 1897). Coa obra Plata y bronce (1927), de Fernando Chávez, apareceu a primeira novela indixenista, corrente que seguiu posteriormente Jorge Icaza con obras como Huasipungo (1934). Esta influencia realista e indixenista tamén continuou no chamado Grupo de Guayaquil, representado, entre outros, por José de la Cuadra, Demetrio Aguilera Malta e Alfredo Pareja. Creador dunha obra exaltada e chea...

    5. A música ecuatoriana está influída notablemente pola cultura indíxena, europea e africana. Polas referencias localizadas nas crónicas e documentos históricos, pode afirmarse que tanto a música popular europea como a música africana foron introducidos polos colonizadores e polos escravos africanos. Da música indíxena anterior á etapa colonial case non quedan manifestacións, debido ao feito de que carecían dun sistema de notación, e os instrumentos empregados eran basicamente de vento e percusión (bombo, caixa, xilófono, ocarina, frauta, etc). Entre os cantos e danzas típicas destacan a guaranda, o danzante, o pasacalle, o yaraví, o albazo, o pasillo, o sanjuanito e o yumbo. Durante a etapa colonial, a música era case na súa totalidade de carácter relixioso, xa que os músicos da época mantiñan unha forte relación coa Igrexa ao ser directores de coros ou mestres de capela. Coa República agromou a música de carácter popular,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenista sueco. Debutou como profesional en 1984, despois de que o ano anterior se convertese no primeiro xogador que gañou os catro torneos do Grand Slam (Open de Australia, Wimbledon, Roland Garros e EE UU) en categoría junior. Ata a súa retirada do circuíto profesional en 1996, gañou un total de 41 títulos individuais sobre todas as superficies. Entre eles, destacan os dous triunfos no Open de Australia (1985 e 1987), outros dous en Wimbledon (1988 e 1990) e dous máis no Open dos EE UU (1991 e 1992). Tamén gañou o Master’s en 1989 e foi o número 1 da clasificación mundial da ATP (Asociación de tenistas profesionais) durante 72 semanas, entre 1990 e 1992. En dobres, tamén conseguiu ser número 1 a nivel mundial, gañou 18 títulos, 4 deles do Grand Slam: o Open de Australia e o dos EE UU, con Anders Jarryd, en 1987; o Master’s en 1985 e 1986; e o Open de Australia, con Petr Korda, en 1996. Como integrante do equipo sueco proclamouse campión da Copa Davis en tres ocasións (1984, 1985 e 1987)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático, astrofísico e filósofo británico. Estudiou na Manchester University e no Trinity College de Cambridge. En 1906 nomeárono director asistente do Royal Observatory de Greenwich, e en 1913 converteuse en profesor de astronomía e filosofía experimental da Cambridge University, na que dirixiu dende 1914 o observatorio astronómico. De 1921 a 1923 presidiu a Royal Astronomical Society. Realizou estudios teóricos sobre o movemento, a estrutura interna e a evolución das estrelas, sobre o límite das masas estelares, a estrutura das estrelas ananas brancas e sobre a temperatura das rexións interiores do Sol. En 1924 enunciou a lei da masa-luminosidade, que relaciona a luminosidade dunha estrela coa súa temperatura e a presión de radiación. Recoñeceu a importancia da teoría da relatividade de Einstein, da que comprobou de xeito experimental algunhas das predicións. Tamén investigou sobre cosmoloxía e a expansión do Universo. No apartado da epistemoloxía propugnou a substitución...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico. Licenciouse en Medicina na University of Pennsylvania en 1954. Logo de exercer a medicina no corpo médico do exército estadounidense (1955-1957), ampliou a súa formación na Rockefeller University, onde exerceu como profesor dende 1960, data na que se doutorou. En 1927 obtivo o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía, conxuntamente con R. R. Porter, polos estudios sobre a estrutura dos anticorpos. Descubriu que estas macromoléculas resultaban da unión, por enlace de xofre, de dúas cadeas proteicas, unha lixeira e outra pesada. Tamén traballou na aplicación da espectroscopía de fluorescencia ao estudo das proteínas e no desenvolvemento de novos métodos de separación de moléculas e células. As novas liñas de investigación dirixiunas cara ao estudo da estrutura primaria e tridimensional das proteínas, da estrutura e funcionamento de mitóxenos das plantas e da superficie celular. Publicou a triloxía Neural Darwinism: The Theory of Neural Group (1987), Topobiology: An Introdution...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político inglés, conde de Avon. En 1923 foi elixido deputado do Parlamento polo Conservative and Unionist Party. Foi secretario de Austen Chamberlain (1926-1929) e ministro de Asuntos Exteriores cando se produciu a expansión do fascismo en Europa. Oposto á política de moderación fronte a Alemaña, dimitiu do seu cargo en febreiro de 1938. Durante a Segunda Guerra Mundial ocupou os cargos de ministro de Colonias (1939) e da Guerra (1940), e, tralo triunfo conservador, volveu ao ministerio de Asuntos Exteriores (1951). En 1955 relevou a Churchill como primeiro ministro e como líder do partido, pero o fracaso da intervención armada en Exipto obrigouno a dimitir en 1957.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión habitada polo pobo ibero dos edetanos na época prerromana, que comprendía parte das provincias de València, Castelló de la Plana, Teruel e o SL de Zaragoza. As súas principais cidades foron Edeta e Sagunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo dos edetanos e aos seus habitantes.

    2. Individuo do pobo ibérico prerromano que habitou na Hispania Tarraconense.

    3. Pobo ibero prerromano que se estendía polas provincias actuais de València, Castelló de la Plana, Teruel e o SL de Zaragoza. As principais poboacións foron Sagunto e Edeta, preto da actual cidade de Lliria (València). Logo da conquista romana, ao redor do 220 a C, un dos seus xefes, o Rei Edeco, aparece mencionado no relato de Polibio sobre a Segunda Guerra Púnica como gobernador dun extenso territorio comprendido entre os ríos Palància e Júcar. Os romanos estableceron a cidade de Valentia (138 a C) no territorio edetano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, crítico e tradutor sueco. Na súa obra nótase a influencia de P. Lagerkvist, H. Gullberg e B. Brecht. Da súa produción destaca Hogmässa (Misa maior, 1934), Under Saturnus (Baixo Saturno, 1952), Synkrets (Horizonte, 1974), Strövtag (Incursións, 1941) e Arems Spegel (O espello dos anos, 1963). Membro da Academia Sueca desde 1969.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e estatístico irlandés. Foi profesor nas universidades de Londres (1890) e Oxford (1891). Fundou o Economic Journal e foi nomeado en 1912 presidente da Royal Statistical Society. Relacionou utilitarismo e economía, aplicou as matemáticas ás ciencias sociais e desenvolveu o concepto de curva de indiferenza e a medida da utilidade. No campo da estatística realizou estudios sobre a lei do erro, os métodos estatísticos de representación e o cálculo de probabilidades. Entre as súas obras destacan New and Old Methods of Ethics (Novos e vellos métodos da ética, 1877) e Mathematical Psychics (Física matemática, 1881).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade equivalente do Vendiano, primeiro sistema do Fanerozoico, situado baixo o Cámbrico. Caracterízase pola fauna de Ediacara, formada por metazoos sen cuncha, da que derivaron os principais invertebrados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Ediacariano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que infunde co seu exemplo actitudes e sentimentos virtuosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Norma promulgada polo emperador romano Caracalla no ano 212 na que se concedía a cidadanía romana a todos os habitantes do Imperio Romano e se abolía a discriminación entre os itálicos e os habitantes das provincias; tamén se coñecía como Constitutio Antoniana. Supuxo a vixencia xeral do dereito romano para todo o Imperio e derrogaba os sistemas xurídicos dos distintos pobos da Hispania. O seu obxectivo principal foi incrementar a recadación de impostos mediante un incremento do número de persoas sometidas ao rexime fiscal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Norma outorgada polos emperadores Constantino e Licinio no ano 313 d C que confirmaba o edicto de tolerancia de Sárdica e precisaba os seus termos. Supuxo a fin das persecucións contra o cristianismo, que acadou a categoría de relixión legal, polo que os seus seguidores puideron operar con liberdade e facer proselitismo. Ademais, a súa xerarquía puido acadar os mesmos privilexios xurídicos ca os membros dos cultos pagáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial establecida en Bos Aires no ano 1957. Rematou o seu traballo de edición en 1959. Fundada por Luís Seoane e Diego Díaz Dorado, aos que posteriormente se uniron Antonio Baltar, Perfecto López e Manuel Martínez Lamela, pretendeu difundir a cultura e a lingua de Galicia, apoiando o labor realizado por diversos escritores e artistas establecidos fóra do país. As obras incluídas no seu catálogo xeral dividíronse en catro coleccións. A denominada “Mestre Mateo”, iniciouse co libro de teatro Midas. O ángulo da pedra, de Isaac Díaz Pardo; na colección “Martín Sarmiento” editáronse diversos ensaios técnicos e económicos e na titulada “Herba de namorar” tiráronse do prelo obras de poesía. A cuarta das coleccións denominouse “Idacio”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (841-870) Derradeiro rei da Anglia do Leste (855-870). Foi fillo dun rei saxón e adoptado polo Rei Offa, a quen sucedeu no trono. Morreu saetado e decapitado por uns dinamarqueses. É patrón dos estudiantes de Inglaterra. Na iconografía leva unha coroa real na cabeza e unha frecha na man como atributo persoal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo inglés. Educouse en Oxford e París e ensinou filosofía, matemáticas, xeometría, filosofía aristotélica e teoloxía na universidade británica. Nomeado tesoureiro da catedral de Salisbury (1222), conservou este cargo cando foi promovido a arcebispo de Canterbury (1234). Loitou polo recoñecemento dos dereitos e bens eclesiáticos en contra de Enrique III e enfrontouse á corrupción no seo da Igrexa, feito para o que aprobou as súas Constitucións (1236). En 1240 saíu de Canterbury para Roma por mor do conflito entre o papa e o Rei Enrique III; morreu preto de Soissy e os seus restos traladáronse á abadía de Pontigny. Foi canonizado en 1247 por Inocencio IV. É patrón dos nenos acabados de nacer e da congregación de santo Edmundo. Na iconografía viste ornamentos episcopais e leva como atributo un neno espido envolto nuns panos. A súa festividade celébrase o 16 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO