"ISM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1586.

    1. Relixión dos pagáns.

    2. Condición de pagán.

    3. Conxunto dos pagáns que aínda non recibiron a fe evanxélica. Na historia das relixións a palabra refírese ás relixións nacionais dos gregos e dos romanos nos primeiros tempos do cristianismo.

    4. Tendencia paganizante na Idade Moderna. OBS: Tamén se denomina neopaganismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Xénero plástico que ten por tema a paisaxe.

    2. Estudo ou deseño da paisaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina de Gregorio Palamás que traduce á linguaxe teolóxica a mística da comuñón con Deus e a visión da luz divina experimentada polos hesicastas. Distinguiu entre a divindade superior e invisible e a enerxía divina inferior e visible en forma de luz, como no monte Tabor, e que non é máis ca a graza increada. Isto provocou a reacción de Barlaam.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Endemismo antigo que deriva frecuentemente da persistencia na residencia, nunha área restrinxida, de especies que anteriormente poboaran áreas máis vastas e que, por efectos da competencia ou do cambio nas condicións ambientais, quedaron reducidas á área que agora ocupan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudo do magnetismo terrestre natural remanente co fin de determinar a intensidade e a dirección do campo magnético terrestre no pasado xeolóxico, que se desenvolveu lentamente durante as primeiras décadas do s XX. No campo da estratigrafía (magnetoestratigrafía) trata especificamente do estudo do magnetismo fósil ou remanente das rochas para establecer nelas unidades estratigráficas e facer unha correlación a escala mundial. Tomando mostras de rochas orientadas e ben datadas xeocronoloxicamente, é posible reconstruír a migración dos polos no transcurso da historia xeolóxica. Así, demostrouse que os minerais magnéticos das correntes de lava, os primeiros en cristalizar, adquiren a orientación do campo magnético terrestre e esta permanece fixada para sempre no momento da consolidación da rocha, se a temperatura é inferior ao punto de Curie (magnetización termorremanente). Outras veces son os grandes imáns aciculares sedimentarios os que, ao depositarse nun fondo de augas tranquilas,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexurdimento do estilo de A. Palladio que se produciu durante os ss XVII e XVIII en Italia, Francia e Inglaterra. O palladianismo inglés iniciouno a principios do s XVII I. Jones e continuárono, entre outros, W. Chambers e sobre todo Colin Campbell, quen publicou Vitruvius Britannicus (1715-1717) e construíu o Mereworth Castle de Kent (1723) e Richard Boyle, conde de Birlington, que axudou á publicación de diversas obras. En Italia desenvolveuse no Veneto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina política que intentaba acadar a unidade dos pobos africanos. O movemento reclamou para os pobos africanos os principios de Thomas Woodrow Wilson, que denunciaba a explotación e a división de África, propoñía a promoción da cultura negra, precisaba a noción de negritude e afirmaba a capacidade dos pobos africanos para a autodeterminación. A Organización da Unidade Africana (1963) favoreceu a loita contra os últimos redutos coloniais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento político, económico e cultural que aspira á unión dos pobos de América. A súa orixe foi atribuída a Simón Bolívar, que en 1826 convocou en Panamá os representantes das novas repúblicas americanas para intentar establecer a unión das confederacións. En 1910 creouse a Unión Panamericana con sede en Washington e presidida polo secretario de estado dos EE UU. En 1948 fundouse a Organización dos Estados Americanos. O Mercado Común Centroamericano (1960), a Asociación Latinoamericana de Integración (1980) e o Pacto Andino (1969) preveñen a integración gradual das economías dos estados membros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento político xurdido a finais do s XIX entre os países árabes que defendía a solidariedade e a cooperación entre eles, primeiro fronte á dominación turca e logo fronte á colonial. Unha vez disgregado o Imperio Otomán, o panarabismo culminou coa creación, en 1945, da Liga Árabe, encamiñada á salvagarda da independencia e á soberanía dos seus integrantes. Tras diversos intentos de unificación por parte dalgúns estados árabes e coas distintas actitudes adoptadas ante as Guerras Árabe-israelís, a integración dos países árabes volveuse cada vez máis difícil, obstaculizada polas enormes diferenzas entre os seus réximes políticos, as rivalidades rexionais, o problema palestino e os intereses enfrontados arredor da explotación do petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina e movemento político que propugna a solidariedade e cooperación entre todos os pobos de Asia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina que afirma que Deus é todo en todas as cousas. O termo foi creado por K. C. F. Krause e a doutrina está máis preto do teísmo ca do panteísmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente política nacionalista que pretendía a unificación dos pobos eslavos. Xurdiu nos ss XVIII e XIX, entre os pobos dominados polo Imperio Otomán e o Imperio Austrohúngaro pola súa unión e alianza. Despois de 1795 o único estado eslavo independente foi Rusia, que propuxo unir a todos baixo o seu dominio. Na década de 1830 propugnouse a unificación política dos pobos nunha monarquía federada baixo o dominio do tsar de Rusia, coa rusificación da lingua, a cultura e a política.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento político grego que, despois da Guerra de Independencia (1829), pretendía estender o dominio territorial grego ás antigas colonias de Asia Menor e da rexión balcánica. Este propósito converteuse nunha realidade ao rematar a Primeira Guerra Mundial durante o goberno de E. Venizelos, pero a resposta de Turquía provocou a derrota grega en 1922. Ao ano seguinte o Tratado de Lausanne puxo fin aos anhelos panhelenistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Síndrome fisiopatolóxica que se caracteriza por un conxunto de signos e síntomas que revelan o fracaso na secreción das hormonas elaboradas na adenohipófise, con atrofia e hipofunción consecutiva das glándulas endócrinas que están baixo a súa influencia. As súas causas máis importantes son a necrose isquémica hipofisaria por shock hemorráxico posterior ao parto e a destrución hipofisaria producida por tumores cromófobos, por craniofarinxiomas, por granulomas infecciosos e por traumatismos craniais. OBS: Tamén se denomina enfermidade de Simmonds ou síndrome de Sheehan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento político-relixioso que aspiraba a unificar o mundo islámico ao tempo que pretendía a reforma relixiosa do Islam e o desenvolvemento da ciencia e a técnica para lograr a autosuficiencia dos países musulmáns. Xurdido en Exipto a finais do s XIX, ata a Primeira Guerra Mundial o Sultán Abdülhamit II favoreceu a idea nun intento de converterse no único líder dos países islámicos. Pero tras a derrota turca na guerra, o movemento perdeu forza ao tempo que gañaba terreo o panarabismo. A creación dos Irmáns Musulmáns implicou un rexurdimento ideolóxico desde 1940, e o nacemento da Organización da Conferencia Islámica en 1971 foi un intento de concretar política e economicamente a axuda entre todos os estados islámicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina que identifica totalmente a realidade co intelixible, coa razón. É o extremo da actitude racionalista, polo que non pode ser simplemente identificada co racionalismo, que só establece a primacía da razón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina segundo a que Deus e o universo son unha mesma realidade e os seus seres non teñen unha diferenza fundamental. Deixando de lado o coñecido como panteísmo antigo (presocráticos ou neoplatonistas, entre outros), o panteísmo estrito, posterior á aparición do termo no s XVIII e que é unha modalidade do monismo, pode ser de dous tipos: un que concibe a Deus como a única realidade verdadeira e en que o mundo queda reducido a unha simple manifestación, emanación ou desenvolvemento de Deus (panteísmo acosmista); e outro que, en cambio, establece que o mundo (a natureza) é a única realidade verdadeira, a unidade, o principio orgánico, o sentido último, cunha autoconsciencia que corresponde ao que se podería chamar Deus, aínda que de xeito impropio (panteísmo ateo). A cualificación panteística dunha doutrina filosófica ou doutra, como é o caso do averroísmo, resulta sumamente problemática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina imperialista que, fundamentándose na necesidade de buscar mercados e saídas para a economía alemá, pretendía unir nun gran imperio todos os pobos de orixe xermánica. A finais do s XIX esta doutrina, que se enfocou cara á unión de todos os xermánicos do imperio dos Habsburgo, renaceu coa creación da Alldeustcher Verband e da Alldeustche Vereinigung contra as minorías de lingua non xermana. O imperio, ademais de Alemaña, Austria, Países Baixos, Bélxica, Flandres francés, Alsacia, Lorena, Franco Condado, Suíza, Os Balcáns e Polonia, tiña que incluír outros pobos de orixe xermánica: Reino Unido, Escandinavia, Hungría e Rusia occidental. Afundido tras a derrota de 1918, o panxermanismo reviviu coa filosofía de Alfred Rosenberg, teórico do nacionalsocialismo, que completou a súa teoría coa do superhome de Friedrich Wilhelm Nietzsche. Durante a Segunda Guerra Mundial o panxermanismo concretouse na constitución dunha comunidade aria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Defensa da submisión á autoridade do papa.

    2. Termo pexorativo dado polos non católicos á posición católica que sostén a supremacía do papa e, por extensión, a toda a Igrexa Católica romana.

    VER O DETALLE DO TERMO