"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
-
-
Facer que algo estea supeditado a unha determinada condición para a súa realización.
-
Constituír algo unha traba ou impedimento.
-
-
-
Determinar o comportamento, o pensamento ou a actitude dun individuo.
-
Crear novas pautas de comportamento a partir das pautas do suxeito, sexan innatas (instinto) ou aprendidas (reflexo condicional).
-
-
Efectuar as operacións necesarias para determinar o grao de humidade, lonxitude, finura, elasticidade, resistencia, etc, das materias téxtiles para clasificalas e proceder á súa avaliación comercial.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de condimentar.
-
-
Acción e efecto de condonar.
-
-
Remisión ou perdón do cumprimento dunha obriga ou dunha pena.
-
Acordo entre o acredor e o debedor segundo o que o primeiro, espontaneamente e con ánimo de liberalidade, manifesta a súa vontade de que quede extinguida a obriga e liberada a débeda, sen recibir nada a cambio.
-
-
Forma excepcional de extinción da débeda tributaria nos casos previstos na normativa. A condonación automática existía cando unha lei reducía, nalgúns casos, a sanción ao 50%, pero o ordenamento xurídico español xa non a contempla. A condonación graciable existe cando se concede discrecionalmente polo ministerio de Facenda.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación de cartilaxe.
-
-
Acción e efecto de conducir.
-
Conxunto dos condutos e accesorios que, dispostos adecuadamente, constitúen unha instalación lineal ou unha rede para o transporte e a distribución dun fluído. Segundo a presión que exerce o fluído no conduto, distínguense as conducións libres, nas que unha pendente mínima e constante permite a circulación do fluído por gravidade, e as conducións forzadas, nas que o fluído circula a presión, mediante a acción dunha bomba, ou da gravidade, producida por un forte desnivel.
-
Nome xenérico dalgúns fenómenos de transporte (de enerxía, carga ou materia) case exclusivos da materia condensada. Os principais fenómenos de condución son a condución térmica, a condución eléctrica e a condución de materia. Como fenómeno de transporte, toda condución caracterízase por un coeficiente de transporte: a condutividade térmica, a condutividade eléctrica e o coeficiente de difusión, respectivamente. A condución térmica (ou difusión térmica) consiste na propagación da calor por contacto e sen desprazamento aparente de materia; enténdese, en termos clásicos, como a transmisión, por colisións mutuas sucesivas, da enerxía cinética de axitación das partículas do medio (axitación térmica) desde as zonas de alta temperatura ás de temperatura menor, ou ben, nalgúns casos, como o transporte de enerxía realizado por partículas portadoras. Nos metais, a condución está causada polo movemento dos electróns da banda de condución e, ao mesmo tempo, polas ondas de...
-
-
Propiedade dalgunhas estruturas do organismo de transmitir os estímulos.
-
conducción cardíaca
Transmisión dos cambios eléctricos que, orixinados no nódulo do seo auricular, dan lugar ás contraccións cardíacas.
-
conducción nerviosa
Transmisión dos impulsos electroquímicos polas células excitables do organismo a través das súas membranas. O impulso transmítese polas fibras nerviosas e musculares en relación cos rápidos cambios de permeabilidade das membranas celulares polos ións sodio e potasio.
-
conducción ósea
Transmisión do son a través dos ósos do cranio. A súa medida emprégase para diferenciar as xordeiras nerviosas das xordeiras de condución.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Figura retórica que consiste en repetir a derradeira palabra dunha cláusula ao comezo da seguinte.
-
PERSOEIRO
Militante anarquista. De orixe ourensá, trasladouse a Barcelona e adheriuse ao Sindicato Único de la Construción. En 1929 emigrou a Arxentina, onde continuou coa loita política. Estivo vinculado aos grupos de solidariedade co pobo español e fundou o Patronato Español de Ayuda a las Víctimas del Antifascismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de confabular ou de confabularse.
-
Creación imaxinaria propia de psicóticos e histéricos. É delirante cando a imaxinación xira ao redor dun tema principal, e amnésica cando inventa lembranzas dun período pasado, no que houbo amnesia lacunar, para encher esa lagoa.
-
-
-
Acción e efecto de confeccionar algo a partir de diferentes elementos combinados.
-
-
Fabricación de pezas de vestir feitas en serie, con medidas estudiadas e tomadas previamente sobre manequíns.
-
Roupa que non está feita a medida.
-
Tenda onde se venden pezas de vestir feitas a medida ou taller onde se fabrican.
-
-
-
-
de confeccionar.
-
Que se elaborou sen medidas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen confecciona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elaborar ou preparar algo, especialmente o que está constituído por varios elementos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen se dedica á fabricación ou á venda de pezas de confección.
-
-
Acción de confederar ou confederarse.
-
Agrupación de persoas, colectividades, organismos ou estados para a defensa de intereses comúns. Diferénciase da federación no feito de que a soberanía dos membros ten máis importancia có vínculo federativo. OBS: Normalmente, emprégase nas denominacións destas agrupacións.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unión de provincias arxentinas, agás Bos Aires, que se agruparon entre os anos 1852 e 1861. Naceu tralo enfrontamento entre Juan Manuel de Rosas, gobernador de Bos Aires, e o xeneral Urquizo, gobernador de Entre Ríos. En 1853, o Congreso de Santa Fe dotouna dunha Constitución e elixiu a Urquizo presidente. Bos Aires incorporouse trala Batalla de Cepeda (1859); sen embargo, a vitoria de Bos Aires en Pavón (1861) provocou a disolución da Confederación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unión de cidades gregas promovida por Atenas (378-338 a C) para refacer a Liga ou Confederación de Delos e atacar a hexemonía de Esparta. Na Convención de Quíos (377 a C) reuníronse os representantes de Mitilene, Metimma, Rodas, Calcis, Tebas e Bizancio. Mentres, Atenas exercía a hexemonía militar e respectaba inicialmente a autonomía dos integrantes da Confederación. Despois das vitorias de Cabrias e de Timoteo (375 a C) a Confederación chegou a contar con máis de setenta membros, pero a derrota diante de Corinto e a firma da Paz de Calías con Esparta, unida aos posteriores triunfos de Tebas (371 a C), levou ao abandono de numerosos aliados. A falta de recursos económicos obrigou ao restablecemento do tributo en Samos e Sestos, e emprendeuse unha durísima represión. Os aliados rebeláronse seguindo o exemplo de Quíos, que culminou coa derrota de Atenas en Embata (356 a C); posteriormente, esta recoñeceu a independencia das illas do Exeo oriental. As intrigas dos tebanos e dos persas destruíron...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización, fundada en 1929, que agrupa a algunhas asociacións de pais de alumnos (APAs) dos centros privados de ensino, especialmente os de ensino confesional, ademais dalgunhas do sector público. Está representada no Consejo Escolar del Estado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unión política que agrupou os estados alemáns setentrionais entre 1867 e 1871, e que substituíu a Confederación Xermánica trala derrota de Austria por Prusia na Batalla de Sadova (1866). A creación desta nova Confederación por Bismarck illaba a Austria do conxunto de estados alemáns e consagraba a hexemonía prusiana. Formada por 22 estados, a súa Constitución dotouna dunha estrutura federal e centralista. Guillerme I de Prusia detentaba o poder executivo e Bismarck era o seu chanceler federal. O poder lexislativo articulábase en dúas cámaras: o Reichstag ou parlamento, elixido por sufraxio universal pero con poderes limitados, e o Bundesrat ou consello federal, formado polos representantes dos estados. O goberno común controlaba as forzas armadas, as comunicacións, as aduanas e dirixía o comercio e a política exterior. Os soberanos locais tiñan autonomía administrativa, xudicial e financeira. Os catro estados de Alemaña do Sur (Baden, Baviera, Hessen-Darmstadt e Württemberg) mantivéronse...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización empresarial que agrupa as federacións provinciais de empresarios galegos. Constituíuse en 1981 por acordo das federacións provinciais. Os obxectivos eran fomentar e defender o sistema de iniciativa privada e a economía de mercado, promover a unidade empresarial e defender os intereses do empresariado fronte aos demais axentes económicos. Integrada na CEOE e na CEPYME dende a súa constitución, agrupa máis de 50.000 empresas e 290 asociacións empresariais. Ten representantes en diversas comisións e consellos da administración, así como nos consellos sociais das tres universidades de Galicia e na Fundación Empresa-Universidade de Galicia (FEUGA). O seu primeiro presidente foi Antonio Ramilo, quen dimitiu no ano 2000 logo de que se detectasen graves irregularidades contables na entidade. A partir do 1 de marzo de 2001 pasou a ocupar a presidencia o empresario Antonio Fontenla Ramil.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización sindical xurdida en 1977 ao abeiro do Partido del Trabajo de España (PTE). Nas primeiras eleccións sindicais de 1978 acadaron 17 representantes nas principais empresas galegas: oito en Megasa, sete en Astano e dous en Barreras.