"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización europea creada en aplicación do Tratado de Roma, asinado o 25 de marzo de 1957 por Bélxica, Francia, os Países Baixos, a República Federal de Alemaña, Italia e Luxemburgo. Con sede en Bruxelas, comezou a funcionar en 1958. Os seus obxectivos concretáronse no establecemento dun mercado común de produtos nucleares e no desenvolvemento das industrias de aplicacións pacíficas da enerxía nuclear. Son membros todos os estados adheridos á Comunidade Económica Europea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización económica internacional fundada en París en 1951 por acordo dos gobernos da República Federal de Alemaña, Bélxica, Francia, Italia, Luxemburgo e os Países Baixos. O texto institucional comezou a súa vixencia en 1952, cunha duración de 50 anos, e co obxectivo de acadar a integración económica no sector do carbón e do aceiro. A súa dirección está formada por unha serie de persoas que se elixen cada seis anos con sede en Luxemburgo. Son membros todos os estados adheridos á Comunidade Económica Europea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de organizacións creadas entre os países de Europa para acadar a integración progresiva das súas economías. Especialmente, alúdese ás Comunidades Europeas a partir de 1965 (con efectividade desde 1967), cando se crearon unhas institucións comúns entre a Comunidade Económica Europea, a Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro e a Comunidade Europea de Enerxía Atómica. Os estados membros iniciais foron Bélxica, Francia, Italia, Luxemburgo, a República Federal de Alemaña e os Países Baixos; posteriormente, integráronse outros estados europeos. Desde a entrada en vigor da Unión Europea (1993), as Comunidades Europeas constitúen un dos seus piares.
-
PRAIAS
Praia da beira setentrional da ría de Corme e Laxe, no litoral da parroquia de Corme-Porto, no concello de Ponteceso, situada entre as puntas de Chans, ao O, e da Granxa, ao L.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de concrear.
-
-
de concrear.
-
Aplícase en teoloxía a aquelas calidades que lles son propias aos homes dende a súa creación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Crear ao mesmo tempo dúas ou máis cosas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Certame de textos teatrais que durou tres anos (1964-1966), convocado pola asociación cultural compostelá O Galo. En 1964 recibiu este galardón a obra de Ángel de la Peña Cando morren os faroles; A revolta, de Jenaro Marinhas del Valle, e Un hotel de primeira sobre o río, de Xohana Torres foron os seguintes premiados. Para este concurso púxose en marcha a chamada “Campaña do peso”, coa que se recolleron os fondos para o premio económico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Certame teatral convocado por primeira vez en decembro de 1972 pola Asociación Cultural Abrente de Ribadavia. Celebrou a súa primeira edición no ano 1973 e acompañou as Mostras de Teatro Galego Abrente. Ata 1980, ano de peche tanto da mostra de teatro coma do concurso literario, a súa importancia foi medrando e constituíuse nun dos motores fundamentais de produción dramática do teatro contemporáneo galego con nomes, entre os premiados, dos máis destacados homes de teatro das últimas décadas. Os títulos premiados son os seguintes: Zardigot, de Euloxio Ruibal (1973), O meu mundo non é deste reino, de Manuel María (1º premio ex aequo, 1973) e Eilbrief, de X. L. López Cid (premio da Asociación A Nosa Galiza de Xenebra a unha obra que tratase o tema da emigración, 1973); A tola xuiciosa, de M. Domínguez (1974), e A volta de Edipo, de A. Penas (1º premio ex aequo, 1974); O cabodano, de Euloxio Ruibal (1975); Laudamuco,...
-
PERSOEIRO
Político, matemático, filósofo e pedagogo francés, marqués de Condorcet. Xunto co seu mestre D’Alambert e con Voltaire, relacionouse con Turgot, quen lle facilitou o cargo de inspector xeral da moeda (1774-1776). Como economista, foi partidario do imposto progresivo. A súa hipótese sobre as decisións colectivas, coñecida como efecto Condorcet, e sobre a súa inconsistencia, aplicada ás votacións, recolleuna a moderna politicoloxía. En 1791 foi nomeado deputado pola asemblea lexislativa de París e asumiu a súa presidencia en 1792. Ese mesmo ano presentou o informe sobre Organisation générale de l’instrution publique (Organización xeral da instrución pública), que se converteu en horizonte da política educativa republicana e que acadou unha considerable resonancia en España, tanto no momento da aprobación da Constitución de 1812 como nas medidas subseguintes ditadas en 1813. Propugnou o control da natalidade, a elevación cultural da muller e a coeducación. Defendía que a...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cerimonia matrimonial romana de carácter relixioso, practicada dun xeito maioritario polos patricios, pola que o marido adquiría o manus, a autoridade que exercía sobre a súa esposa e que tiña que ver coa transmisión da facenda e da sucesión. Recibiu este nome porque durante o cerimonial se comían tortas de orxo (far, farris).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización sindical constituída en 1973 en Bruxelas por iniciativa da Confederación Internacional de Sindicatos Libres (CISL). O seu obxectivo é defender os intereses dos traballadores europeos, en particular ante as institucións europeas (UE e EFTA). A súa estrutura interna está formada polo Congreso, elixido por catro anos e que se ocupa do nomeamento do secretario xeral, das dúas secretarías xerais deputadas e do presidente; polo Comité Executivo, que se reúne catro veces ao ano cos representantes de todos os afiliados e elixe as delegacións que negocian coas organizacións de empresarios europeos; polo Comité Directivo, que ten a responsabilidade de continuar as decisións do Comité Executivo no tempo que media entre as súas sesións; polo Secretariado, que se ocupa de seguir a evolución das actividades da Confederación de manter as relacións coas institucións europeas e coas organizacións de empresarios; e polo secretario xeral, que actúa como voceiro. En outubro de 1998, a Confederación...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Congregación de monxes beneditinos creada trala fundación do mosteiro de San Benito de Valladolid en 1390, baixo a protección de Xoán I. Agrupou os mosteiros e abadías beneditinas en Galicia e Castela e León baixo a autoridade dun superior xeral, elixido durante o Capítulo da orde, feito que marcou o comezo dunha etapa de esplendor do monacato nestes territorios. Os mosteiros galegos, cos seus correspondentes priorados, incorporáronse á congregación entre 1493, data na que se adheriu San Martiño Pinario, e 1547, na que se incorporou San Xoán de Poio.
-
PERSOEIRO
Actor teatral e cinematográfico escocés. Conseguiu a fama grazas á interpretación do axente secreto James Bond. Entre outras películas, actuou en The Wind and the Lion (O vento e o león, 1975), Robin and Marian (Robin e Marian, 1976), The Name of the Rose (O nome da rosa, 1986), The Untouchables (Os Intocables, 1989) -Oscar ao mellor actor secundario-, Indiana Jones and the Last Crusade (Indiana Jones e a última cruzada, 1989), The Russia House (A casa rusia, 1990), Medicina Man (Home medicina, 1992), A Good Man in Africa (Un bo home en África, 1994), Just Cause (Causa xusta, 1995), First Knight (O primeiro cabaleiro, 1995), The Rock (A rocha, 1996), The Avengers (Os vingadores, 1998), Entrampment (A trampa, 1999) e Finding Forrester (Descubrindo a Forrester, 2001). No ano 2000 recibiu o título de sir de mans da Raíña Isabel de Inglaterra, malia...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización Europea para a Investigación Nuclear.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu na Coruña no ano 1995 baixo o subtítulo “Revista da Asociación de Escritores en Lingua Galega”. O consello de redacción está formado por Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Miguel Anxo Fernán-Vello, Carlos L. Bernárdez, Luisa Villalta e Rafael Villar. O seu primeiro número titulouse “Poesía galega hoxe: dúas xeracións do século”, e nel insírense, á parte dun estudo de Miguel Mato Fondo, unha escolma poética en galego, francés, inglés e castelán de Antón Tovar, Luz Pozo Garza, Uxío Novoneyra, Manuel María, Bernardino Graña e Xohana Torres, entre outros.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao escudo que ten unha peza adornada con ameas non perpendiculares á súa base, de xeito que non se corresponden as ameas superiores coas inferiores.
-
-
Operar coa balanza ata conseguir o equilibrio entre o que se quere pesar e as pesas que se usan de contrapeso.
-
Anular o efecto dunha cousa con outra que produce o efecto contrario.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dedicarse ao contrabando.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á peza que ten escaques contrapostos ás faixas do escudo.