"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • Nome que recibiu durante o levantamento de 1846 un dos dous corpos do exército establecidos na asemblea do 15 de abril en Santiago de Compostela. Dirixiuse cara á Coruña baixo o mando do comandante Miguel Solís y Cuetos, que levaba como segundo a Manuel Buceta. O segundo corpo dirixiuse cara a Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Magnitude igual á inversa da capacidade. A súa unidade de medida é o farad-1(F-1).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno de luminescencia que presentan certos sólidos ao seren excitados por un campo eléctrico. Descubriuno o físico francés Georges Destriau en 1936 mentres excitaba unha placa de sulfuro de zinc con corrente alterna, pero non se empregou ata 1952, cando uns enxeñeiros de Sylvania Electrical Produts Inc desenvolveron un panel electroluminescente a base de pos de sulfuro de zinc. A enerxía eléctrica que se comunica aos electróns libres dun sólido transfórmase en luz. Son axeitadas para producir electroluminescencia as unións pn polarizadas, tanto en sentido directo coma inverso, as heterounións, as barreiras Schottky e as estruturas MIS, entre outras. Ten aplicación nos díodos electroluminiscentes ou LED, nos díodos láser e nos paneis electroluminescentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa dedicada á distribución e venda de compoñentes electrónicos e automatismos. Creada en 1962 e integrada nun grupo empresarial nacional, independizouse como Electrosón Galicia SA en 1985. Posúe delegacións en Ourense, Vigo, Pontevedra, A Coruña, Lugo e Gijón, e a súa área comercial abarca Galicia, Asturias, Cantabria e o N de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade que teñen os átomos de ceder ou gañar electróns ata adquirir unha configuración estable; esta propiedade vén determinada de xeito cuantitativo pola súa enerxía de ionización e pola súa afinidade electrónica. A electrovalencia explica a formación de ións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de elegante.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Facultade de falar ou expresarse de maneira eficaz e fluída para deleitar, conmover ou persuadir.

      2. Arte de conmover ou persuadir por medio da palabra.

    1. Capacidade ou poder expresivo de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfraquecemento extremo debido a unha enfermidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de emerxer.

    2. Fenómeno de ascenso á superficie de augas profundas e frías, xeralmente procedentes de menos de 100 ou 200 m de profundidade, máis ricas en nutrientes ca as augas superficiais, empobrecidas polo consumo biolóxico, que a medida que ascenden á zona iluminada asimílanse e transfórmanse en materia orgánica polo fitoplancto mediante a fotosíntese. Esta achega provoca o aumento das densidades do conxunto do plancto e, polo tanto, de todo o resto da cadea trófica relacionada. As áreas de emerxencia concentran unha gran cantidade de especies de peixes e delas proceden a metade das capturas pesqueiras mundiais. Atendendo á forza que motiva o fluxo vertical, distínguense distintos tipos de emerxencia: debida á aceleración de Coriolis, polo cal as augas se desvían cara á dereita no hemisferio N e á esquerda no hemisferio S, e que aparece principalmente nos bordos orientais dos océanos en contacto coas costas occidentais dos continentes; debida á diverxencia na zona ecuatorial producida polos ventos...

    3. Timbre sen valor postal que se emprega en circunstancias excepcionais como selo de correos, por non dispor a administración de efectos cos que cubrir a demanda. Poden ser pólizas ou outros timbres e incluso selos de correos cortados pola metade en diagonal; neste último caso, só teñen valor filatélico os circulados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de eminente.

    2. Lugar elevado.

    3. Persoa eminente nun campo determinado.

    4. Tratamento que se lles dá aos cardeais.

    5. Área máis elevada ou saínte da superficie dun órgano ou estrutura anatómica.

    6. Conselleiro persoal que, na sombra, inspira as decisións dun personaxe importante. O nome déuselle orixinariamente a Joseph du Tremblay, conselleiro e axente persoal do cardeal Richelieu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación constituída en Madrid o 22 de maio de 1990 que reúne a empresarios, executivos e profesionais autónomos galegos establecidos na Comunidad de Madrid. Ten por obxecto potenciar o intercambio comercial dos empresarios galegos de Madrid cos de Galicia, e tamén cos doutras asociacións da Federación de Empresarios Galegos no Exterior (FEGAEX), e facilitar aos seus asociados información de carácter económico. Entre as súas actividades cómpre salientar a organización de cursos, seminarios e conferencias, a celebración de actos de homenaxe a persoeiros relevantes do mundo empresarial, a sinatura de convenios de colaboración e a publicación dun Boletín e dun Directorio, no que se dan a coñecer a listaxe de socios e das empresas e actividades organizadas por temas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista aparecida en Santiago de Compostela no outono de 1989. Dirixida por Lois Rodríguez, contou coa colaboración de Xosé L. Blanco Vila, Xosé Castro, Francisco Conde e J. Víctor Sueiro. Incluíu información sobre rutas de viaxes, turismo, música e libros, e incorporou unha axenda que contiña datos sobre restaurantes, hoteis e outros lugares de ocio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornadas de análise e debate sobre o feito teatral que se celebraron en Cangas do Morrazo (1997, 1998 e 1999) e Viana do Castelo (1997, 1998), organizadas polo Teatro do Noroeste de Viana, pola Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas e polo Instituto Galego de Estudios e Investigacións Teatrais (INGAT), e baixo a dirección de José Martins e Manuel F. Vieites. Participaron actores, directores, escenógrafos, dramaturgos, críticos, programadores e outros creadores vinculados á creación teatral. Os relatorios e debates publicáronse en Ensaio, Revista de Teatro de Galicia e do Norte de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da odontoloxía, e técnica, que trata da diagnose, a etiopatoxenia, a profilaxe e o tratamento das enfermidades da polpa dentaria e das súas complicacións, coa finalidade de conservar os dentes afectados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino de orixe cristiá que fai referencia ao estado de graza divina e que procede do latín in gratia ‘en gracia’. Santa Engracia de Braga (ss III-IV) celébrase o 3 de abril, aínda que a tradición popular fala do 16 de abril: “Santa Engracia, a xentil, o dezaseis de abril. Dazaseis de abril, santa Engracia a xentil”. Hai outra santa Engracia que era irmá de san Valentín. Santa Engracia é patroa do concello de Chandrexa de Queixa, na Terra de Trives, onde a celebran o 20 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Braga s III - Zaragoza s IV) Mártir cristiá, filla dun nobre lusitano. Segundo a lenda, foi martirizada cruelmente por Daciano en Zaragoza no 304. Na iconografía leva como atributos persoais, un longo cravo na man e outro pequeno espetado na testa; ás veces,   unha espada ou garfos de ferro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir cristiá, irmá de san Valentín e san Frutos. Levou unha vida eremítica e sufriu martirio durante a invasión árabe. A súa festividade celébrase canda seu irmán san Valentín, o 14 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de enranciar.

    2. Fenómeno de autólise, principalmente debido a procesos de hidrólise ou de oxidación, das substancias lipídicas que poden sufrir os alimentos durante a súa conservación, co que resultan modificadas as súas propiedades organolépticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. olver rancia unha cousa.

    2. Coller rancio unha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO